Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Educación multicultural Código 652G03013
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Bueno Aguilar, Juan Jose
Correo electrónico
juan.j.buenoa@udc.es
Profesorado
Bueno Aguilar, Juan Jose
Correo electrónico
juan.j.buenoa@udc.es
Web
Descrición xeral Educación Multicultural é unha materia que estudia e analiza as características máis salientables da sociedade multicultural e se propón desenvolver instrumentos e propostas educativas para mellorar a convivencia entre os distintos colectivos que compoñen esta sociedade multiculural, facendo unha especial mención aos temas de racismo e novos racismos, e a discriminación multicultural.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e valorar os modelos de educación multicultural e como afectan a sociedade. A2
A5
A8
A11
A14
A20
B1
B4
C3
C4
Coñecer e desenvolver procesos de intervención e negociación desde a perspectiva multicultural. A7
A8
A11
A12
A14
B1
B3
B4
B6
C1
C4
Deseñar proxectos e propostas de intervención socioeducativa desde unha perscpectiva multicultural. A5
A7
A8
A9
A11
A15
A21
B1
B3
B4
B6
C3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común y unha perspectiva multicultural. A8
A15
A20
B3
B4
B6
C1
C4
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar, transmitir criticamente a información e empregar as ferramentas TIC tendo en conta a perspectiva multicultural. B1
B3
B4
B6
C1
C3
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Cultura 1.1. Cultura, diversidade cultural e diferencias culturais
1.2. Cultura e interculturalidade
1.3. ¿Somos unha sociedade multicultural?
2. Educación Multicultural 2.1. Modelos de Educación Multicultural.
2.2. Multiculturalismo Crítico, Educación Antirracista e Asincronismo.
2.3. Educación Multicultural e Medios de Comunicación.
3. Racismo e educación 3.1. Racismo, xenofobia e outras clases de discriminación. Novos Racismos.
3.2. O xitano a súa cultura.
3.3. Inmigración, emigración e educación.


4. Programas de intervención e desenvolvimiento no ámbito da educación multicultural 4.1. Programas de intervención educativa e desenvolvemento cultural.
4.2. Educación antidiscriminatoria.
4.3. Educación e desarrollo da tolerancia.
4.4 Proxecto Habitat e 4ª Mundo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 2 0 2
Sesión maxistral A2 A7 A11 A20 18 27 45
Traballos tutelados A8 A9 C3 C4 C6 12 25 37
Recensión bilbiográfica A5 A12 B1 0 26 26
Seminario A14 A15 B3 B6 C1 3 0 3
Presentación oral A21 C1 4 0 4
Proba de ensaio B6 C1 2 18 20
Prácticas a través de TIC B3 B4 C6 6 0 6
Portafolios do alumno C1 C3 C6 5 0 5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de traballo, partimos dos coñecementos inicais do alumnado, para que reflexionen e sexan o punto de partida de todas as estratexias de traballo que desenvolveremos nesta asignatura. Ademais da presentación pormenorizada do pragrama da asignatura.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Tamén o alumnado poderá desenvolver algún contido con estas características.
Traballos tutelados Realizaranse traballos relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o alumnado, este traballo será en grupo de tres membros máximo. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Seminario Esta técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba de ensaio Realización dun examen ao final do curso, no que o alumnado deberá respostar unha serie de cuestións relacionadas con todos os contidos desenvolvidos na asignatura durante o curso.
As cuestións terán componentes de reflexión e interrelación sobre os contidos da asignatura.
A valoración de esta proba se corresponderá co 40% da asignatura.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado, máxime nestes momentos no que a sociedade da información e a sociedade multicultural teñen puntos de convergencia moi importantes e salientables.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Farase un seguimiento continuo de traballo tanto en titorías, dende a elección do tema ata o desenvolvemento do traballo mesmo e para facer a exposición do mismo.
Horario semanal de atención ao alumnado serán 6 horas á semana.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" e solicitara no Decanato a dispensa académica, desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen guía, a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. Este alumnado deberá asistir a titioría para concretar o discurrir da manteria.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno C1 C3 C6 Análise individual dun tema escollido polo alumnado e co visto bo do profesor, e seguimento continuado do mesmo a través do tempo utilizando un MASS_MEDIA.
Presentación dos traballos do alumnado ao longo do curso.
3
Prácticas a través de TIC B3 B4 C6 Apreciación e valoración das TIC para a reflexión e análise da educación multicultural

2
Traballos tutelados A8 A9 C3 C4 C6 Se terdrá en cuenta la presentación y el desarrollo del contenido:
-Profundidad y calidad del conentido.
-Relevancia y tratamiento del contenido.
-Aspectos formales de la presentación por escrito.
-Presentación oral y utilización de TIC.
45
Seminario A14 A15 B3 B6 C1 Aula-seminario debate sobre un contido da asignatura elixido durante o curso. Cada un fará a súa apreciación e análise sobre este contido. 3
Recensión bilbiográfica A5 A12 B1 Presentación e pertinencia desta lectura:
-Identificación
-Resumo amplo con citas textuais ben presentadas.
-Valoración persoal crítica relacionada cos contidos da materia.
2
Proba de ensaio B6 C1 Proba de elaboración e resposta sobre os contidos da materia.
Valorarase o establecemento de relacións e implicacións cos contidos da asignatura; a capacidade de análise, estruturación das respostas, e o grado de explicación das mesmas
45
 
Observacións avaliación

Alumnado con asistencia regular a clase:
1.- Traballo tutelado: 45%;
2.- Proba de ensaio-exame: 45%;
3.- Traballos complementarios non obrigatorios 10%.

El alumnado deberá ter aprobados tanto o Trabajo Tutelado como a proba de ensaio (obter ao menos o 50% da nota) para poder facer media.

Alumnado que non asistan con regularidade: 1.- Proba de ensaio: 45%; 2.-
Traballo de proposta educativa: 45%; 3.-
Traballos complementarios: 10%.  Deberá tener aprobados tanto o traballo tutelado como a proba de ensaio (obter polo menos o 50% da nota) para poder hacer facer media.

Alumnado de continuación de estudos (matriculado por segunda vez na materia): conservarase a calificación do traballo tutelado-proposta educativa
sempre e cando o tivese aprobado na convocatoria anterior. (Esta
conservación da nota do traballo tutelado só sera durante un ano).

Alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica
de exención de asistencia, deberá acudir a titorías
para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar
presente co fin de determinar os traballos substitutorios, se fose o
caso.


Fontes de información
Bibliografía básica PERCEVAL, J.M. (2013). El racismo y la xenofobia. Excluir al diferente.. Madrid: Cátedra
DADZIE, Stella (2004). Herramientas contra el racismo en las aulas . Madrid: Morata
SUÁREZ OROZCO, C. y SUÁREZ OROZCO, M.M. (2003). La infancia de la inmigración . Madrid: Morata
McCARTHY, Cameron (1993). Racismo y curriculum. Madrid: Morata
KINCHELOE, J. y STEINBERG, S (1999). Repensar el multiculturalismo en las aulas. Barcelona: Octaedro

BUENO, J. J. (1998, b) Controversias en torno a la Educación Multicultural. Heuresis. Revista Electrónica de Investigación Curricular y Educativa, 2, vol. I.http://www.uca.es/HEURESIS/heuresis98/v1n2-3.htm.
BUENO, J.J. (2008) Nuevos retos, nuevas perspectivas para la educación multicultural. Revista de educación inclusiva, nº 1,  págs. 59-76.
BUENO, J.J. (2008) New racisms in Spanish society. En CAMERON McCARTHY y CATHRYN TEASLEY (Edited): TRANSNATIONAL PERSPECTIVES ON CULTURE, POLICY AND EDUCATION. Redirecting Cultural Studies in Neoliberal Times. New York: Peter Lang Publishing, págs. 277-292.
DADZIE, Stella. Herramientas contra el racismo en las aulas. Madrid. Morata, 2004.
GRANT, Carl A. and CHAPMAN, Thandeka K. (Edited.) (2008) History of Multicultural Education. Volume 5: Students and Student Learning. Routledge.
GRANT, Carl A. and CHAPMAN, Thandeka K. (Edited.) (2008) History of Multicultural Education. Volume 6: Teachers and Teacher Education. Routledge.
KINCHELOE, J. y STEINBERG, S. (1999) Repensar el multiculturalismo. Barcelona: Octaedro. (Prólogo: Mary Nash). Multiculturalismo Crítico Teórico.
McCARTHY, C. (1993)Racismo y Curriculum,  Madrid: Morata. Asincronismo.
SOHAT, E. y STAM, R. (2002) Multiculturalismo, cine y medios de comunicación. Barcelona: Paidós.
SUÁREZ-OROZCO, Carola y SUÁREZ-OROZCO, Marcelo. La infancia de la inmigración. Madrid. Morata. 2003.
VAN DIJK, Teun. (2003) Dominación étnica y racismo discursivo en España y América Latina. Barcelona. Gedisa.

Bibliografía complementaria

ABENOZA GUARDIOLA, R. (2004) Identidades e inmigración: orientaciones psicopedagógicas. Madrid: Catarata/MEC.
AGUADO, Teresa (2003) Pedagogía intercultural. Madrid. McGrawhill
AGUADO, Teresa (GRUPO INTER (2007). Racismo, qué es y cómo se afronta. Madrid. Person-Prentice Hall
ANSÓ, DOZ, R. (2007) Tejiendo la interculturalidad. Actividades creativas para el aula. Madrid: Catarata/MEC.
BARÁIBAR LÓPEZ, J.M. (2005) Inmigración, familias y escuelas en educación infantil. Madrid: Catarata/MEC.
BARTOLOMÉ, Margarita (Coordinadora) (2002) Identidad y ciudadanía. Un reto a la educación intercultural. Madrid . Narcea.
BUENO, J.J. (2002) La extraña ambigüedad de la Educación Multicultural. Kirikikí, Cooperación educativa, nº 65 (Junio-Agosto), págs. 23-33
CALVO BUEZAS, T. (2000) Inmigración y racismo. Así sienten los jóvenes del s. XXI. Madrid: Cauce Editorial.
COBO, R. (Ed.) (2006) Interculturalidad, feminismo y educación. Madrid: Catarata/MEC.
DÍAZ AGUADO, María José (2003) Educación intercultural y aprendizaje cooperativo. Madrid. Pirámide.
GÓMEZ LARA, J. (Ed.)-COLECTIVO AMANI (2004) La escuela intercultural: regulación de conflictos en contextos multiculturales. Madrid: Catarata/MEC.
JORDÁN, J.A.; BESALÚ, X.; BARTOLOMÉ, M.; AGUADO, T.; MORENO, C. y SANZ, M. (2004) La formación del profesorado en Educación Intercultural. Madrid: Catarata/MEC.

MARCOS, M. (2011) Análisis de la imagen de la inmigración en la ficción televisiva. Salamanca: Observatorio de contenidos audiovisuales.
RUIZ DE LOBERA, M. (2004) Metodología para la formación en educación intercultural. Madrid: Catarata/MEC.
VAN DIJK, Teun. (2003) Dominación étnica y racismo discursivo en España y América Latina. Barcelona. Gedisa.
VV. AA. (1998) La interculturalidad que viene. El diálogo necesario. Barcelona. Icaria-Antrazyt/Fundación Alfonso Comín.
VV. AA. (2008) Informe anual 2008 sobre el racismo en el estado español. S.O.S. Racismo. Barcelona: Icaria.
VV. AA. (2010) Informe anual 2009 sobre el racismo en el estado español. S.O.S. Racismo. Barcelona: Icaria.

Aula intercultural: www.aulaintercultural.org/

Asociación pro derechos humanos de Andalucía: http://www.apdha.org/index.php

MUGAK. http://www.mugak.eu/revista-mugak

SOS Racismo:http://www.sosracisme.org/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Este ano non se proporá a participación no Proxecto Hábital e Cuarto Mundo



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías