Identifying Data 2020/21
Subject (*) Occupational Guidance Code 652G03021
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Lecturers
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Web
General description A orientación ocupacional (OO)é un dos ámbitos profesionais da educación social. A OO é unha acción socio-educativa destinada ás persoas con especiais dificultades parra acceder ao mercado laboral. A finalidade da OO é a promoción de factores persoais vinculados a empregabilidade.


Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Discusión dirixida
Simulación
Prácticas TIC
Aprendizaxe colaborativo
Seminario
Discusión dirixida
Análise de fontes documentais
Presentación oral
Las actividades correspondientes a las metodologias que no se virtualizan y que se desarrollan en las aulas interactivas se realizarán en Teams.

*Metodoloxías docentes que se modifican



3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Correo electrónico para atender consultas e fixar titorías virtuais. Diariamente.

Teams no horario das clases interactivas, no horario de titoría e no horario fixado para as titorías grupais obrigatorias.

Moodle, a través de foros vinculados ós retos nos que se organiza a tarefa de simulación. Diariamente.

As titorías grupais obrigatorias e compartidas coa materia de Acción socioeducativa con minorias e colectivos vulnerables realizaranse en Teams.

4. Modificacións na avaliación

Non se modifica

*Observacións de avaliación:
A revisión das cualifcacións levarase a cabo en Teams.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

A bibliografía básica e unha boa parte da complementaria está accesible na rede e dixitalizada en moodle. Polo tanto, non vai cambiar.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e comprender e valorar a súa inclusión nas políticas de emprego, nos plans e accións para a igualdade e para a inclusión social. A1
A3
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida. A1
C7
Identificar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional A1
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional C7
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral na concepción e praxe da orientación profesional e nos procesos de exclusión laboral. A5
C4
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da xutiza social. A14
C4
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente B6
C1
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe A2
Analizar e deseñar intervencións para a inserción laboral con enfoque de xénero. A3
A6
A9
A21
B1
B4
Buscar, seleccionar e almacenar recursos para a praxe da orientación ocupacional utilizando as tecnoloxías dixitais. C3
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente. C3
C7
iIdentificar os factores ou barreiras que obstaculizan a inclusión laboral de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social e valorar as súas implicacións para a acción socioeducativa en el ámbito laboral. A8
B1
C4
Identificar e valora-los posibles usos das tecnoloxías dixitais para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral, así como comprender a necesidade de ser profesionais competentes dixitalmente e de promover a competencia dixital nas persoas destinatarias da orientación ocupacional. A2
C3
Utlizar o galego a nivel escrito e oral coa calidade lingüística requirida. C1
Coñecer referentes profesionais no ámbito da inserción laboral que teñen o galego como lingua de traballo A20
C4

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. Mercado laboral e formación profesional
1. Mercado laboral
1.1.- Indicadores e fontes para o estudo do Mercado Laboral e da exclusión social
1.2. A situación de desigualdade das mulleres no mercado laboral e mulleres obxeto de discriminación múltiple
1.3. Cambios no emprego e na súa relación coa inclusión social
1.3. O impacto laboral e de xénero da crise de saúde pública provocada pola covid 19
2. Formación profesional
2.1. Subsistemas, ordenación e oferta
2.2. Acreditación de competencias: finalidade e procedemento


Tema 2. A inserción laboral: factores, estratexias e accións. 2.1. Factores que interveñen nos procesos de inserción e exclusión laboral.
2.2. A empregabilidade como foco da intervención. Elementos e críticas.
2.3. O Itinerario personalizado de inserción (IPI) como estratexia de intervención: características, fases e accións
2.4. Integración da visión de xénero no IPI: finalidades, modalidades e accións.
2.5. A mentoría social na inclusión laboral
TEMA 3. Orientación ocupacional: delimitación conceptual, bases teóricas e recursos para a praxe. 3.1. Orientación Profesional e Orientación Ocupacional (OO): delimitación conceptual, ideas forza, relacións e aclaracións terminolóxicas. Orientación ocupacional e xustiza social.
3.2. Modelos de intervención: tipoloxía e características.
3.3. OO con visión de xénero: razóns e claves para a praxe 3.4. OO e competencia dixital. A competencia dixital dos/as profesionais da OO e das persoas en situación de exclusión laboral.
3.5. Áreas de intervención da orientación profesional
3.6. Recursos para a praxe da OO
Tema 4. Desenvolvemento institucional e situación actual da orientación profesional. 4.1. Perfil profesional do/a orientador/a laboral
4.2. A orientación ocupacional como campo profesional das/os educadoras/es sociais
1.1. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP
1.2. A orientación laboral nas políticas de emprego, de igualdade e de inclusión social.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A2 A3 A5 A8 C4 5 19 24
Oral presentation B1 B6 C1 C3 6 4 10
Simulation A3 A5 A6 A8 A9 A14 A21 B1 B4 B6 C1 C3 C7 23 18 41
ICT practicals C3 1 2 3
Seminar A1 A20 6 1 7
Directed discussion A20 C1 C4 3 2 5
Collaborative learning A3 A5 A6 A8 A9 A20 A21 B1 B4 C1 C3 C7 25 13 38
ICT practicals A2 A5 A8 B1 C3 1 12 13
Guest lecture / keynote speech A1 A2 7 0 7
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida:
a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais.
b) Nas aulas interactivas,traballo grupal de posta en común e de aplicación ao programa de acción socio-educativa (PAS). Se se suspende a docencia presencial esta actividade faríase en Teams.


Oral presentation Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación (PAS). Esta actividade realizarase en Teams.
Simulation É unha proposta interdisciplinar na que participa a materia de Acción socio-educativa con minorías e colectivos vulnerables. O produto é o deseño dun programa de acción socio-educativa para a inclusión social e laboral (PAS) no que se integran as achegas das dúas materias. O PAS é unha actividade grupal. Cada grupo vai traballar con un colectivo en situación de vulnerabilidade ou exclusión social.
ICT practicals Consiste na construción en grupo dun marcador social.
Seminar Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
A súa finalidade e triple:
- Visibilizar referentes profesionais que teñen o galego como lingua de traballo.
- Achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos.
- Aportar información profesional (ámbitos, funcións, acceso, perfil competencial, condicións laborais...)
Realízase en Teams.
Directed discussion Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. ó final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa na cualificación como actividade optativa.
Collaborative learning A aprendizaxe colaborativa é, xunto coa ABP e a clase invertida, un dos eixos metodolóxicos da materia que está presente no resto das "metodoloxías" descritas.
ICT practicals Elaboración dun mapa conceptual dixital da materia.
Guest lecture / keynote speech O método expositivo vai ser utilizado para presentar as temáticas relacionadas cos subretos do ABP. As sesións maxistrais van ser síncronas en Teams e asíncronas coa utilización de video-gravacións.

Personalized attention
Methodologies
Simulation
ICT practicals
Description
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento do deseño do programa de acción socioeducativa. Hai dúas sesións de titoria grupal obrigatarias que se realizan conxuntamente coa profesora da materia de Acción socioeducativa con minorias e colectivos vulnerables.

A atención personalizada tamén está presente nas aulas interactivas, supervisando as tarefas e dando resposta as demandas de axuda do alumnado.


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Simulation A3 A5 A6 A8 A9 A14 A21 B1 B4 B6 C1 C3 C7 Actividade grupal. Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. Os criterios de avaliación son os seguintes:

a) Integración na fundamentación teórica e legal das temáticas abordadas na análise documental: xustificación no marco institucional - plans para a igualdade e para a inclusión social xerais ou específicos do colectivo-; análise do carácter estrutural da exclusión laboral e da súa relación cos cambios na norma social do emprego; análise dos factores que dificultan a inserción laboral do colectivo para ó que se destina o PAS e relación coa empregabilidade; barreiras de xénero que limitan a empregabilidade; xustificación e caracterización da estratexia metodolóxica; incorporación da visión de xénero (por que, para que e como ); e conceptualización da orientación ocupacional.

b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral; integración da perspectiva de xénero nas distintas fases do programa e nos elementos das accións; formulación de obxectivos e organización dos contidos; coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación; sinerxia entre as accións destinadas á inserción social e á inserción social; descrición pormenorizada das actividades.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, tamaño da letra...) e utilización das normas APA.
d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias.
70
ICT practicals A2 A5 A8 B1 C3 A elaboración dun mapa conceptual dixital da materia é unha actividade individual. Os criterios de avaliación son:
a) Identificación dos temas e conceptos principais.
b) Organización xerárquica.
c) Utilización de conectores que faciliten a comprensión.
c) Formato visualmente atractivo.
d) Manexo da ferramenta dixital.
30
 
Assessment comments
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada en cada unha das dúas tarefas que computan na avaliación (3,5 no PAS e  1,5 no mapa conceptual). A non realización dunha das dúas tarefas implica a cualificación de NP.

Convocatoria de xullo (segunda oportunidade)

Na segunda oportunidade recuperanse as  tarefas non superadas.

Evaluación de las actividades grupales

As actividades que se realizan en grupo van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última van se trasladar a cualificación individual de cada persoa do grupo.

Actividades optativas

Coa realización de
actividades optativas pode obterse até dous puntos.  Estas actividades son as catro seguintes:

a) Construción dun marcador  social en grupo ou individualmente

b)  Actividades de auto-orientación ( autocoñecemento, exploración do mercado profesional,  das posibilidades de  prácticas, de voluntariado e das opcións de formación de posgrao e complementaria.

c) Informe  con noticias e artigos de análise recollidas da prensa e relacionadas coas temáticas  abordadas na materia.   

d) Auto-diagnóstico reflexivo sobre a súa situación  sociolingüística e  balance dos retos acadados en relación coa competencia e cos usos.

Modalidad especial de avaliación


As persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden
acollerse a unha modalidade específica de avaliación na que é
imprescindible o seguimento e supervisión das tarefas propostas. Para
estes casos, as actividades que se propoñen son as seguintes:


  • Deseño dun programa de orientación ocupacional (60).
  •   Informe sobre as aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia
    que ha de incluír un mapa conceptual e un glosario de termos (40).
  • As actividades optativas descritas no punto anterior.
LINGUAXE  INCLUSIVA

 A linguaxe inclusiva é de uso obrigado.


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA 


Citación de fontes

Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo)  nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 7ª edición.   

Plaxio

O plaxio en calquera das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso. Así  o establece o artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Sources of information
Basic Llano Ortíz, J.C. (2015). El estado de la pobreza. 5º Informe. Seguimiento del riesgo de la pobreza y la exclusión social en España 2009_2014. . EAFPN España
Gómez Sánchez-Albornoz, E. E Alonso Cuervo, I. (2006). Acompañar procesos de diversificación profesional en el sector de la construcción. Sevilla: Instituto Andaluz de la Mujer pp 17-23,
Acosta, Estela ( 2015 ). Combatir la ideología neoliberal. Políticas de empleo y formación para la justica social . Madrid: Fundación 1º de mayo. CCOO.
SENDOTU (2010). Cuaderno de trabajo 3. Diseño de proyectos sociales desde una perspectiva de género. http://www.sartu.org/wp-content/uploads/Cuaderno_trabajo_Sendotu_n3.pdf
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Lamparón, B (2016). Empleabilidad:análisis del concepto. Revista de Investigación en Educación, nº14 (1),pp. 67-84
Sánchez García, María Fe (2014). Estrategias para la inserción laboral y el autoempleo. Madrid: UNED
Xunta de Galicia (2014). Estratexia Galega para a inclusión social (EGIS) 2014-2020. http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Plans_e_program
Mc Carthy, J. (2016). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Sultana, Robert (2016). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos.. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Mc Carthy, J. (2016). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Sánchez García , Mª Fe (2014). Orientación inclusiva, diversidad y factores de riesgo. Madrid: UNED
Manzano Nuria (2011). Orientación laboral con jóvenes en riesgo de exclusión social . Madrid: Editorial Sanz y Torres
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
González, A e Mallorca, M.J. (2008). Unidad de empleo para mujeres. guía metodológica y de trabajo. Sevilla: Instituto Andaluz de la Mujer
Secretaria de Igualdade. Xunta de Galicia (2017). VII Plan estratéxico gaelego para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2020. http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/vii_planigualdade_20170403_galego_1.

Para cada unha das tarefas  do ABP proporcionase bibliografía e webgrafía específica, diferenciando a básica e a complementaria. 

Complementary López Méndez Irene (2007). El enfoque de género en la intervención social. Madrid: Cruz Roja
Formichella, M. M. e London, M (2013). Empleabilidad educación y equidad social . Revista de Estudios Sociales, no 47, pp.79-91
Álvarez Iglesias, M. (2011). Guía-protocolos itinerarios integrales de empleo desinados a mujeres monoparentales. . Fundación Mujeres
Ceniceros, J. e Otero, E. (2003). Orientacion sociolaboral basada en itinerarios. . Madrid: Fundación Tomillo
AAVV (2016). Renta básica. http://www.sinpermiso.info/sites/default/files/monograficorb5_sinpermiso.pdf
Cruz, E e García , C. (2005). ¿Como desarrollar la empleabilidad? Cuadernos para la inserción laboral.. Madrid: Cáritas Española.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Socioeducative Socio-Educational Action in Minorities and Vulnerable Groups/652G03022
Counselling and Employment Policies/652G03031

Subjects that continue the syllabus
Counselling and Employment Policies/652G03031

Other comments



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.