Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Pedagoxía social Código 652G03006
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Barba Núñez, María
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
Profesorado
Barba Núñez, María
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
Web
Descrición xeral Materia de formación básica que pretende desenvolver competencias asociadas ao coñecemento dos distintos ámbitos de profesionalización da educación social e a comprensión das distintas dimensións relacionadas coa intervención pedagóxico-social. Pretende achegar elementos de análise sobre o sentido da intervención pedagóxico-social, á luz dos valores e dos paradigmas científicos desde os que pode comprenderse a acción socioeducativa, poñendo en valor o propio contexto que condiciona a intervención. A súa metodoloxía esencialmente dialóxica pretende achegar contidos e procedementos que permitan desenvolver activamente a reflexión, o debate e o cuestionamento crítico dos temas obxecto de estudo, e colaborar no desenvolvemento de actitudes favorables ó cambio social e educativo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A16 Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer os diferentes campos de profesionalización da educación social e identificar novos ámbitos emerxentes sinalando as razóns da súa evolución A1
A5
A16
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. A20
C1
Escoller e optar criticamente por fontes de coñecemento, procedementos e recursos tecnolóxicos que redunden nunha escolla contrastada da información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Determinar razoadamente os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa nos seus ámbitos de actuación, poñendo en relación as súas implicacións e considerando as achegas bibliográficas máis relevantes A2
A3
A5
A14
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa á luz dos diferentes modelos teóricos contextualizando a súa evolución en Galicia e no conxunto do estado A3
A5
A16
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa nos diferentes ámbitos de profesionalización da educación social. A5
A14
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo A2
A3
A14
Emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional, partindo de diagnoses fundamentadas e contextualizadas A14
A16
Mostrar unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos poñendo en valor estratexias comunicativas basadas na escoita activa, a empatía e o emprego normalizado de linguas minorizadas A20
B5
C1
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. A14
B2
Mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión ao expresar opinións e posicionamentos e nas propias actuacións B3
B5
Caracterizar a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional desde os seus inicios ate a actualidade, recoñecendo as razóns que explican a súa evolución. A1
A16
Asumir activamente os principios dunha cultura profesional colaborativa, valorando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade para resolver retos académicos asociados á asignatura A20
B3

Contidos
Temas Subtemas
1. A EDUCACIÓN SOCIAL COMO OBXETO DE ANALISE E INTERVENCIÓN


1.1. Análise conceptual da Educación.
1.2. A socialización dos individuos: aproximación a súa caracterización e problemática actual.
1.3. A evolución dos discursos e prácticas socioeducativas: perspectiva asistencial versus perspectiva pedagóxico-social.
2. A PEDAGOXÍA SOCIAL COMO MARCO CIENTÍFICO, DISCIPLINAR E PROFESIONAL


2.1. Análise conceptual e evolución histórica da Pedagoxía Social.
2.2. A Pedagoxía Social e as Ciencias Sociais: a problemática da
interdisciplinariedade.
2.3. Os modelos paradigmáticos da Pedagoxía Social.
2.4. A proxección profesional da Pedagoxía Social.
3. ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL

3.1. Politica social, traballo social e servizos sociales.
3.2. Animación Sociocultural e desenvolvemento comunitario.
3.3. A Pedagoxía do tempo libre e do lecer.
3.4. A Pedagoxía Social na inadaptación e a marxinación social.
3.5. Educación social e institución escolar

4. OS PROCESOS METODOLÓXICOS NA INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL
4.1. A metodoloxía na intervención social: aspectos conceptuais e procedimentais. .
4.2. O deseño de programas socieducativos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A2 A3 A5 A14 A16 B5 C6 5 0 5
Aprendizaxe colaborativa A20 B2 B3 C6 10 25 35
Discusión dirixida A2 A3 A5 A14 A16 10 0 10
Lecturas A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 C1 C6 0 15 15
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A16 C6 10 15 25
Solución de problemas A14 B2 C6 0 10 10
Proba de ensaio A1 A3 A5 A14 A16 0 10 10
Simulación A2 A5 A14 B3 5 0 5
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 2 18 20
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Desenvolvemento dunha actividade de indagación sobre coñecementos previos do alumnado, en relación ás temáticas obxecto de estudo. Pode realizarse en gran grupo como elemento previo que permita tender pontes entre os coñecementos/vivencias/actitudes do alumnado e as temáticas obxecto de estudo presentadas a través da lección maxistral, discusión dirixida, etc. Tamén en pequeno grupo como forma de abordar os puntos de partida desde os que cada alumno/alumna se achega ás cuestións que son obxecto de debate ou motivo da resolución de problemas.
Aprendizaxe colaborativa Actividades propostas para que o alumnado en pequeno grupo resolva supostos desenvolvendo estratexias de cooperación na aprendizaxe. É tamén o baseamento para a adquisición de estratexias procedimentais e actitudinais desde as que abordar o traballo en equipo e a solución de problemas de diversa índole de maneira dialóxica, complementando xeitos diferentes de pensar á realidade e competencias diversas.
Discusión dirixida Formulación de problemas ou antinomias nas que deben desenvolverse argumentos de diverso carácter sobre os temas propostos, de maneira ordeada e respectuosa cos posicionamentos non compartidos. Preténdese asentar procedementos e actitudes favorecedoras da escoita activa, a empatía e a facilitación de relacións na abordaxe de problemas complexos.
Lecturas Lecturas complementarias e de profundización nas temáticas abordadas pola materia que permitan achegar marcos de referencia para a análise crítica da intervención pedagóxico social.
Sesión maxistral Presentación dos aspectos máis significativos dos elementos temáticos da asignatura que estruturan as sesións expositivas e dan sentido as sesións interactivas. Acompáñase habitualmente de actividades iniciais e de distintos recursos que pretenden "activar" ao alumnado na procura de aprendizaxes significativas e contextuais.
Solución de problemas A abordaxe de problemas socioeducativos reclama a consideración de puntos de vista diferentes. Unha posibilidade para achegarnos ás distintas visións dunha realidade son os xogos de roles orientados a superación dun reto ou problema. Esta metodoloxía articúlase desde a construción e defensa dun determinado rol ou punto de vista, no marco dunha dinámica grupal orientada ao desenvolvemento da racionalidade argumentativa, e da discusión respectuosa de posicionamentos encontrados, co obxectivo de achegar solucións a unha problemática concreta
Proba de ensaio A través dun comentario de texto, no que se pode utilizar a documentación empregada para o estudo dos distintos temas da materia. A través desta proba se pretende comprobar o desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia: capacidade de análise, síntese e desenvolvemento de reflexións argumentadas e coherentes.
Simulación Posta en escea dunha problemática simulada relacionada coa profesión do/a educador/a social, sobre a que se deben asumir posicións argumentadas, valorando distintas posibilidades e sendo autocríticos respecto das posicións iniciais.
Portafolios do alumno Traballo reflexivo do estudante de elaboración individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas. Valórase a capacidade crítica e reflexiva, así como a capacidade para identificar marcos de referencia que acheguen sentido e profundidade de análise as prácticas realizadas nas sesións interactivas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Solución de problemas
Discusión dirixida
Aprendizaxe colaborativa
Actividades iniciais
Proba de ensaio
Descrición
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais relaciónase coa necesidade dun seguimento do traballo do alumnado cando se empregan as metodoloxías sinaladas, e, especialmente na realización do portafolio e da conexión das actividades relacionadas coas clases interactivas e expositivas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 Traballo reflexivo do estudante que se pode facer de maneira individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas.
O portfolio pretende ser a memoria documentada dun proceso creativo e educativo, no que se recolle a súa evolución, de tal maneira que sexa posible apreciar un “relato coherente” que permita recompoñer unha determinada traxectoria temática.
As competencias que se pretende valorar a través da realización e presentación do Portfolio teñen que ver coa capacidade de análise, síntese, reflexión e interpretación de situacións, información relevante, etc.
Os criterios de avaliación son:
-Profundidade da reflexión a partir da propia participación nas dinámicas desenolvidas nas sesións interactivas.
- Grao de relación co marco teórico de referencia aportado nas sesións expositivas e nas lecturas recomendadas para cada temática.
60
Proba de ensaio A1 A3 A5 A14 A16 Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas. É posible levar a documentación para a súa consulta no momento de realización da proba.
Os criterios de avaliación relacionados con esta proba son:
- Identificación da/s idea/s principai/s e secundaria/s do texto a través dun resumo breve. Se se empregase a modo de resumo un mapa conceptual ou un esquema deberán ser suficientemente completos e explicativos respecto dos conceptos/ideas e da súa relación (estrutura do texto). Valórase, por tanto, a capacidade descritiva e de síntese.
- Ampliación dos conceptos ou ideas contidas no texto de referencia, e a súa asociación con outros conceptos e/ou ideas, ou o seu contraste –matizacións ou puntos de vista encontrados- que outros autores/as defenden, estimando a capacidade argumentativa.
- Cando empreguemos os argumentos dun autor ou autora (ou os datos e/ou propostas dun estudo/informe concreto) coas nosas propias palabras citaremos a fonte.
40
 
Observacións avaliación
<p> Para aprobar a materia será preciso que cada un dos elementos de avaliación estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e o outro non, gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso.&nbsp;</p><div>Para o alumnado que por razóns debidamente acreditadas (alumnado matriculado a tempo parcial ou ao que sobreveña algunha continxencia laboral e/ou persoal) non teña unha asistencia sistemática, fundamentalmente ás sesión interactivas, admítirase a dispensa académica, cunha asistencia mínima do 25%. A avaliación consistirá na proba de ensaio, vía comentario de texto, coas características e criterios citados e a realización do portafolios orientarase cara a lecturas coas correspondentes reflexións arredor das temáticas abordadas na materia. Ao alumnado daráselle unha guía relacionada coas temáticas e lecturas de referencia para orientar as reflexións.&nbsp;</div>

Fontes de información
Bibliografía básica

&nbsp;

ANDER-EGG,E (1989): La animación y los animadores, Narcea. Madrid.

APPLE,M (1997): Política cultural y educación, Morata, Madrid.

BERGER,P.L. (ed.1999): Los límites de la cohesión social. Conflicto y mediación en las sociedades pluralistas. CL, Barcelona

BORJA,J. y CASTELLS, M (1997): Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la información. Taurus, Madrid.

BUENO ABAD,J.R. (1991): Hacia un modelo de Servicios Sociales de Acción Comunitaria, Popular, Madrid.

CABALLO, M.B.; CANDIA, F.X.; CARIDE,J.A. y MEIRA, P.A. (1996): 131 conceptos clave en educación&nbsp;social. USC. Compostela.

CALVO, A. (2002): La animación sociocultural. Una estrategia educativa para la participación. Alianza editorial, Madrid.

CANDEDO, Mª D.(coord, 2013): A educación: ¿dereito ou mercadoría? Laiovento, Ames

CARIDE, J.A. (coord, 2.000): Educación social y políticas culturales. Tórculo Edicións, USC, Santiago de Compostela.

CARIDE, J.A. (2005): Las fronteras de la Pedagogía Social. Perspectivas científica e histórica. Gedisa, Barcelona.

DELORS,J&nbsp;(coord, 1996): La educación encierra un tesoro, Santillana, UNESCO, Madrid.

FERMOSO,P (1994): Pedagogía Social, Herder, Barcelona.

FREIRE,P (1990): La naturaleza política de la educación. Cultura, poder y liberación. Paidós/MEC, Barcelona.

FREIRE,P (1993): Pedagogía de la esperanza, Siglo XXI, Madrid.

FROUFE,S E SANCHEZ,M.A. (1990): Planificación&nbsp;e Intervención Socieducativa ,Amarú&nbsp;Eds, Salamanca.

GIMENO SACRISTAN, J (2001): Educar y convivir en la cultura global, Morata,Madrid.

GIROUX, H (2001): Cultura, política y práctica educativa. Graó, Barcelona

LOPEZ HIDALGO,J (1992): Los Servicios Sociales, Narcea, Madrid.

LUQUE DOMINGUEZ, P.A. (coord, 2001): Educación y valores democráticos: claves para una educación ciudadana. PPU, Barcelona.

LUZURIAGA,L (1993): Pedagogía Social y política, CEPE, Madrid.

MARCHIONI,M (1987): Planificación social y organización de la comunidad Edit. Popular, Madrid.

MARTIN, T (coord, 2000): Planificación y diseño de proyectos en Animación Sociocultural. Sanz y Torres, Madrid.

MARTINEZ, A (Edt,1991): Pedagogía de la marginación, Edt. Popular, Madrid.

MARTINEZ BONAFÉ, J (coord, 2003): Ciudadanía, poder y educación. Graó, Barcelona.&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;

NUÑEZ, V (Coord. 2002): La educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social, Gedisa, Barcelona

ORTEGA,J (1999): Educación social especializada, Ariel, Barcelona.

PEREZ SERRANO, G (1990): Investigación-acción: aplicaciones al campo social y educativo, Dykinson, Madrid.

PETRUS, A (Coord. 1997): Pedagogía Social , Ariel, Madrid.

PUIG,J.M.&nbsp; e TRILLA, J&nbsp; (1987): Pedagogía del ocio, Laertes, Madrid.

QUINTANA, J.M. et alter&nbsp; (1992): Fundamentos de Animación Sociocultural, Narcea, Madrid.

ROMANS, M.; PETRUS, A.; TRILLA,J&nbsp; (2000): De profesión educador(a) social. Paidós, Barcelona.

ROSELLÓ, D ( 2004): Diseño y evaluación de proyectos culturales, Ariel, Barcelona

SAEZ, J (2003): La profesión de los educadores sociales: en busca de la competencia educativa cualificadora, Dykinson, Madrid.

SAEZ, J (Coord. 2007): Pedagoxía social y Educación social, Pearson Educación, Madrid

SARRAMONA,J (Ed. 1992): La educación no formal , CEAC, Barcelona.

TRILLA,J (1993): Otras educaciones, Anthropos, Barcelona.

TRILLA,J (Coord. 1997): Animación sociocultural. Teorías, programas y ámbitos. Ariel, Madrid.

UCAR, X (1992): La animación sociocultural, CEAC, Barcelona

V.V.A.A. (1989): Procesos socioculturales y participación, Edit. Popular, Madrid.

V.V.A.A. (1989): Actas del I Congreso sobre Educación Social&nbsp; en España CIDE/MEC. Madrid.

V.V.A.A. (1990): La ciudad educadora, Ajuntament&nbsp; de Barcelona, Barcelona.

V.V.A.A. (1991): El educador social. Presente y futuro. Guek, Bilbao.

V.V.A.A. (1992): Guia metodológica de apoyo a proyectos y acciones&nbsp; para el desarrollo.IEPALA, Madrid.

V.V.A.A. (2002): A Acción municipal en cultura, deportes e xuventude na provincia&nbsp; da Coruña, Deputación Provincial. A Coruña

VEGA,A&nbsp; (1989): Pedagogía de los inadaptados sociales, Narcea, Madrid.

VENTOSA, V.J. (1992): Educación Social, Animación e Instituciones, Edit.CIS. Madrid.

Bibliografía complementaria Castro, M (Coord) (2008 ). Educación Social e escola . NEG-CEESG, Santiago de Compostela
Vega Fuente, A (2013). La educación social en la escuela, complemento imprescindible. Revista Educación Social
ÚCAR, X.; LLENA, A. (coords.) (2006). Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria.. Graó, Barcelona.
VVAA (2016 ). Revista de Pedagogía Social, nº 27 La pedagogía social en el mundo . Revista Interuniversitaria
VVAA (2017). RGE nº 66 Infancias, desprotección social e educación . Nova Escola Galega- Santiago de COmpostela
VVAA (2017). RGE nº 67 Educación e servizos sociais. Nova Escola Galega- Santiago de COmpostela


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías