Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Animación e xestión sociocultural Código 652G03017
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Web
Descrición xeral A profesionalización do/a educador/a social ten na animación e na acción sociocultural un ámbito ben determinado pola teoría así como pola praxe profesional. Na presente materia, preténdese poñer a disposición do alumnado, referentes tanto teóricos como prácticos que redunden nunha formación sólida e diversificada neste aspecto. Orixe de conceptos chave, ámbitos máis característicos, deseño, execución e avaliación dun proxecto de animación sociocultural, axentes culturais e labor en diferentes ámbitos son algúns dos contidos a abordar.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os supostos básicos e a terminoloxía afín da Animación Sociocultural A2
Adquirir e desenvolver capacidades de análise, reflexión, programación e acción sociocultural nas comunidades A6
A9
A10
B1
B2
C4
Observar e interpretar procesos de mediación cultural A11
Desenvolver as habilidades comunicativas para interactuar con diversas audiencias A20
B6
Elaborar e xestionar medios para a intervención sociocultural A15
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A Animación Sociocultural: xénese e evolución 1.1 Aparición do termo e evolución histórica
1.2 Análise conceptual
1.3 Conceptos afíns: xestión cultural, dinamización cultural, desenvolvemento comunitario...
2. Ámbitos de intervención da ASC 2.1 Diversas perspectivas segundo os referentes teóricos
2.2 Económico, Educativo, Social e Cultural.
Deseño dun proxecto de ASC 3.1 Fases de elaboración
3.2 Metodoloxías e dinámicas de implicación social
3.3 O rol do/a animador/a sociocultural: o seu exercizo profesional
4. Municipio e acción sociocultural: os concellos como espazo político e territorial para a acción-xestión sociocultural 4.1 Lexislación específica
4.2 Organigramas
4.3 Programas e servizos
4.4 Outros axentes locais que educan en cultura
4.5 Boas prácticas
5. Promoción da creatividade e apoio aos/ás creadoe/as locais 5.1 Espazos, recursos e programas a nivel local
5.2 Os municipios como marco administrativo e de acción: organigramas e áreas de acción
5.3 Cidadanía e Participación Social
5.4 O patrimonio cultural como motor de desenvolvemento local
6. Participación e municipio: o labor pedagóxico-cultural 6.1 Que participación?
6.2 Participación infantil e adolescente
6.3 Boas prácticas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A6 A15 22 11 33
Análise de fontes documentais A10 4 14 18
Aprendizaxe colaborativa A11 A20 B1 11 50 61
Discusión dirixida B6 C1 2 12 14
Lecturas C4 0 9 9
Mesa redonda C1 1 4 5
Proba mixta A9 B2 2 0 2
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral entendémola desde a implicación do alumnado, partindo a miúdo os temas das experiencias propias (acceso á cultura, hábitos de lecer, os equipamentos de proximidade que frecuenta, pertenza á entidades cívicas, conciencia sobre asuntos sociais, etc).
Análise de fontes documentais Supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente ou simplemente como elemento motivador, mesmo provocador.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Así, faremos prácticas como: deseño dunhas xornadas, solicitude dunha subvención pública e outras.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Aquí, o profesor, valorará en gran medida, mesmo para a cualificación final, a cantidade e calidade da participación do alumnado.

A defensa de propostas elaboradas en equipo polo alumnado, o libro forum e outras actividades prácticas, deberán ser defendidas en lingua galega.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. Entrégase a principio de cuadrimestre un dossier ao alumnado para, dous medes despois, realizar un libro-forum na clase.
Mesa redonda Exercicios de habilidades expresivo-comunicativas
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
A cantidade e calidade das achegas (en forma de preguntas, comentarios, apreciacións...) do alumnado son moi tidas en conta polo profesor. A actitude nas clases (coa materia, entre compañeiro/as, co profesor) é fundamental nesta materia. Ten que ver co sentido da Animación Sociocultural, de aí que sexa unha aprendizaxe máis xunto con conceptos, teorías, ámbitos e programas.

O alumnado que por motivos xustificados e documentados (Contrato laboral, baixa médica...) non poida acudir ao 80% das clases, deberá curar a materia por outra modalidade. Se así fora, nos primeiros días do cuadrimestre, deberá ter unha titoría indovidualizada co profesor, entregar o xustificante acaído e o profesor indicaralle os labores e dinámicas a realizar para superar a materia. Que son os seguintes: a) Recensión dos textos que o profesor deixa en reprografía como lecturas a acompañar a materia e a entregar como data tope o último día lectivo de clase; b) Traballo individual sobre a presentación e seguimento dunha iniciativa sociocultural a elección do almuno/a e a entregar o último día de clase lectivo; e C) Superar o exame.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B6 C1 Enténdese asistir aos debates sobre textos que propoña o profesor e a calidade da participación (implicación no desenvolvemento dos debates e das clases) do alumnado.
Lembrar que, se non se pide despensa por motivos xustificados, a asistencia á clase é obrigatoria, sendo unicamente responsabilidade do alumnado.
20
Proba mixta A9 B2 Constará dun exame sen material respostando aos contidos vinculados á materia. Será un exame con dúas ou tres preguntas, unha delas a desenvolver e as outras de carácter máis conciso e breve.
Non se deberán cometer faltas de ortografía, valorarase positivamente a achega de citas de autore/as no argumentario do examinando, deberase contestar especificamente ao que se pregunta,
80
 
Observacións avaliación

A presenza nas clases é obrigatoria en Educación Social. O alumno/a deberá, para superar a materia, asistir e participar nas clases, así como realizar unha proba final mixta.

As persoas que non cumpran un mínimo dun 80% das sesións de clase (ou teñan despensa académica xustificada), de querer superar a materia deberán:

a. Ler comprensivamente o dossier do alumnado (textos para libroforums e participar)  que servirá de base para os diversos contidos da materia b. Aprobar un exame final escrito
c. Analizar unha experiencia de animación ou xestión sociocultural ou un traballo que acorden mutuamente co profesor (só no caso dos que non veñan ao 80% das clases ou teñan despensa académica)

Todos os traballos e o seu xeito de presentalos, deberán ser consensuados co profesor (soporte, prazos...). A nota principal será sempre o exame, mais a presenza e implicación na clase, será tida en conta polo profesor (20%).

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, si é o caso, co permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que poidese ter lugar tras o correspondente procedimento. 

O alumnado que, tendo recoñecida a súa condición de estudante a tempo parcial, solicitará no Decanato a dispensa académica e abordará dita situación personal co profesor nunha titoría concertada.

Os criterios de avaliación da proba mixta para todo/as serán:

a) Respostar ao que se pregunta.

b) Expresarse correctamente sen faltas de ortografía

c) Acompañar o argumentario da resposta con citas bibliográficas


Fontes de información
Bibliografía básica

ALBERICH, Tomás (1994): "Experiencias positivas de participación ciudadana en municipios españoles". En HERRERA, F. (ed.): Izquierda europea y poder local. Alfa-Delta, Madrid, pp. 157-173.

ALDANONDO, Pedro e ESCUDERO, José (2002): La política cultural en el municipio. Fund. Autor, Madrid.

ANDER-EGG, Ezequiel (1989). La animación y los animadores. Narcea, Madrid.

ANDERSSEN, L. e OAKLEY, K. (edits) (2008): Making meaning, making money. Cambridge scholars, Newcastle.

ASENSIO, M. e POL, E. (2002): Nuevos escenarios en educación. Aprendizaje informal sobre el patrimonio, los museos y la ciudad. Aique, Buenos Aires.

AYTO. BARCELONA (1992): La ciudad educadora. Barcelona.

BARBA, María; MORÁN, Carmen e CRUZ, Laura (2017). Animación Sociocultural en prisión. Popular, Madrid.

BAYON, Fernando & CUENCA, Jaime (2019). Públicos en transformación. Dykinson.

BESNARD, Pierd (1991): La animación sociocultural. Paidós, Barcelona.

BONET, Lluis e outros (2000): Gestión de proyectos culturales. Ariel, Barcelona.

BOUZADA, Xan (coord.) (1999): O desenvolvemento comunitario local. Un reto da sociedade civíl. Galaxia, Vigo.

BOUZADA, Xan (coord.) (2000): Cultura e concellos: as estratexias da promoción cultural no ámbito local. Consello da Cultura Galega, Santiago.

BOUZADA, Xan (coord.)(2004): Cultura e Participación. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.

CABALLO, Belén e outros (1997): 131 conceptos clave en Educación Social. Universidade de Santiago, Santiago de Compostela.

CABALLO, Belén (2001): Los educadores sociales en la animación sociocultural. Pedagogía Social, nº 8. pp. 199-207.

CABALLO, Mª. Belén e FRAGUELA, Raúl (coords.) (2005): A acción municipal no tempo libre. Deputación da Coruña, A Coruña.

CALVO, Aina (2002): La animación sociocultural. Una estrategia educativa para la participación. Alianza editorial, Madrid.

CALAF, Rosa (coord.) (2003): Arte para todos. Miradas para enseñar y aprender el patrimonio. Trea. Xixón.

CAMARERO, C. e GARRIDO, Mª José (2004): Marketing del patrimonio cultural. Pirámide, Madrid.

CARBÓ, G. (2016): L´assignatura pendent. Converses sobre educació, cultura i política. Papers amb accent, Girona.

CARIDE, José Antonio (2017). Educación social, derechos humanos y sostenibilidad en el desarrollo comunitario, Teoría de la Educación, 29 (1) 245-272

CARIDE, José Antonio e TRILLO, Felipe (coords) (2011): Dicionario galego de Pedagoxía. Galaxia, Vigo.

CARIDE, José Antonio (coord.) (2000): Educación Social y Políticas Culturales. Facultad de Ciencias da Educación, Santiago de Compostela.

CCK, Revista Cultural. En: www.kreantaeditorial.org

CEMBRANOS, Fernando e outros (1988): La A. Sociocultural: una propuesta metodológica. Popular, Madrid.

COLBERT, F. e CUADRADO, M. (2003): Marketing de las Artes y la Cultura. Ariel Patrimonio, Madrid.

COLOM, Antoni (1987): Modelos de Intervención Socioeducativa. Narcea, Madrid.

CUADRADO, M. e BERENGUER,G. (2002): El consumo de servicios culturales. ESIC, Madrid.

DIAZ, A. (1992): Gestión sociocultural. La eficacia social. Comunidad de Madrid.

ESCUDERO, J. (2004): Análisis de la realidad local. Técnicas y métodos de investigación desde la animación sociocultural. Narcea. Madrid.

FEMP (2002): La política cultural en el municipio.SGAE, FEMP. Madrid.

FERNANDEZ, B. e LORENTE, J. (edit) (2009): Arte en el espacio público: barrios artísticos y revitalización urbana. Prensas Universitarias de Zaragoza, Zaragoza.

FERNANDEZ, E. (1991): La política cultural. Trea, Xixón.

FERNANDEZ, G. & FERNANDEZ, Mª Dolores (coords) (2022). La gestión cultural en la era digital. McGrawHill

FONTAL, Olaya (2003): La educación patrimonial. Trea, Xixón.

FRANCH, J. e MARTINELL, Alfóns(1994): Animar un proyecto de educación social. Paidós. Madrid.

FROUFE, Sindo e SÁNCHEZ, M. A. (1990): Animación sociocultural. Nuevos enfoques. Amarú. Salamanca.

GARCÍA, I. (2020). La cultura, su acción y su gestión, desde la educación social, RES, Revista de Educación Social, 31, 11-26.

GUILLET, J.C. (2006). La animación en la comunidad. Un modelo de acción socioeducativa, Barcelona, Graó.

GUTIÉRREZ RUEDA, L. (2001): Métodos para la Animación Sociocultural. CCS, Madrid.

http://www.agenda21cultura.net

IBAR, M. e outros (1992): Como organizar y gestionar una entidad de ASC. Narcea. Madrid.

JIMËNEZ, E. (2010): Cómo enseñar un museo. IVAM, Valencia.

LLENA, Asun & NOVELLA, Ana (2018). Impulsar la participación infantil. Los consejos de infancia y adolescencia. Graó

LIPOVETSKY, Gills e SERROY, J. (2010): La cultura-mundo. Respuesta a una sociedad desorientada. Anagrama, Barcelona.

LÓPEZ DE AGUILETA, Iñaki (2000): Cultura y Ciudad. Trea. Xixón.

LÓPEZ DE CEBALLOS, P. (1991): Formación de animadores y dinámicas de animación. Popular, Madrid.

MARTIN, M.T. (coord.) (2000): Planificación y diseño de proyectos de ASC. Sanz y Torres. Madrid.

MERINO, J. V. (1997): Programas de Animación Sociocultural. Narcea. Madrid.

MINGUIJÓN, P. & GARCÍA, H. (2016). Proyectos y actuaciones en la animación sociocultural y la intervención social: entre dos becerros de oro. Animación, Territorios y Prácticas Socioculturales (ATPS), 10, 9-20

MORALES. Mª Isabel; ROBLES, Sara; PIRES, Natividade (2016). Lecturas del agua. Catarata, Madrid.

PASCUAL PASCUAL, Jordi e DRAGOJEVIC, S. (2007): Guía para la participación ciudadana en el desarrollo de políticas culturales para ciudades europeas. Fund. Interarts, Barcelona.

PASTOR, Mª Isabel (2004): Pedagogía museística. Ariel Patrimonio, Madrid.

PATTE, Gennevie (1988): ¡Dejadles leer! Los niños y las bibliotecas. Pirene, Barcelona.

PÉREZ, M. P. (1994): Como determinar las necesidades de intervención socioeducativa. Narcea, Madrid.

PEREZ SERRANO, Gloria (1993): Elaboración de proyectos sociales. Casos prácticos. Narcea. Madrid.

PETRUS, Antoni (coord.) (1997): Pedagogía Social. Ariel. Madrid.

POSE, Héctor e PORTO, Luis (2010): SCD Malpica, 40 anos de fútbol. SCD Malpica, Malpica.

POSE, Héctor e PORTO, Luis (2014). Mar de paixón. O fútbol na Costa da Morte. Edición de autor.

POSE, Héctor (2015). Una acción cultural local necesariamente con la sociocultura. Animation, territories et Práctiques Culturelles (ATPS), 9, 31-42.

POSE, Héctor (2006): La cultura en las ciudades. Un quehacer cívico-social. Grao, Barcelona.

POSE, Héctor (2003): “Creatividade e cidadanía: binomio fantástico”. interea visual nº 1, pp. 34-36.

QUINTANA, J. María (1985): Fundamentos de ASC. Narcea, Madrid.

QUINTANA, J. María (1993): Los ámbitos profesionales de la Animación. Narcea, Madrid.

RESOHAZY, Rezsohazi (1988): El desarrollo comunitario. Narcea, Madrid.

REYES, J.; CASTRO, E.; NOGUERA, P. (2017). La vida como centro: arte y educación ambiental. Editorial Universitaria, México.

REVISTA DE EDUCACIÓN (2005): Sociedad lectora y educación. MEC, Madrid.

REVISTA GRIAL (1996): Os dilemas da acción cultural. nº 130. Galaxia. Vigo.

RIUS-ULLDEMOLINS, J. e outro (2016). Treinta años de políticas culturales en España. PUV: Universitat de Valencia.

ROSELLÓ, David (2004): Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel, Barcelona.

SANTCOVSKY, H. (1995): Los actores de la cultura. Hacer, Barcelona.

SANTILLÁN, R.; ARIEL, H. (comp.) (2004): El gestor cultural: ideas y experiencias para su capacitación. Ediciones CICCUS, Buenos Aires.

SEGOVIA, CH. e outros (2015). Espacios para la innovación, la creatividad y la cultura. PUV, Universitat de Valencia: Valencia.

SOLER, Pere (1995): La animación sociocultural como metodología y sector profesional del educador social. Claves de Educación Social. Nº 1. Pp. 28-31.

SOLA, Belén (ed) (2019). Exponer o exponerse. La Catarata

SUBIRATS, Jordi (Editor) (1999): ¿Existe sociedad civil en España? Fund. Encuentro, Madrid.

TEJERINA, Isabel (1994): Dramatización y teatro infantil. SXXI, Madrid.

TONUCCI, Francesco (2012). Peligro, niños: Apuntes de educación 1994-2007. Graó, Barcelona.

TONUCCI, Francesco (2016). A cidade dos nenos. Kalandraca, Vigo.

TRILLA, Jaume (1993): Otras educaciones. Animación Sociocultural, formación de adultos y ciudad educativa. Anthropos, Madrid.

TRILLA, Jaume (coord) (1997). Animación Sociocultural. Teorías, programas y ámbitos. Ariel, Barcelona.

UCAR, Xabier (1992): La animación sociocultural. CEAC, Barcelona.

UCAR, Xabier (1992): El teatro en la animación sociocultural. Diagrama, Madrid.

ÚCAR, Xabier; LLENA, Asun (coords.) (2006): Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Graó, Barcelona.

ÚCAR, Xabier (2016). Relaciones socioeducativas: la acción de los profesionales. UOC, Barcelona.

ÚCAR, Xabier (2016). Pedagogías de lo social. UOC, Barcelona.

VV. AA. (2001): Cultura, Desarrollo y territorio. Xabide. Vitoria-Gasteiz.

VV.AA. (2011): Reflexión estratéxica sobre a cultura galega. Consello de Cultura Galega, Santiago.

VENTOSA, Victor (1992): Evaluación de la animación sociocultural. Popular, Madrid.

------------------ (1996): La expresión dramática como medio de animación en educación social. Amarú, Salamanca.

-------------- (1998): Manual del monitor de tiempo libre. CCS. Madrid.

VICHE, Mario (1989): Intervención sociocultural. Dissabte, Valencia.

VIEITES, Manuel (1999): Do novo teatro á nova dramaturxia. Vigo, Xerais.

VIEITES, Maneul (coord.) (2000): Animación teatral. Teorías, materiais, experiencias. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.

www.xerfa.gal

www.ub.edu/infanciatparticipacion

YUBERO, Santiago; CARIDE, Jose Antonio; LARRAÑAGA, Elisa e POSE, Héctor (2016). Educación Social y Alfabetización Lectora. Sintesis, Madrid.

Bibliografía complementaria

Recomendamos acceder e dispor de toda unha serie de Leis sectoriais que atinxen aos concellos e aos seu quefacer cultural:
- Lei Reguladora de Bases de Réxime Local
- Lei de Bibliotecas de Galicia
- Lei de Patrimonio
- Lei de Asociacionismo
-etc.

NOTA IMPORTANTE: RECOMENDAMOS VISITAR A BIBLIOTECA PARA CONSULTAR E COMPLEMENTAR OS CONTIDOS DA MATERIA.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre/652G03030
Administración local e acción cultural e educativa/652G03040

Observacións

Recoméndase a mellor das implicacións entre compañeiros/as de clase e docente. As dinámicas, as actividades dentro e fóra da aula, as conversas e debates serán mellores, de maior valor pedagoxico. Sen dúbida.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías