Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa Código 652G03020
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A materia “Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socieoeducativa” persegue que os futuros profesionais da educación social sexan capaces atender ás diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración nos procesos de desenvolvemento da acción socioeducativa. Oriéntase pois, ao desenvolvemento de capacidades que permitan a utilización daquelas estratexias de comunicación e colaboración que mellor se adecúen a dinamización dos proxectos no marco dos contextos de intervención destes profesionais.

Deste modo, os principais núcleos temáticos céntranse na análise, coñecemento e práctica das estratexias de colaboración, comunicación e de xestión da información para o deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos que se levan a cabo nos diferentes ámbitos da acción socioeducativa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
A18 Dirixir e coordinar planos e proxectos socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración que afectan aos procesos de intervención socioeducativa. A5
A10
A20
B1
B3
Desenvolver técnicas, estratexias e dinámicas de comunicación en público dende a pespectiva das habilidades comunicativas e a eficacia da comunicación educativa A7
A8
A9
A11
A12
A17
A18
B1
B6
C1
Analizar as vantaxes da colaboración e a dixitalización da comunicación na intervención socioeducativas. A5
A7
A10
A20
B1
B3
Utilizar diferentes estratexias de comunicación e de xestión da información no desenvolvemento de proxectos socioeducativos. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Comprender, valorar e transmitir de forma crítica a información no contexto da dinamización cultural e a intervención socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Aplicar diferentes estratexias de rexistro, interpretación e difusión da información no desenvolvemento da acción socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Asumir un compromiso ético co tratamento das novas formas de comunicación social a favor da intervención e desenvolvemento sociocumunitario. A5
A7
A10
A20
B1
B3
C4
Coñecer diferentes estratexias de colaboración para a dinamización dos equipos de traballo na acción socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Desenvolver diferentes dinámicas democráticas de inclusión, representación e participación na realización de proxectos de animación sociocumunitaria. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Avaliar o sentido e funcionamento das dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa. A5
A10
A12
A20
B1
B3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. A comunicación e a linguaxe Fundamentos e concepto de comunicación.
O proceso comunicativo dende a psicoloxía social.
A linguaxe: Concepto, elementos,clasificacións, as diferentes linguaxes.
Educación para a interpretación de distintos tipos de linguaxe.
Usos da linguaxe:a construción discursiva da realidade social.
O xénero, a discapacidade, a inmigración e a exclusión na linguaxe.
2. A comunicación na acción socioeducativa. A comunicación na educación
Modelos do proceso de comunicación
Axentes e elementos na comunicación educativa
A dimensión física da comunicación educativa (a canle e o contexto físico)
A educación da comunicación. Educomunicación.
Propaganda, publicidade e estratexias de mercado
Os medios de comunicación social: lectura e análise crítica
3. As TIC e as redes As TIC e as redes como facilitadoras da comunicación e a colaboración (redes sociais, Moocs, coworking)
Implicacións educativas das redes sociais
O Community manager en contornas educativas
Planificación da imaxe social das institucións socioeducativas nas redes sociais.
Construción de presentacións e outras ferramentas comunicativas na rede (Infografías, Memes, presentacións,…)
A teoría do capital social: a rede como motor de desenvolvemento
4. Colaboración, relación e participación A aprendizaxe colaborativa
A relación centro educativo-contorna
A participación como parcela educable. O asociacionismo e os movementos sociais.
Os grupos e o seu funcionamento
Dinámicas e técnicas de grupo
5. A educación emocional na comunicación As emocións e os sentimentos na educación: educación emocional no ámbito socioeducativo
A intelixencia emocional e social (concepto, elementos,…)
A teoría das intelixencias múltiples
O humor: conceptualización e implicación para as organizacións
6. O liderado educativo e os estilos comunicativos O liderado educativo
A comunicación persoal e os estilos comunicativos
Habilidades comunicativas e implicacións da linguaxe verbal e non verbal
O educador/a como comunicador/a: estratexias de comunicación en público

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A8 A11 A17 B6 C1 21 14 35
Discusión dirixida A7 A9 A18 B1 9 1 10
Traballos tutelados A5 A10 A12 A20 B3 B6 C1 C4 10 25 35
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A20 B1 B3 B6 C1 C4 0 40 40
Proba mixta A5 A8 A10 A11 B6 C1 2 26 28
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Discusión dirixida Mediante esta metodoloxía abordaranse diversos temas orientados a que o alumando reflexione sobre a aplicación das distintas estratexias de colaboración, comunicación, xestión e difusión da información na dinamización cultural e o desenvolvemento da acción socioeducativa. Ten como obxecto construír unha visión crítica respecto das diferentes formas de dinamizar as accións que se levan a cabo nos distintos contextos de intervención.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos de grupo. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Portafolios do alumno O alumnado deberá realizar en pequeno grupo (4-5 persoas) un traballo final da materia.
•Opción A. Deseño do plan de comunicación dunha institución socioeducativa (Tomando o rol dun community manager educativo). Consistirá no deseño dun plan de comunicación en redes sociais dunha institución socioeducativa (a elixir polo grupo de traballo e que poderá ser real ou simulada).
•Opción B. Portafolios grupal da materia. Colección de traballos dos estudantes acerca da materia ordenado a modo de diario de aula, existindo cando menos, unha entrada por sesión (total 28).
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado da materia.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A10 A12 A20 B3 B6 C1 C4 En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos individuais ou en grupo durante as sesións interactivas. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completadas mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia, como outros de carácter complementario. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos compañeiros/as. 20
Proba mixta A5 A8 A10 A11 B6 C1 A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da cal, o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia. O exame estará composto por preguntas tipo test e preguntas abertas, estando a súa orientación directamente relacionada coa materia e cos aspectos abordados nas sesións, tanto expositivas como interactivas. 50
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A20 B1 B3 B6 C1 C4 Para avaliar os traballos que serán presentados polo alumnado teranse en conta os seguintes criterios de avaliación xeral:
ELABORACIÓN:
•Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
•Contido:
Grao de comprensión das ideas básicas da materia
Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia
Emprego de fontes bibliográficas variadas (distintos autores/as, distintos formatos e distintas perspectivas sobre un mesmo tema) e corrección na citación das fontes
Capacidade de relación dos contidos
Coherencia entre os diferentes apartados
Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula.
EXPOSICIÓN:
•Relevancia, pertinencia e organización coherente dos contidos expostos
•Emprego de medios audiovisuais ou outros recursos como apoio
•Nivel de coordinación do grupo ao expoñer (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes)
•Nivel de comprensión dos contidos básicos
•Claridade expositiva
30
 
Observacións avaliación

A avaliación contempla dúas opcións:

Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%):

- Elaboracióne presentación dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 20% da notafinal. 

- Elaboracióne presentación do traballo final: 30% da nota final. 
- Proba escritasobre os contidos da materia: 50% da nota final. 

Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao 80%):

- Elaboración e presentación dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 20% da nota final.

- Elaboración e presentación do traballo final: 30% da nota final.

- Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final.

Para superar a materia será necesario acadar cando menos, o aprobado (5 puntos sobre 10) en cada un dos elementos anteriores (media dos traballos individuais/en pequeno grupo;
traballo final e proba escrita). En caso de non acadar o aprobado en todas e
cada unha das evidencias que se requiren, o alumnado non terá avaliación
positiva na materia.



Fontes de información
Bibliografía básica

Barkley, E., Cross K. P. e Major, C.H. (2007) Técnicas de aprendizaje colaborativo. Madrid, Morata.

Doherty-Sneddon, G. (2009) El lenguaje no verbal de los niños.Buenos Aires, Lumen.

Etkin, E. (2012) Comunicación para organizaciones sociales: de la planificación a la acción. Buenos Aires: La Crujía.

Fernández, J. D. e García, J. (2010) El valor pedagógico del humor en la educación social. Madrid: Desclée de Brouwer.

García Uceda, M. (2001) Las claves de la publicidad. Madrid, ESIC.

Goleman, D. (1995) Inteligencia emocional. Barcelona, Kairós.

James, J. (2010) La biblia del lenguaje corporal. Madrid, Paidós.

Patiño, A. (2007) Extraños en las aulas. En L. Martín y Mijares (Eds.), Voces del aula . Etnografías de la escuela multilingüe (pp. 191-216). Madrid: CREADE . Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://www.documentacion.edex.es/docs/1308ESPvoc.pdf

Pinker, S. (1995) El instinto dellenguaje: cómo crea el lenguaje la mente. Madrid, Alianza.

Pinker, S. (2007) El Mundo de laspalabras: una introducción a la naturaleza humana. Barcelona, Paidós.

Sarramona, J. (Ed.) (1988) Comunicación y educación. Barcelona, CEAC.

Trilla, J. (Coord.), Soler, P. y Limón,D. (2013) El liderazgo educativo en el ámbito socio-comunitario, en XXXII Seminario Interuniversitario de Teoríade la Educación. Santander, 10-12 de noviembre de 2013. En prensa. Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://www.site.unican.es/Ponencia%204.pdf

Ugarte, D. (2010) O poder das redes: manual ilustrado para persoas, colectivos e empresasabocadas ao ciberactivismo. Santiago de Compostela: 2.0 Editora. Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://lasindias.org/el-poder-de-las-redes/

VVAA (2009) Metodologías participativas. Manual. Madrid, CIMAS. Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://aragonparticipa.aragon.es/attachments/657_manual_medotologias_participativas.pdf

Watzlawick, P., Beavin, J. H. e Jackson, D. D. (1985) Teoría de lacomunicación humana. Barcelona, Herder.

West, R. e Turner, L. H. (2005) Teoría de la comunicación. Análisis yaplicación. Madrid, McGRAW Hill.

Bibliografía complementaria

Berlo, D. K. (1980) El proceso de la comunicación. Introduccióna la teoría y a la práctica. Buenos Aires, El Ateneo.

Bonals, J. (2000) El trabajo en pequeños grupos en el aula. Barcelona, Graó.

Carr, N. (2011) ¿Qué está haciendo Internet con nuestras mentes? Superficiales. Madrid, Taurus.

Comas,D. (2010) Lospresupuestos participativos y las políticas de juventud: un estudio de casosobre la cultura de la participación social en España. Madrid, Injuve. Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://www.injuve.es/sites/default/files/presupuestos_participativos.pdf

Delfos, M. F. (2009) ¿Me estás escuchando? Como conversar conniños entre los 4 y los 12 años. Madrid, Pirámide.

Erice, J. (2010). Convencer. Descubra los secretos de losgrandes comunicadores. Madrid, ESIC.

Espada, J. P. (2001) Técnicas de grupo. Madrid, CCS.

Fabra, Mª L. (1992) Técnicas de grupos para la cooperación. Barcelona, CEAC.

Fernández, J. D. (2010) El valor pedagógico del humor en laeducación social. Madrid, Desclée de Brouwe.

Froufe, S. (1998) Técnicas de grupo en animación comunitaria. Salamanca, Amarú.

Froufe, S. (2000). Análisis crítico de las actitudes bloqueadoras de la comunicación humana. Comunicar, 14, 97-102.

Goleman, D. (2005) Inteligencia social: la nueva ciencia delas relaciones humanas. Barcelona, Kairós.

Jáuregui, E. e Fernández, J. D. (2008) Alta diversión. Los beneficios del humor en el trabajo. Barcelona, Alienta.

Latorre, X. (2001). El marketing aplicado a las ONGD: coherencias e incoherencias en relación con la educación para el desarrollo.Comunicar, 16, 113-119.

Lull, J. (2008). Los placeres activos deexpresar y comunicar. Comunicar, 30,21-26. (DOI: 10.3916/c30-2008-01-003).

Palleres, M. (1993) Técnicas de grupo para educadores. Madrid, ICCE.

Pinker, S. (2000) Cómo funciona la mente. Barcelona, Destino.

Pinker, S. (2003) La tabla rasa lanegación moderna de la naturaleza humana. Barcelona, Paidós.

Pinker, S. (2005) La tabla rasa,el buen salvaje y el fantasma de la máquina. Barcelona,Paidós.

Pintado Blanco, T. e Sánchez Herrera, J (Coords.) (2012) Nuevas tendencias en comunicación. Madrid: ESIC.

Punset, E. (2008) Brújula para navegantes emocionales. Madrid, Aguilar.

Túñez, M. (2012) La gestión de la comunicación en las organizaciones. Sevilla, Comunicación Social.

Vidalot Presas, Mª A. (2012) Comunicación y grupos sociales. Barcelona: UOC.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías