Identifying Data 2017/18
Subject (*) Occupational Guidance Code 652G03021
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatoria 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Lecturers
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Web
General description A orientación ocupacional, tamén chamada orientación laboral e orientación para o emprego, ten como destinatarias as persoas desempregadas, especialmente as que están nunha situación de vulnerabilidade ou exclusión social. A súa finalidade é a adquisición e/ou mellora dalgúns dos factores persoais implicados na inserción laboral. A orientación ocupacional vínculase ó desenvolvemento da empregabilidade. A orientación laboral é un dos ámbitos profesionais do/a educador/a social que goza de recoñecemento institucional.



Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e comprender e valorar a súa inclusión nas políticas de emprego, nos plans e accións para a igualdade e para a inclusión social. A1
A3
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida. A1
C7
Identificar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional A1
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional C7
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral na concepción e praxe da orientación profesional e nos procesos de exclusión laboral. A5
C4
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da xutiza social. A14
C4
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente B6
C1
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe A2
Analizar e deseñar intervencións para a inserción laboral con enfoque de xénero. A3
A6
A9
A21
B1
B4
Buscar, seleccionar e almacenar recursos para a praxe da orientación ocupacional utilizando as tecnoloxías dixitais. C3
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente. C3
C7
Caracterizar os colectivos en situación de vulnerabilidade e exclusión laboral en relación cos factores ou barreiras que obstaculizan a inserción laboral e valorar as súas implicacións para a acción socioeducativa no ámbito laboral. A8
B1
C4
Identificar e valora-los posibles usos das tecnoloxías dixitais para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral, así como comprender e necesidade de ser profesionais competentes dixitalmente e de promover a competencia dixital entre as persoas destinatarias da orientación ocupacional. A2
C3

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. Mercado laboral e formación profesional
1. Mercado laboral
1.1.- Indicadores e fontes para o estudo do Mercado Laboral e da exclusión social
1.2. A situación de desigualdade das mulleres no mercado laboral e mulleres obxeto de discriminación múltiple
1.3. Cambios no emprego e na súa relación coa inclusión social
2. Formación profesional
2.1. Subsistemas, ordenación e oferta
2.2. Acreditación de competencias: finalidade e procedemento


TEMA 2. Delimitación conceptual e bases teóricas da orientación ocupacional 2.1. Orientación Profesional e Orientación Ocupacional: delimitación conceptual, relacións e aclaracións terminolóxicas
2.2. Factores que interveñen nos procesos de inserción e exclusión laboral.
2.3. Modelos de intervención en orientación profesional
2.4. Itinerarios personalizados de inserción e colectivos con especiais dficultade de inserción
3.2. A integración do enfoque de xénero na orientación ocupacional: finalidades e implicacións no deseño de programas e de itinerarios personalizados de inserción.
Tema 3. Áreas de intervención, integración das TICs e recursos para a praxe da OO 3.1. Áreas de intervención: que son e cales son ?

3.3. Internet e web 2.0: ámbitos de utilización na orientación ocupacional
3.4. Recursos para a praxe da orientación ocupacional
Tema 4. Desenvolvemento institucional, situación actual da orientación laboral e perfil profesional dos/as orientadores/as laborais. 1.1. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP
1.2. A orientación laboral nas políticas de emprego, de igualdade e de inclusión social.
1.3 Perfil profesional do/a orientador/a laboral
1.4. A inserción laboral como ámbito profesional das/os educadoras/es sociais

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A2 A3 A5 A8 C4 20 22 42
Oral presentation C1 4 1 5
Mixed objective/subjective test A2 A8 A9 2 10 12
Simulation A3 A5 A8 A9 A14 A18 A21 B1 B4 B6 C3 C7 21 40 61
ICT practicals C3 1 2 3
Simulation B4 B6 6 5 11
Guest lecture / keynote speech A1 A2 14 0 14
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de experiencias de inserción laboral. Na análise das fontes documentais hai unha parte de traballo individual, que se realiza fóra da aula, e unha parte de análise a nivel grupal que se realiza nas aulas interactivas. As fontes analizadas van ser utilizadas, principalmente, na elaboración da fundamentación teórica da actividade de simulación.
Oral presentation Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación
Mixed objective/subjective test Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación.
Simulation Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. Con esta metodoloxía promóvese unha aprendizaxe significiativa, funcional, autónoma e colaborativa, así como a integración das aprendizaxes das dúas materias. Esta actividade realízase baixo a supervisión e seguimento das profesoras das dúas materias. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas).
ICT practicals Trátase da construción dun marcador social para a recompilación de recursos para a praxe da orientación ocupacional e para obter información útil de cara a futura inserción profesional. É unha actividade grupal que se realiza ó longo do cuadrimestre.
Simulation Trátase do desenvolvemento nas aulas interactivas dunha das actividades do programa de orientación ocupacional do PAS
Guest lecture / keynote speech O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa.

Personalized attention
Methodologies
Simulation
Description
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento das actividades de solución de problemas e de simulación. Nesta última é obrigatoria a asistencia a tres sesións de titoría conxuntas coa materia de Acción socioeducativa con minorias e colectivas vulnerables.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Simulation A3 A5 A8 A9 A14 A18 A21 B1 B4 B6 C3 C7 Actividade grupal. Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora.
Criterios de avaliación:
a) Integración na fundamentación teórica das temáticas abordadas na análise documental (xustificación no marco institucional ( plans para a igualdade, de inclusión social, etc. ) no que se inscribe o PAS, carácter estrutural da exclusión laboral, o por que, para que e como da integración da perspectiva de xénero, marco institucional no que se inscribe o PAS, factores que dificultan a inserción laboral en colectivos en situación de vulnerabilidade e exclusión social e presenza no colectivo ó que se destina o PAS e caracterización, fases e accións do IPI).
b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral, integración da perspectiva de xénero, formulación de obxectivos e contidos, coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación, sinerxia entre as accións e nivel de desenvolvemento das actividades.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, utilización das normas APA)
d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias.
35
Mixed objective/subjective test A2 A8 A9 Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou coa actividade de simulación. 45
ICT practicals C3 Con esta actividade desenvólvense competencias dixitais da área de información (buscar, seleccionar, etiquetar e almacenar). Trátase de crear un marcador social no que se recompilen recursos dixitais de interese para a futura inserción laboral do estudantado e para a praxe da orientación ocupacional.
Criterios de avaliación: cantidade de recursos incorporados, etiquetas de clasificación axeitadas e descrición dos recursos.
5
Simulation B4 B6 Trátase de que o alumnado desenvolva nas aulas interactivas unha das actividades do programa de orientación que se elabore para o PAS.
Criterios de avaliación: coherencia cos obxectivos, nivel e pautas para a súa realización e recursos específicos elaborados.
15
 
Assessment comments
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada á proba mixta e á actividade de simulación.

Convocatoria de xullo

Na
convocatoría de xullo só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até
10.

Avaliación das actividades grupais

As actividades grupais van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última vai reflectirse na cualificación individual.

Actividades optativas

Coa realización de
actividades optativas poden obterse até dous puntos. Para poder
realizar estas actividades o alumnado debe de comunicar, a máis tardar na última semana de setembro, as actividades que  vai realizar. 
As actividade optativas  teñen como finalidade o coñecemento do
mercado profesional  no ámbito da inserción laboral, o coñecemento das
opcións de formación o rematar os estudos de Educación Socia e a reflexión sobre as competencias que posúe e as necesidades de
formación.

Modalidade de avaliación para as persoas que non podan asistir as aulas

As persoas que, por razóns debidamente acreditadas, non asistan ó 85% das aulas, poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para optar  esta modalidade hai que contactar coa profesora, a máis tardar o 18 de setembro ou cando se produza a circunstancia que impida a asistencia ás aulas, para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento. Neste caso, o alumnado, a maoires das actividades acordadas, ten que realizar un informe sobre as aprendizaxes e competencias desenvolvidas.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso
de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo
14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e
reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
2013
, que  establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade".

Os contidos incluídos nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas
APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas
que se re-elaboran.

Plaxio

O plaxio en calqueira das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso.

Falsificar  unha sinatura

Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro  ausente será  penalizado coa perda de avaliación continua.

Copiar nos exames

O uso  indebido  de información durante os exames tamén  será motivo de suspenso.


Sources of information
Basic Pérez Boullosa, A. (2009). Orientación para la inserción profesional: estrategias y recursos. Madrid: Biblioteca Nueva
(). .
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Sánchez García, María Fe (2014). Estrategias para la inserción laboral y el autoempleo. Madrid: UNED
Mc Carthy, J. (2016). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Sultana, Robert (2016). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos.. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Mc Carthy, J. (2016). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Sánchez García , Mª Fe (2014). Orientación inclusiva, diversidad y factores de riesgo. Madrid: UNED
Manzano, Nuria (2011). Orientación laboral con jóvenes en riesgo de exclusión social. Madrid: Editorial Sanz y Torres
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC

Complementary

Para cada tema  recomendárase  bibliografía e webgrafía especificas, diferenciando as que van ser obxecto de análise documental  (de lectura obrigatoria) e a de afondamento.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Socioeducative Socio-Educational Action in Minorities and Vulnerable Groups/652G03022
Evaluation Methods for Socio-Educational Programmes and Services/652G03023
Counselling and Employment Policies/652G03031

Subjects that continue the syllabus
Counselling and Employment Policies/652G03031

Other comments

A materia optativa Orientación e políticas de emprego  aporta coñecementos  necesarios para traballar no ámbito da inserción laboral:    medidas e políticas de emprego,  caracterización do mercado laboral e    entramado institucional   europeo, estatal e galego con competencias  no ámbito do emprego e da formación. Esta materia ademais de aportar  coñecementos profesionais axuda  a  facer unha lectura comprensiva e crítica sobre  o mercado laboral  e sobre  as políticas que se  están aplicando e as súas  consecuencias   en termos de inequidade social ou de incremento das desigualdades sociais.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.