Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Métodos de investigación Código 652G03019
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade socio-educativa do/a educador/a social é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro ao educador/a social seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que o/a educador/a social dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral. A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a social, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha prelación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema. O desenvolvemento da investigación pretende, ademais de solucionar problemas existentes no contexto social, ser fonte de información e formación para os profesionais encargados de desenvolver a súa actividade neste campo de traballo, permitíndolles intervir con máis garantías de calidade e, sobre todo, ser capaces de anticiparse aos problemas e as necesidades do ámbito.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer á terminoloxía; as diversas fases do plantexamento da investigación e as diversas metodoloxías tanto do ámbito cuantitativo como cualitativo da intervención socioeducativa A5
A6
A7
A8
A11
A13
A14
A21
B4
C2
Analizar a información recollida nos procesos da intervención socioeducativa, empregando as técnicas de análise adecuadas A6
A7
A8
A11
A13
A21
B1
B2
B5
B6
C1
C2
C3
C6
C8
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse dende diversas perspectivas e unha de elas a perspectiva de xénero A5
A6
A7
A8
A11
A21
B1
B2
B5
B6
C1
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I.- FUNDAMENTOS DA INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN TEMA 1. - A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA.
1.1. Definición e características da investigación científica.
1.2 Definición e características da investigación educativa.
1.3. Tipos de Investigación.
TEMA 2. - OS PARADIGMAS DE INVESTIGACIÓN.
2.1. Cuestións básicas.
2.2. Características dos paradigmas.
2.3. Posicións ante a diversidade paradigmática.
BLOQUE II.- A INVESTIGACIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO E SOCIAL TEMA 3. - O PROCESO XERAL DE INVESTIGACIÓN.
3.1. Formulación do problema.
3.2. Revisión da literatura.
3.3. Hipótese e variables.
3.4. Deseños de investigación.
3.5. Poboación e mostra.
3.6. Técnicas de recollida de datos.
3.7. Informe da investigación.
3.8. Diferenzas do proceso de investigación dende a perspectiva cuantitativa e/ou cualitativa.
BLOQUE III.- METODOLOXÍA CUANTITATIVA E CUALITATIVA NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA TEMA 4. - A INVESTIGACIÓN DENDE UNHA PERSPECTIVA CUANTITATIVA.
4.1. Introdución.
4.2. Investigación experimental
4.3. Investigación non experimental.
TEMA 5. - INVESTIGACIÓN DENDE UNHA PERSPECTIVA CUALITATIVA.
5.1. Investigación acción, investigación colaborativa e investigación participativa.
5.2. Investigación evaluativa
5.3. Otros métodos cualitativos: biográfico, etnográfico, fenomenología, etnometodología y estudio de casos.
TEMA 6.- A ESTADÍSTICA COMO INSTRUMENTO DE INVESTIGACIÓN.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A7 A8 A11 A13 A14 A21 B4 C1 C6 C8 2 24 26
Análise de fontes documentais C4 0 12 12
Proba mixta A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 4 4 8
Prácticas a través de TIC A5 A6 A7 B1 C3 C6 C8 8 8 16
Solución de problemas A5 A6 A7 A11 A13 A14 B1 B2 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C8 10 18 28
Estudo de casos A6 A7 A11 A14 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 8 18 26
Sesión maxistral A6 B5 C4 C6 C8 10 18 28
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 2 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.

Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:
a) Parte teórica: será o que o/a profesor/a presenta nas clases expositivas e dalgun dossier. Todos os contidos da guía docente.
b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 6 do apartado contido desta materiae o dossier correspondente.
As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:
O/a estudantado presencial debe presentarse a proba mixta (se suspende a avaliación continua a proba mixta será como calquer estudante non presencial. Se supera a avaliacion continua debe presentarse para que a cualificación desa avaliación sexa real. PERO SE UN/UNHA ESTUDANTE SUSPENDE A PROBA MIXTA (AINDA QUE TEÑA SUPERADA A AVALIACION CONTINUA) SUSPENDERÁ A MATERIA. A avaliación continua dos/as estudantes presenciais so contará na convocatoria de xuño.
A/o estudante non presencial a cualificación da proba mixta da convocatoria de xuño o xullo será a cualificación final da materia (non debe realizar a avaliación continua)
Prácticas a través de TIC Esta metodoloxía empregarase na Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.

Solución de problemas Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 6 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único, que denominará “Métodos de investigación” que será entregado na data estipulada pola docente.

Estudo de casos Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 2, tema 3, tema 4 e tema 5 dos contidos da materia. Presentarase ao alumnado un exercicio por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución do mesmo. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único que denominará “Métodos de Investigación”, e que será entregado na data estipulada pola docente


Sesión maxistral Clase impartidas pola profesora, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo.
As clases expositivas serán presenciais. Por tanto, preséntase cunha semana de antelación ao estudantado no Campus Virtual o material en Power Point. En este material, el alumnado tendrá referencias bibliográficas para consultar o, también, para completar o seguir la exposición de las profesoras.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais
Proba mixta
Estudo de casos
Descrición
Na atención personalizada, as docentes resolverá as dúbidas que teña o alumnado sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais no estudo de casos e nas prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho da profesora (P1A15 ) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento e na Facultade de Ciencias da Educación.

A atención personalizada realizarase cara a cara entre o estudantado e as docentes. O estudantado debe comunicarse primeiramente coa profesora vía Campus Virtual, a través da plataforma habilitada a tal efecto e onde debe especificar o seu nome completo para facilitar poder ser chamada. Lembrade que a profesora é a que marcarán o horario de dita titoría. Se o estudantado non solicita por ese medio a titoría, a profesora non o atendenrán baixo ningunha curcunstancia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 A6 A7 A11 A13 A14 B1 B2 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 6. A profesora presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través do Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas a profesora presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice PARA TODO ESTO O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación”.


25
Proba mixta A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 O exame da 1ª e 2ª convocatorias é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:

1-Parte TÉCNICAS constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesoado). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).

2-Parte ANÁLISIS. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.

NOTAS ACLARATORIAS:
a) En ambas partes (parte Técnicas e parte Análise) as preguntas incorrectamente respondidas restarán

B) As docentes, antes de finalizar o período lectivo poderán realizar un simulacro de dita proba,no horario de clase da materia. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria

c) O exame debe estar aprobado para que se teña en conta a avaliación continua. Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos os dous seguintes requisitos: (a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e (b) que se chegue, como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes (parte técnicas e parte análise).

d) Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) ou ben se non se supera a avaliación continua (dosiseres), o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.

e)A data dos exames das convocartorias están marcados por xunta de facultade polo tanto non se moven.
50
Estudo de casos A6 A7 A11 A14 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 2, 3, 4 e 5). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión das docentes. Todo isto so se levará a cabo cando se explique ditos temas.

A docente presentarán ao alumnado os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.

O alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación”.

25
 
Observacións avaliación

Na avaliación da materia (exposta no apartado
da guía docente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase en conta
antes de nada o seguinte:

a) ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou
alumnado con dispensa académica) (estudantes presenciais)
 considéranse que asisten un 80%, isto equivale a
non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase as faltas médicas (con
xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un
traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo onde se xustifique
que en horas de clase se está a traballar) ou calquera outra falta sempre co
documentación homologado. Non se poderá ter máis de dúas faltas
de asistencia en cada unha das partes da materia (1ª Parte (temas 1,2,3,4 e 5) e 2ª Parte (tema 6).

A avaliación destes alumnos/as ten en conta o
seguinte: 1-A proba mixta;2-O
estudo de casos e
3-Solución de problemas.
As avaliacións da parte 2 e 3  so serán efectivas a entrega do dossier.

Todo o alumnado ASISTENTE OU PRESENCIAL debe
superar a avaliación continua (dossieres) para poder someterse a proba
mixta nas condicións que se explican para este grupo de estudantes. A
avaliación continua equivale o 50% da nota final da materia (sendo necesario
chegar ao mínimo do 40% para considerar que esta parte se superou. Hai que ter en conta que esto non é real mentres as/os estudantes non se presenten a proba mixta e a superen). Igualmente,
é imprescindíbel acadar un mínimo de 25% sobre 50% na proba mixta para
considerar superada está avaliación (atendendo a necesidade de chegar a un
mínimo en cada parte, tal como se especificou no apartado
correspondente na guía docente)

A proba mixta para estes estudantes, ao igual
que as clases sexan presenciais.

b)ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE
(estudantes non presenciais)
 considéranse
que non asisten cando faltan máis dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen
xustificar, ou ben ten máis de dúas faltas nunha das partes da materia. Se xustifica as faltas
médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) e as
faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo onde
se xustifique que en horas de clase se está a traballar). Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicio da
materia (o primeiro día de clase o profesorado presentará esta opción que o
estudantado pode elixir). Estes/as estudantes se presentarán ás probas da 1ª e
2ª convocatoria. Se recomenda que o estudantado realice os dous dossierres da
materia  de
forma autónoma, posto que estes serán avaliados na proba final da materia
(60%), xunto cos contidos teóricos propios da proba mixta (40%)

















Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos os dous seguintes
requisitos: (a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e (b) que se chegue,
como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes.


Fontes de información
Bibliografía básica

Arnal, J., Del Rincón, D. y Latorre, A. (1992). Investigación educativa. Fundamentos y metodología. Barcelona: Labor.

Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.

Colás, P. y Buendía, A. (1992). Investigación educativa. Sevilla: Alfar. 

De La Orden, A. (1985).Investigación educativa. Diccionario de Ciencias de la Educación. Madrid: Anaya.

De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex. 

Dendaluce, I. (Coord.) (1988). Aspectos metodológicos de la investigación educativa. (II Congreso Mundial Vasco). Madrid: Narcea. 

Etxeberría, J. y Tejedor Tejedor, F. J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla. 

García, V. (1994). Problemas y métodos de investigación en educación personalizada. Madrid: Rialp. 

García, M. (2000). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid: Alianza. 

García, M (coord.) (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza

Hernández, R., Fernández, C. y Baptista, P. (2003). Metodología de la investigación. (3ª. Edic.). México: McGraw-Hill. 

Latorre, A. (2003).La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona: Graó. 

León, O. y Montero, I. (1993).Diseño de investigaciones. Introducción a la lógica de la investigación en Psicología y Educación. Madrid: McGraw-Hill.

 Losada, J. L. y López, R. (2003).Métodos de investigación en Ciencias Humanas y Sociales. Madrid: Thomson. 

Orfelio, L (2015). Métodos de Investigación en Psicología y educación: las tradiciones cualitativas y cuantitativa. Madrid: McGrawHill

Pérez, G. (Coord.). (2001). Modelos de investigación cualitativa en Educación Social y Animación Sociocultural. Aplicaciones Prácticas. Madrid: Narcea. 

Rodríguez, G., Gil, J. y García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.

Verd, J.M. (2016). Introducción a la investigación cualitativa: fases, métodos y técnioas: Madrid: Síntesis
Bibliografía complementaria

Almazán, A et al. (2011). Análisis estadístico para la investigación social. Madrid: Garceta

Bisquerra, R (1987).Introducción a la estadística aplicada a la investigación educativa. Barcelona: Promociones y Publicaciones Universitarias. 

Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.

De Lara, E. y Ballesteros, B (2001). Métodos de investigación en educación social. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia. 

De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex. 

Fox. D.J. (1987). El proceso de investigación en educación. Pamplona: Eunsa.  

Grim, P. (2010). La certeza absoluta y otras fricciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA Libros 

Monje, C (2011). Metodología d ela investigación cualitativa y cuantitativa. Guía didáctica. Recuperado de: https://www.uv.mx/rmipe/files/2017/02/Guia-didactica-metodologia-de-la-investigacion.pdf (consultado: 03/07/2018)


Sierra, R. (1987). Técnicas de Investigación social. Teorías y ejercicios. Madrid: Paraninfo

Enlaces WEB:

Métodos y técnicas de investigación https://www.gestiopolis.com/metodos-y-tecnicas-de-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)

Métodos de Investigación social: https://metodoss.com/investigacion-social/ (consultado: 03/07/2018)

Metodología d ela investigación: https://sites.google.com/site/51300008metodologia/caracteristicas-cualitativa-cuantitativa (consultado: 03/07/2018)

Aula virtual: https://educacionadistancia.juntadeandalucia.es/profesorado/autoformacion/mod/book/view.php?id=3847&chapterid=3127 (consultado: 03/07/2018)

Uso de los métodos cuantitativos y cualitativos en la investigación https://prezi.com/awtmyv2x2_9a/el-uso-de-los-metodos-cuantitativos-y-cualitativos-en-una-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Técnicas de recollida e análise da información/652G03026

Observacións

Se pueden consultar las siguientes fuentes:


http://www.udc.es/dep/fam 

http://www.educacion.udc.es 

http://www-ice.up.es/upc/ice/ice.nsf. 

http://dialnet.inicaja.es 

http://www.mec.es 

http://bibloteca.udc.es 

http://www.um.es/~depmide/RIE

 http://www.uv.es/a http://www.bne.es http://aera.net

Comité Ambiental da Facultade (GREEN CMPUS) recoméndase:

 -Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

-Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

-Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


tamén recomendase utilizar LENGUAXE INCLUSIVO



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías