Identifying Data 2022/23
Subject (*) Evaluation Methods for Socio-Educational Programmes and Services Code 652G03023
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Espiñeira Bellon, Eva Maria
E-mail
eva.espineira@udc.es
Lecturers
Espiñeira Bellon, Eva Maria
E-mail
eva.espineira@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/dptos/fmide/index.php
General description O proceso de intervención socioeducativa non está completo se non se inclúe nel unha perspectiva avaliativa que permita revisar criticamente o programa, o seu deseño, a súa implementación e desenvolvemento e os seus resultados. Do mesmo xeito, deben analizarse as institucións onde se realizan as intervencións obxecto do programa. A avaliación dos programas, que debe estar integrada en todo o proceso, serve para ter un coñecemento axustado da consecución dos obxectivos, tomar decisións de mellora ou cambio dentro do desenvolvemento do proxecto e informar dos resultados.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer o significado do concepto de avaliación en Educación Social e seleccionar os procedementos metodolóxicos máis apropiados segundo a natureza dos problemas que se deben abordar. A6
C6
C8
Deseñar o plan de avaliación dun programa ou dunha institucións socioeducativa, tendo en conta a natureza dos problemas, a información dispoñible, e os recursos humanos e materiais, construindo distintos instrumentos e indicadores de avaliación. A6
A19
A21
B6
Redactar un informe científico-técnico sobre a avaliación de programas e institucións de Educación Social. A14
B1
B2
B6
C6
C8

Contents
Topic Sub-topic
Perspectivas actuais da Educación Social, programas e servizos socioeducativos - Ámbitos e perfís profesionais da Educación Social.
- A planificación da intervención socioeducativa.
Investigación e avaliación de calidade - A investigación na acción como metodoloxía.
- O/a educador/a social como investigador/a.
- A avaliación como investigación: a investigación avaliativa.
- A avaliación en Educación Social e calidade.
Modelos ou perspectivas de avaliación e calidade de programas e servizos socioeducativos - Modelo de intervención socioeducativa para a Educación Social.
- Metodoloxía da intervención socioeducativa.
- Modelos de avaliación de proxectos.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech C6 C8 16.5 21 37.5
Collaborative learning A6 A14 A19 A21 16.5 21 37.5
Summary B1 B2 B6 6 24 30
Mixed objective/subjective test A6 A19 A21 3 36 39
 
Personalized attention 6 0 6
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Summary Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Personalized attention
Methodologies
Collaborative learning
Guest lecture / keynote speech
Description
A atención personalizada levarase a cabo na aula ou en titorías individuais ou en pequeno grupo, segundo as necesidades presentadas ou demandadas polo alumnado.

A realización dunha titoría ao comezo do curso será obrigatoria para o alumnado non asistente.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Summary B1 B2 B6 Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. 20
Mixed objective/subjective test A6 A19 A21 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.

- Preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento, que, no caso da asistencia a aula, o alumnado desenvolverá dentro da metodoloxía de aprendizaxe colaborativa nas aulas interactivas e coas que poderá acadar anticipadamente o 40% da cualificación da materia. De non desenvolvelas na aula, as entregará na data de exame oficial fixado pola Xunta de Facultade.

- Preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Realizaranse na data de exame oficial fixado pola Xunta de Facultade e suporá o 40% da cualificación da materia.
80
 
Assessment comments

CARACTERÍSTICAS DA AVALIACIÓN:

A avaliación nesta asignatura concíbese como un proceso reflexivo onde o alumnado toma conciencia de sí mesmo e das súas metas e a docente convértese en guía que orienta de cara a acadar uns obxectivos formativos. Neste sentido, proponse unha avaliación orientada á mellora que comporta o seguinte:

- As actividades realizadas para a avaliación serán tamén útiles para a aprendizaxe.

- Proponse a proalimentación co fin de que o alumnado saiba coñecer ónde está e mellorar o seu traballo e a súa aprendizaxe.

- O alumnado implicarase na avaliación do seu traballo, tendo a autoavaliación un espazo da materia.

- Flipped Classroom (tamén coñecido como aula invertida) como metodoloxía que destaca o desenvolvemento do pensamento crítico, a mellora sustancial en competencias implicadas no razonamento, e o aumento da integración das aprendizaxes.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

Na avaliación da materia, a cualificación obterase da aplicación das porcentaxes de ponderación sinaladas. A non realización ou a non obtención da puntuación mínima nalgunha das dimensións desta avaliación, suporá a non obtención da dita porcentaxe da cualificación e a conseguinte non superación da materia. Na segunda convocatoria, conservaranse as cualificacións superadas na primeira, polo que o estudantado só deberá someterse aos procedementos nos que non teña obtido a puntuación mínima esixida (50% en cada caso). En terceira e sucesivas convocatorias, a avaliación deberá repetirse na súa totatlidade.

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o seu proceso de ensino-aprendizaxe. Os e as estudiantes non asistentes, deben porse en contacto coa docente para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

OUTROS CRITERIOS A TER EN CONTA:

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Será primordial e obrigatoria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación) gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

- No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".


Sources of information
Basic Gómez-Serra, M. (2005-2006). Educación social y evaluación: evaluar para mejorar y transformar.. Revista de Pedagogía Social, 12-13, 163-179. http://diposit.ub.edu/dspace/bitstream/2445/65333/1/556
Azara-Fustero, M.P., & Mazo-Ferraz, A. (2012). Estudio de los instrumentos de trabajo que utilizan la educadora y el educador social en la praxis profesional. https://www.ceesaragon.com/wp-content/uploads/2017/05/ESTUDIO-CEES-2012-16enero-2.pdf. Aragón: CEES Aragón.
Castillo-Arredondo, S., & Cabrerizo-Diago, J. (2011). Evaluación de la intervención socioeducativa. Agentes, ámbitos y proyectos.. Madrid: Pearson
Matas-Terrón, A. (2019). Evaluación de programas socioeducativos.. Granada: Comares.
Cohen, E., & Franco, R. (1992). Evaluación de proyectos sociales.. Madrid: Siglo veintiuno editores.
Stufflebeam, D.L., & Shinkfield, A.J. (1987). Evaluación sistemática. Guía teórica y práctica.. Buenos Aires: Paidós.
Perea-Arias, O.D. (2010). Guía de evaluación de programas y proyectos sociales.. Plataforma de ONG de Acción Social. https://www.plataformaong.org/recursos/195/guia-de-evaluacion-de
De Miguel, M. (2000). La evaluación de programas sociales. Fundamentos y enfoques teóricos.. Revista de Investigación Educativa, 18(2), 289-317. https://revistas.um.es/rie/article/view/121011
Domínguez-Fernández, G., Lozano-Pérez, L., & Esteban-Ibáñez, M. (2007). La evaluación y la mejora de la calidad de los servicios socioeducativos como nuevo yacimiento de empleo de los educadores: evaluación, asesoría y consultoría.. Toledo: V Congreso Estatal de las Educadoras y Educadores Sociales. https://www.eduso.net/wp-content

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Research Methods /652G03019
Information Gathering and Analysing Techniques /652G03026

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Evaluation and Diagnosis in Socio-Educational Needs/652G03039

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.