Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Intervención en contextos familiares de risco Código 652G03015
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
García Fernández, Manuel
Correo electrónico
manuel.garcia.fernandez@udc.es
Profesorado
García Fernández, Manuel
Correo electrónico
manuel.garcia.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia preténdese que o alumnado acade os fundamentos da intervención psicolóxica en contextos familiares convencionais, non convencionais e de risco. O temario estrutúrase nunha parte teórica, onde se presentan cales son os fundamentos dun funcionamento familiar óptimo en canto a vínculos afectivos e estratexias de socialización, e como estas variables poden resultar afectadas en contextos non convencionais e de risco. A parte práctica está formada por temas que son de especial interese para a formación do educador e educadora familiar.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os procedimentos básicos de intervención en contextos familiares convencionais, non convencionais e de risco A2
A6
A19
Capacidade de observar e escoitar de forma activa A2
A5
A6
A7
A9
A11
A12
A20
A21
B4
B5
B6
C4
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional, e de compromiso coa realidade máis próxima B5
C1
Resolver problemas de forma efectiva A2
A5
A6
A11
A12
A20
A21
B4
B5
B6
C4
Apreciar as distintas manifestacións da diversidade. A5
A6
A7
A9
A12
A20
A21
B4
B5
B6
C4
Identificar as dinámicas familiares en contextos convencionais, non convencionais e de risco A2
A6
A19

Contidos
Temas Subtemas
I. SESIÓNS EXPOSITIVAS 1. A familia como contexto de desenvolvemento humano
2. Formación e desenvolvemento dos vínculos afectivos
3. A socialización no contexto familiar
4. O desenvolvemento socioemocional nas familias adoptivas
5. Divorcio, monoparentalidade e novos emparellamentos
6. Desenvolvemento socioemocional en contextos familiares de risco: os malostratos na familia
II. SESIÓNS INTERACTIVAS 1. Análise das concepcións familiares
2. A observación condutual
3. Ensino de habilidades parentais
4. Habilidades básicas de comunicación terapéutica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A2 1 0 1
Sesión maxistral A2 A5 A6 A11 A12 A19 B4 21 42 63
Portafolios do alumno A7 A9 A20 A21 B5 B6 C1 C4 21 38 59
Proba mixta A2 A5 A6 A7 A9 A11 C1 2 23 25
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos contidos teórico/prácticos e das competencias da materia
Sesión maxistral Presentación dos contidos teóricos dos temas que conforman a guía docente
Portafolios do alumno Recollida da información e elaboración dos contidos prácticos dos temas que conforman a guía docente
Proba mixta Preguntas tipo de probas de ensaio e/ou preguntas tipo de probas obxectivas

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Portafolios do alumno
Descrición
As actividades teórico/prácticas poderán supoñer a asistencia a sesions de atención personalizadas por parte dol alumnado

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A7 A9 A20 A21 B5 B6 C1 C4 Ata 2,5 puntos sempre que se teña superado a proba mixta 25
Proba mixta A2 A5 A6 A7 A9 A11 C1 Consistirá nun exame de pregunta curta e/ou tipo test sobre os contenidos traballados nas sesións teóricas 75
 
Observacións avaliación
Teranse en conta dúas opcións de avaliación en función da asistencia ou non ás clases interactivas
Opción A. Alumnado que asiste ás clases interactivas (> 80% de asistencia)
A asistencia ás clases interactivas permitirá poder presentarse ao exame parcial (SÓ PARA ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA).
Será necesario ter acreditada unha asistencia de polo menos o 80%.
Elaborarase un portafolio no que se recollerán os principais contidos traballados nas sesións interactivas.
Para a nota final teranse en conta os seguintes aspectos:
- Clases interactivas (25%): Ata 2,5 puntos sempre que se supere a proba obxectiva(exame).
- Exame (75%): É necesario superar unha proba de preguntas curtas e/ou tipo test ao finalizar o cuadrimestre. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. O exame corrixirase sobre 10 puntos e aplicaráselle o peso que ten no global da materia (75%). Para aprobar o exame haberá que ter un 5 sobre 10. Desta forma, alguén que saque un 5 sobre 10, a súa nota do exame será de 3,75.

A nota final será a suma das dúas notas. Así, á nota do exame (mínimo de 3,75) sumaráselle a nota das clases interactivas. A suma de ambas deberá ser como mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.

Opción B: Alumnado que NON asiste ou ten unha asistencia ás clases interactivas < 80%)
- Non poderán presentarse ao exame parcial.
- A nota final será a nota do exame.
- O exame é o 75% da materia. Dado que hai que ter 5 puntos para aprobar a materia, será necesario obter unha nota de 6,7 (sobre 10) para aprobar a materia.
O alumnado que teña concedida a dispensa académica será avaliado con esta opción

Fontes de información
Bibliografía básica

Ávila de Encío, Carmen(2018).La relación de apego y sus posibilidades educativas.Madrid: Narcea

Arranz, E. y Oliva, A. (2010), Desarrollo psicológico en las nuevas estructuras familiares. Madrid: Pirámide

Carrobles, J. A.(2008). Escuela de padres : guía práctica para evitar problemas de conducta y mejorar el desarrollo infantil.Madrid: Pirámide

Rodrigo, M.J. y Palacios, J. (1998). La familia como contexto de desarrollo humano. Madrid: Pirámide

Rodrigo, M.J. (2015). Manual práctico de parentalidad positiva. Madrid:Síntesis

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Consultar a bibliografía básica e complementaria da materia na plataforma Moodle


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías