Identifying Data 2019/20
Subject (*) Gender, Equality and Education Code 652G03007
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Iglesias Galdo, Ana Maria
E-mail
ana.iglesias@udc.es
Lecturers
Iglesias Galdo, Ana Maria
E-mail
ana.iglesias@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/doc_profesor.php?id=55
General description Educar significa facilitarlle ó alumnado a aprendizaxe daqueles coñecementos, destrezas e competencias básicas que lles permitan tomar conciencia do funcionamento da sociedade e actuar en consecuencia desde unha posición crítica.
Unha sociedade democrática e cada vez máis multicultural esixe, tamén da educación social, agudizar a mirada para detectar os elementos culturais que puideran ser discriminatorios para algún grupo social en particular, analizar os cambios e resistencias e contribuír a transformar as institucións, programas ou servicios sociais no que podan ter de inxusto ou discriminatorio.
Enfocaremos os ámbitos da educación social, especialmente aqueles que teñen máis poder na definición das identidades: as familias, formalmente democráticas con restos patriarcais; a escola, formalmente coeducativa con reminiscencias do modelo mixto e os equipamentos, programas e servicios ligados ó tempo de ocio adolescente, ocupando un lugar destacado las redes de comunicación , no seu afán de crear ávidos consumidores.
Desafiar a desigualdade en función do xénero require dun modelo crítico abertamente antisexista, para detectar onde persisten e son especialmente activos os sexismos. No marco desta materia, apelaremos á teoría feminista, en tanto teoría crítica reflexiva que aporta chaves para coñecer as causas da desigualdade, analizar os procesos de distribución de recursos, cuestionar as xerarquías sociais, buscar solucións que contribúan a globalizar un orde social que garanta a igualdade de mulleres e homes e, por ende, unha sociedade do século XXI, más inclusiva, democrática e socialmente xusta.
Propoñemos, parafraseando á profesora Celia Amorós , identificar algúns dos fíos de cor de rosa tecidos nas redes sociais, que son, as liñas e direccións nas que puntearemos os fíos violeta da coeducación.



Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Asumir o paradigma feminista como marco imprescindible no que sustentar todo proxecto de acción socioeducativa. A8
A14
A17
A20
B4
B6
Deseñar e desenvolver proxectos, programas con perspectiva feminista nos diferentes campos de acción socioeducativa promovendo culturas colaborativas A9
A14
A15
A17
A20
B3
B4
B6
C1
C6
C7
Asegurar a coeducación social como elemento imprescindible dos modelos de educación inclusiva A1
A2
A3
C4

Contents
Topic Sub-topic
1. O concepto de xénero nas ciencias sociais
1.1. Precisións terminolóxicas previas: diversidade, diferencia, igualdade, desigualdade; sexo, xénero.
1.2 Patriarcado Androcentrismo Misoxinia.
1.3 Feminismo como marco teórico, como movemento social e político.
2. Institucións socializadoras/educadoras e mandatos de xénero 2.1. Mandatos de xénero como contidos culturais
2.2. O papel dos estereotipos na configuracion das identidades
2.3. Principais sexismos inseridos en institucións/servizos e/ou programas de acción socioeducativa. Elementos de ánalise: linguaxe, estrutura, cargos, normativa, organización dos espazos, relacións, contidos, expectativas ...
2.4. Ámbitos a problematizar: Linguaxe; Ocio e tempo de lecer: medios, deporte, videoxogos, revistas; Familias; Socialización profesional; Política
3. A violencia de xénero 3.1 Agresividade, poder, violencia: precisións terminolóxicas
3.2 Mitos da violencia de xénero.
3.3. Masculinidades, feminidades e violencia
3.4. A educación na Lei integral de medidas de protección contra a violencia de xénero.
3.5. Sobre da construcción do Amor, o Poder e os Cuidados.
4. A coeducación: o compromiso colectivo de educar para a igualdade. 4.1. A coeducación como proxecto feminista.
4.2 Principais sexismos inseridos en institucións/servizos e/ou programas de acción socioeducativa. Elementos de ánalise: linguaxe, estructura, cargos, normativa, organización dos espazos, relacións, contidos, expectativas ...
4.3. Da escola mixta a coeducativa. O papel do xénero na construción do éxito e do fracaso escolar.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A1 A2 A3 A14 B6 C4 C6 10 21.5 31.5
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A8 B3 C1 C4 C6 12 24 36
Mixed objective/subjective test A2 A3 A14 B6 C1 C6 0 10 10
Directed discussion A8 A14 A20 B3 B6 6 6 12
Case study A2 A9 A15 A17 B4 3.5 6.5 10
Student portfolio A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 6 33 39
Oral presentation B6 C1 0.5 0 0.5
Events academic / information A1 A20 B3 4 4 8
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis As fontes documentais son os referentes conceptuais que se presentarán ó redor dos diferentes núcleos temáticas que vertebran a materia. Utilizaránse documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos...) que son relevantes para afondar no temario con propostas de actividades específicas para o estudio dos mesmos.
Guest lecture / keynote speech Ao comezo de cada núcleo formativo farase unha exposición xeral introductoria de cada tema, mediante exposición oral, guíada co uso de recursos audiovisuais, destacando os asuntos que precisen dun maior afondamento, así como as orientacións oportunas para poderen ser ampliados. Asemade proporase unha discusión dirixida, por grupos, co fin de ollar os prexuízos, valorar os intereses do alumnado, ter en conta as súas contribucións e potenciar a súa participación na construcción significativa do coñecemento.
Mixed objective/subjective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente
Directed discussion Será unha das dinámicas máis utilizadas, para a que se acordará con suficiente antelación as lecturas previas de carácter obrigatorio que, recollendo diferentes argumentacións sobre dunha temática, favoreza o contraste e o debate de opinións fundamentadas e o e coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Case study Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoralo.
Student portfolio Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre. É froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos
Oral presentation Defensa dun Proxecto de coeducación, prestando especial atención ó marco teórico feminista e deseñando accións coherentes co mesmo.
Events academic / information Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Esta tipo de actividade será recollida no portafol.

Personalized attention
Methodologies
Document analysis
Case study
Student portfolio
Description
Os grupos de traballo organizaranse a modo de seminarios onde se desenvolverán as diferentes metodoloxías que requiren a presencia e participación do alumnado, así como as lecturas previas traballadas para tal fin.

As cuestións a traballar,así como a organización concreta do seminario depedendo da temática, serán acordadas ó comezo de cada núcleo temático.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A2 A9 A15 A17 B4 Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademáis de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo.
10
Student portfolio A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 10
Mixed objective/subjective test A2 A3 A14 B6 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 80
 
Assessment comments
Criterios de avaliación:
  • Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das respostas, rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia
    das relacións, argumentación/fundamentación
  • Estilo lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e na
    presentación oral/escrita.
Modalidade de avaliación en función do grao de asistencia:
OPCIÓN A: Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%):
a) Portafolios máis deseño e presentación oral dun Proxecto de coeducación que será exposto na aula (20%).
b) Exame sen material sobre os contidos da materia (80%).

OPCIÓN B.
Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):
a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia (100%).

Nota: En calquera das dúas opción, no exame é preciso contestar, cando menos
parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a
cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en
cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación
en Actas será a da parte suspensa en base 10.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas.

Sources of information
Basic IGLESIAS GALDO, Ana (2016). “Educación universitaria y ciudadanía global: puede la igualdad de género ser optativa?”. . En Revista Educação em Questão, V. 54, n. 40, p. 12-41
BALLARÍN, Pilar (2006). “La educación ´propia del sexo´”. Madrid: Akal
SÁNCHEZ, Ana e IGLESIAS, Ana (2008). "Curriculum oculto en el aula: estereotipos en accion". Madrid: Catarata
BALLARIN, Pilar (2008). "Retos de la escuela democratica". Madrid: Catarata
ÁLVAREZ-URÍA, Fernando e VARELA, Julia (2009). "Sociología del género: algunos modelos de análisis". Madrid: Morata
AMORÓS, Celia (Dcta) (1995). 10 palabras clave sobre Mujer. Navarra:evd
GABRIEL, Narciso de (2013). A educación das mulleres no século XIX: exclusión, dependencia e autonomía. Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, nº 17
SAN SEGUNDO, Teresa (2015). A vueltas con la violencia. Una aproximación multidisciplinar a la violencia de género. Madrid: Tecnos
OSBORNE, Raquel (2009). Apuntes sobre violencia de género. Barcelona: Bellaterra
SUBIRATS, Marina e TOMÉ, Amparo (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación. Barcelona: Octaedro
MIEDZIAN, Myriam (1995). Chicos son, hombres serán. Cómo romper los lazos entre masculinidad y violencia. Madrid: Horas y horas
DePALMA, Renée (2013). Choosing to lose our gender expertise: queering sex/gender in school settings. Sex Education: Sexuality, Society and Learning, 13:1, 1-15, DOI:
Sánchez A, e Iglesias, A. (2017). Coeducación: feminismo en acción. Atlánticas. Revista Internacional de Estudios
RENAU, Dolores (ed.) (2012). Cómo aprender a amar en la escuela. Madrid: Catarata
SÁNCHEZ, Mercedes (coord) (2009). Cómo educar en la diversidad afectivo-sexual en los centros escolares. Orientaciones prácticas para la ESO. Madrid: Catarata
MORENO, Montserrat Moreno (1993). Cómo se enseña a ser niña: el sexismo en la escuela. Barcelona: Icaria
TOMÉ, Amparo e TONUCCI, F. (2013). Con ojos de niña. Barcelon: Graó
TOMÉ, Amparo e RAMBLA, Xavier (ed.) (2001). Contra el sexismo. Coeducación y democracia en la escuela. Barcelona: Síntesis
SANCHEZ BELLO, Ana (2012). Dirección escolar y techo de cristal.El tiempo en cuestión. Revista iberoamericana de educación
MENENDEZ MENENDEZ, Mª Isabel (2008). Discursos de ficcion y construccion de la identidad de genero en TV. Palma de Mallorca: Universitat de les Illes Balears
BLANCO, Nieves (Coord.) (2001). Educar en femenino y en masculino. Madrid: Tres Cantos
COBO, Rosa (ed.) (2008). Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Madrid: Catarata
IGLESIAS G., Ana e BALLARÍN D., Pilar (2013). El "mito" del éxito escolar de las niñas. Servizo de Publicacións U. Vigo, Santiago e Coruña
LORENTE, Miguel (2008). El agresor de género: acciones y reacciones del posmachismo” . Madrid: Universidad Complutense
VV.AA (2014). El amor 2.0 y las desigualdades de género entre adolescentes. Barcelon: Graó
SANTOS GUERRA, Miguel A. (Coord.) (2000). El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar. Barcelona: Grao
MENENDEZ MENENDEZ, Mª Isabel (2006). El zapato de Cenicienta. El cuento de hadas del discurso mediatico. Oviedo: Trabe
GABRIEL, Narciso de (2008). Elisa e Marcela. Alen dos homes. Pontevedra: Nigra Trea.
BALLARÍN, Pilar (2011). Entre ocupar y habitar. Una revisión historiográfica sobre Mujres y Universidad en España. Arenal. Revista de Historia de las Mujeres. 17:2; julio-diciembre, 223-254
VALCÁRCEL, Amelia (2009). Feminismo en el mundo global. Madrid: Cátedra
LUKE, Carmen (comp.) (1999). Feminismos y pedagogías en la vida cotidiana. Madrid: Morata
CONNELL, Robert and PEARSE, Rebecca (2015). Gender in World Perspective. 3º Ed. Cambridge: Polity Press
RODRIGUEZ, Carmen (2011). Género y cultura escolar. Madrid: Morata
RODRIGUEZ, Carmen (Comp) (2006). Género y currículo. Aportaciones del género al estudio y práctica del currículo.. Madrid: Akal
IGLESIAS GALDO, Ana (2010). Guía para practicar unha educación antisexista.... Concello da Coruña
COBO, Rosa (2011). Hacia una nueva política sexual. Madrid: Catarata
COBO, Rosa (ed.) (2006). Interculturalidad, feminismo y educación. Madrid: Catarata
MARTÍN, Virginia e ETURA, Dunia (2016). La comunicación en clave de igualdad de género. Madrid: Fragua
BARBÉ, Alba, CARRO, Sara e VIDAL, Carlesw (2014). La construcción de las identidades de género. Madrid: Catarata
AMORÓS, Celia (2005). La gran diferencia y sus pequeñas consecuencias...para la lucha de las mujeres. Madrid: Cátedra
SUBIRATS, Marina (2008). La masculinidad hoy: un género obsoleto” . Madrid: Universidad Complutense
SAVIN-WILLIANS, Ritchard (2009). La nueva adolescencia homosexual. Madrid: Morata
COBO, Rosa (2017). La prostitución en el corazón del capitalismo. Madrid: Catarata
LOMAS, Carlos (comp.) (2004). Los chicos también lloran. Identidades masculinas, igualdad entre los sexos y coeducación. Barcelona: Paidós
BALLARÍN, Pilar (2015). Los códigos de género en la universidad. Revista Iberoamericana de educación, nº 68, 19-38
VARELA, Julia; PARRA, Pilar e VAL, Alejandra (2016). Memorias para hacer camino. Relatos de vida de once mujeres españolas de la generación del 68.. Madrid: Morata
VARELA, Julia (2011). Mujeres con voz propia. Carmen Baroja y Nessi, Zenobia Camprubí Aumar e María Teresa León Goyri. Madrid: Morata
MIGUEL, Ana de (2015). Neoliberalismo sexual. El mito de la libre elección. Valencia: Cátedra
SÁNCHEZ, Ana (2006) (Coord.) (2006). Políticas públicas de igualdade. Perspectiva de xénero.. Santiago: Laiovento
SUBIRATS, Marina e BRULLET, Cristina (1988). Rosa y Azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid: Instituo de la Mujer
RODRÍGUEZ, Rosa (Ed.) (2015). Sin género de dudas. Logros y desafíos del feminismo hoy. Madrid: Bibioteca Nueva
AMOROS, Celia e DE MIGUEL Ana (eds.) (2005). Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. De los debates sobre el género al multiculturalismo. Madrid: Minerva
SÁNCHEZ, Ana e IGLESIAS, Ana (Coords.) (2008). Tratamento da violencia de xénero dende as políticas de igualdade. Universidade da Coruña
BALLARÍN, Pilar (2016). ¿Una profesión feminizada?. Cuadernos de Pedagogía, 469

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.