Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Pedagogía social Código 652G03006
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Grado 2º cuatrimestre
Primero Formación básica 6
Idioma
Gallego
Modalidad docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinador/a
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Correo electrónico
dolores.candedo@udc.es
Profesorado
Barba Núñez, María
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
dolores.candedo@udc.es
Web
Descripción general Materia de formación básica que pretende desenvolver competencias asociadas ao coñecemento dos distintos ámbitos de profesionalización da educación social e a comprensión das distintas dimensións relacionadas coa intervención pedagóxico-social. Pretende achegar elementos de análise sobre o sentido da intervención pedagóxico-social, á luz dos valores e dos paradigmas científicos desde os que pode comprenderse a acción socioeducativa, poñendo en valor o propio contexto que condiciona a intervención. A súa metodoloxía esencialmente dialóxica pretende achegar contidos e procedementos que permitan desenvolver activamente a reflexión, o debate e o cuestionamento crítico dos temas obxecto de estudo, e colaborar no desenvolvemento de actitudes favorables ó cambio social e educativo.
Plan de contingencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral: Cólgase no Moodle un vídeo-explicativo no que se narra a presentación de power point. Durante o horario de expositivas a profesora estará conectada para resolver as dúbidas que poidan xurdir.
- Actividades iniciais e de acompañamento da materia: Pasan a computar na avaliación. Incorpóranse actividades complementarias á sesión expositiva de carácter individual (foro, proba, etc.) a través do Moodle, dirixidas a garantir o seguimento da materia, valorar a comprensión dos contidos abordados ou promover a reflexión e debate sobre os mesmos.
- Aprendizaxe colaborativa: Nas interactivas, mantense a dinámica de traballo por grupos de aprendizaxe colaborativa, a través do chat de Teams habilitado pola profesora para cada grupo. Participar nesta metodoloxía de traballo implica conectarse a través do Teams no horario de interactivas.
- Discusión dirixida
- Lecturas
- Proba de ensaio (computa na avaliación)
- Portafolios (computa na avaliación)

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Simulación (cancélase por esixir presencialidade)

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle: Permanentemente actualizado. Cámbiase a estrutura por temas por unha estrutura por semanas, para facilitar ao alumnado a comprensión das tarefas asociadas a cada semana. Cólgase cada semana o vídeo referido á sesión expositiva. É necesaria a súa consulta, dado que é a ferramenta que ofrece con claridade a visualización dos contidos abordados e tarefas asociadas.
Teams: Convértese no nova aula. As sesións interactivas danse a través dos “Equipos” creados para cada un dos grupos de interactivas. Semanalmente, no horario de interactivas, faise unha chamada grupal dirixida a clarificar dúbidas sobre o “vídeo-presentación” desa semana e a explicar a dinámica de traballo da interactiva. Créanse “Grupos de Chat” para cada un dos grupos de aprendizaxe colaborativa (GAC). Semanalmente, no horario de interactivas, son o espazo de traballo dos GAC, dende o que desenvolven as tarefas en grupo, a través de documentos colaborativos y chamadas grupais. Durante o horario das interactivas, a docente fai o seguimento dos documentos colaborativos e, con elo, do traballo que vai realizando cada grupo. Emprégase o Chat individual co alumnado, segundo o soliciten, para facer titorías individuais..
Correo electrónico: Diariamente. Como vía de comunicación co alumnado, especialmente na
na clarificación de dúbidas que poidan xurdir.
4. Modificacións na avaliación
Portafolio (50%). Mantéñense as condicións da súa elaboración.
Proba de ensaio (35%). Mantéñense as condicións da súa elaboración pero de forma non presencial. A proba realízase na data do exame, contando con todo o día para a súa realización. A proba estará habilitada no Moodle dende as 9:00 ás 23:55. De 9:00 a 10:00 e no horario do exame (de 16:00 a 19:00) a profesora estará dispoñible para consultas que precisen facer. O propio día do exame colgaranse dous textos. Deben seleccionar un deles para facer o comentario, que terá unha extensión máxima de 1500 palabras.
Actividades individuais (15%). Dirixidas á reflexividade en torno a realidades sociais ou formas de intervención, situándo ao alumnado en relación aos contidos abordados na materia. Estas actividades vanse subindo ao Moodle, acompañando o desenvolvemento da materia e deben ser entregadas nos tempos establecidos para cada unha delas.
*Observacións de avaliación:
O metodoloxía de avaliación non se ve especialmente afectada polas modificacións derivadas do COVID-19:
- A metodoloxía de “Portafolio” non ten cambios
- A “Proba de ensaio” mantense sen demasiado cambio, xa que era unha proba presencial pero con material e a diferencia coa modalidade actual é que agora faise a distancia, contando con todo o día para realizala, para evitar problemas de conexión ou dificultades persoais concretas.
- As “Actividades individuais” son unha metodoloxía de avaliación incorporada a maiores, pero que non supón incremento respecto ao traballo que se viña realizando. Son actividades moi sinxelas que só buscan a reflexividade sobre os contidos teóricos. Preguntas que se terían incorporado nas sesións expositivas de ser presenciais.
Para aprobar a materia será preciso que cando menos o portafolio e o comentario de texto estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e o outro non, gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso.
Para o alumnado con modalidade non presencial mantéñense as condicións anteriores: Portafolio (60%) e proba de ensaio (40%). Deberá ter unha titoría coa docente para acordar as condicións de elaboración de portafolio de forma individual.
No caso de alumnado con necesidades específicas, acórdase coa persoa e coa ADI a metodoloxía docente e de avaliación.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Ningunha

Competencias del título
Código Competencias del título
A1 Conocer los campos de la educación social y reconocer nuevos ámbitos emergentes.
A2 Comprender los supuestos y fundamentos históricos, pedagógicos, psicológicos y sociológicos de la acción socioeducativa y sus ámbitos de actuación, valorando sus implicaciones.
A3 Analizar las políticas de bienestar social y la legislación que sustentan los procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar y analizar los factores contextuales que afectan a los procesos de intervención socioeducativa.
A14 Identificar y emitir juicios razonados sobre problemas socioeducativos para mejorar la práctica profesional.
A16 Comprender la trayectoria de la Educación Social y la configuración de su campo e identidad profesional.
A20 Desarrollar una disposición favorable al trabajo en contornos multiculturales y plurilingüísticos.
B2 Redactar y presentar informes técnicos, memorias, reglamentos o cualquier otro documento básico que contribuya a regular la acción socioeducativa.
B3 Generar la cultura profesional colaborativa, fomentando el trabajo en red e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa y responsabilidad.
B5 Capacidad de mostrar actitudes coherentes con las concepciones éticas y deontológicas propias de la profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.

Resultados de aprendizaje
Resultados de aprendizaje Competencias del título
Recoñecer os diferentes campos de profesionalización da educación social e identificar novos ámbitos emerxentes sinalando as razóns da súa evolución A1
A5
A16
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. A20
C1
Escoller e optar criticamente por fontes de coñecemento, procedementos e recursos tecnolóxicos que redunden nunha escolla contrastada da información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Determinar razoadamente os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa nos seus ámbitos de actuación, poñendo en relación as súas implicacións e considerando as achegas bibliográficas máis relevantes A2
A3
A5
A14
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa á luz dos diferentes modelos teóricos contextualizando a súa evolución en Galicia e no conxunto do estado A3
A5
A16
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa nos diferentes ámbitos de profesionalización da educación social. A5
A14
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo A2
A3
A14
Emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional, partindo de diagnoses fundamentadas e contextualizadas A14
A16
Mostrar unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos poñendo en valor estratexias comunicativas basadas na escoita activa, a empatía e o emprego normalizado de linguas minorizadas A20
B5
C1
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. A14
B2
Mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión ao expresar opinións e posicionamentos e nas propias actuacións B3
B5
Caracterizar a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional desde os seus inicios ate a actualidade, recoñecendo as razóns que explican a súa evolución. A1
A16
Asumir activamente os principios dunha cultura profesional colaborativa, valorando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade para resolver retos académicos asociados á asignatura A20
B3

Contenidos
Tema Subtema
1. A EDUCACIÓN SOCIAL COMO OBXETO DE ANALISE E INTERVENCIÓN


1.1. Análise conceptual da Educación.
1.2. A socialización dos individuos: aproximación a súa caracterización e problemática actual.
1.3. A evolución dos discursos e prácticas socioeducativas: perspectiva asistencial versus perspectiva pedagóxico-social.
2. A PEDAGOXÍA SOCIAL COMO MARCO CIENTÍFICO, DISCIPLINAR E PROFESIONAL


2.1. Análise conceptual e evolución histórica da Pedagoxía Social.
2.2. A Pedagoxía Social e as Ciencias Sociais: a problemática da
interdisciplinariedade.
2.3. Os modelos paradigmáticos da Pedagoxía Social.
2.4. A proxección profesional da Pedagoxía Social.
3. ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL

3.1. Politica social, traballo social e servizos sociales.
3.2. Animación Sociocultural e desenvolvemento comunitario.
3.3. A Pedagoxía do tempo libre e do lecer.
3.4. A Pedagoxía Social na inadaptación e a marxinación social.
3.5. Educación social e institución escolar

4. OS PROCESOS METODOLÓXICOS NA INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL
4.1. A metodoloxía na intervención social: aspectos conceptuais e procedimentais. .
4.2. O deseño de programas socieducativos.

Planificación
Metodologías / pruebas Competéncias Horas presenciales Horas no presenciales / trabajo autónomo Horas totales
Actividades iniciales A1 A2 A3 A5 A14 A16 B5 C6 5 0 5
Aprendizaje colaborativo A20 B2 B3 C6 10 25 35
Discusión dirigida A2 A3 A5 A14 A16 10 0 10
Lecturas A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 C1 C6 0 15 15
Sesión magistral A1 A2 A3 A5 A16 C6 10 15 25
Solución de problemas A14 B2 C6 0 10 10
Prueba de ensayo/desarrollo A1 A3 A5 A14 A16 0 10 10
Simulación A2 A5 A14 B3 5 0 5
Portafolio del alumno A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 2 18 20
 
Atención personalizada 15 0 15
 
(*)Los datos que aparecen en la tabla de planificación són de carácter orientativo, considerando la heterogeneidad de los alumnos

Metodologías
Metodologías Descripción
Actividades iniciales Desenvolvemento dunha actividade de indagación sobre coñecementos previos do alumnado, en relación ás temáticas obxecto de estudo. Pode realizarse en gran grupo como elemento previo que permita tender pontes entre os coñecementos/vivencias/actitudes do alumnado e as temáticas obxecto de estudo presentadas a través da lección maxistral, discusión dirixida, etc. Tamén en pequeno grupo como forma de abordar os puntos de partida desde os que cada alumno/alumna se achega ás cuestións que son obxecto de debate ou motivo da resolución de problemas.
Aprendizaje colaborativo Actividades propostas para que o alumnado en pequeno grupo resolva supostos desenvolvendo estratexias de cooperación na aprendizaxe. É tamén o baseamento para a adquisición de estratexias procedimentais e actitudinais desde as que abordar o traballo en equipo e a solución de problemas de diversa índole de maneira dialóxica, complementando xeitos diferentes de pensar á realidade e competencias diversas.
Discusión dirigida Formulación de problemas ou antinomias nas que deben desenvolverse argumentos de diverso carácter sobre os temas propostos, de maneira ordeada e respectuosa cos posicionamentos non compartidos. Preténdese asentar procedementos e actitudes favorecedoras da escoita activa, a empatía e a facilitación de relacións na abordaxe de problemas complexos.
Lecturas Lecturas complementarias e de profundización nas temáticas abordadas pola materia que permitan achegar marcos de referencia para a análise crítica da intervención pedagóxico social.
Sesión magistral Presentación dos aspectos máis significativos dos elementos temáticos da asignatura que estruturan as sesións expositivas e dan sentido as sesións interactivas. Acompáñase habitualmente de actividades iniciais e de distintos recursos que pretenden "activar" ao alumnado na procura de aprendizaxes significativas e contextuais.
Solución de problemas A abordaxe de problemas socioeducativos reclama a consideración de puntos de vista diferentes. Unha posibilidade para achegarnos ás distintas visións dunha realidade son os xogos de roles orientados a superación dun reto ou problema. Esta metodoloxía articúlase desde a construción e defensa dun determinado rol ou punto de vista, no marco dunha dinámica grupal orientada ao desenvolvemento da racionalidade argumentativa, e da discusión respectuosa de posicionamentos encontrados, co obxectivo de achegar solucións a unha problemática concreta
Prueba de ensayo/desarrollo A través dun comentario de texto, no que se pode utilizar a documentación empregada para o estudo dos distintos temas da materia. A través desta proba se pretende comprobar o desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia: capacidade de análise, síntese e desenvolvemento de reflexións argumentadas e coherentes.
Simulación Posta en escea dunha problemática simulada relacionada coa profesión do/a educador/a social, sobre a que se deben asumir posicións argumentadas, valorando distintas posibilidades e sendo autocríticos respecto das posicións iniciais.
Portafolio del alumno Traballo reflexivo do estudante de elaboración individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas. Valórase a capacidade crítica e reflexiva, así como a capacidade para identificar marcos de referencia que acheguen sentido e profundidade de análise as prácticas realizadas nas sesións interactivas.

Atención personalizada
Metodologías
Simulación
Solución de problemas
Discusión dirigida
Aprendizaje colaborativo
Actividades iniciales
Prueba de ensayo/desarrollo
Descripción
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais relaciónase coa necesidade dun seguimento do traballo do alumnado cando se empregan as metodoloxías sinaladas, e, especialmente na realización do portafolio e da conexión das actividades relacionadas coas clases interactivas e expositivas.

Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Portafolio del alumno A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 Traballo reflexivo do estudante que se pode facer de maneira individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas.
O portfolio pretende ser a memoria documentada dun proceso creativo e educativo, no que se recolle a súa evolución, de tal maneira que sexa posible apreciar un “relato coherente” que permita recompoñer unha determinada traxectoria temática.
As competencias que se pretende valorar a través da realización e presentación do Portfolio teñen que ver coa capacidade de análise, síntese, reflexión e interpretación de situacións, información relevante, etc.
Os criterios de avaliación son:
-Profundidade da reflexión a partir da propia participación nas dinámicas desenolvidas nas sesións interactivas.
- Grao de relación co marco teórico de referencia aportado nas sesións expositivas e nas lecturas recomendadas para cada temática.
60
Prueba de ensayo/desarrollo A1 A3 A5 A14 A16 Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas. É posible levar a documentación para a súa consulta no momento de realización da proba.
Os criterios de avaliación relacionados con esta proba son:
- Identificación da/s idea/s principai/s e secundaria/s do texto a través dun resumo breve. Se se empregase a modo de resumo un mapa conceptual ou un esquema deberán ser suficientemente completos e explicativos respecto dos conceptos/ideas e da súa relación (estrutura do texto). Valórase, por tanto, a capacidade descritiva e de síntese.
- Ampliación dos conceptos ou ideas contidas no texto de referencia, e a súa asociación con outros conceptos e/ou ideas, ou o seu contraste –matizacións ou puntos de vista encontrados- que outros autores/as defenden, estimando a capacidade argumentativa.
- Cando empreguemos os argumentos dun autor ou autora (ou os datos e/ou propostas dun estudo/informe concreto) coas nosas propias palabras citaremos a fonte.
40
 
Observaciones evaluación

Para aprobar a materia será preciso que cada un dos elementos de avaliación estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e o outro non, gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso. 

Para o alumnado que por razóns debidamente acreditadas (alumnado matriculado a tempo parcial ou ao que sobreveña algunha continxencia laboral e/ou persoal) non teña unha asistencia sistemática, fundamentalmente ás sesión interactivas, admítirase a dispensa académica, cunha asistencia mínima do 25%. A avaliación consistirá na proba de ensaio, vía comentario de texto, coas características e criterios citados e a realización do portafolios orientarase cara a lecturas coas correspondentes reflexións arredor das temáticas abordadas na materia. Ao alumnado daráselle unha guía relacionada coas temáticas e lecturas de referencia para orientar as reflexións. 

Fuentes de información
Básica

 

ANDER-EGG,E (1989): La animación y los animadores, Narcea. Madrid.

APPLE,M (1997): Política cultural y educación, Morata, Madrid.

BERGER,P.L. (ed.1999): Los límites de la cohesión social. Conflicto y mediación en las sociedades pluralistas. CL, Barcelona

BORJA,J. y CASTELLS, M (1997): Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la información. Taurus, Madrid.

BUENO ABAD,J.R. (1991): Hacia un modelo de Servicios Sociales de Acción Comunitaria, Popular, Madrid.

CABALLO, M.B.; CANDIA, F.X.; CARIDE,J.A. y MEIRA, P.A. (1996): 131 conceptos clave en educación social. USC. Compostela.

CALVO, A. (2002): La animación sociocultural. Una estrategia educativa para la participación. Alianza editorial, Madrid.

CANDEDO, Mª D.(coord, 2013): A educación: ¿dereito ou mercadoría? Laiovento, Ames

CARIDE, J.A. (coord, 2.000): Educación social y políticas culturales. Tórculo Edicións, USC, Santiago de Compostela.

CARIDE, J.A. (2005): Las fronteras de la Pedagogía Social. Perspectivas científica e histórica. Gedisa, Barcelona.

DELORS,J (coord, 1996): La educación encierra un tesoro, Santillana, UNESCO, Madrid.

EMAÚS (2015). Manual Inclúe. Unha ferramenta para a aplicación dun novo enfoque na atención a persoas en situación de exclusión social.Vitoria:Grupo Emaús Fundación Social. Accesible en  http://www.emaus.com/pdf/manual_gallego_web.pdf 

FERMOSO,P (1994): Pedagogía Social, Herder, Barcelona.

FREIRE,P (1990): La naturaleza política de la educación. Cultura, poder y liberación. Paidós/MEC, Barcelona.

FREIRE,P (1993): Pedagogía de la esperanza, Siglo XXI, Madrid.

FROUFE,S E SANCHEZ,M.A. (1990): Planificación e Intervención Socieducativa ,Amarú Eds, Salamanca.

GIMENO SACRISTAN, J (2001): Educar y convivir en la cultura global, Morata,Madrid.

GIROUX, H (2001): Cultura, política y práctica educativa. Graó, Barcelona

LOPEZ HIDALGO,J (1992): Los Servicios Sociales, Narcea, Madrid.

LUQUE DOMINGUEZ, P.A. (coord, 2001): Educación y valores democráticos: claves para una educación ciudadana. PPU, Barcelona.

LUZURIAGA,L (1993): Pedagogía Social y política, CEPE, Madrid.

MARCHIONI,M (1987): Planificación social y organización de la comunidad Edit. Popular, Madrid.

MARTIN, T (coord, 2000): Planificación y diseño de proyectos en Animación Sociocultural. Sanz y Torres, Madrid.

MARTINEZ, A (Edt,1991): Pedagogía de la marginación, Edt. Popular, Madrid.

MARTINEZ BONAFÉ, J (coord, 2003): Ciudadanía, poder y educación. Graó, Barcelona.    

NUÑEZ, V (Coord. 2002): La educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social, Gedisa, Barcelona

ORTEGA,J (1999): Educación social especializada, Ariel, Barcelona.

PEREZ SERRANO, G (1990): Investigación-acción: aplicaciones al campo social y educativo, Dykinson, Madrid.

PETRUS, A (Coord. 1997): Pedagogía Social , Ariel, Madrid.

PUIG,J.M.  e TRILLA, J  (1987): Pedagogía del ocio, Laertes, Madrid.

QUINTANA, J.M. et alter  (1992): Fundamentos de Animación Sociocultural, Narcea, Madrid.

ROMANS, M.; PETRUS, A.; TRILLA,J  (2000): De profesión educador(a) social. Paidós, Barcelona.

ROSELLÓ, D ( 2004): Diseño y evaluación de proyectos culturales, Ariel, Barcelona

SAEZ, J (2003): La profesión de los educadores sociales: en busca de la competencia educativa cualificadora, Dykinson, Madrid.

SAEZ, J (Coord. 2007): Pedagoxía social y Educación social, Pearson Educación, Madrid

SARRAMONA,J (Ed. 1992): La educación no formal , CEAC, Barcelona.

TRILLA,J (1993): Otras educaciones, Anthropos, Barcelona.

TRILLA,J (Coord. 1997): Animación sociocultural. Teorías, programas y ámbitos. Ariel, Madrid.

UCAR, X (1992): La animación sociocultural, CEAC, Barcelona

ÚCAR, X (2016). Relaciones socieeducativas. La acción de los profesionales. Barcelona: Editorial UOC.

V.V.A.A. (1989): Procesos socioculturales y participación, Edit. Popular, Madrid.

V.V.A.A. (1989): Actas del I Congreso sobre Educación Social  en España CIDE/MEC. Madrid.

V.V.A.A. (1990): La ciudad educadora, Ajuntament  de Barcelona, Barcelona.

V.V.A.A. (1991): El educador social. Presente y futuro. Guek, Bilbao.

V.V.A.A. (1992): Guia metodológica de apoyo a proyectos y acciones  para el desarrollo.IEPALA, Madrid.

V.V.A.A. (2002): A Acción municipal en cultura, deportes e xuventude na provincia  da Coruña, Deputación Provincial. A Coruña

VEGA,A  (1989): Pedagogía de los inadaptados sociales, Narcea, Madrid.

VENTOSA, V.J. (1992): Educación Social, Animación e Instituciones, Edit.CIS. Madrid.

RECURSOS DE TRABALLO:

Caja de herramientas comunitarias. Universidad de Kansas. https://ctb.ku.edu/es/conjuntos-de-herramientas  

 

Complementária Castro, M (Coord) (2008 ). Educación Social e escola . NEG-CEESG, Santiago de Compostela
VVAA (2020 ). Galeduso Educación social e escola . CEESG
Vega Fuente, A (2013). La educación social en la escuela, complemento imprescindible. Revista Educación Social
VVAA (2018). Libro de Actas Educación Social e Escola 2006-2016 . CEESG/NEG
ÚCAR, X.; LLENA, A. (coords.) (2006). Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria.. Graó, Barcelona.
VVAA (2016 ). Revista de Pedagogía Social, nº 27 La pedagogía social en el mundo . Revista Interuniversitaria
VVAA (2017). RGE nº 66 Infancias, desprotección social e educación . Nova Escola Galega- Santiago de COmpostela
VVAA (2017). RGE nº 67 Educación e servizos sociais. Nova Escola Galega- Santiago de COmpostela


Recomendaciones
Asignaturas que se recomienda haber cursado previamente

Asignaturas que se recomienda cursar simultáneamente

Asignaturas que continúan el temario

Otros comentarios


(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías