Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Xénero, igualdade e educación Código 652G03007
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/doc_profesor.php?id=55
Descrición xeral Educar significa facilitarlle ó alumnado a aprendizaxe daqueles coñecementos, destrezas e competencias básicas que lles permitan tomar conciencia do funcionamento da sociedade e actuar en consecuencia desde unha posición crítica.
Unha sociedade democrática e cada vez máis multicultural esixe, tamén da educación social, agudizar a mirada para detectar os elementos culturais que puideran ser discriminatorios para algún grupo social en particular, analizar os cambios e resistencias e contribuír a transformar as institucións, programas ou servicios sociais no que podan ter de inxusto ou discriminatorio.
Enfocaremos os ámbitos da educación social, especialmente aqueles que teñen máis poder na definición das identidades: as familias, formalmente democráticas con restos patriarcais; a escola, formalmente coeducativa con reminiscencias do modelo mixto e os equipamentos, programas e servicios ligados ó tempo de ocio adolescente, ocupando un lugar destacado a televisión e os recursos tecnolóxicos, no seu afán de crear ávidos consumidores.
Desafiar a desigualdade en función do xénero require dun modelo crítico abertamente antisexista, para detectar onde persisten e son especialmente activos os sexismos. No marco desta materia, apelaremos á teoría feminista, en tanto teoría crítica reflexiva que aporta chaves para coñecer as causas da desigualdade, analizar os procesos de distribución de recursos, cuestionar as xerarquías sociais, buscar solucións que contribúan a globalizar un orde social que garanta a igualdade de mulleres e homes e, por ende, unha sociedade do século XXI, más integrada, democrática e socialmente xusta.
Propoñemos, en palabras de Celia Amorós , identificar algúns dos fíos de cor de rosa tecidos nas redes sociais, que son, as liñas e direccións nas que puntearemos os fíos violeta da coeducación.



Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Asumir o paradigma feminista como marco imprescindible no que sustentar todo proxecto de acción socioeducativa. A8
A14
A17
A20
B4
B6
Deseñar e desenvolver proxectos, programas con perspectiva feminista nos diferentes campos de acción socioeducativa promovendo culturas colaborativas A9
A14
A15
A17
A20
B3
B4
B6
C1
C6
C7
Asegurar a coeducación social como elemento imprescindible dos modelos de educación inclusiva A1
A2
A3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. O concepto de xénero nas ciencias sociais
1.1. Precisións terminolóxicas previas: diversidade, diferencia, igualdade, desigualdade.
1.1 Sexo, xénero e bioloxía.
1.2 Patriarcado Androcentrismo Misoxinia.
1.3 Feminismo como marco teórico, como movemento social e político.
2. Institucións socializadoras e mandatos de xénero 2.1. Mandatos de xénero como contidos culturais
2.2. O papel dos estereotipos na configuracion das identidades
2.3. Ámbitos a problematizar:Linguaxe, ocio e tempo de lecer: televisión, deporte, videoxogos, revistas; Familias Socialización profesional Política e poder.
3. A coeducación: o compromiso colectivo de educar para a igualdade. 3.1. Que é coeducar?. A coeducación como practica feminista.
3.2. O sistema educativo: Da escola mixta a coeducativa. O papel do xénero na construcción do éxito e do fracaso escolar.
3.2 Principais sexismos inseridos en institucións/servizos e/ou programas de acción educativa. Elementos de ánalise: estructura, cargos, normativa, organización dos espazos, relacións, contidos, expectativas en relación ó grupo destinatario.
4. A violencia de xénero 4.1 Agresividade, poder, violencia: precisións terminolóxicas
4.2 Mitos da violencia de xénero.
4.3. Masculinidade, feminidade e violencia
4.4. A educación na Lei integral de medidas de protección contra a violencia de xénero.
4.4. Propostas coeducativas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A14 B6 C4 C6 10 20 30
Sesión maxistral A1 A2 A3 A8 B3 C1 C4 C6 18 18 36
Proba mixta A2 A3 A14 B6 C1 C6 2 7 9
Discusión dirixida A8 A14 A20 B3 B6 6 6 12
Estudo de casos A2 A9 A15 A17 B4 4 8 12
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 20 20 40
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A20 B3 4 4 8
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As fontes documentais son os referentes conceptuais que se presentarán ó redor dos diferentes núcleos temáticas que vertebran a materia. Utilizaránse documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos...) que son relevantes para afondar no temario con propostas de actividades específicas para o estudio dos mesmos.
Sesión maxistral Ao comezo de cada núcleo formativo farase unha exposición xeral introductoria de cada tema, mediante exposición oral, guíada co uso de recursos audiovisuais, destacando os asuntos que precisen dun maior afondamento, así como as orientacións oportunas para poderen ser ampliados. Asemade proporase unha discusión dirixida, por grupos, co fin de ollar os prexuízos, valorar os intereses do alumnado, ter en conta as súas contribucións e potenciar a súa participación na construcción significativa do coñecemento.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente
Discusión dirixida Será unha das dinámicas máis utilizadas, para a que se acordará con suficiente antelación as lecturas previas de carácter obrigatorio que, recollendo diferentes argumentacións sobre dunha temática, favoreza o contraste e o debate de opinións fundamentadas e o e coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Estudo de casos Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoralo.
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais producto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Esta tipo de actividade será recollida no portafol.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Portafolios do alumno
Descrición
Os grupos de traballo organizaranse a modo de seminarios onde se desenvolverán as diferentes metodoloxías que requiren a presencia e participación do alumnado, así como as lecturas previas traballadas para tal fin.

As cuestións a traballar,así como a organización concreta do seminario depedendo da temática, serán acordadas ó comezo de cada núcleo temático.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A9 A15 A17 B4 Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademáis de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo.
15
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 25
Proba mixta A2 A3 A14 B6 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 60
 
Observacións avaliación
Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opción:

OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%):
a) Elaboración dun portafol grupal no que se recolleránas prácticas propostas relacionadas coa lectura e análise de materias diversos, as notas relativas ós grupos de discusión e as sesións maxistrais(25%)

b)Diseño dun Proxecto coeducativo que será exposto na aula (15%).
c) Exame sen material sobre os contidos da materia (60%).

Data: O Exame realizarase na Aula o derradeiro día de clase establecido no calendario para esta materia.

OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):
a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia(80%).

b)No mesmo exame se prantexará unha pregunta referida a unha obra de lectura que será notificada en Moodle no mes de marzo(20%).

Data: O exame realizarase na data oficial establecida no Calendario de exames.
A este exame, baixo estas condicións, poderá presentarse todo o alumnado que non se presentara o anterior.

Na impresión dos traballos e a súa encuadernación teránse en conta criterios de sostenibilidade.

En calquera das dúas opcións é preciso obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia.No caso de non ser así, a cualificación en Actas será a da parte suspensa. Asemade na proba é preciso contestar, cando menos parcialmente, a tódalas cuestións prantexadas. En caso contrario a cualificación será de Suspenso.

Fontes de información
Bibliografía básica BALLARÍN, Pilar (2006). “La educación ´propia del sexo´”. Madrid: Akal
SÁNCHEZ, Ana e IGLESIAS, Ana (2008). "Curriculum oculto en el aula: estereotipos en accion". Madrid: Catarata
SUBIRATS, Marina (1993). "El sexismo en los libros de texto: an´´alisis y propuesta de un sistema de indicadores. Madrid: Ministerio de Asustos Sociales/Instituto de la Mujer
CONNELL, Robert (1998). "Enseñar a los chicos: nuevas investigaciones sobre la masculinidad y estrategias de género para la escuela". Kikiriki. Revista de cooperación educativa
KENWAY, Jane e FITZCLARENCE, Lindsay (2006). "Masculinidad, violencia y escuela. Contra las ´pedagogías venenosas´. Kikiriki. Revista de cooperación educativa
BALLARIN, Pilar (2008). "Retos de la escuela democratica". Madrid: Catarata
ÁLVAREZ-URÍA, Fernando e VARELA, Julia (2009). "Sociología del género: algunos modelos de análisis". Madrid: Morata
IGLESIAS GALDO, Ana (2006). "Textos escolares desde la perspectiva de género: sospechando de lo e-vidente". Educar. Revista de Eduación. Mexico
AMORÓS, Celia (Dcta) (1995). 10 palabras clave sobre Mujer. Navarra:evd
OSBORNE, Raquel (2009). Apuntes sobre violencia de género. Barcelona: Bellaterra
SUBIRATS, Marina e TOMÉ, Amparo (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación. Barcelona: Octaedro
MIEDZIAN, Myriam (1995). Chicos son, hombres serán. Cómo romper los lazos entre masculinidad y violencia. Madrid: Horas y horas
SÁNCHEZ, Ana (2000). Coeducación. La alternativa escolar al sexismo. Fundación Mujeres. Centro Municipal de la Mujer
SÁNCHEZ, Mercedes (coord) (2009). Cómo educar en la diversidad afectivo-sexual en los centros escolares. Orientaciones prácticas para la ESO. Madrid: Catarata
MORENO, Montserrat Moreno (1993). Cómo se enseña a ser niña: el sexismo en la escuela. Barcelona: Icaria
TOMÉ, Amparo e TONUCCI, F. (2013). Con ojos de niña. Barcelon: Graó
TOMÉ, Amparo e RAMBLA, Xavier (ed.) (2001). Contra el sexismo. Coeducación y democracia en la escuela. Barcelona: Síntesis
SAU, Victoria (1990). Diccionario ideológico feminista. Barcelona: Icaria
SANCHEZ BELLO, Ana (2012). Dirección escolar y techo de cristal.El tiempo en cuestión. Revista iberoamericana de educación
MENENDEZ MENENDEZ, Mª Isabel (2008). Discursos de ficcion y construccion de la identidad de genero en TV. Palma de Mallorca: Universitat de les Illes Balears
SCRATON, Sheila (1995). Educación física de las niñas: un enfoque feminista. Madrid: Morata
BLANCO, Nieves (Coord.) (2001). Educar en femenino y en masculino. Madrid: Tres Cantos
COBO, Rosa (ed.) (2008). Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Madrid: Catarata
IGLESIAS G., Ana e BALLARÍN D., Pilar (2013). El "mito" del éxito escolar de las niñas. Servizo de Publicacións U. Vigo, Santiago e Coruña
LORENTE, Miguel (2008). El agresor de género: acciones y reacciones del posmachismo” . Madrid: Universidad Complutense
VV.AA (2014). El amor 2.0 y las desigualdades de género entre adolescentes. Barcelon: Graó
SANTOS GUERRA, Miguel A. (Coord.) (2000). El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar. Barcelona: Grao
IZQUIERO, Mª Jesús (1998). El malestar en la desigualdad. Madrid: Catedra
MENENDEZ MENENDEZ, Mª Isabel (2006). El zapato de Cenicienta. El cuento de hadas del discurso mediatico. Oviedo: Trabe
GABRIEL, Narciso de (2008). Elisa e Marcela. Alen dos homes. Pontevedra: Nigra Trea.
VALCARCEL, Amelia (2002). Etica para un mundo global. Madrid: Temas de Hoy
JULIANO, Dolores (2006). Excluidas y marginales. Madrid: Cátedra
VALCÁRCEL, Amelia (2009). Feminismo en el mundo global. Madrid: Cátedra
VARELA, Nuria (2005). Feminismos para principiantes. Barcelona: Ediciones B
LUKE, Carmen (comp.) (1999). Feminismos y pedagogías en la vida cotidiana. Madrid: Morata
RODRIGUEZ, Carmen (2011). Género y cultura escolar. Madrid: Morata
RODRIGUEZ, Carmen (Comp) (2006). Género y currículo. Aportaciones del género al estudio y práctica del currículo.. Madrid: Akal
VILLOTA, Paloma de (2004). Globalización y desigualdad de género. Madrid: Sintesis
IGLESIAS GALDO, Ana (2010). Guía para practicar unha educación antisexista.... Concello da Coruña
COBO, Rosa (2011). Hacia una nueva política sexual. Madrid: Catarata
COBO, Rosa (ed.) (2006). Interculturalidad, feminismo y educación. Madrid: Catarata
BARBÉ, Alba, CARRO, Sara e VIDAL, Carlesw (2014). La construcción de las identidades de género. Madrid: Catarata
OSBORNE, Raquel (1993). La construcción sexual de la realidad. Madrid: Cátedra
DÍEZ GUTIÉRREZ, Enrique (2005). La diferencia sexual en el análisis de los videojuegos. Madrid: Instituto de la Mujer.
SUBIRATS, Marina e TOMÉ, Amparo (1992). La educación de niños y niñas. Recomendaciones institucionales y marco legal. Barcelona: Universitat Autónoma de Barcelona
AMORÓS, Celia (2005). La gran diferencia y sus pequeñas consecuencias...para la lucha de las mujeres. Madrid: Cátedra
SUBIRATS, Marina (2008). La masculinidad hoy: un género obsoleto” . Madrid: Universidad Complutense
SAVIN-WILLIANS, Ritchard (2009). La nueva adolescencia homosexual. Madrid: Morata
LOMAS, Carlos (comp.) (2004). Los chicos también lloran. Identidades masculinas, igualdad entre los sexos y coeducación. Barcelona: Paidós
VARELA, Julia (2011). Mujeres con voz propia. Carmen Baroja y Nessi, Zenobia Camprubí Aumar e María Teresa León Goyri. Madrid: Morata
CASTELLS, Manuel e SUBIRATS, Marina (2007). Mujeres y hombres: ¿un amor imposible?. Madrid: Alianza
TORRES, Jurjo (2008). Multiculturalismo anti-racista. Porto: Profedic,oes
SÁNCHEZ, Ana (2006) (Coord.) (2006). Políticas públicas de igualdade. Perspectiva de xénero.. Santiago: Laiovento
SUBIRATS, Marina e BRULLET, Cristina (1988). Rosa y Azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid: Instituo de la Mujer
AMOROS, Celia e DE MIGUEL Ana (eds.) (2005). Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. De los debates sobre el género al multiculturalismo. Madrid: Minerva
DOMINELLI, Lena Dominelli e MACLEOND, Eileen (1999). Trabajo social feminista. Madrid: Cátedra
SÁNCHEZ, Ana e IGLESIAS, Ana (Coords.) (2008). Tratamento da violencia de xénero dende as políticas de igualdade. Universidade da Coruña
BARRAGÁN, Fernando (coord.) (2001). Violencia de género y curriculum. Málaga: Aljibe
BARRAGÁN, Fernando (2006 a). Violencia, Género y cambios sociales. Un programa educativo que promueve nuevas relaciones de género. . Málaga: Aljibe
COBO, Rosa (2005). “El género en las ciencias sociales” . Cuadernos de Trabajo social

RECURSOS WEB: http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/; http://www.mujeresenred.net/ Blog De Autonomia e Igualdad en Infolibre; El tornillo, el espacio feminista de La Tuerka ; www.nodo50.org/mujeresred Sin Género de Dudas www.singenerodedudas.com Ministerio de Igualdad. www.migualdad.es Emakunde (Instituto Vasco de la Mujer) www.emakunde.es/indice_c.htm Instituto Andaluz de la Mujer www.juntadeandalucia.es/institutodelamujer/entrada.htm Consejo Económico e Social www.ces.es Área de Género de la Organización Internacional del Trabajo (OIT) www.ilo.org/public/spanish/gender.htm Lobby Europeo de Mujeres www.womwnlobby.org/index.2.htm UNIFEM. Fondo de Desarrollo para las Mujeres de las Naciones Unidas www.unifem.org/ Unidad de Igualdad de Oportunidades entre mujeres y hombres de la Comisión Europea www.ec.europa.eu/atoz_en.htm;  Catálogo de vídeos del Instituto de la Mujer. Ministerio de Igualdad.

LEXISLACIÓN BÁSICA: Lei Orgánica para a mellora da calidade educativa (2014). Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo,para a igualdade efectiva de mulleres e homes Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. Lei Orgáncia 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero (2004)

PLANS ESTRATÉXICOS Plan estratéxico de Igualdade de Oportunidades, 2014-2016. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. I Plan de Igualdade entre mulleres e homes da UDC, 2013-2017

LITERATURA: Éduard Louis, Carmen Alborch, Gemma Lienas, María Rey Móndez, Marcela Serrano, Adela Turín, Nela Bosnia, Virgina Woolf. Colección As Letras das Mulleres. Servizo Galego de Igualdade (Xunta de Galicia) e Sotelo Blanco.

 CINE “Las horas”. Stephen Daldry “Billy Elliot”. Stephen Daldry “Te doy mis ojos” Icíar Bollaín “Solo mía”. Javier Balaguer “Las hermanas de la Magdalena”. Peter Mullan.

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías