Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Animación e xestión sociocultural Código 652G03017
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Web
Descrición xeral A profesionalización do/a educador/a social ten na animación e na acción sociocultural un ámbito ben determinado pola teoría así como pola praxe profesional. Na presente materia, preténdese poñer a disposición do alumnado, referentes tanto teóricos como prácticos que redunden nunha formación sólida e diversificada neste aspecto. Orixe de conceptos chave, ámbitos máis característicos, deseño, execución e avaliación dun proxecto de animación sociocultural, axentes culturais e labor en diferentes ámbitos son algúns dos contidos a abordar.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os supostos básicos e a terminoloxía afín da Animación Sociocultural A2
Adquirir e desenvolver capacidades de análise, reflexión, programación e acción sociocultural nas comunidades A6
A9
A10
B1
B2
C4
Observar e interpretar procesos de mediación cultural A11
Desenvolver as habilidades comunicativas para interactuar con diversas audiencias A20
B6
Elaborar e xestionar medios para a intervención sociocultural A15
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A Animación Sociocultural: xénese e evolución 1.1 Aparición do termo e evolución histórica
1.2 Análise conceptual
1.3 Conceptos afíns: xestión cultural e desenvolvemento comunitario
2. Ámbitos de intervención da ASC 2.1 Diversas perspectivas segundo os referentes teóricos
2.2 Económico, Educativo, Social e Cultural.
Deseño dun proxecto de ASC 3.1 Fases de elaboración
3.2 Metodoloxías e dinámicas de implicación social
3.3 O rol do/a animador/a sociocultural: o seu exercizo profesional
4. A Axenda 21 da Cultura 4.1 Achegamento ao seu contido.
4.2 Boas Prácticas
5. Animación e Xestión Sociocultural 5.1 Espazos, recursos e programas a nivel local
5.2 Os municipios como marco administrativo e de acción: organigramas e áreas de acción
5.3 Cidadanía e Participación Social
5.4 O patrimonio cultural como motor de desenvolvemento local

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A6 A15 24 10 34
Análise de fontes documentais A10 6 5 11
Aprendizaxe colaborativa A11 A20 B1 10 50 60
Discusión dirixida B6 C1 6 0 6
Lecturas C4 1 13 14
Mesa redonda C1 1 0 1
Proba mixta A9 B2 2 14 16
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral entendémola desde a implicación do alumnado, partindo a miúdo os temas das experiencias propias (acceso á cultura, hábitos de lecer, os equipamentos de proximidade que frecuenta, pertenza á entidades cívicas, conciencia sobre asuntos sociais, etc).
Análise de fontes documentais Supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente ou simplemente como elemento motivador, mesmo provocador.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Así, faremos prácticas como: deseño dunhas xornadas, solicitude dunha subvención pública e outras.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Aquí, o profesor, valorará en gran medida, mesmo para a cualificación final, a cantidade e calidade da participación do alumnado.

A defensa de propostas elaboradas en equipo polo alumnado, o libro forum e outras actividades prácticas, deberán ser defendidas en lingua galega.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. Entrégase a principio de cuadrimestre un dossier ao alumnado para, dous medes despois, realizar un libro-forum na clase.
Mesa redonda Exercicios de habilidades expresivo-comunicativas
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
A cantidade e calidade das achegas (en forma de preguntas, comentarios, apreciacións...) do alumnado son moi tidas en conta polo profesor. A actitude é fundamental nesta materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B6 C1 Enténdese a cantidade (asiduidade) e calidade da participación (implicación no desenvolvemento das clases) do alumnado 40
Proba mixta A9 B2 Constará dun exame sen material respostando aos contidos vinculados á materia. Será un exame con dúas ou tres preguntas, unha delas a desenvolver e as outras de carácter máis conciso e breve 60
 
Observacións avaliación

As persoas que non cumpran un mínimo dun 80% das sesións de clase, de querer superar a materia deberán:

a. Ler comprensivamente o dossier do alumnado
b. Realizar e aprobar un exame final escrito
c. Analizar unha experiencia de animación ou xestión sociocultural ou un traballo que acorden mutuamente co profesor.

Todos os traballo e o seu xeito de presentalos, deberán ser consensuados co profesor (soporte, prazos...). A nota principal será sempre o exame, mais a presenza e implicación na clase, será moi tida en conta polo profesor.

O alumnado que, tendo recoñecida a súa condición de estudante a tempo parcial, solicitará no Decanato a dispensa académica e abordará dita situación personal co profesor nunha titoría concertada.

Os criterios de avaliación da proba mixta serán:

a) Respostar ao que se pregunta.

b) Expresarse correctamente sen faltas de ortografía

c) Acompañar o argumentario da resposta con citas bibliográficas


Fontes de información
Bibliografía básica

ALBERICH, T. (1994): "Experiencias positivas de participación ciudadana en municipios españoles". En HERRERA, F. (ed.): Izquierda europea y poder local. Alfa-Delta, Madrid, pp. 157-173.

ALDANONDO, P. e ESCUDERO, J. (2002): La política cultural en el municipio. Fund. Autor, Madrid.

ANDER-EGG, E. (1989). La animación y los animadores. Narcea, Madrid.

ANDERSSEN, L. e OAKLEY, K. (edits) (2008): Making meaning, making money. Cambridge scholars, Newcastle.

ASENSIO, M. e POL, E. (2002): Nuevos escenarios en educación. Aprendizaje informal sobre el patrimonio, los museos y la ciudad. Aique, Buenos Aires.

AYTO. BARCELONA (1992): La ciudad educadora. Barcelona.

BARBA, M; MORÁN, C. e CRUZ, L. (2017). Animación Sociocultural en prisión. Popular, Madrid.

BESNARD, P. (1991): La animación sociocultural. Paidós, Barcelona.

BONET, L. e outros (2000): Gestión de proyectos culturales. Ariel, Barcelona.

BOUZADA, X. (coord.) (1999): O desenvolvemento comunitario local. Un reto da sociedade civíl. Galaxia, Vigo.

BOUZADA, X. (coord.) (2000): Cultura e concellos: as estratexias da promoción cultural no ámbito local. Consello da Cultura Galega, Santiago.

BOUZADA, X. (coord.)(2004): Cultura e Participación. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.

CABALLO, B. e outros (1997): 131 conceptos clave en Educación Social. Universidade de Santiago, Santiago de Compostela.

CABALLO, Mª B. (2001): Los educadores sociales en la animación sociocultural. Pedagogía Social, nº 8. pp. 199-207.

CABALLO, Mª. B. e FRAGUELA, R. (coords.) (2005): A acción municipal no tempo libre. Deputación da Coruña, A Coruña.

CALVO, A. (2002): La animación sociocultural. Una estrategia educativa para la participación. Alianza editorial, Madrid.

CALAF, R. (coord.) (2003): Arte para todos. Miradas para enseñar y aprender el patrimonio. Trea. Xixón.

CAMARERO, C. e GARRIDO, Mª J. (2004): Marketing del patrimonio cultural. Pirámide, Madrid.

CARBÓ, G. (2016): L´assignatura pendent. Converses sobre educació, cultura i política. Papers amb accent, Girona.

CARIDE, J. A. e TRILLO, F. (coords) (2011): Dicionario galego de Pedagoxía. Galaxia, Vigo.

CARIDE, J. A. (coord.) (2000): Educación Social y Políticas Culturales. Facultad de Ciencias da Educación, Santiago de Compostela.

CEMBRANOS, F. e outros (1988): La A. Sociocultural: una propuesta metodológica. Popular, Madrid.

COLBERT, F. e CUADRADO, M. (2003): Marketing de las Artes y la Cultura. Ariel Patrimonio, Madrid.

COLOM, A. (1987): Modelos de Intervención Socioeducativa. Narcea, Madrid.

CUADRADO, M. e BERENGUER,G. (2002): El consumo de servicios culturales. ESIC, Madrid.

DIAZ, A. (1992): Gestión sociocultural. La eficacia social. Comunidad de Madrid.

ESCUDERO, J. (2004): Análisis de la realidad local. Técnicas y métodos de investigación desde la animación sociocultural. Narcea. Madrid.

FEMP (2002): La política cultural en el municipio.SGAE, FEMP. Madrid.

FERNANDEZ, B. e LORENTE, J. (edit) (2009): Arte en el espacio público: barrios artísticos y revitalización urbana. Prensas Universitarias de Zaragoza, Zaragoza.

FERNANDEZ, E. (1991): La política cultural. Trea, Xixón.

FONTAL, O. (2003): La educación patrimonial. Trea, Xixón.

FRANCH, J. e MARTINELL, A. (1994): Animar un proyecto de educación social. Paidós. Madrid.

FROUFE, S. e SÁNCHEZ, M. A. (1990): Animación sociocultural. Nuevos enfoques. Amarú. Salamanca.

GUTIÉRREZ RUEDA, L. (2001): Métodos para la Animación Sociocultural. CCS, Madrid.

http://www.agenda21cultura.net

IBAR, M. e outros (1992): Como organizar y gestionar una entidad de ASC. Narcea. Madrid.

JIMËNEZ, E. (2010): Cómo enseñar un museo. IVAM, Valencia.

LIPOVETSKY, G. e SERROY, J. (2010): La cultura-mundo. Respuesta a una sociedad desorientada. Anagrama, Barcelona.

LÓPEZ DE AGUILETA, I. (2000): Cultura y Ciudad. Trea. Xixón.

LÓPEZ DE CEBALLOS, P. (1991): Formación de animadores y dinámicas de animación. Popular, Madrid.

MARTIN, M.T. (coord.) (2000): Planificación y diseño de proyectos de ASC. Sanz y Torres. Madrid.

MERINO, J. V. (1997): Programas de Animación Sociocultural. Narcea. Madrid.

MORALES. Mª I.; ROBLES, S.; PIRES, N. (2016). Lecturas del agua. Catarata, Madrid.

PASCUAL, J. e DRAGOJEVIC, S. (2007): Guía para la participación ciudadana en el desarrollo de políticas culturales para ciudades europeas. Fund. Interarts, Barcelona.

PASTOR, Mª I. (2004): Pedagogía museística. Ariel Patrimonio, Madrid.

PATTE, G. (1988): ¡Dejadles leer! Los niños y las bibliotecas. Pirene, Barcelona.

PÉREZ, M. P. (1994): Como determinar las necesidades de intervención socioeducativa. Narcea, Madrid.

PEREZ SERRANO, G. (1993): Elaboración de proyectos sociales. Casos prácticos. Narcea. Madrid.

PETRUS, A. (coord.) (1997): Pedagogía Social. Ariel. Madrid.

POSE, H. e PORTO, L. (2010): SCD Malpica, 40 anos de fútbol. SCD Malpica, Malpica.

POSE, H. e PORTO, L. (2014). Mar de paixón. O fútbol na Costa da Morte. Edición de autor.

POSE, H. (2006): La cultura en las ciudades. Un quehacer cívico-social. Grao, Barcelona.

POSE, H. (2003): “Creatividade e cidadanía: binomio fantástico”. interea visual nº 1, pp. 34-36.

QUINTANA, J. Mª. (1985): Fundamentos de ASC. Narcea, Madrid.

QUINTANA, J. Mª (1993): Los ámbitos profesionales de la Animación. Narcea, Madrid.

RESOHAZY, R. (1988): El desarrollo comunitario. Narcea, Madrid.

REYES, J.; CASTRO, E.; NOGUERA, P. (2017). La vida como centro: arte y educación ambiental. Editorial Universitaria, México.

REVISTA DE EDUCACIÓN (2005): Sociedad lectora y educación. MEC, Madrid.

REVISTA GRIAL (1996): Os dilemas da acción cultural. nº 130. Galaxia. Vigo.

REVISTA INTEREA VISUAL: Deputación da Coruña, A Coruña.

RIUS-ULLDEMOLINS, J. e outro (2016). Treinta años de políticas culturales en España. PUV: Universitat de Valencia.

ROSELLÓ, D. (2004): Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel, Barcelona.

SANTCOVSKY, H. (1995): Los actores de la cultura. Hacer, Barcelona.

SANTILLÁN, R.; ARIEL, H. (comp.) (2004): El gestor cultural: ideas y experiencias para su capacitación. Ediciones CICCUS, Buenos Aires.

SEGOVIA, CH. e outros (2015). Espacios para la innovación, la creatividad y la cultura. PUV, Universitat de Valencia: Valencia.

SOLER, P. (1995): La animación sociocultural como metodología y sector profesional del educador social. Claves de Educación Social. Nº 1. Pp. 28-31.

SUBIRATS, J. (Editor) (1999): ¿Existe sociedad civil en España? Fund. Encuentro, Madrid.

TEJERINA, I. (1994): Dramatización y teatro infantil. SXXI, Madrid.

TONUCCI, F. (2012). Peligro, niños: Apuntes de educación 1994-2007. Graó, Barcelona.

TONUCCI, F. (2016). A cidade dos nenos. Kalandraca, Vigo.

TRILLA, J. (1993): Otras educaciones. Animación Sociocultural, formación de adultos y ciudad educativa. Anthropos, Madrid.

TRILLA, J. (coord) (1997). Animación Sociocultural. Teorías, programas y ámbitos. Ariel, Barcelona.

UCAR, X. (1992): La animación sociocultural. CEAC, Barcelona.

UCAR, X. (1992): El teatro en la animación sociocultural. Diagrama, Madrid.

ÚCAR, X.; LLENA, A. (coords.) (2006): Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Graó, Barcelona.

ÚCAR, X. (2016). Relaciones socioeducativas: la acción de los profesionales. UOC, Barcelona.

ÚCAR, X. (2016). Pedagogías de lo social. UOC, Barcelona.

VV. AA. (2001): Cultura, Desarrollo y territorio. Xabide. Vitoria-Gasteiz.

VV.AA. (2011): Reflexión estratéxica sobre a cultura galega. Consello de Cultura Galega, Santiago.

VENTOSA, V. (1992): Evaluación de la animación sociocultural. Popular, Madrid.

------------------ (1996): La expresión dramática como medio de animación en educación social. Amarú, Salamanca.

-------------- (1998): Manual del monitor de tiempo libre. CCS. Madrid.

VICHE, M. (1989): Intervención sociocultural. Dissabte, Valencia.

VIEITES, M. (1999): Do novo teatro á nova dramaturxia. Vigo, Xerais.

VIEITES, M. (coord.) (2000): Animación teatral. Teorías, materiais, experiencias. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.

YUBERO, S.; CARIDE, J. A.; LARRAÑAGA, E. e POSE, H. (2016). Educación Social y Alfabetización Lectora. Sintesis, Madrid.

Bibliografía complementaria

Recomendamos acceder e dispor de toda unha serie de Leis sectoriais que atinxen aos concellos e aos seu quefacer cultural:
- Lei Reguladora de Bases de Réxime Local
- Lei de Bibliotecas de Galicia
- Lei de Patrimonio
- Lei de Asociacionismo
-etc.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre/652G03030
Administración local e acción cultural e educativa/652G03040

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías