Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Orientación ocupacional Código 652G03021
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación ocupacional (OO)é unha acción socioeducativa que se enmarca no ámbito da orientación profesional destinada ás persoas en situación de especial dificultade para acceder ao mercado laboral. A finalidade da OO é a promoción de factores persoais vinculados a empregabilidade, asumindo as claves dunha orientación para a xustiza social e con visión de xénero. A OO é un dos sectores profesionais da educación social.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e comprender e valorar a súa inclusión nas políticas de emprego, nos plans e accións para a igualdade e para a inclusión social. A1
A3
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida. A1
C7
Identificar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional A1
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional C7
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral na concepción e praxe da orientación profesional e nos procesos de exclusión laboral. A5
C4
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da xutiza social. A14
C4
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente B6
C1
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe A2
Describir os factores ou barreiras que obstaculizan a inclusión laboral de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social e valorar as súas implicacións para a acción socioeducativa no ámbito laboral. A8
B1
C4
Identificar e valora-los posibles usos das tecnoloxías dixitais para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral, así como comprender a necesidade de ser profesionais competentes dixitalmente e de promover a competencia dixital nas persoas destinatarias da orientación ocupacional. A2
C3
Analizar e deseñar accións para a inserción laboral con enfoque de xénero. A3
A6
A9
A21
B1
B4
Buscar, seleccionar e almacenar recursos para a praxe da orientación ocupacional utilizando as tecnoloxías dixitais. C3
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente. C3
C7
Utlizar o galego a nivel escrito e oral coa calidade lingüística requirida. C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Mercado laboral e formación profesional
1. Mercado laboral
1.1.- Indicadores e fontes para o estudo do Mercado Laboral e da exclusión social
1.2. A situación de desigualdade das mulleres no mercado laboral. As mulleres obxeto de discriminación múltiple
1.3. Cambios no emprego e na súa relación coa inclusión social
2. Formación profesional
2.1. Subsistemas, ordenación e oferta
2.2. Acreditación de competencias: finalidade e procedemento. O papel da orientación profesional.


Tema 2. A inserción laboral: factores, estratexias e accións. 2.1. Factores que interveñen nos procesos de inserción e exclusión laboral.
2.2. A empregabilidade como foco da intervención. Elementos e críticas.
2.3. O Itinerario personalizado de inserción (IPI) como estratexia de intervención: características, fases e accións
2.4. Integración da visión de xénero no IPI: finalidades, modalidades e accións.
2.5. A mentoría social na inclusión laboral
TEMA 3. Orientación ocupacional: delimitación conceptual, bases teóricas e recursos para a praxe. 3.1. Orientación profesional (OP) e Orientación ocupacional (OO): delimitación conceptual e ideas forza. Claves da OP para a xustiza social.
3.2. Modelos de intervención: tipoloxía e características.
3.3. Áreas de intervención da orientación profesional
3.4.OO con visión de xénero: razóns e claves para a praxe 3.5. OO e competencia dixital. A competencia dixital dos/as profesionais da OO e das persoas en situación de exclusión laboral.

3.6. Recursos para a praxe da OO
Tema 4. Desenvolvemento institucional e situación actual da orientación profesional. 4.1.Funcións e competencias das/os profesionais da orientación ocupacional.
4.2. A orientación ocupacional como campo profesional da educación social.
4.3. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP. A orientación profesional nas políticas de emprego, igualdade e inclusión social.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A2 A3 A5 A8 C4 5 22 27
Presentación oral B1 B6 C1 C3 3 2 5
Discusión dirixida A20 C1 C4 3 2 5
Aprendizaxe colaborativa A3 A5 A6 A8 A9 A21 B1 B4 C1 C3 C7 9 27 36
Sesión maxistral A1 A2 A5 A8 14 4 18
Traballos tutelados A2 A5 A8 A9 A14 A21 B4 C1 C3 C4 6 34 40
Proba mixta A2 A5 A8 B1 C1 2 11 13
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida:
a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais.
b) Nas aulas interactivas, posta en común e traballo grupal no deseño dos distintos apartados do programa de acción socioeducativa (PAS).


Presentación oral Consiste na presentación e defensa no grupo clase do PAS. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables.
Discusión dirixida É unha actividade optativa que orma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. Ao final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa até 1 punto na cualificación como actividade optativa.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa ten un carácter transversal na medida en que está presente na maioría das "metodoloxías" descritas, principalmente no traballo tutelado.
Sesión maxistral
O método expositivo vai ser utilizado para presentar as temáticas relacionadas cos subretos do ABP
Traballos tutelados Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. É unha proposta interdisciplinaria na que participa a materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. O produto é o deseño dun programa de acción socio-educativa para a inclusión social e laboral (PAS) no que se integran as achegas das dúas materias. O produto principal para a materia de orientaciòn ocupacional é o deseño dun programa de orientaciòn ocupacional. Esta tarefa é grupal e nela converxen a aprendizaxe colaborativa e a análise documental.
Proba mixta Constará de preguntas curtas de análise e reflexión sobre os contidos teóricis e de cuestións prácticas relacionadas cos distintos elementos do programa de orientación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición

A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento do deseño do programa de acción socioeducativa. Hai dúas sesións de titoria grupal obrigatarias que se realizan conxuntamente coa profesora da materia de Acción socioeducativa con minorias e colectivos vulnerables.

A atención personalizada tamén está presente nas aulas interactivas e no horario específico de titoria, supervisando as tarefas e respondendo ás dúbidas e consultas do alumnado.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A5 A8 A9 A14 A21 B4 C1 C3 C4 Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. Os criterios de avaliación son os seguintes:

a) Integración na fundamentación teórica e legal das temáticas abordadas na análise documental: xustificación no marco institucional - plans para a igualdade e para a inclusión social xerais ou específicos do colectivo-; análise do carácter estrutural da exclusión laboral e da súa relación cos cambios na norma social do emprego; análise dos factores que dificultan a inserción laboral do colectivo para ó que se destina o PAS e relación coa empregabilidade; barreiras de xénero que limitan a empregabilidade; xustificación e caracterización da estratexia metodolóxica; incorporación da visión de xénero (por que, para que e como ); e conceptualización da orientación ocupacional.

b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral; integración da perspectiva de xénero nas distintas fases do programa e nos elementos das accións; formulación de obxectivos e organización dos contidos; coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación; sinerxia entre as accións destinadas á inserción social e á inserción social; descrición pormenorizada das actividades.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, tamaño da letra...) e utilización das normas APA.
d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias.
Os criterios de avaliación e cualificación van ser presentados nunha rúbrica de entrada única que estará dispoñible en moodel.
75
Proba mixta A2 A5 A8 B1 C1 As preguntas de resposta breve puntúan o 70% do valor da probo. O 30% restante corresponde a cuestións de tipo práctico relacionadas co deseño do programa de orientacion ocupacional. 25
 
Observacións avaliación
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada en cada unha das dúas tarefas que computan na avaliación (3,7) no programa de orientación 1,25 na proba mixta. A non realización dunha das dúas tarefas implica a cualificación de NP.

Convocatoria de xullo (segunda oportunidade)

Na segunda oportunidade recuperanse as  tarefas non superadas.

Evaluación das actividades grupais

As actividades que se realizan en grupo van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última serán computadas na cualificación  de cada persoa do grupo.

Actividades optativas

Coa realización da actividade optativa pode obterse até 1,5 puntos. A actividade xa descrita consiste no auto-diagnóstico reflexivo sobre a súa situación  sociolingüística e o  balance dos retos acadados en relación coa competencia e cos usos.

Modalidad especial de avaliación


As persoas con  dispensa académica ( a solicitar na  Administración do centro), poden
acollerse a unha modalidade específica de avaliación na que é
imprescindible o seguimento e supervisión das tarefas propostas. Para
estes casos, a proba mixta substitúese por un informe de aprendizaxe e mantéñense o resto das actividades de avaliación.

LINGUAXE  INCLUSIVA

 A linguaxe inclusiva é de uso obrigado.


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA 


Citación de fontes

Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo)  nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 7ª edición. Para visibilizar as autoras  a inicial do nome será  substituído  polo nome completo, tanto de autoras como  de autores.   

Plaxio

O plaxio en calquera das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso. Así  o establece o artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Fontes de información
Bibliografía básica Acosta, Estela ( 2015 ). Combatir la ideología neoliberal. Políticas de empleo y formación para la justica social . Madrid: Fundación 1º de mayo. CCOO.
SENDOTU (2010). Cuaderno de trabajo 3. Diseño de proyectos sociales desde una perspectiva de género. http://www.sartu.org/wp-content/uploads/Cuaderno_trabajo_Sendotu_n3.pdf
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2018). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Lamparón, Beatriz (2016). Empleabilidad:análisis del concepto. Revista de Investigación en Educación, nº14 (1),pp. 67-84
Sánchez García, María Fe (2014). Estrategias para la inserción laboral y el autoempleo. Madrid: UNED
Mcarthy, Jhon (2018). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Sultana, Robert (2018). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos.. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Mcarthy, Jhon. (2018). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Sánchez García , Mª Fe (2014). Orientación inclusiva, diversidad y factores de riesgo. Madrid: UNED
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Aguado Guillermo, Patarroyo Luz Elena, Larrañaga Mertxe, Palacín Iratxe, Quilaqueo Victor, Mujica (2018). Pedagogía de los cuidados. Aportes para su construcción.. Intered
González, A e Mallorca, María José (2008). Unidad de empleo para mujeres. guía metodológica y de trabajo. Sevilla: Instituto Andaluz de la Mujer

Para cada un dos temas  e  das tarefas  da actividade de  simulación  facilitamos bibliografía e webgrafía específica, diferenciando a básica da complementaria. 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Materias que continúan o temario
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías