Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Psicoxerontoloxía Código 652G03024
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Piñeiro Aguin, Isabel
Correo electrónico
isabel.pineiro.aguin@udc.es
Profesorado
Piñeiro Aguin, Isabel
Rodríguez Llorente, Carolina
Correo electrónico
isabel.pineiro.aguin@udc.es
carolina.rodriguez.llorente@udc.es
Web
Descrición xeral A introdución da Psicoserontoloxía como disciplina no curriculum do Grao en Educación Social xustifícase, entre outras razóns, por dúas, poucos cuestionables na actualidade: a necesidade de aprender ao longo de toda a nosa vida e o feito de que a sociedade actual está envellecendo. Baixo estas premisas, esta disciplina porponse acercar ao estudiante ás características do funcionamento cognitivo das peroas maiores contribuindo con elo á formación dos profesionais que han de traballar con elas.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A16 Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as implicacións que conleva para a sociedade actual o envellecemento demográfico. A1
A9
A13
A15
A16
B1
C6
C7
C8
Coñecer e saber desenvolver Programas de Preperación para a Xubilación A1
A5
A9
A15
B1
C7
C8
Ser capaz de traballar coas persoas maiores desde un Modelo de Competencia A4
A9
B1
B2
C3
Coñecer o funcionamento cognitivo das persoas maiores A1
A7
B1
C1
C7
Coñecer que é a Dependencia e as súas implicacións na vida diaria das persoas maiores que a padecen C6
Coñecer e ser capaz de intervir psicoeducativamente coas persoas maiores con dependencia A1
A5
A13
B1
B2
C7
Coñecer e ser capaz de intervir psicoeducativamente cos coidadores familiares das persoas maiores con dependencia A1
A5
A6
A7
B1
B2
B4
C1
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Retos psicosociais do envellecemento. A xubilación 1.1. O envellecemento demográfico.
1.2. Consecuencias do envellecemento demográfico.
1.3. A xubilación.
1.4. Envellecemento activo
2. Funcionamento cognitivo e socioafectivo nas persoas maiores. 2.1. A explicación do envellecemento: o modelo da competencia vs. o modelo do declive.
2.2. Cambios biolóxicos, cognitivos e socioafectivos nas persoas maiores.
2.3. Variables moduladoras do desenrolo biolóxico, cognitivo e socioafectivo nas persoas maiores
3. Autonomía e Dependencia nas persoas maiores 3.1. Introdución.
3.2. A Autonomía nas persoas maiores
3.3. A Dependencia nas persoas maiores
4. A Demencia 4.1. Introdución.
4.2. Caracterización da demencia.
4.3. Dimensións afectadas na demencia
4.4. A Avaliación Psicolóxica da demencia
5. Fundamentos Psicolóxicos da Psicoestimulación Cognitiva 5.1. A Estimulación cognitiva
5.2. Os Programas de Estimulación Cognitiva
5.3. Estratexias e técnicas psicolóxicas utilizadas na Estimulación Cognitiva

6. O coidado das persoas maiores con dependencia 6.1. Introdución.
6.2. O coidado desde o ámbito familiar: O sistema informal
6.3. O coidador principal.
6.4. Intervención no coidador principal non profesional.
7. O papel do Educador Social na atención ás persoas maiores 7.1. Introducción
7.2. A educación social no ámbito das persoas maiores

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A4 A5 A6 A16 C6 C7 0 23 23
Proba obxectiva A4 C7 2 2 4
Portafolios do alumno A4 A9 C7 10 40 50
Traballos tutelados A7 A9 A13 A15 B1 B2 B4 C1 C3 10 40 50
Obradoiro C1 1 1 2
Sesión maxistral A1 A4 C7 C8 20 0 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura de artigos de revistas sobre a temática das persoas maiores. Posterior comentario en grupos sobre os mesmos.
Proba obxectiva Exame tipo test.
O exame contará con arredor de 40 preguntas tipo test con tres alternativas de resposta e onde só unha é a correcta. Cada tres preguntas mal contestadas restarase o valor dunha resposta correcta.
Portafolios do alumno Pequenas prácticas de contidos desenvolvidos na aula que se realizarán nas clases interactivas.
Serán aproximadamente 7 prácticas nas que se farán de forma individual exercicios/casos como os exemplos explicados pola profesora nas clases.
Serán realizadas durante as clases interactivas.
Traballos tutelados Ao longo do curso, o alumno realizará alguna das prácticas de forma máis extensa. Sempre indicada e supervisada pola profesora.
Este tipo de traballo será realizado en pequenos grupos fóra da aula. Serán 2 prácticas: referidas á temática da Preparación para a Xubilación e aos Programas de Estimulación Cognitiva. Se expondrán ao resto dos compañeiros nas clases interactivas.
Obradoiro En prol do uso da lingua galega e como parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación Social" desenvolverase un Obradoiro no que se animará ao alumnado na utilización do galego como lingua vehicular desta metodoloxía na aula.
Sesión maxistral Explicación teórico/práctica por parte da mestra

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
A través das tutorías (presenciales e/ou non presenciais) intentarase dar resposta aos problemas que o alumno poida ter con respecto á materia

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A4 A9 C7 Pequenas prácticas realizadas nas clase interactivas dos contidos do temario. Será obrigatorio ter entregadas un 75% das actividades realizadas.

Á hora da avaliación terase en conta o grao de comprensión dos contidos traballados nas clases expositivas que se reflitirán no desenvolvemento das prácticas.
30
Proba obxectiva A4 C7 Exame tipo test
O exame contará con arredor de 40 preguntas tipo test con tres alternativas de resposta e onde só unha é a correcta. Cada tres preguntas mal contestadas restarase o valor dunha resposta correcta.
50
Traballos tutelados A7 A9 A13 A15 B1 B2 B4 C1 C3 Prácticas máis extensas supervisadas pola profesora, que se realizarán ao longo do curso fundamentalmente fóra da aula. Será obrigatorio ter entregadas un 75% das actividades realizadas.
Nestas prácticas de grupo, será moi importante a capaciade de argumentación de cada un dos membros do mesmo así como a capacidade de expoñer o Traballo.
20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia reflictirá a adquisición dos elementos teórico-prácticos da mesma e será o resultado dos compoñentes recollidos na táboa anterior.

Para superar  a asignatura será necesario obter unha nota mínima de 5 puntos, sempre e cando a cualificación no exame sexa igual ou superior a 2,25 puntos.

A Asistencia e Participación nas clases terase en conta á hora de establecer a nota final global da materia.

O alumno que teña recoñecida a condición de estudiante a tempo parcial e solicitase no Decanato a Dispensa Académica, terá a avaliación da asignatura da seguinte forma: A nota final global da asignatura será la que obteña no exame tipo test.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Vega, J.L. y Bueno, B. (1995). Desarrollo adulto y envejecimiento.. Ed. Síntesis.
Crespo, M. y López, J. (2007). El estrés en cuidadores de mayores dependientes. Cuidarse para cuidar. . Ed. Pirámide.
Bermejo, L. (2010). Envejecimiento activo y actividades socioeducativas con personas mayores. . Ed.: Panamericana
Alberich, T., Barranco, A. y Funes, E. (coords.) (2008). Intervención social y sanitaria con mayores: manual para el trabajo con la 3ª y 4ª edad. Madrid: Dykinson.
Moragas, R. (2013). Jubilación para torpes.. Anaya Multimedia.
Rodríguez, G., Rodríguez, P., Castejón, P. y Morán, E. (2013). Las personas mayores que vienen: Autonomía, Solidaridad y Participación social.. Colección: Estudios de la Fundación, nº1.
Triadó, F. y Villar, C. (corrds.) (2006). Psicología de la vejez. Alianza Editorial
Fernández-Ballesteros, R., Moya, R., Íñiguez, J. y Dolores, M. (1999). ¿Qué es la psicología de la vejez?. Madrid: Biblioteca Nueva.

Bibliografía complementaria Pérez, L. (2006). La estructura social de la vejez en España. Nuevas y viejas formas de envejecer. . Ed. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Secretaría de Estado de Servicios Sociales, Familias y
Simón, P. (2012). Memorias del Alzheimer. Madrid: La Esfera de los Libros.
Moragas, R.; Cristófol, R.; Sánchez, C.; Rivas, P. y Rodríguez, N. (2007). Prevención de la dependencia. Preparación para la jubilación. Editorial de la Universidad de Barcelona, GIE Grupo Investigación Envejecimiento


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías