Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Educación de menores en desprotección e conflito social Código 652G03016
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Menores en risco, en desprotección, en desamparo, en desadaptación, en conflito social; diferentes expresións para visibilizar procesos caracterizados polas dificultades, necesidades ou conflitos que limitan as posibilidades de estas outras infancias para participaren na sociedade da que forman parte, facendo necesaria a intervención da entidade pública. Comparten o feito de ser suxeitos fráxiles (Varela e Álvarez-Uría) ao teren en común certa exclusión, polo menos parcial, da consideración de normalidade; co agravante de que esa situación social non se reparte por igual en función da estratificación social, senón que se agudiza na zona onde se acumulan os hándicaps económicos.
Dado que unha das saídas profesionais "clásicas" da educación social remite a este ámbito, pretendemos asegurar que o alumnado conquira aqueles coñecementos que, pola súa especificidade, non serán traballados noutras asignaturas.
Comezaremos apelando á historia para descubrir as regras de constitución da chamada infancia en desprotección e conflito social, así como as diferentes repostas institucionais que se deseñaron para atendela.
Afondaremos no marco lexislativo actual, cuestionando a aparente neutralidade das categorías xurídicas creadas para designar estes procesos sociais, e facendo especial fincapé na urxencia de visibilizar a súa dimensión social fronte á individual.
Unha vez definido o marco xurídico, e desde a pedagoxía crítica, achegarémonos ós contextos sociais que colocan ós menores de idade en situacións vitais de especial vulnerabilidade, deténdonos en dúas institucións educadoras: as familias e as escolas, pero sempre en conexión coas actuais políticas sociais.
Para finalizar, articularemos o aprendido traballando por proxectos a educación social, contribuiremos a adquisición daquelas destrezas e competencias profesionais que posibilitan un óptimo exercicio profesional, e destacaremos as posibilidades educativas dos centros de menores apostando por unha investigación educativa crítica que garanta un maior benestar para a infancia e, por ende, un maior grao de xustiza social. Este é o noso reto que, esperemos, faga seu o alumnado.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A16 Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender as implicacións da historia recente da atención e control da infancia e adolescencia nos actuais sistemas de protección e reeducación A1
A2
A3
A8
A14
A16
C4
C8
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación relativa á protección e reeducación da infancia e adolescencia, que sustentan os procesos de acción socioeducativa A2
A3
A5
A16
Identificar e analizar os factores contextuais e o papel das institucións educadoras, na xénese de situacións de desprotección e conflito social, así como a súa influenza nos procesos de acción socioeducativa A2
A5
A8
A14
C4
Deseñar e desenvolver proxectos educativos individualizados e programas grupais no ámbito da protección e xustiza xuvenil, promovendo a participación e inclusión socioeducativa da infancia e adolescencia, así como a corresponsabilización da comunidade A2
A3
A5
A7
A8
A9
A20
B3
B4
Redactar e presentar informes socioeducativos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento de elaboración interna que contribúa a regular a acción socioeducativa. A8
A14
A16
A20
B2
B3
C1

Contidos
Temas Subtemas
NÚCLEO I: Unha historia do presente das medidas de regulación, protección e control da infancia. 1.1. A infancia: categoría sociohistórica.
1.2. O sistema tutelar.
1.3. Dos tribunais de nenos ós xulgados de menores.
NÚCLEO II: As infancias e os seus dereitos. O sistema de protección infantil e da xustiza xuvenil. 2.1. Pobreza, vulnerabilidade e exclusión social.
2.2. Aproximación conceptual: desprotección, desadaptación e delincuencia.
2.3. O sistema de protección infantil.
2.4. A (in)xustiza de menores.
NÚCLEO III: Adolescencias socialmente conflitivas: O papel das institucións educadoras. 3.1. Infancias nun contexto neoliberal
3.2. Xénero e conflito.
3.3. Éxito e fracaso escolar na definición das identidades xuvenís. Transicións ó mundo adulto.
3.4. Familias: entre o control e os afectos.
NÚCLEO IV: A educación social no ámbito de menores. Traballando por proxectos 4.1. Da educación especializada á educación social.
4.2. O proxecto educativo individualizado.
4.3. A educación en medio aberto.
4.4. A educación en acollemento residencial. Documentos de elaboración interna: Protocolos, plans, programas, proxectos, regulamentos, memorias.
NÚCLEO V: Problematizando as prácticas socioeducativas: Pistas para innovar. 5.1. Novos retos para a educación social.
5.2. Elementos para o diseño dun modelo educativo crítico e inclusivo.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A16 10 20 30
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 B2 B3 B4 C4 3.5 10.5 14
Discusión dirixida A2 A3 A5 A8 A14 C4 C8 6 6 12
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A8 A9 A14 A16 A20 B2 6 33 39
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A8 A14 C8 12 12 24
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A3 A14 A20 B3 C8 3 5 8
Presentación oral B2 B3 0.5 0 0.5
Proba mixta A2 A3 A5 A8 0 19.5 19.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As fontes documentais son os referentes conceptuais que se presentarán ao redor dos diferentes núcleos temáticos que vertebran a materia. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) que son relevantes para afondar no temario, con propostas de actividades específicas para o estudo dos mesmos.
Estudo de casos Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado ou grupal que, desde a pedagoxía crítica, sitúe no seu núcleo a educación de menores en desprotección e conflito social.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafolios, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate.
Discusión dirixida Será unha das dinámicas máis utilizadas, para a que se acordará con suficiente antelación as lecturas previas de carácter obrigatorio que, recollendo diferentes argumentacións sobre dunha temática, favoreza o contraste e o debate de opinións fundamentadas e coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre. É froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos.
Sesión maxistral Ao comezo de cada núcleo formativo farase unha exposición xeral introdutoria de cada tema, mediante exposición oral e guiada co uso dos recursos pertinentes, destacando os asuntos que precisen dun maior afondamento, así como as orientacións para poderen ser ampliados. Asemade, usaremos o recurso da discusión dirixida, co fin de ollar os prexuízos, valorar os intereses do alumnado, ter en conta as súas contribucións e potenciar a súa participación na construcción significativa do coñecemento.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións...) co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Este tipo de actividade será recollida no portafolios.
Presentación oral Presentación dun proxecto de acción socieducativa, tendo como grupo destinatario rapazas e rapaces en desprotección social.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Portafolios do alumno
Estudo de casos
Presentación oral
Descrición
Os grupos de traballo organizaranse a modo de seminarios onde se desenvolverán as diferentes metodoloxías que requiren a presencia e participación do alumnado, así como as lecturas previas traballadas para tal fin.

As cuestións a traballar, así como a organización do seminario serán propostas ao comezo de cada núcleo temático.

Na organización das clases interactivas aseguraráse a rotación do alumnado na constitución dos subgrupos, evitando así grupos fixos nos debates e na análise de documentos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A8 A9 A14 A16 A20 B2 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá a parte máis significativa do roceso aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre, e que será concretado ó final de cada núcleo temático. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 10
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 B2 B3 B4 C4 Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado ou grupal que, desde a pedagoxía crítica, sitúe no seu núcleo a educación de menores en desprotección e conflito social.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafolios, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
7
Proba mixta A2 A3 A5 A8 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe ao remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 80
Presentación oral B2 B3
Presentación dun proxecto de acción socieducativa, tendo como grupo destinatario rapazas e rapaces en desprotección social.
3
 
Observacións avaliación
Criterios de avaliación:
- Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das respostas, rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia
das relacións, argumentación/fundamentación.
-Estilo lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e na
presentación oral/escrita.
Opcións en función do grao de asistencia
OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%):
a. Portafolios, deseño e presentación oral dun Proxecto dirixido á educación de menores en desprotección e conflicto social que será exposto na aula (20%).
b. Exame sen material sobre os contidos da materia (80%).
OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):
a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia (100%).

En calquera das dúas opcións é preciso contestar, cando menos
parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a
cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en
cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación
en Actas será a da parte suspensa en base 10.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e
expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas.

Fontes de información
Bibliografía básica VARELA, Julia e ÁLVAREZ-URÍA, Fernando (1991). Arqueología de la escuela. Madrid: La Piqueta
WACQUANT, Loïc (2000). Las cárceles de la miseria. Madrid: Alianza
HUERTAS, Rafael (2004). "El niño golfo: infancia y delincuencia en el pensamiento médico-social del cambio de siglo” . Valencia: Seminari d’estudis sobre la ciència
IGLESIAS GALDO, Ana (2005). "Xustiza xuvenil e perigosidade social. Unha historia do presente". En Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación
RAMIRO, Julia (2015). Ciudadanía e infancias. Los derechos de los niños en el contexto de la protección. Valencia: Tirant humanidades
CAMPS, Victoria (2008). Creer en la educación. Península
STEIMBERG, Shirley e KINCHELOE, Joe (2000). Cultura infantil y multinacionales. Madrid: Morata
GARCÍA, Jesús (Coord.) (2003). De nuevo, la educación social. Madrid: Dykinson
EMPEZ, Núria (coord.) (2014). Dejadnos crecer. Menores inmigrantes bajo tutlea institucional. Barcelona: Virus editorial
ORTEGA, José (1999). Educación Social Especializada. Educación con menores en dificultad y en conflicto social. Barcelona: Ariel.
VÉLAZ DE MEDRANO, Consuelo (coord.) (2009). Educación y protección de menores en riesgo. Un enfoque comunitario. Barcelona: Graó
IGLESIAS GALDO, Ana (2008). Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia. UDC: Servizo de publicacións
CONNELL, Robert. W (1997). Escuelas y justicia social. Madrid: Morata
MELENDRO, M.(Coord) (2014). Estrategias eficaces de intervención socioeducativa con adolescentes en riesgo de exclusión. UNED
AMORÓS, Pere e AYERBE, Pello (ed.) (2000). Intervención educativa en inadaptación social. Madrid: Sintesis
CERBINO, Mauro (2006). Jóvenes en la calle. Cultura y conflicto . Madrid: Anthropos.
BALLESTER, LL;CARIDE, J.A.; MELENDRO, M. e MONTSERRAT, C. (2016). Jóvenes que construyen futuros. De la exclusión a la inclusión social. UC
BERGALLI, Roberto e RIVERA, Iñaki (Coords.) (2007). Jóvenes y adultos. El difícil vínculo social. Barcelona: Anthropos
LLENA, Asun e PARCERISA, Aran (2008). La acción socioeducativa en medio abierto. Fundamentos para la reflexión y elementos para la práctica. Barcelona: Grao
DUBET, Franc,ois (2005). La escuela de las oportunidades. ¿Qué es una escuela justa? . Barcelona: Gedisa
TORRES, Jurjo (2011). La justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar. Madrid: Morata
CASTEL, Robert (2003). L’insécurité sociale. Qu’est-ce qu’etre protégé?. Du Seuil et La République des Idées
BRULLET, Cristina e GÓMEZ-GRANELL, Carme (Coord.) (2008). Malestares: infancia, adolescencia y familias. Barcelona: Graó
SANTOLARIA, Félix (1997). Marginación y educación. Historia de la educación social en la España moderna y contemporánea. Barcelona: Ariel
RUIZ, Cándido (2004). Protección a la Infancia en España. Valencia: Universitat de València
PERDIGUERO, Enrique (comp.) (2004). Salvad al niño. Estudios sobre la protección a la infancia en la Europa Mediterránea a comienzos del siglo XX. Valencia: Seminari d’estudis sobre la ciència.
ÁLVAREZ-URÍA e VARELA, Julia (2009). Sociología de las instituciones. Bases sociales y culturales de la conducta. Madrid: Morata
VARELA, Julia e ÁLVAREZ-URÍA, Fernando (1989). Sujetos frágiles. Ensayos de sociología de la desviación. Fondo de cultura económica: Paideia
FUNES, Jaume (2005). “El mundo de los adolescentes: propuestas para observar y comprender” . Revista de Educación Social, nº 29
BODELÓN, Encarna (2003). “La construcción de la exclusión femenina: el papel del derecho penal” . Valencia: Tirant lo blanch alternativa

LEXISLACIÓN BÁSICA

Ley Orgánica 8/2015, de 22 de julio, de modificación del sistema de protección a la infancia y a la adolescencia.

Ley 26/2015, de 28 de julio, de modificación del sistema de protección a la infancia y a la adolescencia.

Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.

Ley Orgánica 5/2000, de 12 de enero, reguladora de la responsabilidad penal de menores.

Ley Orgánica 8/2006, de 4 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 5/2000, de 12 de enero, reguladora de la responsabilidad penal de menores.

Real Decreto 1774/2004, de 30 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley Orgánica 5/2000, de 12 de enero, reguladora de la responsabilidad penal de los menores.

Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e convivencia de Galicia (DOG 134, de 13 de xullo de 2011).

Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG 245, de 18 de decembro de 2008).

Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG 45, do 6 de marzo de 2000). Modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. (DOG 156, de 16 de agosto de 2005).

Ley 1/1996, de 15 de enero, de protección xurídica do menor (BOE 15, de 17 de enero de 1996).

Bibliografía complementaria AMORÓS, P. e PALACIOS, J. (2004). Acogimiento familiar. Madrid: Alianza
WILLIS, Paul (1988). Aprendiendo a trabajar. Como los chicos de clase obrera consiguen trabajos de clase obrera. Madrid: Akal
LEBRERO, Mº Paz (2005). Atención a la infancia en riesgo y dificultad social . Madrid: UNED
MACHADO, José (2007). Chollos, chapuzas, changas. Jóvenes, trabajo precario y futuro. Madrid: Anthropos.
CONVENCIÓN SOBRE LOS DERECHOS DEL NIÑO (1989). Convención sobre los Derechos del Niño . Naciones Unidas
GARCÍA, Jesús (2003). Dar (la) palabra. Deseo, don y ética en educación social . Barcelona: Gedisa
CARIDE, José Antonio e TRILLO ALONSO, Felipe (directores) (2010). Diccionario galego de Pedagoxía. Santiago de Compostela: Galaxia
ASEDES (2007). Documentos profesionalizadores. Barcelona: Asociación Estatal de Educación Social
RUIZ, Cándido (2003). Educación social: viejos usos y nuevos retos. Valencia: Universidad de Valencia
FERNÁNDEZ ENGUITA, Mariano (2001). Educar en tiempos inciertos. Madrid: Morata
GIMENO, José (2003). El alumno como invención. Madrid: Morata
FUNES, Jaume (2008). El lugar de la infancia: parentalidad, apego y resiliencia . Barcelona: Gedisa
ARIES, F. (1987). El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen. Madrid: Taurus
PÉREZ, Gloria (2000). Elaboración de proyectos sociales . Madrid: Narcea
VIÑAO, Antonio (2004). Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX. Madrid: Marcial Pons
GOFFMAN, Erving (1972). Internados. Ensayos sobre la situación actual de los enfermos mentales (2º ed). Buenos Aires: Amorrortu
CERBINO, Mauro (2006). Jóvenes en la calle. Cultura y conflicto. Madrid: Anthropos.
LLENA A. e PARCERISA, A. (2008). La acción socioeducativa en medio abierto. Barcelona: Graó
GONZÁLEZ, Montserrat (1998). La atención socioeducativa a los marginados asturianos (1900-1939) . Principado de Asturias.
SENNET, Richard (2000). La corrosión del carácter. Las consecuencias personales del trabajo en el nuevo capitalismo. . Barcelona: Anagrama
TRINIDAD FERNÁNDEZ, Pedro (1991). La defensa de la sociedad. Cárcel y delincuencia en España (siglos XVIII-XX). Madrid: Alianza
GEE, James Paul (2005). La ideología en los discursos. Madid: Morata
DÁVILA, Paulí e NAYA, Luís M. (2005). La infancia en la historia: espacios y representaciones. Donostia: Erein
DE LEO, Gaetano (1985). La justicia de menores. Barcelona: Teide.
DONZELOT, Jacques (1998). La policía de las familias. Valencia: Pre- Textos.
BRAGA, Gloria (coord.) (2007). La situación de la infancia y la adolescencia en Asturias. Oviedo: Principado de Asturias
CARIDE, José Antonio (2005). Las fronteras de la Pedagogía social. Perspectivas científica e histórica. Barcelona: Gedisa
FOUCAULT, Michel (2001). Los anormales. Madrid: Akal
CASTEL, Robert (2003). L’insécurité sociale. Qu’est-ce qu’etre protégé?. . Du Seuil et La République des Idées
CONSEJERÍA DE EMPLEO Y BIENESTAR SOCIAL, GOBIERNO DE CANTABRIA (2008). Manual Cantabria 5. Modelo de Intervención e Acogimiento Residencial. Cantabria: Dirección General de Políticas Sociales
PANCHÓN, Carme (1998). Manual de Pedagogía de la Inadaptación Social . Barcelona:Durac
GORZ, André (1998). Miserias del presente, riqueza de lo posible. Barcelona: Paidós
GÓMEZ-GRANELL, Carmen; GARCÍA, Mercé, RIPOL-MILLET, Alex e PANCHÓN, Carme (2005). Plan estratégico nacional de infancia y adolescencia 2007-2009. Plan nacional de infancia y adolescencia. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
SMALE, Geral; TUSON, Graham e STATHAM, Daphne (2003). Problemas sociales y trabajo social. Madrid: Morata
PERDIGUERO, Enrique (comp.) (2004). Salvad al niño. Estudios sobre la protección a la infancia en la Europa Mediterránea a comienzos del siglo XX. Valencia: Seminari d’estudis sobre la ciència
BERGALLI, Roberto (2003). Sistema penal y problemas sociales. Valencia: Tirant lo blanch
HEALY, Karen (2001). Trabajo social: Perspectivas contemporáneas. Madrid: Morata.
BAUMAN, Zygmunt ( 2005). Vidas desperdiciadas. La modernidad y sus parias. Barcelona: Paidós
FOUCAULT, Michel (1996). Vigilar y castigar. Madrid: Siglo XXI (10º Ed. España).
GUASCH, Montserrat e PONCE, Carmen (2002). ¿ Qué significa intervenir educativamente en desadaptación social? . Barcelona:ICE-HORSORI

CINE:

  • La ciudad de los muchachos (Tautog, 1941).
  • Oliver Twist (David Lean, 1948).
  • Los cuatrocientos golpes (François Truffaut, 1959).
  • Barrio (Fernando León de Aranoa, 1998).
  • Hoy empieza todo (Bertrand Tavernier, 1999).
  • Bowling for Columbine (Michael Moore, 2002.
  • Los chicos del coro (Christophe Barratier, 2004).
  • Fuerte apache (Jaume Mateu Adrover, 2006).
  • La clase (Laurent Cantet, 2008)
  • El niño de la bicicleta (Jean-Pierre Dardenne e Luc Dardenne).

NOVELAS, COMICS:

  • HUGO, Víctor (1862): Los miserables. Barcelona: Grupo Zeta. Da tradución de Aurora Alemany de 1996.
  • FARIAS, Juan (1996): Los niños numerados. Salamanca: Sta. Marta de Tormes.
  • SAPPHIRE (1998): Push. Barcelona: Anagrama.
  • OÉ, Kenzaburo (1999): Arrancad las semillas, fusilad a los niños. Barcelona: Anagrama
  • GIMÉNEZ, Carlos (2000): Paracuellos 1-5 Barcelona: Glenat.
  • ECH-CANNA, Aïcha (2002): Miseria. Cuaderno de notas de una asistencia social. A Coruña, Primerapersoa.
  • BERGER, Jhon (2006): Puerca tierra.
  • GRUWELL, Erin e Freedom writers (2007): Diarios de la calle, Barcelona: Elipsis

REVISTAS:

  • Educación Social. Revista Interuniversitaria.
  • Galeduso. Revista do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
  • Revista de Educación Social (RES).
  • Bienestar y Protección Infantil.
  • Infancia y Aprendizaje.
  • Cuadernos de Pedagogía.
  • Revista de Educación.
  • Pedagogía social.
  • Documentos del Ministerio de Asuntos Sociales.

DIRECCIÓNS DE INTERNET:

www.ceesg.org

www.eduso.net

www.savethechildren.es

www.oijj.org

www.mec.es

www.gva.es/violencia

www.ine.es

www.myas.es

www.unidosporelflow.org


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías