Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables Código 652G03022
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Web
Descrición xeral A pobreza, a marxinación, a vulnerabilidade e a exclusión son aspectos inherentes aos modelos de organización política, económica e social contemporáneos. Estas realidades supoñen formas de vida singularizadas pola precariedade económica, a falta de oportunidades ou desigualdade no acceso a mellores condicións de vida ou ben a privación de dereitos, aspectos que dificultan a realización persoal e social.
É unha finalidade da Educación Social visibilizar estas realidades, promover a toma de conciencia sobre o funcionamiento da sociedade actual e actuar en consecuencia desde unha posición crítica, de forma que se desenvolvan procesos encamiñados á emancipación das persoas, ao seu fortalecemento como suxeitos de dereitos, á súa integración e participación social, así como á transformación das sociedades, para que se tornen máis xustas.
Con esta idea, na materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables, partiremos dun achegamento aos referentes teórico-conceptuais que permitan comprender e explicar as situacións de vulnerabilidade e exclusión social, contextualizadas no marco socioeconómico e político máis amplo, así como discernir os factores e as fases presentes nos procesos e traxectorias vitais que conducen a estas situacións.
Así mesmo, é importante coñecer o marco legal e institucional que lexitima e (de)limita a intervención socioeducativa para a prevención, protección e inclusión de minorías e colectivos vulnerables. Achegarémonos a diferentes contextos e realidades de exclusión social e ás propostas socioeducativas, que, en forma de programas, proxectos, recursos, redes… tratan de promover a inclusión social. Unha aproximación que nos permita poñer en cuestión e valorar a súa pertinencia en termos pedagóxicos e sociais. Finalmente, interésanos coñecer as funcións que ocupan ao/á educador/a social nos diferentes programas, recursos ou institucións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e diferenciar entre conceptos afíns á exclusión social: pobreza, marxinación, desigualdade, vulnerabilidade, desadaptación... A2
A5
A8
A14
Discernir as fases polas que transcorren os procesos de exclusión social, as causas, as manifestacións e os efectos destas situacións A2
A5
A8
Identificar e analizar as relacións entre os sistemas político, económico, educativo e social, e os procesos de vulnerabilidade e exclusión social, nun marco de globalización neoliberal e crise do Estado de Benestar A2
A3
A5
A8
A20
Identificar e estudar as potencialidades e necesidades desde unha perspectiva integral e complexa A2
A5
A7
A8
A9
A14
B3
Deseñar, avaliar e defender programas e proxectos de acción socioeducativa para a prevención e inclusión social, especificando as bases teórico-metodolóxicas sobre as que se substenta A1
A2
A3
A5
A7
A8
A9
A20
A21
B2
B3
B5
B6
C3
C6
C7
Coñecer e promover estratexias e dinámicas de inclusión social, favorecedoras do empoderamento e participación das persoas, que permitan problematizar e transformar a realidade desde a perspectiva das persoas protagonistas (teatro do oprimido, aprendizaxe-servizo...) A2
A7
A9
A20
A21
C7
Determinar e fundamentar as características, os factores influíntes, as posibilidades e limitacións da acción socioeducativa en contextos específicos de vulnerabilidade e exclusión social A1
A2
A3
A5
A8
A14
A20
C7
Coñecer e asumir os principios deontolóxicos da profesión, integrándoos na análise e deseño de accións socioeducativas A14
A20
B4
B5
Espertar e desenvolver unha actitude autocrítica, de autorregulación da propia aprendizaxe, e de participación activa e responsable no proceso A14
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Módulo 1: A exclusión social, o novo rostro da pobreza 1. Precisións terminolóxicas: pobreza, marxinación, exclusión, vulnerabilidade, desigualdade, minoría, integración.
2. Os procesos de exclusión e inclusión social: fases, dimensións de análise, ámbitos, factores e eixos da desigualdade.
Módulo 2: Dereito á inclusión social: políticas, medidas institucionais e movementos sociais 3. Estado de Benestar: dereitos e necesidades.
4. Globalización neoliberal e exclusión social: cuarto mundo.
5. Un outro mundo é posible: políticas, programas e movementos sociais de loita contra a exclusión.
Módulo 3: Prácticas socioeducativas de prevención e inclusión social: perspectivas e procesos metodolóxicos 6. Enfoques metodolóxicos inclusivos e transformadores: principios e directrices da acción socioeducativa.
7. Análise da realidade, deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de acción socioeducativa.
8. Técnicas e estratexias para a emancipación: Teatro do Oprimido.
9. O rol profesional na acción socioeducativa: ética e deontoloxía.
Módulo 4: Das realidades aos programas, proxectos e recursos de acción socioeducativa 10. Exclusión residencial: senfogarismo.
11. Acción socioeducativa con poboación reclusa.
12. Prostitución.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A7 3 0 3
Análise de fontes documentais A2 A3 A5 A8 C3 C6 0 30 30
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 12 0 12
Discusión dirixida A2 A3 A5 A8 A14 B5 B6 C6 4 0 4
Simulación A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21 B2 B3 B4 B5 B6 C3 C6 C7 6 50 56
Presentación oral A14 B6 C3 5 5 10
Estudo de casos A1 A5 A7 A8 A14 B6 6 0 6
Obradoiro A7 A8 A9 A20 B3 B4 C7 3 0 3
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B3 C6 C7 3 5 8
Proba de ensaio A1 A2 A3 A14 B6 0 15 15
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Destinadas a (re)coñecernos como protagonistas dos procesos de ensino e de aprendizaxe que se inician, a presentar e discutir as regras do xogo recollidas na guía docente, a identificar intereses e /ou motivacións do alumnado respecto dos obxectivos que se queren acadar, e a verbalizar preconceptos e saberes previos das alumnas e alumnos relacionados coa materia, dos que partir para favorecer aprendizaxes relevantes.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos relevantes textuais (artigos, libros, novas de prensa, poemas, textos lexislativos...) e audiovisuais (documentais, curtas, filmes , fotografías, viñetas...) que faciliten e amplíen a comprensión dos conceptos básicos da materia, e permitan a elaboración de pensamentos razoados acerca da intervención socioeducativa.
Seguindo a Finkel (2008), trátase de deixar que falen os documentos, propoñendo actividades que permitan desentrañar o seu significado: mapas conceptuais, estudo de casos, recensións, diálogo reflexivo, seminarios, etc.
Sesión maxistral Destinada á exposición oral por parte da docente na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a decontrución e reconstrución crítica do coñecemento experiencial. Complementarsase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. A finalidade é promover unha aprendizaxe transformadora, potenciando a participación do alumnado na construción significativa do coñecemento.
Discusión dirixida Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso reflexo, dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción.
En base á análise previa de fontes documentais, promoverase o debate e contraste de opinións fundamentadas, a través das que: identificar dificultades na comprensión; promover a dúbida e o conflito, poñendo en tea de xuízo as crenzas e interpretacións iniciais; provocar o pensamento diverxente e recoller diferentes argumentacións; favorecer a conexión con experiencias vitais; etc. Todo coa finalidade de que o alumnado tome conciencia de interpretacións alternativas da realidade socioeducativa, se emancipe dos preconceptos e ideas erróneas, e reconstrúa criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar.
Destinaranse á discusión dirixida tanto sesións expositivas como interactivas. Estas últimas organizaranse a modo de seminario aberto.
Simulación Práctica simulada de participación nunha convocatoria pública da Administración autonómica, na que se respectan as características formais e de contido, así como os requisitos habituais neste tipo de concursos. Ten como finalidade a inmersión nas competencias específicas da Educación Social relacionadas co deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de acción socioeducativa, así como co traballo en equipo, partindo dunha situación real o que entendemos supón un desafío motivador.
Esta proposta didáctica esixe poñer en relación as bases teóricas e metodolóxicas da materia para resolver un problema práctico (neste caso a elaboración dun programa), permitindo ademais recuperar e actualizar moitos dos saberes e destrezas adquiridos ao longo do Grao.
Dado a dimensión da proposta e a necesidade de promover unha aprendizaxe interdisciplinar, trátase dun traballo compartido coa materia Orientación Ocupacional, no que as docentes acompañarán aos grupos durante todo o proceso: asesorándoos tecnicamente, contribuíndo á autoorganización e autonomía, activando procesos reflexivos, problematizando decisións, incentivando argumentacións, reforzando as potencialidades, etc.
O proceso está marcado polos seguintes momentos: publicación simulada da convocatoria; inscrición dos equipos no concurso; deseño e presentación en prazo e forma do programa; defensa dos programas; actuación da comisión avaliadora; e resolución motivada do concurso.
Presentación oral Algunhas das actividades desenvolvidas tanto de xeito individual como grupal, serán expostas diante do grupo de referencia, procurando chegar a conclusións compartidas sobre o caso investigado, o documento ou experiencia analizada. Entre as actividades, o Programa de Acción Socioeducativa será presentado e defendido no grupo expositivo.
Unha das finalidades da presentación oral é favorecer a coavaliación e autoavaliación a través da contrastación de diferentes formas de resolver as mesmas actividades, permitindo identificar dificultades e potencialidades nos propios traballos, así como autorregular a propia aprendizaxe.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica ou experiencia (presentada nun filme, curta, artigo...), sobre a que se formula un problema que ha de ser estudado, valorado e resolto á luz dos referentes teóricos e metodolóxicos da materia, por parte dun grupo de persoas a través dun proceso de discusión. Promove, polo tanto, a conexión entre o marco teórico e experiencias concretas de acción socioeducativa.
A través desta metodoloxía promoverase o desenvolvemento das competencias, estratexias e técnicas relacionadas co deseño, implementación e avaliación de programas e proxectos, dende a análise da realidade, de necesidades, factores de risco e potencialidades. Neste sentido, constitúe unha fonte de coñecemento esencial para o deseño do Programa de Acción Socioeducativa, obxecto da convocatoria pública simulada.
Obradoiro Proposta metodolóxica eminentemente práctica na que o alumnado se achegará ao coñecemento e aplicación de exercicios, xogos, técnicas e estratexias da metodoloxía do Teatro do Oprimido. Ten como finalidade promover desmecanización física e intelectual, estimulando a discusión e a problematización de situacións da vida cotiá, a reflexión crítica sobre as relacións de poder que caracterizan as interaccións humanas, e a definición conxunta e “ensaio” de alternativas para a emancipación, sempre dende a perspectiva das propias persoas protagonistas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican la asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.), co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Nas sesións expositivas e a través do Moodle poderase informar, tanto por parte da docente como do alumnado, de eventos de interese.
Proba de ensaio Esta proba busca responder a preguntas de certa amplitude valorando as seguintes capacidades: razoamento (argumentar, establecer sinerxías, etc.), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico, precisión conceptual e redacción. Implica, polo tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. A proba contemplará catro preguntas a desenvolver.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Presentación oral
Simulación
Descrición
Para o desenvolvemento do Programa de Acción Socioeducativa baseado nunha convocatoria pública simulada, así como para a súa presentación e defensa oral, será preciso acudir, como mínimo, a dúas sesións de titoría, nas que facer o seguimento por parte da docente. Estas sesións serán indicadas na aula.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 A3 A14 B6 Esta proba busca responder a preguntas de certa amplitude valorando as seguintes capacidades: razoamento (argumentar, establecer sinerxías, etc.), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico e redacción. Implica, polo tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
50
Presentación oral A14 B6 C3 A presentación e defensa do Programa de Acción Socioeducativa será avaliado pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre eles: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e o uso de recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo.
10
Simulación A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21 B2 B3 B4 B5 B6 C3 C6 C7 Avaliarase segundo os criterios indicados na convocatoria pública simulada. Ademais, valorarase: o afondamento nos contidos; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; aspectos formais relativos á calidade da presentación. 40
 
Observacións avaliación

1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde, laborais ou de conciliación), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación: Ensaio reflexivo (30%); Proba de ensaio (70%). As pautas e criterios de avaliación están recollidas no documento de avaliación colgado no Moodle.

2.- O cómputo global da nota final require que a proba de ensaio e a simulación (ou ensaio reflexivo) obteñan unha cualificación de aprobado (5). En caso contrario, só figurará na cualificación final a correspondente ao exame. As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual.

3.- Todos os traballos presentaranse en formato dixital (PDF) a través do Moodle. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización.


Fontes de información
Bibliografía básica

Asamblea General de las Naciones Unidas. Declaración Universal de los Derechos Humanos. Resolución 217 A (III), de 10 decembro de 1948.

Arriba, Ana (coord.) (2008). Políticas y bienes sociales: procesos de vulnerabilidad y exclusión social. Madrid: Fundación FOESSA.

Busaniche, Gisela (2002). Cuarto mundo. No somos tan ricos. Barcelona: Debolsillo.

Caballo, Mª Belén et al (1997). 131 conceptos clave de Educación Social. Santiago de Compostela: Universidadede Santiago de Compostela.

Cabrera, Pedro J. (2002) (dir.). Un techo y un futuro. Buenas prácticas de intervención social con personas sin hogar. Barcelona: Icaria.

Cabrera, Pedro J. e Rubio, Mª José (2008). Las personas sin hogar, hoy. Revista del Ministerio de Trabajo e Inmigración, 75. Consultado en http://www.mtin.es/es/publica/pub_electronicas/destacadas/revista/numeros/75/est03.pdf

Cabrera, Pedro J; Rubio, Mª José e Blasco, Jaume (2008). ¿Quién duerme en la calle? Una investigación social y ciudadana sobre las personas sin techo. Barcelona: Fundación Caixa Catalunya. Consultadoen http://obrasocial.catalunyacaixa.com/osocial/idiomes/2/fitxers/solidaritat/duerme_calle08.pdf

Carballedo, Alfredo J. (2002). La intervención en lo social. Exclusión e integración en los nuevos escenarios sociales. Buenos Aires: Paidós.

Castel, Robert (1995). De la exclusión como estado a la vulnerabilidad como proceso. Archipiélago. Cuadernos de crítica de la cultura, 21.

Castel, Robert (1997). La metamorfosis de la cuestión social, una crónica del salariado. Buenos Aires: Paidós

Castel, Robert (2010). El ascenso de las incertidumbres. Buenos Aires: FCE.

Escudero, José Manuel e Sáez, José (coords.) (2006). Exclusión social, exclusión educativa. Murcia: Diego Martín.

García Roca, Joaquín et al. (1991). Pedagogía de la marginación. Madrid, Editorial Popular.

García Roca, Joaquín (2007). La revancha del sujeto. Documentación Social, 145, 37-52. Consultado en http://www.caritas.es/imagesrepository/CapitulosPublicaciones/899/03%20LA%20REVANCHA%20DEL%20SUJETO.pdf

Garrido, Vicente e Gómez, Ana Mª (1995). Educación Social en el ámbito penitenciario. Comunicación, Lenguaje y Educación, 27, 53-60.

Garrido, Vicente e Martínez, Mª Dolores (eds.) (1998). Educación Social para delincuentes. Valencia: Tirant lo Blanch.

Gil, Fernando (2002). La exclusión social. Barcelona: Ariel.

Karsz, Saül (comp.) (2004). La exclusión bordeando sus fronteras: definiciones y matices. Barcelona: Gedis.

Laespada, Mª Teresa (ed.) (2008). Intervención en exclusión social y drogodependencias: la confluencia entre políticas sociales y sanitarias. Bilbao: Universidad de Deusto.

López-Aranguren, Eduardo (2005). Problemas sociales: desigualdad, pobreza, exclusión social. Madrid: Biblioteca Nueva.

Manzanos, César (dir.) (2005). Servicios sociales y cárcel: alternativas a la actual cultura punitiva. Victoria-Gastéiz: Salhaketa.

Rubio, Mª José e Montero, Silvia (coords.) (2002). La exclusión social: teoría y práctica de la intervención. Madrid, CCS.

Sanz, Susana (2010). Colectivos vulnerables y derechos humanos: perspectiva internacional. Valencia: Tirant lo Blanch.

Solana, José L. et al. (2008). Los retos de laprostitución: estigmatización, derechos y respeto. Granada: Comares.

Subirats, Joan (dir.) (2004). Pobreza y exclusión social un análisis de la realidad española y europea. Barcelona Fundación "La Caixa". Consultado en http://obrasocial.lacaixa.es/StaticFiles/StaticFiles/f28d31d9615d5210VgnVCM1000000e8cf10aRCRD/es/vol16_es.pdf

Ubieto, José Ramón (2010). El trabajo en red. Barcelona: Gedisa

Valedor do Pobo (2010). As persoas sen fogar en Galicia. Santiago de Compostela. Consultado en http://www.valedordopobo.com/index.php?s=115&i=89

Valverde, Jesús (1997). La cárcel y susconsecuencias. La intervención sobre la conducta desadaptada. Madrid: Popular.

Vidal, Fernando (2006) (ed.). La exclusión social y el estado de bienestar en España. V Informe FUHEM de políticas sociales. Barcelona: Icaria.

Xuntade Galicia (2004). A prostitución feminina na Comunidade Autónoma de Galicia. Santiago de Compostela: Servizo Galego de Igualdade, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Xuntade Galicia (2006). II Plan Galego deInclusión Social 2007-2013. Santiago de Compostela: Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Consultado en

http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Vicepresidencia/Biblioteca/Documentos/Plans_e_programas/II_Plan_Galego_Inclusion_Social.pdf

Revistas:

  • Pedagogía Social. Revista interuniversitaria
    • (2000-2001). Monográfico Exclusión social, 6-7.
    • (2010). Infancia y adolescencia en dificultad social, 17.
    • (2012). Educación social y ética profesional, 19.
  • Educación Social. Revista de intervención socioeducativa
    • (2000). Drogadicciones: experiencias en clave de futuro, 14.
    • (2001). Deontología y práctica profesional, 17.
    • (2003). Intervención socioeducativa y pueblo gitano, 24.
    • (2004). Intervención educativa con personas sin hogar, 27.
    • (2007). El trabajo en red en la educación social, 36.
    • (2009). La Inserción Laboral como proceso de intervención educativa, 41.
    • (2009). La atención socioeducativa en las transiciones vitales, 42.
    • (2009). Globalización, diversidad cultural y acción socioeducativa, 43.
  • Documentación social
    • (1997): Políticas contra la exclusión social, 106.
    • (2001). Las otras caras de la globalización, 125.
    • (2003). Los procesos de inclusión y exclusión social de las personas con discapacidad, 130.
    • (2004). Migración, hacia un modelo de integración social, 132.
    • (2004). Intervención ante la exclusión social, 135.
    • (2005). Los objetivos de desarrollo del milenio, 136.
    • (2005). Vivienda y alojamiento, 138.
    • (2006). Ciudadanía,139.
    • (2007). Empleo e inclusión social, 143.
    • (2007). La prostitución, una realidad compleja, 144.
    • (2007). Repensar la intervención social, 145.
    • (2007). Migraciones y desarrollo, 147.
    • (2009). Dilemas de la Política Social, 154.
    • (2010). Consecuencias económicas y sociales de la crisis mundial, 158.
    • (2011). Ciudadanía universal y democracia a escala humana, 159.
    • (2011). Miedo, inseguridad y control social, 161.
    • (2012). La discriminación ética hacia la población inmigrante: un reto para la cohesión social, 162.
  • Barbecho. Revista de reflexión socioeducativa
    • (2002-2003). Opresión, resistencia y acción educativa, 2.

Bibliografía complementaria

AA.VV. (2003). Patrones de exclusión social en el Marco Europeo. Consultadoen http://www.cruzroja.es/pls/portal30/docs/PAGE/SITE_CRE/ARBOL_CARPETAS/BB_QUE_HACEMOS/B10_INTERVENCION_SOCIAL/POBREZA/MAQUETAPATRONES.PDF

Antón, Antonio (coord.) (2000). Trabajo, derechossociales y globalización. Algunos retos para el siglo XXI. Madrid: Talasa.

Aliena, Rafael. (2005). Descenso a la Periferia:asistencia y condición humana en el territorio de lo social. Valencia: NauLlibres.

Álvarez-Uría, Fernando (ed.) (1992). Marginacióne inserción. Los nuevos retos de las políticas sociales. Madrid: Endymion.

Álvarez-Uría, Fernando et al. (1995). Desigualdady pobreza hoy. Madrid: Talasa

Arriba,Ana (2002). El concepto de exclusión en política social. Unidad de Políticas comparadas. CSIC.Consultado en http://digital.csic.es/bitstream/10261/1495/1/dt-0201.pdf

Bauman, Zygmunt (1999). La globalización, consecuencias humanas. México: Fondo deCultura Económica.

Bauman, Zygmunt (1999). Trabajo, consumismo y nuevos pobres. Barcelona: Gedisa.

Bauman, Zygmunt (2001). La posmodernidad y sus descontentos. Madrid: Akal.

Bauman, Zygmunt (2005). Vidas desperdiciadas. La modernidad y sus parias. Barcelona:Paidós.

Bergalli, Roberto (Coord.) (2003). Sistema penal y problemas sociales. Barcelona: Bellaterra.

Bergalli, Roberto (2009). La humillación: técnicas y discursos para la exclusión social. Barcelona: Bellaterra.

Bourdieu, Pierre (dir.) (1999). La miseria delmundo. Madrid, Akal.

Castel, Robert, et al (2001). Desigualdad yglobalización. Cinco conferencias. Buenos Aires: FCE.

Cortina, Adela (2001). Ciudadanos del mundo. Hacia una teoría de la ciudadanía. Madrid,Alianza Editorial.

Delgado, Manuel et al. (2003). Exclusión social y diversidad cultural. Donostia: Tercera Prensa.

Freire, Paulo (1992). Pedagogía del oprimido. Madrid: Siglo XXI

Freire, Paulo (2001).Pedagogía de la indignación. Madrid: Morata.

Freire, Paulo (2002).Pedagogía de la esperanza. Mexico: Siglo XXI.

García, A. e Sáez, J. (1998). Del racismo a la interculturalidad. Competencia de laeducación. Madrid: Narcea.

Gil, Fernando; Jover, Gonzalo e Reyero, David (2001). La enseñanza de los Derechos Humanos. Barcelona: Paidós

Giménez, Maria et al. (2003). Nuevas políticas para la inclusión social: agenda pública y prácticas significativas. VIII Congreso Internacional del CLAD sobre la Reforma del Estado y de la Administración Pública, Panamá, 28-31 Oct.2003

Gimeno, Juan A. (2004). Exclusión social y Estadode Bienestar. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.

Goffman, Erving (1982). Estigma. La identidad deteriorada. Buenos Aires: Amorrortu.

Hernández, Enrique; Quintana, Pedro e Rodríguez, Fco. Javier (coords.) (2000). Marginación e intervención social. Actuaciones y necesidades del coletivo gitano en riesgode exclusión social. Oviedo: Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones.

Hessel, Stéphane (2010). Indignádevos. Faktoría de libros.

Jelinek, Elfriede (2005). Los excluidos. Barcelona: Mondadori.

Juliano, Dolores (2004). Excluidas y marginales. Una aproximación antropológica. Valencia: Cátedra.

Mas, Francesc (2001). Rompiendo fronteras. Una visión positiva de la inmigración. Barcelona: Intermón.

Millán, José Carlos (comp.) (2004). Colectivos enriesgo de exclusión. Inmigrantes, minorías étnicas y perspectiva de género. A Coruña: Instituto Gallego de Iniciativas Sociales y Sanitarias.

Millán, José Carlos (2005). Políticas sociales, modelos de intervención y estado de bienestar. A Coruña: Instituto Gallego de Iniciativas Sociales y Sanitarias.

Muleiro, Hugo (2006). Al margen de la agenda: noticias, discriminación y exclusión. México: Fondo de Cultura Económica.

Nun, José. (2001). Marginalidad y exclusión social. Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica.

Oña, José Manuel (2010). Educación de calle y desarrollo comunitario: una experiencia educativa en contextos de exclusión. Madrid: Cáritas, Fundación Foessa.

Renes, Victor (dir.) (2008). VI informe sobre exclusión y desarrollo social en España 2008. Madrid: Fundación FOESSA, Cáritas Española.

Riera, Ignasi (2002). Emigrantes y refugiados. Barcelona: Debolsillo.

Ruiz, Blanca e Ruíz, Eduardo (2001). Las Políticas de inmigración: la legitimación de la exclusión. Bilbao: Universidad de Deusto.

Santolaria, Félix (1997). Marginación y educación: historia de la educación social en la España moderna y contemporánea. Barcelona, Ariel.

Soriano, Andrés (2001): Políticas y economía en la exclusión social. Pedagogía Social Revista Interuniversitaria, 6-7, 21-32.

Subirats, Joan (dir.) (2005). Análisis de los factores de exclusión social. Fundación BBVA. Consultado en http://www.fbbva.es/TLFU/dat/DT_2005_04.pdf

Subirats, Joan (dir.) (2006). Fragilidades vecinas:narraciones biográficas de exclusión social urbana. Barcelona: Icaria.

Subirats, Joan & Gomà, Ricard (dirs.) (2003). Un paso más hacia la inclusión social. Generación de conocimiento, políticas y prácticas para la inclusión social. Madrid: Plataforma de ONGs – IGOP. Consultado en http://www.plataformaongs.org/upload/88/94/un_paso_mas_hacia_la_inclusion_social.pdf

Valedordo Pobo (2005). Informe extraordinariosobre a situación da poboación xitana en Galicia. Santiago de Compostela. Consultado en http://www.valedordopobo.com/index.php?s=115&i=22

Vallés, Josep (2009). Manual del educador social:intervención en servicios sociales. Pirámide.

Varela,J ulia e Álvarez-Uría, Fernando (1989). Sujetos frágiles. Ensayos de sociología de la desviación. Madrid: Fondo de Cultura Económica.

Vélaz de Medrano, Mari Carmen (2002). Intervención educativa y orientación en problemas de inadaptación y exclusión por factorese ducativos y socioculturales. Madrid: UNED.

Vidal, Fernando (2009). Pan y rosas: fundamentos de exclusión social y empoderamiento. Madrid: Fundación FOESSA.

Wacquant, Loïc (2000). Las cárceles de la miseria.Madrid: Alianza Editorial.

Wacquant, Loïc (2001). Parias urbanos. Marginalidad en la ciudad a comienzos del milenio. Buenos Aires: Manantial.

Wacquant, Loïc (2007). Los condenados de la ciudad:guetos, periferias y estado. Buenos Aires: Siglo XXI.

Wacquant, Loïc (2009). Castigar a los pobres. El gobierno neoliberal de la inseguridad social. Barcelona: Gedisa.

Xuntade Galicia (2009). Plan Integral para a convivencia e o desenvolvemento social do Pobo Xitano de Galicia. Documento base. Santiago de Compostela: Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Consultado en http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Vicepresidencia/Biblioteca/Documentos/Plans_e_programas/planxitano.pdf


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002
Socioloxía/652G03005
Pedagoxía social/652G03006
Xénero, igualdade e educación/652G03007
Educación multicultural/652G03013
Intervención en contextos familiares de risco/652G03015
Servizos sociais e benestar social/652G03014
Educación de menores en desprotección e conflito social/652G03016
Educación de persoas adultas e maiores/652G03018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Orientación ocupacional/652G03021

Materias que continúan o temario

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías