Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Orientación ocupacional Código 652G03021
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación ocupacional, tamén chamada orientación laboral e orientación para o emprego, ten como destinatarias as persoas desempregadas, especialmente as que están nunha situación de vulnerabilidade ou exclusión social. A súa finalidade é a adquisición e/ou mellora dalgúns dos factores persoais implicados na inserción laboral e vencellados a empregabilidade. A orientación laboral é un dos ámbitos profesionais do/a educador/a social que goza de recoñecemento institucional. A materia pretende contribuir a construción dalgunhas das competencias profesionais requiridas neste campo.



Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e comprender e valorar a súa inclusión nas políticas de emprego, nos plans e accións para a igualdade e para a inclusión social. A1
A3
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida. A1
C7
Identificar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional A1
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional C7
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral na concepción e praxe da orientación profesional e nos procesos de exclusión laboral. A5
C4
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da xutiza social. A14
C4
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente B6
C1
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe A2
Analizar e deseñar intervencións para a inserción laboral con enfoque de xénero. A3
A6
A9
A21
B1
B4
Buscar, seleccionar e almacenar recursos para a praxe da orientación ocupacional utilizando as tecnoloxías dixitais. C3
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente. C3
C7
iIdentificar os factores ou barreiras que obstaculizan a inclusión laboral de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social e valorar as súas implicacións para a acción socioeducativa en el ámbito laboral. A8
B1
C4
Identificar e valora-los posibles usos das tecnoloxías dixitais para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral, así como comprender a necesidade de ser profesionais competentes dixitalmente e de promover a competencia dixital nas persoas destinatarias da orientación ocupacional. A2
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Mercado laboral e formación profesional
1. Mercado laboral
1.1.- Indicadores e fontes para o estudo do Mercado Laboral e da exclusión social
1.2. A situación de desigualdade das mulleres no mercado laboral e mulleres obxeto de discriminación múltiple
1.3. Cambios no emprego e na súa relación coa inclusión social
2. Formación profesional
2.1. Subsistemas, ordenación e oferta
2.2. Acreditación de competencias: finalidade e procedemento


Tema 2. A inserción laboral: factores, estratexias e accións. 2.1. Factores que interveñen nos procesos de inserción e exclusión laboral.
2.2. A empregabilidade como foco da intervención. Elementos e críticas.
2.3. O Itinerario personalizado de inserción (IPI) como estratexia de intervención: características, fases e accións
3.4. Integración da visión de xénero no IPI: finalidades, modalidades e accións.
3.4. Recursos para a praxe da orientación ocupacional
TEMA 3. Delimitación conceptual e bases teóricas da orientación ocupacional 3.1. Orientación Profesional e Orientación Ocupacional: delimitación conceptual, ideas forza, relacións e aclaracións terminolóxicas. Orientación ocupacional e xustiza social.
3.2. Modelos de intervención: tipoloxía e características.
3.3. Finalidades e pautas para integrar a perspectiva de xénero.
3.4. Ámbitos e finalidades para a utilización das tecnoloxías dixitais na OO
3.5. Áreas de intervención: que son e cales son?
3.6. Recursos para a praxe da OO
Tema 4. Desenvolvemento institucional, situación actual da orientación laboral e perfil profesional dos/as orientadores/as laborais. 4.1. Perfil profesional do/a orientador/a laboral
4.2. A orientación ocupacional como campo profesional das/os educadoras/es sociais
1.1. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP
1.2. A orientación laboral nas políticas de emprego, de igualdade e de inclusión social.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A2 A3 A5 A8 C4 20 22 42
Presentación oral C1 4 1 5
Proba mixta A2 A8 A9 2 10 12
Simulación A3 A5 A6 A8 A9 A14 A21 B1 B4 B6 C3 C7 27 45 72
Prácticas a través de TIC C3 1 2 3
Sesión maxistral A1 A2 14 0 14
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de experiencias de inserción laboral. Na análise das fontes documentais hai unha parte de traballo individual, que se realiza fóra da aula, e unha parte de análise a nivel grupal que se realiza nas aulas interactivas. As fontes analizadas van ser utilizadas, principalmente, na elaboración da fundamentación teórica da actividade de simulación.
Presentación oral Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de catro preguntas, tres sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación. Nas preguntas de tipo teórico solicítanse respostas de análise e relación das temáticas abordadas.
Simulación Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. Nesta "metdoloxía" aplícanse os principios da aprendizaxe basada en proxectos que promove unha aprendizaxe significiativa, funcional, autónoma e colaborativa. O produto é o deseño dun proxecto de inserción social e laboral no que se integran as aportacións das dúas materias. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas).
Prácticas a través de TIC Trátase da construción dun marcador social para a recompilación de recursos para a praxe da orientación ocupacional e para obter información útil de cara a futura inserción profesional. É unha actividade optativa e grupal que se realiza ó longo do cuadrimestre.
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e relacionar os contidos de cada un dos temas do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Descrición
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento do deseño do proxecto de acción socioeducativa. Hai tres sesións de titoria grupal obrigatarias que se realizan conxuntamente coa profesora da materia de Acción socioeducativa con minorias e colectivos vulnerables.

A atención personalizada tamén está presente nas aulas interactivas, nas que se supervisa e apoia as tarefas que se realizan en grupo e nas que se atenden as demandas de orientación do aumnado.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A3 A5 A6 A8 A9 A14 A21 B1 B4 B6 C3 C7 Actividade grupal. Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. Os criterios de avaliación son os seguintes:

a) Integración na fundamentación teórica e legal das temáticas abordadas na análise documental: xustificación no marco institucional - plans para a igualdade e para a inclusión social xerais ou específicos do colectivo-; análise do carácter estrutural da exclusión laboral e da súa relación cos cambios na norma social do emprego; análise dos factores que dificultan a inserción laboral do colectivo para ó que se destina o PAS e relación coa empregabilidade; xustificación e caracterización da estratexia metodolóxica; incorporación da visión de xénero (por que, para que e como ); e conceptualización da orientación ocupacional.

b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral, integración da perspectiva de xénero, formulación de obxectivos e contidos, coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación, sinerxia entre as accións destinadas á inserción social e á inserción social e nivel de desenvolvemento das actividades.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, utilización das normas APA)
d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias.
55
Proba mixta A2 A8 A9 Integrará tres preguntas de resposta breve e unha de análise, valoración e re-diseño dos obxectivos e contidos dun programa de orientación ocupacional. 40
Prácticas a través de TIC C3 Con esta actividade desenvólvense competencias dixitais da área de información (buscar, seleccionar, etiquetar e almacenar). Trátase de crear un marcador social no que se recompilen recursos dixitais de interese para a futura inserción laboral do estudantado e para a praxe da orientación ocupacional.
Criterios de avaliación: cantidade de recursos incorporados, etiquetas de clasificación axeitadas, descrición e valoración dos recursos.
5
 
Observacións avaliación
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada á proba mixta e á actividade de simulación.

Convocatoria de xullo (segunda oportunidade)

Na segunda oportunidade recuperanse as  partes non superadas. 

Avaliación das actividades grupais

As actividades grupais van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última vai reflectirse na cualificación individual. 

Actividades optativas

Coa realización de
actividades optativas pode obterse até dous puntos. Durante  o mes de setembro  o alumnado interesado debe inscribirse en moodel no apartado correspondente.  Estas actividades céntranse no autocoñecemento, na exploración  do mercado profesional da educación social  e das opcións de formación ó rematar os estudos.    

Modalidade de avaliación para as persoas que non podan asistir as aulas 

As persoas que, por razóns debidamente acreditadas, non asistan ó 85% das aulas poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para optar  esta modalidade hai que solicitar unha  titoría para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento.  Para estes  casos, as actividades de avaliación son  a proba mixta (45),  unha tarefa de análise e deseño dun programa de orientación ocupacional (40), as prácticas a través de TIC (5) e unha reflexión sobre as aprendizaxes e competencias  desenvolvidas na materia (10) . 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Citación de fontes

Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo)  nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 6ª edición.   

Plaxio

O plaxio en calquera das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso.

Copiar nos exames

O uso  indebido  de información durante os exames tamén  será motivo de suspenso.


Fontes de información
Bibliografía básica Pérez Boullosa, A. (2009). Orientación para la inserción profesional: estrategias y recursos. Madrid: Biblioteca Nueva
Llano Ortíz, J.C. (2015). El estado de la pobreza. 5º Informe. Seguimiento del riesgo de la pobreza y la exclusión social en España 2009_2014. . EAFPN España
Gómez Sánchez-Albornoz, E. E Alonso Cuervo, I. (2006). Acompañar procesos de diversificación profesional en el sector de la construcción. Sevilla: Instituto Andaluz de la Mujer pp 17-23,
SENDOTU (2010). Cuaderno de trabajo 3. Diseño de proyectos sociales desde una perspectiva de género. http://www.sartu.org/wp-content/uploads/Cuaderno_trabajo_Sendotu_n3.pdf
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Lamparón, B (2016). Empleabilidad:análisis del concepto. Revista de Investigación en Educación, nº14 (1),pp. 67-84
Sánchez García, María Fe (2014). Estrategias para la inserción laboral y el autoempleo. Madrid: UNED
Xunta de Galicia (2014). Estratexia Galega para a inclusión social (EGIS) 2014-2020. http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Plans_e_program
Mc Carthy, J. (2016). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Sultana, Robert (2016). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos.. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Mc Carthy, J. (2016). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Zubero, I. (2006). Las nuevas relaciones Las nuevas relaciones entre empleo y exclusión: flexibilización laboral y precarización vital.. Documentación Social, 143, 10-30 http://www.caritas.es/imagesrepository/CapitulosPublicaciones/823/
Sánchez García , Mª Fe (2014). Orientación inclusiva, diversidad y factores de riesgo. Madrid: UNED
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
González, A e Mallorca, M.J. (2008). Unidad de empleo para mujeres. guía metodológica y de trabajo. Sevilla: Instituto Andaluz de la Mujer
Secretaria de Igualdade. Xunta de Galicia (2017). VII Plan estratéxico gaelego para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2020. http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/vii_planigualdade_20170403_galego_1.

Para a tarefa de análise de programas de orientación  ocupacional ofrécese unha listaxe de bibliografía comentada e clasificada por persoas ou colectivos destinatarias. En función do colectivo escollido,  a bibliografía tserá básica ou complementaria. 

Bibliografía complementaria Acosta, Estela (2015). Combatir la ideología neoliberal. Políticas de empleo y formación para la justica social. Madrid: Fundación 1º de mayo. CCOO.
López Méndez Irene (2007). El enfoque de género en la intervención social. Madrid: Cruz Roja
Formichella, M. M. e London, M (2013). Empleabilidad educación y equidad social . Revista de Estudios Sociales, no 47, pp.79-91
Álvarez Iglesias, M. (2011). Guía-protocolos itinerarios integrales de empleo desinados a mujeres monoparentales. . Fundación Mujeres
Manzano Nuria (2011). Orientación laboral con jóvenes en riesgo de exclusión social. Madrid: Editorial Sanz y Torres
Ceniceros, J. e Otero, E. (2003). Orientacion sociolaboral basada en itinerarios. . Madrid: Fundación Tomillo
AAVV (2016). Renta básica. http://www.sinpermiso.info/sites/default/files/monograficorb5_sinpermiso.pdf
Cruz, E e García , C. (2005). ¿Como desarrollar la empleabilidad? Cuadernos para la inserción laboral.. Madrid: Cáritas Española.

Para cada tema  recomendárase  bibliografía e webgrafía especificas, diferenciando as que van ser obxecto de análise documental  (de lectura obrigatoria) e  de afondamento ou complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Materias que continúan o temario
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Observacións

A materia optativa Orientación e políticas de emprego  aporta  competencias  para a propia auto-orientación (análise do perfil   e do mercado profesional da educación social e elaboración de ferramentas para a busca de emprego) e  para    e  o exercicio profesional no eido da orientación ocupacional (medidas  activas de emprego,  entramado institucional  europeo, estatal e galego  no ámbito do emprego e da formación, análise do mercado laboral, etc.). Outra aportación interesante é   a lectura  comprensiva e crítica sobre  o mercado laboral  e sobre  as políticas que se  están aplicando e as súas  consecuencias   en termos de inequidade social ou de incremento das desigualdades sociais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías