Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa Código 652G03020
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Profesorado
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral A materia “Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socieoeducativa” persegue que os futuros profesionais da educación social sexan capaces atender ás diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración nos procesos de desenvolvemento da acción socioeducativa. Oriéntase pois, ao desenvolvemento de capacidades que permitan a utilización daquelas estratexias de comunicación e colaboración que mellor se adecúen a dinamización dos proxectos no marco dos contextos de intervención destes profesionais.

Deste modo, os principais núcleos temáticos céntranse na análise, coñecemento e práctica das estratexias de colaboración, comunicación e de xestión da información para o deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos que se levan a cabo nos diferentes ámbitos da acción socioeducativa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
A18 Dirixir e coordinar planos e proxectos socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración que afectan aos procesos de intervención socioeducativa. A5
A10
A20
B1
B3
C1
C4
C6
Desenvolver técnicas, estratexias e dinámicas de comunicación en público dende a pespectiva das habilidades comunicativas e a eficacia da comunicación educativa A7
A8
A9
A11
A12
A17
A18
B1
B6
C1
C4
C6
Analizar a dixitalización da comunicación e da colaboración no quefacer socioeducativo. A5
A7
A10
A20
B1
B3
C1
C4
C6
Utilizar diferentes estratexias de comunicación e de xestión da información no desenvolvemento de proxectos socioeducativos. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C1
C4
C6
Comprender, valorar e transmitir de forma crítica a información no contexto da dinamización cultural e a intervención socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C1
C4
C6
Aplicar diferentes estratexias de rexistro, interpretación e difusión da información no desenvolvemento da acción socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C1
C4
C6
Asumir un compromiso ético co tratamento das novas formas de comunicación social a favor da intervención e desenvolvemento sociocumunitario. A5
A7
A10
A20
B1
B3
C1
C4
C6
Coñecer e aplicar as diferentes estratexias de colaboración para a dinamización dos equipos de traballo na acción socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C1
C4
C6
Desenvolver diferentes dinámicas democráticas de inclusión, representación e participación na realización de proxectos de animación sociocumunitaria. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C1
C4
C6
Avaliar o sentido e funcionamento das dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa. A5
A10
A12
A20
B1
B3
C1
C4
C6
Diferenciar os modelos educativos segundo o tipo de proceso comunicativo que se establece entre os educadores/as, educandos/as e contexto. A5
A14
A17
B1
B4
B6
C1
C4
C6
Identificar e comprender a representación dos colectivos socialmente vulnerables que se manifesta mediante a construción discursiva da realidade social e o uso da linguaxe. A5
A8
A11
A14
A17
A20
B1
B3
B4
B6
C1
C4
C6
Empregar unha linguaxe inclusiva, representativa e non invisibilizadora dos colectivos socialmente vulnerables, ao expresarse tanto oralmente como por escrito. A5
A7
A8
A9
A11
A14
A17
A20
B1
B3
B4
B5
B6
C1
C4
C6
Interpretar a participación social como unha parcela educable da persoa, comprendendo a importancia do asociacionismo e dos movementos sociais no desenvolvemento sociocomunitario e no fortalecemento da democracia como sistema político. A5
A7
A8
A9
A10
A11
A14
A17
A20
B1
B3
B4
B6
C1
C4
C6
Realizar unha lectura e análise crítica do papel xogado polos medios de comunicación social, así como das súa influencia na sociedade actual dende o punto de vista educativo e de representación dos colectivos socialmente vulnerables. A5
A8
A10
A11
A14
A17
A20
B1
B3
B4
B6
C1
C4
C6
Coñecer os procesos que vinculan a comunicación social coa educación (educomunicación), analizando o papel da educación social neste ámbito. A5
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A17
B1
B3
B4
B6
C1
C4
C6
Comprender a relevancia da intelixencia emocional nos procesos socioeducativos, significando a educación emocional como un dos elemento clave no deseño e desenvolvemento de proxectos educativos. A5
A7
A9
A11
A14
A17
A20
B1
B3
B4
B6
C1
C4
C6
Comprender os procesos de liderado nos contextos sociais e educativos, así como os elementos implicados na comunicación persoal e os estilos comunicativos. A5
A7
A8
A9
A11
A14
A17
A20
B1
B3
B4
B6
C1
C4
C6
Desenvolver habilidades comunicativas positivas, proactivas e respectuosas en relación ao uso da linguaxe verbal e non verbal na comunicación interpersoal e en grupo. A5
A7
A12
A17
A20
B1
B3
B4
B5
B6
C1
C4
C6
Deseñar os procesos comunicativos internos e externos dunha organización social aplicando as posibilidades das TIC para tal fin. A8
A9
A10
A17
A18
B1
B3
B4
B5
C1
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. A comunicación e a linguaxe O proceso comunicativo dende a psicoloxía social
A linguaxe: Concepto, elementos, clasificacións
Usos da linguaxe:a construción discursiva da realidade social e a exclusión discursiva
A violencia simbólica
A exclusión na linguaxe de colectivos non normativos: mulleres, persoas con diversiade funcional, persoas migrantes, persoas maiores, colectivo LGTBI, persoas desempregadas, persoas privadas de liberdade, comunidade xitana.
A linguaxe inclusiva
Habilidades comunicativas, estratexias de comunicación en público e implicacións da linguaxe verbal e non verbal
2. A comunicación na acción socioeducativa. Modelos educativos e comunicativos
Axentes e elementos na comunicación educativa
A dimensión física da comunicación educativa: canle e contexto físico
Os medios de comunicación social: lectura e análise crítica
Propaganda, publicidade e estratexias de mercado
A educación da comunicación: Educomunicación
Estilos comunicativos: o educador/a como comunicador/a
3. As TIC e as redes Introdución ao social media
Tecnoloxía e Educación Social: Perspectivas teóricas da tecnoloxía, implicacións sociais do uso das TIC, big data, Gran Irmán, Uberización do emprego e a economía.
O videoclip mainstream: análise e implicacións socioeducativas
Recursos TIC para a aprendizaxe: A infografía como ferramenta comunicativa na rede
O plan de comunicación nas organización sociais: diagnóstico de necesidades, deseño e avaliación
4. Colaboración, relación e participación A aprendizaxe cooperativa e colaborativa
A relación do centro socioeducativo coa súa contorna
A participación como parcela educable:asociacionismo e movementos sociais
Os grupos e o seu funcionamento: dinámica e técnicas de grupo
5. A educación emocional na comunicación e o liderado educatvo As emocións e os sentimentos na educación: educación emocional
A intelixencia emocional e social: concepto e condicionantes
O humor: implicación para as organizacións
O Liderado en educación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A8 A11 A14 A17 B6 C1 C4 C6 21 31 52
Discusión dirixida A5 A7 A8 A9 A14 A17 A18 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 4 2 6
Traballos tutelados A5 A7 A9 A10 A12 A14 A17 A18 A20 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 10 5 15
Portafolios do alumno A5 A7 A8 A9 A10 A14 A17 A18 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 3 42 45
Proba mixta A5 A8 A10 A11 A14 A17 B1 B5 B6 C1 C4 C6 2 18 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A8 A10 A14 A17 A20 B3 B5 C1 2 0 2
Presentación oral A7 A10 A11 A12 A14 A17 A20 B1 B5 B6 C1 C4 C6 5 2 7
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Mediante a sesión maxistral desenvolveranse os contidos que conforman o marco teórico da materia empregando a exposición oral por parte da profesora e tamén do alumnado. Apoiarase dita exposición co uso de recursos audiovisuais de distinto tipo así como coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos bloques temáticos que conforman a guía docente da materia, indicando os aspectos sobre os que o alumnado pode afondar coas oportunas orientacións bibliográficas. Tamén se empregarán técnicas de aprendizaxe cooperativa mediante o uso de grupos informais co obxectivo de manter a atención do alumnado nestas sesións expositivas.
Discusión dirixida Esta metodoloxía está orientada a que o alumado reflexione sobre a aplicación das distintas estratexias de colaboración, comunicación, xestión e difusión da información na dinamización cultural e no desenvolvemento da acción socioeducativa. Existirán polo tanto, debates, coloquios ou reflexións conxuntas en torno aos temas centrais da materia ao longo das sesións tanto expositivas como interactivas.
Traballos tutelados Proporase a realización de traballos individuais ou en grupo durante as sesións interactivas. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completadas mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán pola profesora. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia, como outros de carácter complementario que poderán ser facilitados pola profesora ou localizados de forma autónoma polo alumnado.
Cada un dos traballos tutelados propostos na aula serán entregados na seguinte sesión interactiva (a semana seguinte) en formato papel ou mediante a Moodle da materia, sendo só posible entregar de forma tardía dous traballos para poder ser avaliado mediante a modalidade presencial. En caso de presentar os traballos fóra de prazo de forma reiterada (máis de dúas veces), o alumnado do grupo correspondente deberá ser avaliado/a mediante a modalidade non presencial.
Portafolios do alumno O alumnado deberá realizar en pequeno grupo un traballo final da materia podendo elixir entre dúas modalidades:

Opción 1. Deseño do plan de comunicación dunha institución socioeducativa. Dita organización poderá ser elixida polo alumnado e o plan de comunicación deberá presentar un proceso previo de diagnóstico de necesidades , así como o deseño da acción e a avaliación da mesma.

Opción 2. Construción do portafolios grupal da materia. Colección de traballos dos estudantes acerca da materia ordenado a modo de diario de aula, existindo cando menos, unha entrada por cada sesión expositiva e outra por cada sesión interactiva. En cada entrada o alumnado deberá sintetizar o abordado na aula, realizar unha reflexión persoal acerca do mesmo e afondar sobre o tema empregando necesariamente bibliografía básica e complementaria da materia.
Proba mixta A proba mixta será unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da cal, o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos e habilidades adquiridas, ao longo do desenvolvemento da materia. Esta proba estará composta por preguntas tipo test e/ou preguntas abertas, estando a súa orientación directamente relacionada coa materia e cos aspectos abordados nas sesións, tanto expositivas como interactivas, así como cos traballos realizados polo alumnado no contexto da mesma.
Eventos científicos e/ou divulgativos No contexto da materia o alumnado participará en eventos de divulgación que terá que preparar previamente mediante a lectura e tratamento de documentos relacionados. Posteriormente, debaterá sobre eles con profesionais ou académicos que serán invitados á aula para presentar e divulgar libros, experiencias ou accións de diversa índole. Esta actividade levarase a cabo en lingua galega e pretenderá ao mesmo tempo, favorecer o uso da mesma entre o alumnado da titulación. Os profesionais invitados/as falarán en galego. Esta acción forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
Presentación oral Empregarase esta metodoloxía á hora de presentar e compartir os traballos tutelados realizados polos grupos, co resto de compañeiros e compañeiras. Por outra banda, tamén se empregará esta metodoloxía tendo como obxecto construír unha visión crítica respecto das técnicas de dinamización de grupos, así como desenvolver de forma aplicada algunhas destas técnicas para abordar os contidos co resto dos compañeiros/as de aula, logrando planificar este tipo de accións tomando en consideración as características do grupo, os obxectivos de aprendizaxe e a metodoloxía empregada, así como a planificación e avaliación do proceso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Para desenvolver a atención personalizada en relación aos traballos tutelados, a profesora realizará un seguimento do traballo en grupo do alumnado ao longo das sesión interactivas da materia. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado considerado asistente e nelas, a profesora dará orientacións e pautas para realizar os traballos tutelados, sendo o momento prioritario para solventar dúbidas, aclarar cuestión ou afondar sobre o contido e as acción a realizar en relación aos traballos tutelados.

A atención personalizada a desenvolver respecto do portafolios do alumno/a traballo grupal, realizarase igualmente nas sesión interactivas da materia, reservando, de ser necesario, un tempo específico para o seguimento por parte da profesora, do progreso do alumnado nesta tarefa. A partir do mesmo, a profesora proporcionará orientacións ao alumnado para mellorar o seu traballo grupal, localizar información ou recursos de interese e organizar a estrutura do traballo.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado que conte co recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a “Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Artigos 3ºb e 4º.5) do 29/05./2012 e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” (Artigos 3º e 8ºb) do 28/09/2016, deberá realizar tódolos traballos tutelados de forma individual, así como o portafolios do alumno/a. A súa atención personalizada respecto de ambas metodoloxías, realizarase en función da súa dispoñibilidade e no horario de titorías da profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A7 A9 A10 A12 A14 A17 A18 A20 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 Este tipo de traballos, serán iniciados na aula polo alumnado e completados de forma autónoma de ser necesario. Será avaliado o seu contido tomando en consideración os criterios seguintes, entre outros:

- Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Grao de comprensión das ideas básicas da materia.
- Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia.
- Emprego de fontes bibliográficas variadas e corrección na citación das fontes.
- Capacidade de relación dos contidos entre sí e con outro material consultado.
- Coherencia entre os diferentes apartados.
- Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula.
15
Proba mixta A5 A8 A10 A11 A14 A17 B1 B5 B6 C1 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia, polo que estará composta tanto por preguntas pechadas como abertas. Estas últimas serán de carácter breve e valorarase especialmente a capacidade tanto de concreción e síntese, como de relación cos contidos analizados tanto nas sesións expositivas como interactivas. Valorarase igualmente a organización da información, a coherencia e a comprensión dos contidos. 50
Portafolios do alumno A5 A7 A8 A9 A10 A14 A17 A18 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 O portafolios do alumno/a ou plan de comunicación será avaliado en relación tanto ao contido do traballo como á súa exposición na aula. Nese senso, en relación ao contido do mesmo avaliarase, tomando en consideración entre outros criterios, os seguintes:

- Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Grao de comprensión das ideas básicas da materia.
- Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia.
- Emprego de fontes bibliográficas variadas e corrección na citación das fontes.
- Capacidade de relación dos contidos
- Coherencia entre os diferentes apartados
- Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula.
25
Presentación oral A7 A10 A11 A12 A14 A17 A20 B1 B5 B6 C1 C4 C6 Con respecto ás exposicións na aula por parte do alumnado, tomarase en consideración o seguinte á hora de avaliar:

– Relevancia, pertinencia e organización coherente dos contidos expostos.
– Emprego de apoios audiovisuais ou outros recursos que faciliten o seguimento do discurso por parte da persoa oínte.
– Nivel de coordinación do grupo (nas exposicións grupais).
– Nivel de comprensión dos contidos básicos da materia e capacidade de expresión coherente dos mesmos.
– Claridade expositiva.
10
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia será necesario acadar cando menos, 5 puntos sobre 10 en cada
un dos elementos anteriores (media dos traballos tutelados; portafolios e proba mixta)
. En caso
de non acadar dita puntuación en todas e cada unha das evidencias que se
requiren, o alumnado non terá superada a materia.

Todos
aqueles traballos que se detecte que non son orixinais ou que están plaxiados
de outros autores/as serán cualificados como non aptos, sendo a súa nota un 0
. No caso de tratarse do traballo final da materia, esta
situación virá aparellada coa nota de suspenso no devandito traballo, o que
implicará que a materia non está superada. No caso dos traballos tutelados, se
o alumnado realiza máis de dúas entregas con estas características terá tamén a
nota de 0 nos traballos tutelados, polo que non estará en condicións de superar
a materia.

O alumnado que conte co
recoñecemento de dedicación a tempo parcial
segundo establece a “Norma que regula o réxime de
dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Artigos 3ºb e 4º.5) do
29/05./2012 e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” (Artigos 3º e 8ºb)
do 28/09/2016, poderá facer un seguimento non presencial da materia empregando a Moodle. Deberá realizar igualmente tódalas evidencias sinaladas
anteriormente
(traballos tutelados; portafolios do alumno/a e proba mixta),
mais de xeito individual
. Deberá respectar igualmente as datas de
entrega
propostas para o alumnado asistente en cada un dos traballos tutelados a
realizar, facendo así un seguimento continuo da materia. En caso contrario, os traballos figurarán como non presentados, sendo
esta mesma a calificación a obtida na materia.

Manifestado isto, cabe mencionar que a avaliación contempla dúas opcións en función do nivel de asistencia:

Opción A. Dirixida a aquel alumnado que asiste/participa nas actividades de clase de forma ordinaria (asistencia mínima requirida do 80%):

- Elaboración dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 15% da nota final

- Elaboración do portafolios/plan de comunicación: 25% da nota final

- Presentación oral dos traballos tutelados e do portafolios/plan de comunicación: 10% da nota final

- Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final. 

Opción B. Dirixida a aquel alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase de forma ordinaria (asistencia inferior ao 80%):

- Elaboración dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 20% da nota final.

- Elaboración do traballo final: 30% da nota final.

- Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final.


Fontes de información
Bibliografía básica

Adams, B., Schellens, T. e Valcke. M. (2017). Fomentando la alfabetización ética de los adolescentes en publicidad en Educación Secundaria. Comunicar Revista Científica de Educomunicación, Nº52, Vol. 25, 93-103

Adell, J. (2018). Más allá del instrumentalismo en tecnología educativa. En J. Gimeno (Ed.) Cambiar los contenidos, cambiar la educación. Madrid: Morata.

Auvergnon, P. (2016). Angustias de uberización y retos que plantea el trabajo digital al derecho laboral. Revista Derecho Social y Empresa, 6, diciembre, 1-18

Ballenato, G. (2006). Teoría de la comunicación. En G.Ballenato. Comunicación eficaz. Teoría y práctica de la comunicación humana (33-42). Madrid: Ed. Pírámide.

Barbas Coslado, A. (2012). Educomunicación: desarrollo, enfoques y desafíos en un mundo interconectado. Foro de Educación, Nº14,157-175.

Barkley, E., Cross K. P. e Major, C.H.(2007). Técnicas deaprendizaje colaborativo. Madrid: Morata.

Bolívar Botiá, A. (2003). Educar para la ciudadanía: entre el mercado y la exclusión social. Qurriculum: Revista de teoría,investigación y práctica educativa, Nº16, 9-34.

Bourdieu, P. e Passeron, J.C. (1979). La reproducción. Elementos para una teoría del sistema de enseñanza. Barcelona: Editorial Laia

Bourdieu, P. (1999). Meditaciones Pascalianas. Barcelona: Anagrama

Bueno Abad, J.R. (2000). Concepto de representaciones sociales y exclusión. Accionese Investigaciones Sociales, Nº11, 23-48.

Castañeda, L. (2019). Debates regarding Technology and Education: contemporary pathways and pending conversations. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 22(1), pp. 29-39.

Díaz-Gibson, J., Civís Zaragoza, M., Carrillo Álvarez, E. e Cortada Pujol, M. (2015). El liderazgo y la gobernanza colaborativa en proyectos educativos comunitarios. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, Nº 26, 59-83. Recuperado de: http://www.upo.es/revistas/index.php/pedagogia_social/

Doherty-Sneddon, G. (2009).El lenguaje no verbal de los niños. Buenos Aires: Lumen.

Enz, Angélica et al. (2012). Manual de comunicación para organizaciones sociales: hacia una gestión estratégica y participativa. Buenos Aires: Asociación Civil Comunia.

Etkin, E. (2012). Comunicación para organizaciones sociales: de la planificación a la acción. Buenos Aires: La Crujía.

Fernández Iglesias, J.L. (2006). Guía de estilo sobre discapacidad para profesionales de los medios de comunicación. Ministerio deTrabajo y Asuntos Sociales: Madrid.

Fernández Solís, J.D. e García Cerrada, J. (2010). El valor pedagógico del humor en la educación social. Bilbao: Editorial Desclée de Brouwer

Fernández Torres, M.J. e Paniagua Rojano,F.J. (2012). El poder de las redes sociales en la política y en los movimientossociales. En I CongresoInternacional e Comunicación Política y Estrategias de Campaña (ALICE). Comunicación política 2.0 y liderazgo . Madrid, 6 e 7 de xullo de2012. Recuperado de http://www.alice-comunicacionpolitica.com/files/ponencias/240-F500009ce2401342179790-ponencia-1.pdf

García-Ruíz, R., Gozálvez Pérez, V. e AguadedGómez, J.I. (2014). La competencia mediática como reto para la educomunicación:instrumentos de evaluación. Cuadernos.info, Nº 35, 15-27. doi: 10.7764/cdi.35.623

García Uceda, M. (2001). Las claves de la publicidad. Madrid: ESIC.

Goleman, D. (1995). Inteligencia emocional. Barcelona: Kairós.

Herzog, B. (2011). Exclusión discursiva:hacia un nuevo concepto de la exclusión social. Revista Internacional de Sociología(RIS) ,Vol. 69, Nº3, 607-626.

Illescas, J.E. (2014). Industriasculturales y juventud en el sistema-mundo. El videoclip mainstreamcomo mercancía y como reproductor de ideología [Tese de doutoramento inédita]. Alacant: Universitat d’Alacant

Illescas, J.E. (2015). La dictadura del videoclip. Industria musical y sueños prefabricados. Barcelona: El Viejo Topo

James, J. (2010). La biblia del lenguaje corporal. Madrid:Paidós.

Jáuregui, E. e Fernández, J. D. (2008). Alta diversión. Los beneficios del humor en el trabajo. Barcelona: Alienta.

Jiménez Gómez, I. (2013). La ilusión de la libertad de elección. Coordinadora Estatal de Comercio Justo. Actualidad del comercio justo enEspaña (28-37). Madrid: Coordinadora Estatal de Comercio Justo.Recuperado de:http://comerciojusto.org/publicacion/la-ilusion-de-la-libertad-de-eleccion/?lang=gl

Legaz, S. (20179. Sal de la máquina. Cómo superar la adicción a las nuevas tecnologías y recuperar la libertad perdida. Madrid: Libros en Acción

Lull, J. (2008). Los placeres activos de expresar y comunicar. Comunicar, Nº 30, 21-26. (DOI: 10.3916/c30-2008-01-003).

Merelas Iglesias, T. (2017). Comezar desde cero. Voces de mulleres recuperando as súas vidas. Ferrol (A Coruña): Edicións Embora

Navarro, V. (31 de decembro de 2015). Ejemplos nefastos de la mal llamada economía cooperativa. Diario Público. Recuperado de:http://blogs.publico.es/dominiopublico/15474/ejemplos-nefastos-de-la-mal-llamada-economia-cooperativa/

Oficina de Igualdad UNED (s.d.). Guía de lenguaje no sexista. Madrid: UNED.

Patiño, A. (2007). Extraños en las aulas. En L. Martín y Mijares (Eds.). Vocesdel aula. Etnografías de la escuela multilingüe (191-216).Madrid: CREADE . Recuperado de: http://www.documentacion.edex.es/docs/1308ESPvoc.pdf

Pérez Cervera, M.J. (Coord.) (2011). Manual para el uso no sexista del lenguaje. Comisión Nacional para Prevenir y Erradicar la Violenciacontra las Mujeres: México D.F.

Pérez Serrano, G. (1993). Elaboración de proyectos sociales. Casos prácticos. Madrid: Narcea.

Pérez Serrano, G. e Pérez de Guzmán Puya, M.V. (2005).El Animador. Buenas prácticas de Acción Sociocultural. Madrid:Narcea.

Pinker, S. (1995).El instinto del lenguaje: cómo creael lenguaje la mente. Madrid: Alianza.

Pinker, S. (2007). El Mundo de las palabras: una introducción a la naturaleza humana. Barcelona: Paidós.

Puig Punyet.E. (2016). La gran adicción.Cómo sobrevivir sin internet y no aislarse del mundo.Barcelona: Arpa& Alfil Editores.

Sarramona, J. (Ed.) (1988). Comunicación y educación. Barcelona: CEAC.

Sendín Gutiérrez, C. e Izquierdo Iranzo, P.(2008). Guía práctica paralos profesionales de los medios de comunicación: tratamiento mediático de la inmigración. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales: Madrid.

Sloep, P. e Berlanga Heerlen, A. (2011).Redes de aprendizaje, aprendizaje en red. Comunicar-Revista Científica de Educomunicación , Nº 37, V. XIX, 55-64.

Trilla, J. (Coord.), Soler, P. y Limón, D.(2013). El liderazgo educativo en el ámbito sociocomunitario. En XXXII Seminario Interuniversitariode Teoría de la Educación. Santander, 10-12 de novembro de 2013. Recuperado de http://www.site.unican.es/Ponencia%204.pdf

Trillo Miravalles, M. P. (2012). Recursos Educativos en abierto: evolución y modelos. Foro de Educación, Nº14, 191-205.

Ugarte, D. (2010). O poder das redes: manual ilustrado para persoas, colectivos e empresas abocadas ao ciberactivismo. Santiago de Compostela: 2.0 Editora. Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://lasindias.org/el-poder-de-las-redes/

Universidade de Vigo (2012). Guia de estilo APA para citar. Vigo: Biblioteca da Universidade de Vigo.

Valderrama Hernández, R. (2012). Pedagogía social y territorio: participación para innovar en la práctica educativa [Tese de doutoramento]. Sevilla: Universidad de Sevilla

VVAA (2009). Manual de metodologías participativas. Madrid: CIMAS. Recuperado de http://www.redcimas.org/wordpress/wp-content/uploads/2012/09/manual_2010.pdf

Villalustre Martínez, L. & Del Moral Pérez, M. E. (2011). Webquest y wikis: búsqueda deinformación en red y desarrollo de competencias en colaboración. TESI, Teoría de la Educación y Cultura en la Sociedad de la Información, Nº 12, Vol. 1, 190-208.

Vicente Mariño, M. (2009). La cobertura televisiva de la crisis del Prestige. Agendas, encuadres y discursos en los noticiarios españoles [Tese de doutoramento inédita]. Barcelona: Universitat Autonoma de Barcelona.

Watzlawick, P., Beavin, J. H. e Jackson, D.D. (1985). Teoría de la comunicación humana. Barcelona: Herder.

West, R. e Turner, L. H.(2005). Teoría de lacomunicación. Análisis y aplicación. Madrid: McGRAW Hill.

Bibliografía complementaria

American Psychological Association. (2010).Manual de Publicaciones de la American Psychological Association (3ª ed. trad. da 6ª en inglés) (M. Guerra Frías, Trad.). México: Editorial El Manual Moderno.

Berlo, D. K. (1980). El proceso de la comunicación. Introducción a la teoría y a la práctica. Buenos Aires: El Ateneo.

Bonals, J. (2000). El trabajo en pequeños grupos en el aula. Barcelona: Graó.

Carr, N. (2011). ¿Qué está haciendo Internet con nuestras mentes? Superficiales. Madrid: Taurus.

Comas,D. (2010). Los presupuestos participativos y las políticas de juventud: un estudio de caso sobre la cultura de la participación social en España. Madrid: Injuve.

Delfos, M. F. (2009). ¿Me estás escuchando? Como conversar con niños entre los 4 y los 12 años. Madrid: Pirámide.

Erice, J. (2010). Convencer. Descubra los secretos de los grandes comunicadores. Madrid:  ESIC.

Espada, J. P. (2001). Técnicas de grupo. Madrid: CCS.

Fabra, Mª L. (1992). Técnicas de grupos para la cooperación. Barcelona: CEAC.

Fernández, J. D. (2010). El valor pedagógico del humor en la educación social. Madrid: Desclée de Brouwe.

Froufe, S. (1998). Técnicas de grupo en animación comunitaria. Salamanca: Amarú.

Froufe, S. (2000). Análisis crítico de las actitudes bloqueadoras de la comunicación humana. Comunicar, 14, 97-102.

Goleman, D. (2005). Inteligencia social: la nueva ciencia delas relaciones humanas. Barcelona: Kairós.

Jáuregui, E. e Fernández, J. D. (2008). Alta diversión. Los beneficios del humor en el trabajo. Barcelona: Alienta.

Latorre, X. (2001). El marketing aplicado a las ONGD: coherencias e incoherencias en relación con la educación para el desarrollo. Comunicar, 16, 113-119.

Méndez García, C. (2013). Diseño eimplementación de cursos abiertos masivos en línea (MOOC): expectativas yconsideraciones prácticas. RED: Revista de Educación a Distancia, Nº39. Recuperado de:http://www.um.es/ead/red/39

Ortega Carrillo, J. A. e Ortega Maldonado, A.(2013). El perfil del Community manager en entornos educativos. Revista Creatividad y Sociedad, Nº 21.

Palleres, M. (1993).Técnicas de grupo para educadores. Madrid: ICCE.

Pérez Serrano, G. (2003). Pedagogía Socia- Educación Social. Construcción científica e intervención práctica. Madrid: Narcea

Pintado Blanco, T. e Sánchez Herrera, J. (Coords.) (2012). Nuevas tendencias en comunicación. Madrid: ESIC.

Rodríguez Fernández, M.A. (2014). Educación y participación ciudadana en la democratización de la Administración Local: realidades y perspectivas de futuro en Galicia [Tese de doutoramento inédita]. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela

Rodriguez Fernández, M.A., Rego-Agraso, L. e Masemann, M. (2017). La Formación profesional ante los derechos humanos: cualificaciones asociadas a la Educación Social en España y Alemania. Revista interuniversitaria de formación del profesorado, Nº 89, (Ejemplar dedicado a: Profesores y educadores en el quehacer común de la educación), 61-74.

Túñez, M. (2012). La gestión de la comunicación en las organizaciones. Sevilla: Comunicación Social.

Universidad de Alcalá (2012). Plan estratégico de comunicación 2012. Alcalá: Universidad de Alcalá.

Universidad de Alcalá (s.d.). Plan de Medios Sociales Biblioteca Universidad de Alcalá. Alcalá: Biblioteca Universidad de Alcalá.

Vidalot Presas, Mª A. (2012). Comunicación y grupos sociales. Barcelona: UOC.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase realizar un seguimento continuado da materia, estando ao día nas entregas dos traballos tutelados, así como organizando o portafolios do alumno/a ou plan de comunicación dende as primeiras sesións de traballo na aula.

De igual modo, recoméndase facer uso do horario de titorías da profesora, ben individualmente, ben en pequeno grupo, facilitando así a comprensión dos contidos, a organización do traballo autónomo e a resolución de dúbidas ou cuestións que o alumnado formule.

Consultar concienzudamente o material obrigatorio, así como aqueloutro complementario que a profesora poñerá a disposición do alumnado na Moodle da materia, facendo o alumno/a a súa propia organización do mesmo, así como unha lectura comprensiva. O material complementario está especificamente pensado para apoiar ao alumnado na realización dos traballos tutelados que se proporán e tamén orientados ao desenvolvemento do portafolios ou plan de comunicación, polo que se recomenda a súa consulta e citación nestes traballos.

De igual modo, recoméndase encarecidamente que os traballos que realice e entregue o alumnado sexan orixinais, evitando sempre o plaxio e limitando a extracción de ideas alleas sen a debida análise previa. O alumnado debe xestionar adecuadamente as referencias bibliográficas e as fontes de información que empregue para construír os traballos propostos, polo que se anima a este a consultar os manuais de citación APA ou a solucionar coa profesora dúbidas neste senso.

Para preparar a proba mixta recoméndase ao alumnado, levar un seguimento continuado da materia, estruturando os contidos en mapas conceptuais e sintetizando aquela información máis relevante extraída dos materiais de referencia da mesma que estarán á súa disposición na Moodle. Igualmente, aconséllase comprender en profundidade os contidos, máis alá de memorizalos de forma literal, ser quen de explicalos e de relacionalos entre si e/ou con outros contidos da propia titulación.

Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, non empregar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e preveir impactos negativos sobre o medio natural, así como ter en conta tamén a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sutentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Recoméndase ao alumnado empregar unha linguaxe inclusiva en tódolos traballos entregados, facendo un tratamento carente de exclusións discursivas e realizando unha construcción discursiva da realidade social, integradora e incluínte.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías