Identifying Data 2022/23
Subject (*) Socioeducative Socio-Educational Action in Minorities and Vulnerable Groups Code 652G03022
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Cruz Lopez, Laura
E-mail
laura.cruz@udc.es
Lecturers
Cruz Lopez, Laura
E-mail
laura.cruz@udc.es
Web
General description A pobreza, a marxinación, a vulnerabilidade e a exclusión son aspectos inherentes aos modelos de organización política, económica e social contemporáneos. Estas realidades supoñen formas de vida singularizadas pola precariedade económica, a falta de oportunidades ou desigualdade no acceso a mellores condicións de vida ou ben a privación de dereitos, aspectos que dificultan a realización persoal e social.
É unha finalidade da Educación Social visibilizar estas realidades, promover a toma de conciencia sobre o funcionamiento da sociedade actual e actuar en consecuencia desde unha posición crítica, de forma que se desenvolvan procesos encamiñados á emancipación das persoas, ao seu fortalecemento como suxeitos de dereitos, á súa integración e participación social, así como á transformación das sociedades, para que se tornen máis xustas.
Con esta idea, na materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables, partiremos dun achegamento aos referentes teórico-conceptuais que permitan comprender e explicar as situacións de vulnerabilidade e exclusión social, contextualizadas no marco socioeconómico e político máis amplo, así como discernir os factores e as fases presentes nos procesos e traxectorias vitais que conducen a estas situacións.
Así mesmo, é importante coñecer o marco legal e institucional que lexitima e (de)limita a intervención socioeducativa para a prevención, protección e inclusión de minorías e colectivos vulnerables. Achegarémonos a diferentes contextos e realidades de exclusión social e ás propostas socioeducativas, que, en forma de programas, proxectos, recursos, redes… tratan de promover a inclusión social. Unha aproximación que nos permita poñer en cuestión e valorar a súa pertinencia en termos pedagóxicos e sociais. Finalmente, interésanos coñecer as funcións que ocupan ao/á educador/a social nos diferentes programas, recursos ou institucións.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e diferenciar entre conceptos afíns á exclusión social: pobreza, marxinación, desigualdade, vulnerabilidade, desadaptación... A2
A5
A8
A14
Discernir as fases polas que transcorren os procesos de exclusión social, as causas, as manifestacións e os efectos destas situacións A2
A5
A8
Identificar e analizar as relacións entre os sistemas político, económico, educativo e social, e os procesos de vulnerabilidade e exclusión social, nun marco de globalización neoliberal e crise do Estado de Benestar A2
A3
A5
A8
A20
Deseñar, avaliar e defender programas e proxectos de acción socioeducativa para a prevención, a inclusión social e o exercicio dunha cidadanía global, especificando as bases teórico-metodolóxicas sobre as que se substenta. A1
A2
A3
A5
A7
A8
A9
A20
A21
B2
B3
B5
B6
C3
C6
C7
Coñecer e promover estratexias e dinámicas de inclusión social, favorecedoras do empoderamento e participación das persoas, que permitan problematizar e transformar a realidade desde a perspectiva das persoas protagonistas (cartografía social, teatro do oprimido, aprendizaxe-servizo, filosofía para nenos e nenas...) A2
A7
A9
A20
A21
C7
Determinar e fundamentar as características, os factores influíntes, as posibilidades e limitacións da acción socioeducativa en contextos específicos de vulnerabilidade e exclusión social A1
A2
A3
A5
A8
A14
A20
C7
Espertar e desenvolver unha actitude autocrítica, de autorregulación da propia aprendizaxe, de participación activa e responsable no proceso, así como de compromiso coa realidade que nos rodea A14
C1
C6
C7

Contents
Topic Sub-topic
Módulo 1: A exclusión social, o novo rostro da pobreza 1. Precisións terminolóxicas: pobreza, marxinación, exclusión, vulnerabilidade, desigualdade, minoría, integración.
2. Os procesos de exclusión e inclusión social: fases, dimensións de análise, ámbitos, factores e eixos da desigualdade.
Módulo 2: Dimensión estrutural da exclusión e inclusión social 3. Globalización neoliberal e exclusión social.
4. Estigma e criminalización da pobreza.
Módulo 3: Prácticas socioeducativas de prevención e inclusión social: perspectivas e procesos metodolóxicos 5. Enfoques metodolóxicos inclusivos e transformadores: principios e directrices da acción socioeducativa.
6. Análise da realidade, deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de acción socioeducativa.
7. Técnicas e estratexias de educación para emancipación e o exercicio dunha cidadanía global: cartografía social, Teatro do Oprimido, Filosofía para nenos e nenas e aprendizaxe-servizo para a inclusión social.
Módulo 4: Das realidades aos programas, proxectos e recursos de acción socioeducativa 8. Poboación reclusa.
9. Prostitución.
10. Senfogarismo.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A1 A7 3 0 3
Document analysis A2 A3 A5 A8 C3 C6 0 25 25
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A5 6 0 6
Directed discussion A2 A3 A5 A8 A14 B5 B6 C6 7 0 7
Simulation A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21 B2 B3 B5 B6 C1 C3 C6 C7 6 40 46
Oral presentation A14 B6 C1 C3 4 5 9
Events academic / information A1 A3 A5 A8 B3 C6 C7 4 0 4
Aprendizaxe servizo A5 A7 A8 A9 A14 A20 A21 B2 B3 B5 B6 C1 C7 6 35 41
Workshop A7 A8 A9 A20 B3 C7 6 0 6
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Destinadas a (re)coñecernos como protagonistas dos procesos de ensino e de aprendizaxe que se inician, a presentar e discutir as regras do xogo recollidas na guía docente, a identificar intereses e /ou motivacións do alumnado respecto dos obxectivos que se queren acadar, e a verbalizar preconceptos e saberes previos das alumnas e alumnos relacionados coa materia, dos que partir para favorecer aprendizaxes relevantes.
Document analysis Utilización de documentos relevantes textuais (artigos, libros, novas de prensa, poemas, textos lexislativos...) e audiovisuais (documentais, curtas, filmes , fotografías, viñetas...) que faciliten e amplíen a comprensión dos conceptos básicos da materia, e permitan a elaboración de pensamentos razoados acerca da intervención socioeducativa.
Seguindo a Finkel (2008), trátase de deixar que falen os documentos, propoñendo actividades que permitan desentrañar o seu significado: mapas conceptuais, estudo de casos, recensións, diálogo reflexivo, seminarios, etc.
O dossier de lecturas obrigatorias e para afondar estará accesible no Moodle.
Guest lecture / keynote speech Destinada á exposición oral por parte da docente na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a decontrución e reconstrución crítica do coñecemento experiencial. Complementarsase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. A finalidade é promover unha aprendizaxe transformadora, potenciando a participación do alumnado na construción significativa do coñecemento.
Directed discussion Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso reflexo, dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción.
En base á análise previa de fontes documentais, promoverase o debate e contraste de opinións fundamentadas, a través das que: identificar dificultades na comprensión; promover a dúbida e o conflito, poñendo en tea de xuízo as crenzas e interpretacións iniciais; provocar o pensamento diverxente e recoller diferentes argumentacións; favorecer a conexión con experiencias vitais; etc. Todo coa finalidade de que o alumnado tome conciencia de interpretacións alternativas da realidade socioeducativa, se emancipe dos preconceptos e ideas erróneas, e reconstrúa criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar.
Simulation Práctica simulada de participación nunha convocatoria pública da Administración autonómica, na que se respectan as características formais e de contido, así como os requisitos habituais neste tipo de concursos. Ten como finalidade a inmersión nas competencias específicas da Educación Social relacionadas co deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de acción socioeducativa, así como co traballo en equipo, partindo dunha situación real o que entendemos supón un desafío motivador.
Esta proposta didáctica esixe poñer en relación as bases teóricas e metodolóxicas da materia para resolver un problema práctico (neste caso a elaboración dun programa), permitindo ademais recuperar e actualizar moitos dos saberes e destrezas adquiridos ao longo do Grao.
Dada a dimensión da proposta a docente acompañará aos grupos durante todo o proceso: asesorándoos tecnicamente, contribuíndo á autoorganización e autonomía, activando procesos reflexivos, problematizando decisións, incentivando argumentacións, reforzando as potencialidades, etc.
O proceso está marcado polos seguintes momentos: publicación simulada da convocatoria; inscrición dos equipos; deseño e presentación en prazo e forma do programa; e defensa dos programas.
Oral presentation Algunhas das actividades desenvolvidas serán expostas diante do grupo de referencia, procurando chegar a conclusións compartidas sobre o caso investigado, o documento ou experiencia analizada. Entre as actividades, o Programa de Acción Socioeducativa será presentado e defendido no grupo expositivo.
Unha das finalidades da presentación oral é favorecer a coavaliación e autoavaliación a través da contrastación de diferentes formas de resolver as mesmas actividades, permitindo identificar dificultades e potencialidades nos propios traballos, así como autorregular a propia aprendizaxe.
Events academic / information Participación en xornadas organizadas no marco da materia ou por entidades externas que se consideren de interese para o alumnado. O obxectivo é afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia, proporcionando experiencias de boas prácticas actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo, e empreguen o galego como lingua vehicular.
Aprendizaxe servizo Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende ao traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de mellorala. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva, integrándose no enfoque da educación para a cidadanía global.
Servíndose da cartografía social, a acción de APS diríxese a visibilizar (cartografar) o incremento da aporofobia na cidade da Coruña manifestada en actitudes e condutas de rexeitamento ao diferente, considerado inferior. Con esta acción perséguese dar resposta á demanda realizada pola Rede Acampa na procura de maior implicación da UDC nas súas iniciativas. O lema da campaña de 2023 céntrase precisamente no "Odio ou convivencia".
Workshop Proposta metodolóxica eminentemente práctica na que o alumnado se achegará ao coñecemento de diferentes estratexias (como o teatro do oprimido, a filosofía para nenos e nenas ou a cartografía social) participando activamente no seu deseño e desenvolvemento. Responde á máxima de aprender facendo.

Personalized attention
Methodologies
Aprendizaxe servizo
Oral presentation
Simulation
Description
Para o desenvolvemento do Programa de Acción Socioeducativa baseado nunha convocatoria pública simulada, así como para a súa presentación e defensa oral, será preciso acudir, como mínimo, a tres sesións de titoría, nas que facer o seguimento por parte da docente. No transcurso da materia indicarase a data das titorías así como o formato, virtual a través de Teams ou presencial.
Así mesmo, será obxecto de atención persoalizada o proxecto de aprendizaxe-servizo, tanto durante o desenvolvemento de sesións interactivas como en titorías marcadas de forma específica.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Aprendizaxe servizo A5 A7 A8 A9 A14 A20 A21 B2 B3 B5 B6 C1 C7 Avaliarase a calidade do servizo realizado así como as aprendizaxes desenvolvidas durante o proceso, no que respecta a:
- Diario de campo da cartografía social (grupal): detalle no rexistro das derivas e entrevistas realizadas, así como calidade das reflexións extraídas.
- Relatos construídos e cartografados (individual): calidade da expresión escrita, pertinencia en relación ao tema, grao de reflexión e afondamento na argumentación, acompañamento de imaxes, vídeos e outros recursos.
- Actividade de sensibilización deseñada (incluída e valorada na Simulación, grupal): calidade técnica e valor inclusivo, ademais do carácter innovador e viabilidade.
- Informe de autoavaliación final (individual): calidade e afondamento da reflexión sobre as aprendizaxes desenvolvidas.
40
Oral presentation A14 B6 C1 C3 A presentación e defensa do Programa de Acción Socioeducativa será avaliado pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre eles: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e emprego dunha linguaxe inclusiva.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo.
10
Simulation A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21 B2 B3 B5 B6 C1 C3 C6 C7 Avaliarase segundo os criterios indicados na convocatoria pública simulada. Ademais, valorarase: o afondamento nos contidos; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe inclusiva e propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; aspectos formais relativos á calidade da presentación. 50
 
Assessment comments

1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde, laborais ou de conciliación), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación: Proba de ensaio (50%) e Ensaio reflexivo (50%). As pautas e criterios de avaliación específicas destas dúas actividades figuran no documento colgado no Moodle. Avaliarase o ensaio reflexivo só no caso de superar a proba de ensaio. En caso de non superala, a nota final corresponderase coa acadada nesta, valorada sobre 100%.

2.- O cómputo global da nota final require que todas as actividades de avaliación obteñan unha cualificación de aprobado (5). As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual.

3.- Todos os traballos presentaranse en formato dixital (PDF) a través do Moodle. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización.

4.- Segundo o establecido no artigo 14.4. das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario, "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

5.- O alumnado que solicitara e teña recoñecida a dispensa académica -tal como se
establece na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
Universidade daCoruña"
(aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación.

6.- O alumnado asistente que non supere a materia na primeira oportunidade, realizará unha proba de ensaio na segunda oportunidade, que computará o 100%.


Sources of information
Basic

Asamblea General de las Naciones Unidas. Declaración Universal de los Derechos Humanos. Resolución 217 A (III), de 10 decembro de 1948.

Arriba, Ana (coord.) (2008). Políticas y bienes sociales: procesos de vulnerabilidad y exclusión social. Madrid: Fundación FOESSA.

Barba, María e Morán, M.Carmen (2013). Prisión e dereito á educación. Atas do XII Congreso Internacional Galego-Português de Psicopedagoxía (pp.776-788).

Barba, María, Morán, M. Carmen e Cruz, Laura (2017). Animación sociocultural en prisión. Experiencia en el centro penitenciario de Monterroso. Madrid: Popular.

Belzunegui, Ángel e Brunet, Ignasi (2012). Los lugares sociales de la pobreza. En Belzunegui, A. (Coord.), Socialización de la pobreza en España (pp.11-34). Barcelona: Icaria.

Bergalli, Roberto (2009). La humillación: técnicas y discursos para la exclusión social. Barcelona: Bellaterra.

Bonet, Jordi (2006). La vulnerabilidad relacional: análisis del fenómeno y pautas de intervención. REDES. Revista hispana para el análisis de redes sociales, 11.

Cabrera, Pedro (2003). Cárcel y Exclusión. Revistadel Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales , 35, 83-120.

Castel, Robert (1995). De la exclusión como estado a la vulnerabilidad como proceso. Archipiélago. Cuadernos de crítica de la cultura, 21.

Castel, Robert (1997). La metamorfosis de la cuestión social, una crónica del salariado. Buenos Aires: Paidós

Castel, Robert (2010). El ascenso de las incertidumbres. Buenos Aires: FCE.

Cobo, Rosa (2011). Hacia una nueva política sexual. Madrid: Catarata.

Cobo, Rosa (2017). La prostitución en el corazón del neoliberalismo. Madrid: Catarata.

Cortes Generales (2007). Informe de la ponencia sobre la prostitución en nuestro país (154/9) aprobada en sesión de la ponencia de 13 de marzo de 2007.

De Miguel, Ana (2015). Neoliberalismo sexual: el mito de la libre elección. Madrid: Cátedra.

Escudero, José Manuel e Sáez, José (coords.) (2006). Exclusión social, exclusión educativa. Murcia: Diego Martín.García Roca, Joaquin (2006). Relatos, metáforas y dilemas. Para transformar las exclusiones. En Vidal, F. (dir), La exclusión social y el Estado de Bienestar en España. V

García Roca, Joaquín et al. (1991). Pedagogía de la marginación. Madrid, Editorial Popular.

García Roca, Joaquín (2007). La revancha del sujeto. Documentación Social, 145, 37-52.

Garrido, Vicente e Gómez, Ana Mª (1995). Educación Social en el ámbito penitenciario. Comunicación, Lenguaje y Educación , 27, 53-60.

Garrido, Vicente e Martínez, Mª Dolores (eds.) (1998). Educación Social para delincuentes. Valencia: Tirant lo Blanch.

Gil, Fernando (2002). La exclusión social. Barcelona: Ariel.

Gimeno, Beatriz (2011). La prostitución. Barcelona: Bellaterra.

Goffman, Erving (2008). Estigma. La identidad deteriorada. Buenos Aires: Amorrortu.

Gómez, Águeda e Pérez, Silvia (2009). Prostitución: clientes e outros homes. Vigo: Xerais.

Gómez, Águeda, Pérez, Silvia e Verdugo, Rosa M. (2015). El putero español. Madrid: Catarata.

Hernández, Blanca (2007). La prostitución, a debate en España. Documentación Social, 144, 75-89.

Informe FUHEM de Políticas sociales (pp. 9-27). Madrid: FUHEM.

Jiménez, Magdalena (2008). Aproximación teórica de la exclusión social: complejidad e imprecisión del término. Consecuencias para el ámbito educativo. Edudios Pedagógicos , 1, 173-186.

Karsz, Saül (comp.) (2004). La exclusión bordeando sus fronteras: definiciones y matices. Barcelona: Gedis.

Laespada, Mª Teresa (ed.) (2008). Intervención en exclusión social y drogodependencias: la confluencia entre políticas sociales y sanitarias . Bilbao: Universidad de Deusto.

López-Aranguren, Eduardo (2005). Problemas sociales: desigualdad, pobreza, exclusión social. Madrid: Biblioteca Nueva.

Manzanos, César (dir.) (2005). Servicios sociales y cárcel: alternativas a la actual cultura punitiva . Victoria-Gastéiz: Salhaketa.

Max-Neef, Manfred; Elizalde, Antonio e Hopenhayn, Martín (1998). Desarrollo y necesidades humanas. En Desarrollo a escala humana (pp.37-82). Barcelona: Icaria.

Rubio, Mª José e Montero, Silvia (coords.) (2002). La exclusión social: teoría y práctica de la intervención. Madrid, CCS.

Sanz, Susana (2010). Colectivos vulnerables y derechos humanos: perspectiva internacional. Valencia: Tirant lo Blanch.

Solana, José L. et al. (2008). Los retos de la prostitución: estigmatización, derechos y respeto. Granada: Comares.

Subirats, Joan (dir.) (2004). Pobreza y exclusión social un análisis de la realidad española y europea. Barcelona Fundación "La Caixa". Consultado en http://obrasocial.lacaixa.es/StaticFiles/StaticFiles/f28d31d9615d5210VgnVCM1000000e8cf10aRCRD/es/vol16_es.pdf

Valverde, Jesús (1997). La cárcel y susconsecuencias. La intervención sobre la conducta desadaptada. Madrid: Popular.

Vidal, Fernando (2006) (ed.). La exclusión social y el estado de bienestar en España. V Informe FUHEM de políticas sociales. Barcelona: Icaria.

Xunta de Galicia (2004). A prostitución feminina na Comunidade Autónoma de Galicia. Santiago de Compostela: Servizo Galego de Igualdade, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Xunta de Galicia (2006). II Plan Galego deInclusión Social 2007-2013. Santiago de Compostela: Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Consultado en
http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Vicepresidencia/Biblioteca/Documentos/Plans_e_programas/II_Plan_Galego_Inclusion_Social.pdf

Wacquant, Lloïc (2012). El matrionio entre el workfare y el prisionfare en el siglo XXI. Astrolabio, 9 , 184-205.

Revistas:

  • Pedagogía Social. Revista interuniversitaria
    • (2000-2001). MonográficoExclusión social, 6-7.
    • (2010). Infancia y adolescenciaen dificultad social, 17.
    • (2012). Educación social yética profesional, 19.
    • (2013). Educación social en prisiones, 22.
  • Educación Social. Revista de intervención socioeducativa
    • (2000). Drogadicciones:experiencias en clave de futuro, 14.
    • (2001). Deontología y prácticaprofesional, 17.
    • (2003). Intervenciónsocioeducativa y pueblo gitano, 24.
    • (2004). Intervención educativacon personas sin hogar, 27.
    • (2007). El trabajo en red en laeducación social, 36.
    • (2009). La Inserción Laboralcomo proceso de intervención educativa, 41.
    • (2009). La atenciónsocioeducativa en las transiciones vitales, 42.
    • (2009). Globalización, diversidad cultural y acción socioeducativa, 43.
  • Revista de Educación Social (RES)
    • (2016). Educación Social en centros penitenciarios, 22.
  • Revista de Educación
    • (2012). La educación en instituciones penitenciarias. Historia, políticas públicas y buenas prácticas, 360.
  • Documentación social
    • (1997): Políticas contra la exclusión social,106.
    • (2001). Las otras caras de la globalización, 125.
    • (2003). Los procesos de inclusión y exclusiónsocial de las personas con discapacidad, 130.
    • (2004). Migración, hacia un modelo de integraciónsocial, 132.
    • (2004). Intervención ante laexclusión social, 135.
    • (2005). Los objetivos de desarrollo del milenio,136.
    • (2005). Vivienda y alojamiento,138.
    • (2007). Empleo e inclusiónsocial, 143.
    • (2007). La prostitución, unarealidad compleja, 144.
    • (2007). Repensar la intervenciónsocial, 145.
    • (2007). Migraciones ydesarrollo, 147.
    • (2009). Dilemas de la PolíticaSocial, 154.
    • (2010). Consecuenciaseconómicas y sociales de la crisis mundial, 158.
    • (2011). Ciudadanía universaly democracia a escala humana, 159.
    • (2011). Miedo, inseguridad ycontrol social, 161.
    • (2012). La discriminación ética hacia la población inmigrante: un reto para la cohesión social, 162.
  • Barbecho. Revista de reflexión socioeducativa
    • (2002-2003). Opresión,resistencia y acción educativa, 2.

Complementary

AA.VV. (2003). Patrones de exclusión social en el Marco Europeo. Consultadoen http://www.cruzroja.es/pls/portal30/docs/PAGE/SITE_CRE/ARBOL_CARPETAS/BB_QUE_HACEMOS/B10_INTERVENCION_SOCIAL/POBREZA/MAQUETAPATRONES.PDF

Antón, Antonio (coord.) (2000). Trabajo, derechossociales y globalización. Algunos retos para el siglo XXI. Madrid: Talasa.

Aliena, Rafael. (2005). Descenso a la Periferia: asistencia y condición humana en el territorio de lo social. Valencia: NauLlibres.

Álvarez-Uría, Fernando (ed.) (1992). Marginación e inserción. Los nuevos retos de las políticas sociales. Madrid: Endymion.

Álvarez-Uría, Fernando et al. (1995). Desigualdad y pobreza hoy. Madrid: Talasa

Arriba,Ana (2002). El concepto de exclusión en política social. Unidad de Políticas comparadas. CSIC.Consultado en http://digital.csic.es/bitstream/10261/1495/1/dt-0201.pdf

Bauman, Zygmunt (1999). La globalización, consecuencias humanas. México: Fondo deCultura Económica.

Bauman, Zygmunt (1999). Trabajo, consumismo y nuevos pobres. Barcelona: Gedisa.

Bauman, Zygmunt (2001). La posmodernidad y sus descontentos. Madrid: Akal.

Bauman, Zygmunt (2005). Vidas desperdiciadas. La modernidad y sus parias. Barcelona:Paidós.

Bergalli, Roberto (Coord.) (2003). Sistema penal y problemas sociales. Barcelona: Bellaterra.

Bourdieu, Pierre (dir.) (1999). La miseria del mundo. Madrid, Akal.

Castel, Robert, et al (2001). Desigualdad y globalización. Cinco conferencias. Buenos Aires: FCE.

Cortina, Adela (2001). Ciudadanos del mundo. Hacia una teoría de la ciudadanía. Madrid,Alianza Editorial.

Delgado, Manuel et al. (2003). Exclusión social y diversidad cultural. Donostia: Tercera Prensa.

Freire, Paulo (1992). Pedagogía del oprimido. Madrid: Siglo XXI

Freire, Paulo (2001).Pedagogía de la indignación. Madrid: Morata.

Freire, Paulo (2002).Pedagogía de la esperanza. Mexico: Siglo XXI.

García, A. e Sáez, J. (1998). Del racismo a la interculturalidad. Competencia de laeducación. Madrid: Narcea.

Gil, Fernando; Jover, Gonzalo e Reyero, David (2001). La enseñanza de los Derechos Humanos. Barcelona: Paidós

Giménez, Maria et al. (2003). Nuevas políticas para la inclusión social: agenda pública y prácticas significativas. VIII Congreso Internacional del CLAD sobre la Reforma del Estado y de la Administración Pública, Panamá, 28-31 Oct.2003

Gimeno, Juan A. (2004). Exclusión social y Estadode Bienestar. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.

Goffman, Erving (1982). Estigma. La identidad deteriorada. Buenos Aires: Amorrortu.

Hernández, Enrique; Quintana, Pedro e Rodríguez, Fco. Javier (coords.) (2000). Marginación e intervención social. Actuaciones y necesidades del coletivo gitano en riesgode exclusión social. Oviedo: Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones.

Hessel, Stéphane (2010). Indignádevos. Faktoría de libros.

Jelinek, Elfriede (2005). Los excluidos. Barcelona: Mondadori.

Juliano, Dolores (2004). Excluidas y marginales. Una aproximación antropológica. Valencia: Cátedra.

Mas, Francesc (2001). Rompiendo fronteras. Una visión positiva de la inmigración. Barcelona: Intermón.

Millán, José Carlos (comp.) (2004). Colectivos enriesgo de exclusión. Inmigrantes, minorías étnicas y perspectiva de género. A Coruña: Instituto Gallego de Iniciativas Sociales y Sanitarias.

Millán, José Carlos (2005). Políticas sociales, modelos de intervención y estado de bienestar. A Coruña: Instituto Gallego de Iniciativas Sociales y Sanitarias.

Muleiro, Hugo (2006). Al margen de la agenda: noticias, discriminación y exclusión. México: Fondo de Cultura Económica.

Nun, José. (2001). Marginalidad y exclusión social. Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica.

Oña, José Manuel (2010). Educación de calle y desarrollo comunitario: una experiencia educativa en contextos de exclusión. Madrid: Cáritas, Fundación Foessa.

Renes, Victor (dir.) (2008). VI informe sobre exclusión y desarrollo social en España 2008. Madrid: Fundación FOESSA, Cáritas Española.

Riera, Ignasi (2002). Emigrantes y refugiados. Barcelona: Debolsillo.

Ruiz, Blanca e Ruíz, Eduardo (2001). Las Políticas de inmigración: la legitimación de la exclusión. Bilbao: Universidad de Deusto.

Santolaria, Félix (1997). Marginación y educación: historia de la educación social en la España moderna y contemporánea. Barcelona, Ariel.

Soriano, Andrés (2001): Políticas y economía en la exclusión social. Pedagogía Social Revista Interuniversitaria, 6-7, 21-32.

Subirats, Joan (dir.) (2005). Análisis de los factores de exclusión social. Fundación BBVA. Consultado en http://www.fbbva.es/TLFU/dat/DT_2005_04.pdf

Subirats, Joan (dir.) (2006). Fragilidades vecinas:narraciones biográficas de exclusión social urbana. Barcelona: Icaria.

Subirats, Joan & Gomà, Ricard (dirs.) (2003). Un paso más hacia la inclusión social. Generación de conocimiento, políticas y prácticas para la inclusión social. Madrid: Plataforma de ONGs – IGOP. Consultado en http://www.plataformaongs.org/upload/88/94/un_paso_mas_hacia_la_inclusion_social.pdf

Valedor do Pobo (2005). Informe extraordinariosobre a situación da poboación xitana en Galicia. Santiago de Compostela. Consultado en http://www.valedordopobo.com/index.php?s=115&i=22

Vallés, Josep (2009). Manual del educador social:intervención en servicios sociales. Pirámide.

Varela, Julia e Álvarez-Uría, Fernando (1989). Sujetos frágiles. Ensayos de sociología de la desviación. Madrid: Fondo de Cultura Económica.

Vélaz de Medrano, Mari Carmen (2002). Intervención educativa y orientación en problemas de inadaptación y exclusión por factorese ducativos y socioculturales. Madrid: UNED.

Vidal, Fernando (2009). Pan y rosas: fundamentos de exclusión social y empoderamiento. Madrid: Fundación FOESSA.

Wacquant, Loïc (2000). Las cárceles de la miseria.Madrid: Alianza Editorial.

Wacquant, Loïc (2001). Parias urbanos. Marginalidad en la ciudad a comienzos del milenio. Buenos Aires: Manantial.

Wacquant, Loïc (2007). Los condenados de la ciudad:guetos, periferias y estado. Buenos Aires: Siglo XXI.

Wacquant, Loïc (2009). Castigar a los pobres. El gobierno neoliberal de la inseguridad social. Barcelona: Gedisa.

Xunta de Galicia (2009). Plan Integral para a convivencia e o desenvolvemento social do Pobo Xitano de Galicia. Documento base. Santiago de Compostela: Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Consultado en http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Vicepresidencia/Biblioteca/Documentos/Plans_e_programas/planxitano.pdf


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Design and Development of the Socio-Educational Action/652G03002
Sociology/652G03005
Social Pedagogy/652G03006
Gender, Equality and Education/652G03007
Multicultural Education/652G03013
Intervention in Family Situations/652G03015
Social Services and Social Welfare/652G03014
Education of Unprotected Children and Social Conflict/652G03016
Adult Education/652G03018

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Occupational Guidance/652G03021

Subjects that continue the syllabus

Other comments

O programa de acción socioeducativa (PAS) obxecto de avaliación é compartido coa materia de Orientación Ocupacional, polo que se recomenda cursar ambas de forma simultánea.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.