Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Historia da educación Código 652G03011
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Profesorado
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A16 Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A2
A5
A14
A16
A20
B1
B2
B5
B6
C1
C3
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.Os sistemas educativos nacionais.
Xénese, estructura e funcións.
2. O sistema educativo en España. Xénese, evolución histórica e lexislación educativa.
3. O pensamento pedagóxico contemporáneo. Os pioneiros da escola contemporánea. A Escola Nova. Teorías educativas socialistas, marxistas, anarquistas e libertarias. As pedagoxías críticas. Planteamentos pedagóxicos antiautoritarios. As correntes críticas á institución escolar.
4. A cultura escolar. Dimensión científica, política e empírica.
5. Xenealoxía da profesión docente. Evolución histórica da formación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A5 A14 10 10 20
Lecturas A2 A16 0 20 20
Presentación oral B6 C1 2 5 7
Recensión bilbiográfica B1 B2 1 10 11
Sesión maxistral A20 B5 B6 20 0 20
Traballos tutelados B1 C3 C4 C7 C8 40 22 62
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
O proceso para a elaboración do traballo de investigación que cada alumno ou alumna debe realizar, así como os diferentes traballos colaborativos en pequeno grupo terán unha atención permanente e no seu caso persoalizada coa finalidade de manter un apoio e un seguimento regular e individualizado nas diferentes propostas de aprendizaxe.
Aínda que non é obrigatoria a asistencia ás titorías, o profesor manterá o seu horario de atención ao alumnado de xeito regular, semanalmente, para resolver as dificultades que o seu traballo planteen.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A14 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 10
Lecturas A2 A16 Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. 15
Presentación oral B6 C1 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
Recensión bilbiográfica B1 B2 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. 20
Sesión maxistral A20 B5 B6 A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
5
Traballos tutelados B1 C3 C4 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
40
 
Observacións avaliación

 - O profesor debe ter identificado a cada alumno mediante unha ficha onde vai realizando o seguimento, polo que é necesario que nas primeiras sesións de clase, cada alumno/a entregue a dita ficha con foto e debidamente cumprimentada.


- A puntualidade, a regularidade da asistencia ás sesións de clase así como o interese amosado, a actitude diante da materia e das actividades, e a participación e colaboración serán aspectos obxecto de avaliación. Sendo así, o alumno ou alumna que acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de considerarse asistente pasando a ser avaliado seguindo outros criterios.


- Aqueles alumnos ou alumnas que por causas excepcionais non poden asistir regularmente ás clases presenciais, ás interactivas ou a ambas, é necesario que o xustifiquen debidamente para poder ter dereito a unha avaliación axustada ás súas necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. 


- O alumnado regularmente asistente será avaliado segundo a proporción que segue: Traballo individual de investigación (60%); proba escrita tradicional (20%); traballos colectivos (10%), aspectos actitudinais (regularidade, puntualidade, interese, participación, colaboración...) (10%). Ter superado o traballo individual é requisito indispensable para aprobar a materia en primeira convocatoria malia ter aprobado o exame incluso coa máxima puntuación (20%). 

No caso de non ter presentados os traballos correspondentes na convocatoria de xaneiro, e figurar como non presentado, para a convocatoria de xullo ditos traballos só puntúan, aumentando a calificación, se o exame está aprobado. En ningún caso o traballo decide o aprobado do alumno ou alumna que teña suspendido o exame desa convocatoria.


-Para poder ser avaliado, cada alumno ou alumna debe ter entregado os traballos (individuais ou colectivos) propostos, en tempo e forma. En caso contrario, considérase NON PRESENTADO. Do mesmo xeito, é conveniente que se utilicen as horas de atención ao alumnado para solventar dificultades relacionadas co desenvolvemento dos traballos individuais ou colectivos, coa marcha da materia, aclarar dúbidas, etc.

O profesor non avaliará aqueles traballos individuais dos que non se teña constancia do seu proceso de elaboración.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
De Gabriel (2005). "A Historia da educación en tempos postmodernos". Sarmiento, N. 9, p. 105-130
Montesino, P. (2006). "Educación pública", en Pablo Montesino, Liberalismo y educación del pueblo, pp. 119-125. . Madrid, Biblioteca Nueva,
De Gabriel, N. (2001). "El republicanismo coruñés en la historia". Republicanismo e educación,A Coruña, Concello da Coruña, . 257-266
De Gabriel, N. (2006 ). "Formas de enseñar y modos de aprender en la escuela tradicional", en Escolano Benito, A: Historia ilustrada de la escuela en España : dos siglos de perspectiva histórica, p. 171-195 . Madrid, Fundación Germán Sánchez
Swaan, A. de (1992). A Cargo del estado. Barcelona, Pomares-Corredor
Xoán Carlos Garrido (2006). A derradeira lección do mestre.
José Luis Cuerda (película) (1999). A lingua das bolboretas .
Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel (2014). A resposta das clases populares ás eivas educativas na galiza de entreséculos. Murguía. Revista Galega de Historia. Historia da educación na Galiza (Monográfico)
Víctor Coyote (2008). Afranio.
Varela, J. (1991). Arqueología de la escuela. Madrid, La Piqueta
José María Gutiérrez Santos (1978). Arriba Hazaña.
Gabriel, Narciso de (2014). As escolas, a escolarización e a alfabetización. Murguía. Revista Galega de Historia. Historia da educación na Galiza (Monográfico)
Basilio Martín Patino (1971). Canciones para después de una guerra.
Botti, A., Montero, F., Quiroga, A., (Eds.) (2013). Católicos y patriotas. Religión y nación en la Europa de entreguerras. Madrid, Sílex
Pérez Ledesma, M. (2007). De súbditos a ciudadanos. Una historia de la ciudadanía en España. Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales
Dewey, j. (1995). Democracia y educación. Madrid, Morata
Puelles Benítez, M. de (1980/1991). Educación e Ideología en la españa Contemporánea. Barcelona, Labor
Fernández Soria, J. M. (2002). Educación y Estado en la España contemporánea. madrid, Síntesis
Fernández Enguita, M. (2001). Educar en tiempos inciertos. Madrid, Morata
Gallego, Ferrán (2014). El evangelio fascista. La formación de la cultura política del franquismo (1930-1950). Barcelona, Crítica
Trilla, J. (coord.) (2001). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del siglo XXI. Barcelona, Graó
Esteve, J. M. (1994). El malestar docente. Barcelona, Paidós
Centro de investigación, documentación y evaluación (1992). El sistema educativo español. Madrid, centro de publicaciones del MEC-CIDE
Savater, F. (1997). El valor de educar. Barcelona, Ariel
De Gabriel, N. (2008). Elisa e Marcela : alén dos homes . Vigo, Nigratrea
Viñao Frago, A. (2004). Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX. Madrid, Marcial Pons
Gabriel, P., Pomés, J., Fernández Gómez, F. (Eds.) (2013). España Res publica. Nacionalización española e identidades en conflicto (siglos XIX y XX). Granada, Comares
Puelles Benítez, M. (2004). Estado y educación en la ESpaña liberal (1809-1857). Un sistema educativo nacional frustrado. Barcelona, Pomares
Teo Manuel Abad (2008). Flores Tristes.
Costa, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo, xerais
Tiana Ferrer, A.; Ossenbach Sauter. G.; Sanz Fernández, F. (2002). Historia de la Educación (Edad Contemporánea). Madrid, UNED
Memoria do 36. Morte, depuración e exilio do profesorado de Galicia provocados polo franquismo (). http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_13.html.
Franco, la verdadera historia (). http://www.youtube.com/watch?v=MSP9NYQ1EIs.
Lss ilusiones perdidas (). http://www.youtube.com/watch?v=qXhxhNqMHZU.
El golpe de estado, la Guerra Civil y la represión franquista (). http://www.youtube.com/watch?v=ZpTdR-OBeYo.
Redondo, E. e outros (2001). Introducción a la Historia de la Educación. Barcelona, Ariel
Filho, L. (1964). Introdución al estudio de la Escuela Nueva. Buenos Aires, Kapelusz
Espigado Tocino, G., Gómez Fernández, J., Pascua Sánchez, Mª J., Sánchez Villanueva, J. L., Vázquez (2013). La Constitución de Cádiz. Genealogía y Desarrollo del sistema educativo liberal. (Actas). Cadiz, Universidad de Cádiz
Ruiz Berrio, J. (Ed.) (2000). La cultura escolar en Europa, tendencias históricas emergentes. Madrid, Biblioteca Nueva
Torres Santomé, J. (2006). La desmotivación del profesorado. Madrid, Morata
Escolano Benito, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Madrid, Biblioteca Nueva
Ruiz Berrio, J. (Dir.) (1997). La educación en tiempos modernos. textos y documentos. Madrid, ACTAS
Delors, J. (Dir.) (1996). La educación encierra un tesoro. Madrid, Santillana
Fernández Enguita, M. (1996). La escuela a examen. Madrid, Pirñamide
Carbonell, J. (1996). La escuela entre la utopía y la realidad. Barcelona, Octaedro
Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez (2006). La escuela fusilada.
Barreiro, H.; Terrón, A. (2005). La institución escolar. Una creació n del estado moderno. Barcelona, Octaedro
Victoria Martínez e Arturo Villacorta (2004). La República de los maestros .
Llopis, R. (2005). La revolución de la escuela. Dos años en la Dirección General de Primera Ensañanza. Madrid, Biblioteca Nueva
Oseenbach Sauter, G., Puelles benítez, M. (Eds.) (1991). La Revolución Francesa y su influencia en la educación en España. Madrid, UNED
Javier Ortega (2008). La Sección Femenina.
Gonzalo Tapia (2006). Las Misiones Pedagógicas.
Varela, J. (2007). Las reformas educativas a debate. Madrid, Morata
Escolano Benito, A. (Dir.) (1992). Leer y escribir en España. Doscientos años de alfabetización. Madrid; Salamanca, Fundación Germán Sánchez Ruipérez
De Gabriel, N. (2006). Ler e escribir en Galicia : a alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX.. A Coruña : Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Luis M. Calvo Salgado, Itzíar López Guil, Vera Ziswiler, Cristina Albizu Yeregui (2009). Migración y exilio españoles en el siglo XX. Iberoamericana
Marco, Aurora (2014). Mulleres e educación na Galiza. Murguía. Revista Galega de Historia. Historia da educación na Galiza (Monográfico)
Santos Juliá (2014). Nosotros, los abajo firmantes. Una historia de España a través de manifiestos y protestas. Barcelona, Galaxia Gutemberg
Guereña, J-L., Ruiz Berrio, J., Tiana Ferrer, A. (Eds,) (2010). Nuevas miradas historiográficas sobre la educación en la España de los siglos XIX y XX. Madrid, ME-IFIIE
Apple, M. W. (1996). Política cultural y educación. Madrid, Dykinson
Viñao Frago, A. (1982). Política y educación en los orígenes de la España Contemporánea. Madrid, Siglo XXI
Beltrán, F. (1991). Política y reformas curriculares. Valencia, Universitat de Valencia
Etxeberría, F. (2000). Políticas educativas de la Unión Europea. Madrid, Ariel
Tiana Ferrer, A. (2009). Por qué hicimos la Ley Orgánica de Educación. Madrid, Wolters Klumer
Puelles Benítez, M. de (2006). Problemas actuales de política educativa. Madrid, Morata
Viñao Frago, A. (2014). Religión en las aulas. Una materia controvertida. Madrid, Morata
Freinet, C. (1992). Técnicas Freinet de la Escuela Moderna. Madrid, Siglo XXI
Carreño, M., Colmenar, C., Egido, I., Sanz, F. (2000). Teorías e institucións contemporáneas da educación. Madrid, Síntesis
Colom, A. J. (Coord.) (1997). Teorías e institucións contemporáneas da educación . Madrid, Ariel
Puelles Benítez, Manuel (1988). Textos sobre la educación en España (siglo XIX). Madrid, UNED
Ken Loach (). Tierra y libertad.
Sánchez Arbós, M. (2007). Una escuela soñada. textos. Madrid, Biblioteca Nueva
Depaepe, M. (2006). Vieja y nueva historia de la educación. Barcelona, Octaedro
Pereira, D. (1998). “A proposta cultural dos anarquistas coruñeses (1890-1936): do ‘Centro de Estudios Germinal’ aos Ateneos libertarios”, en Sindicalistas e rebeldes. Vigo, A Nosa Terra
Sánchez Blanco, L. (2008). “Auxilio social y la educación de los pobres: del franquismo a la . Foro de educación, nº 10
González Fernández, A. (2005). “El Protectorado del niño delincuente, en DÁVILA, P., NAYA, L. M. (Coords.).: La infancia en la Historia: espacio y representaciones. Donosti, Espacio Universitario /EREIN
Puelles Benítez, M. (2002). “Estado y educación: una relación histórica”, en Aurora Ruiz (Coord.) La escuela pública. El papel del Estado en la educación. pp. 17-48.. Madrid, Biblioteca Nueva-Escuela Julián Besteiro
Puelles Benítez, M. (2002). “Evolución de la educación en España durante el Franquismo”. Madrid, UNED
Escolano Benito, A. (2002). “La educación en la España de la Restauración y la Segunda República”, en . Madrid, UNED
De Gabriel, N. (2001). “La Revolución Francesa, Condorcet y la educación española”, en Condorcet, Cinco memorias sobre la instrucción pública y otros escritos. pp. 11-46.. Madrid, Morata
Dávila Balsera, P., Naya Garmendia, L. M. (2005). “Los derechos de los niños y las niñas en los tratados internacionales. Tres momentos históricos”, en DÁVILA, P., NAYA, L. M. (Coords.).: La infancia en la Historia: espacio y representaciones.. Donosti, Espacio Universitario /EREIN
Iglesias Galdo, A., Rivas Barrós, S. (2005). “Minoría de edad y responsabilidad penal en el Siglo XIX”, en DÁVILA, P., NAYA, L. M. (Coords.). : La infancia en la Historia: espacio y representaciones. . Donosti, Espacio Universitario /EREIN,
López Cobo, A (2007). “Por caminos de piedra, charcos y olvido. Repertorios de la cultura universal: las Misiones Pedagógicas de la II República española”. Pandora, Revúe d’Études hispaniques et Hispano-Americaines nº 7

Bibliografía complementaria (). .
(). .
Alumnos de la escuela de Barbiana (1982). Carta a una maestra. barcelona, Hogar del libro
De Gabriel, N. (2007). "O soño da escola pública" . Revista galega do ensino, N. 49, p. 50-56
Delval, J. (2000). Aprender en la vida y en la escuela. Madrid, Morata
Pestalozzi, J. H. (2009). Como Gertrudis enseña a sus hijos: ensayo de cartas con directivas de madres que enseñan a sus hijos (1801). Barcelona, PPU
Cela, J., Palou, J. (1994). Con voz de maestro. Madrid, Celeste
Hernández Laille, M. (2010). Darwinismo y manuales escolares en España e Inglaterra en el siglo XIX (1870-1902). Madrid, UNED
Sopeña Monsalve, A. (1994). El florido pensil. Barcelona, Grijalbo
Montessori, M. (2003). El método de la pedasgogía científica aplicado a la educación de la infancia. Madrid, Biblioteca Nueva
Rousseau, J. J. (1984). Emilio o de la educación. México, Porrúa
El cabezota (1982). Francisco Lara Polop .
Cocho, F. (2011). Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España. Vigo, Xerais
De Mause, Ll. (1982). Historia de la infancia.
Delgado, B. (1982). Historia de la infancia. Barcelona, Ariel
Aldecoa, J. (1991). Historia de una maestra. Madrid, Anagrama
Montessori, M. (1994). Ideas generales sobre el método. Madrid, Cepe
Escolano Benito, A. (Ed.) (2007). La cultura material de la escuela. En el centenario de la Junta para la Ampliación de Estudios, 1907-2007. Berlanga de Duero, CEINCE
Baudelot, Ch., Establet, R. (1976). La escuela capitalista en Francia. Madrid, siglo XXI
Reimer, E. (1976). La escuela ha muerto. Barcelona, Barral
Delval, J. (2002). La escuela posible. Barcelona, Ariel
mancebo, M. F. (2008). La españa de los exilios. Un mensaje para el siglo XXI. Valencia, Universitat de Valencia
Decroly, O. (2007). La función de globalización y la enseñanza y otros ensayos. Madrid, Biblioteca Nueva
Martínez Rus, A. M. (2003). La política del libro durante la Segunda República. Socialización de la lectura. Xixón, Trea
Bourdieu, P. Passeron, J. (2001). La reproducción: elementos para una teoría del sistema de enseñanza. Madrid, Popular
Illich, I. (1974). La sociedad desescolarizada. Barcelona, Seix Barral
Pons Pons, J., Silvestre Rodríguez, J. (Eds.) (2010). Los orígenes del Estado del Bienestar en España, 1900-1945: los seguros de accidentes, vejez, desempleo y enfermedad. Zaragora, Universidad de Zaragoza
Pennac, D. (2009). Mal de escola. Vigo, Xerais
Fernández Prieto, L./Nomes e Voces (Eds,) (2012). Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De ESpaña a América, debates para una historiografía
Freire, P. (1992). Padegogía del oprimido. Madrid, Siglo XXI
Freinet, C. (1973). Parabolas para una pedagogía popular. Barcelona, Laia
Makarenko, A. S. (1967). Poema Pedagógico. Barcelona, Planeta
Chomsky, N. (1993). Sobre o poder e a ideoloxía. Santiago de Compostela, Edicións laiovento
Neill, A. S. (1979). Summerhill. Un punto de vista radical en la educación de los niños. México, F.C.E
Illich, I. (1978). Un mundo sin escuelas. México, Nueva Imagen
Sánchez Arbós, M. (2007). Una escuela soñada. textos. Madrid, Biblioteca Nueva
Ariés, P. (1987). “De la familia medieval a la familia moderna”, en El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen. Madrid, Taurus
De Gabriel, N. (2001, pp. 11-46.). “La Revolución Francesa, Condorcet y la educación española”, en Condorcet, Cinco memorias sobre la instrucción pública y otros escritos. Madrid, Morata


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- É obrigatoria a entrega cumprimentada da ficha de identificación personal nas dúas primeiras semanas de clase.

- Non se admitirán traballos dos que o profesor ou profesora non teña constancia da sua realización.

- As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente para a súa realización, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais, estas son inamovibles.

- Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de a`prendizaxe 

- Os traballos escritos presentaránse paxinados, grapados e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor). Non é necesario entregalos encadernados, con fundas de plástico, aneis ou diseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se entregue.

- O calendario de titorías está exposto no lugar oficial da web da Facultade e na cortiza de anuncios da porta do despacho. (Despacho P0B16, Telf. 981167100 Ext. 4615)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías