Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Intervención psicolóxica nas discapacidades Código 652G03025
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Franco Taboada, Victoria
Correo electrónico
v.franco@udc.es
Profesorado
Barca Enríquez, Eduardo
Franco Taboada, Victoria
Vieites Lestón, Tania
Correo electrónico
e.barcae@udc.es
v.franco@udc.es
t.vieites@udc.es
Web
Descrición xeral Os contidos da materia contemplan, por unha banda, o ámbito de actuación, que non é outro que o da discapacidade e, por outra, os procesos, procedementos e factores que interveñen na acción educativa en contextos non formais para inducir cambios comportamentales. En relación con este último aspecto é necesario que o alumno coñeza as distintas formas que poden adoptar os estados deficitarios e diferencie entre os factores de carácter intrapersonal do suxeito daqueloutros de natureza interpersoal e/ou contextual.
Desde unha perspectiva psicopedagóxica, a docencia dunha materia destas características para futuros educadores sociais debe fornecerlles non só os coñecementos e a metodoloxía necesaria para facer fronte ás situacións tan especiais e particulares, moitas veces distorsionadas e decepcionantes, coas que se poden atopar na súa vida profesional, senón tamén axudarlles a desenvolver unhas actitudes de reflexión, de crítica e de compromiso para abordalas de forma consistente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e identificar as distintas formas que poden adoptar os estados deficitarios ou de atraso no desenvolvemento e diferenciar entre os factores de carácter intrapersonal do suxeito daqueloutros de natureza interpersoal e/ou contextual. A2
A3
A4
A5
B4
C4
C8
Ter a capacidade de identificar os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde ou enfermidade das persoas con discapacidade, das súas familias e da comunidade. A1
A4
A5
A8
Coñecer e desenvolver os procesos, procedementos e factores que interveñen na acción educativa con persoas con diversidade funcional en contextos non formais para inducir cambios comportamentales. A4
A5
A9
A11
B2
B4
C4
C8
Comprender as distintas teorías (teorías da aprendizaxe, as teorías cognitivo-constructivistas e a teoría xeral de sistemas) e formas de intervención para aplicar na educación de persoas con diversidade funcional e en ámbitos familiares e comunitarios para mellorar a inclusión social de persoas en situación de risco ou conflito social. A2
A4
A5
A8
B6
C4
Comprender os aspectos psicolóxicos, personais e contextuais na relación educador social-persoa con discapacidade. A5
A11
B4
B5
B6
C1
Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados das situacións de violencia, malos tratos ou abuso de persoas con discapacidade para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas destas formas de violencia. A3
A8
B2
B5
C4
Fornecerlles información para desenvolver unhas actitudes de reflexión, de crítica e de compromiso para abordar as situacións problemáticas de forma consistente. A1
A3
A9
B1
B5
C1
C4
C6
C8
Identificar os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado. B3
C3
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: CONCEPTUALIZACÍÓN DE DISCAPACIDADE

1.1.- A discapacidade na sociedade actual.
1.2.- Orixes e evolución das diversas concepcións da discapacidade.
1.3.- As Clasificacións Internacionais.
1.4.- Programas de acción e estratexias de intervención
TEMA 2: INTERVENCIÓN EN EDUCACIÓN SOCIAL.

2.1.- A INTERVENCIÓN NA ACCIÓN SOCIAL.
2.2.- DELIMITACIÓN DE CONTEXTOS DE INTERVENCIÓN DO EDUCADOR SOCIAL NA DISCAPACIDADE
2.2.1. Intervención na discapacidade no ámbito familiar.
2.2.2. Intervención na discapacidade no ámbito socio-comunitario.
2.3. ENFOQUES DE INTERVENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA
2.3.1.- Enfoque Conductista.
2.3.2.- Enfoque Cognitivo-Constructivista.
2.3.3.- Enfoque Ecolóxico.
TEMA 3: A DISCAPACIDADE INTELECTUAL
3.1.- CONCEPTUALIZACIÓN DO ATRASO MENTAL.
3.2.- FACTORES ETIOLÓGICOS.
3.3.- Os INDICADORES DE PROBLEMAS DE ATRASO MENTAL.
3.4.- DESENVOLVEMENTO COGNITIVO E ORGANIZACIÓN DOS PROCESOS
INTELECTUAIS.
3.5.- ASPECTOS PSICO-EMOCIONAIS DO ATRASO MENTAL.
3.6.- DIFICULTADES DE ADAPTACIÓN SOCIAL.
3.7.- ALGUNHAS SÍNDROMES DO ATRASO MENTAL.
TEMA 4: OS TRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO (TGD).
4.1.- CONCEPTUALIZACIÓN DOS TGD.
4.2.- TIPOS DE TRASTORNOS.
4.3.- O TRASTORNO AUTISTA: DESCRICIÓN, ETIOLOGÍA, PREVALENCIA
E CONCEPTO DE "ESPECTRO AUTISTA".
4.4.- Os OUTROS TGD: A SÍNDROME DE RETT, A SÍNDROME
DESINTEGRATIVO INFANTIL, A SÍNDROME DE ASPERGER.
4.5.- RECOMENDACIÓNS PREVIAS Á INTERVENCIÓN.
4.6.- ENFOQUES COGNITIVOS DE INTERVENCIÓN: PROGRAMAS DE
"LECTURA DA MENTE".
4.7.- FORMAS DE ENSINAR A "LEER A MENTE": PRINCIPIOS E NIVEIS DE
ENSINO.
TEMA 5: ENFERMIDADE, LIMITACIÓN FÍSICA E DISCAPACIDADE
5.1.- ACERCA DA ENFERMIDADE E As súas SECUELAS.
5.2.- As DISCAPACIDADES FÍSICAS: DESCRICIÓN E TIPOS.
5.3.- ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DE INTERVENCIÓN PARA O EDUCADOR.
5.4.- RECURSOS E AXUDAS TÉCNICAS PARA A INTERVENCIÓN DO EDUCADOR SOCIAL CON DISCAPACITADOS FÍSICOS.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A5 A6 A8 A9 A11 A12 A21 21 15 36
Traballos tutelados A2 A3 B1 B2 B5 B6 C8 2 23 25
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A8 A9 A11 A12 A21 4 8 12
Discusión dirixida B3 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C7 6 19 25
Estudo de casos B1 B2 B4 9 23 32
 
Atención personalizada 20 0 20
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos máis relevantes dunha determinada temática de especial interese e incidencia formativa. Vai acompañada de orientacións sobre a maneira máis adecuada de aprender os devanditos contidos
Traballos tutelados Ao comezo do curso fixaranse unha serie de actividades, individuais e colectivas, sobre os contidos máis relevantes do programa. O alumno deberá elaboralas e entregalas para a súa avaliación
Proba mixta As probas obxectivas da materia consistirán nunha serie de actividades, de carácter teórico e/ou aplicado, nas que o alumno deberá utlizar os coñecementos adquiridos na materia ao longo do curso

Discusión dirixida Discusión en grupo sobre algúns dos contidos do programa. Esta discusión ha de ir apoiada en coñecementos sobre o tema e argumentos. Moderada polo profesor da materia
Estudo de casos O alumno enfróntase á resolución dun caso, real ou suposto, ante o que ten que realizar unha avaliación, elaborar unhas conclusións e expor un proceso de intervención

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
Durante a realización dos casos expostos e dos traballos tutelados o alumno disporá de sesións de orientación, tanto individuais como grupales, nos que se lle asesorará sobre as técnicas e estratexias de estudo que lle permitan a aprendizaxe e o traballo autónomos. Este asesoramento estará fixado desde o comezo do curso e terá un carácter periódico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 B2 B4 Valorarase a capacidade de análise do caso, de avaliación das dimensións explicativas fundamentais e de elaboración de propostas de intervención 10
Sesión maxistral A1 A4 A5 A6 A8 A9 A11 A12 A21 Valorarase a asistencia e a participación do alumnado nas sesións maxistrais 5
Traballos tutelados A2 A3 B1 B2 B5 B6 C8 Valorarase a realización puntual das actividades fixadas no programa do curso, a capacidade de crítica e innovación do alumno, a documentación utilizada e a validez das achegas realizadas 10
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A8 A9 A11 A12 A21 Valorarase o grado de comprensión dos contidos e a capacidade para relacionar os coñecementos entre si, seleccionando coherentemente os que deben ser utilizados para responder adecuadamente ás cuestións solicitadas.

70
Discusión dirixida B3 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C7 Valorarase a participación do alumno baseada en argumentos contrastados


5
 
Observacións avaliación

Será obrigatoria a asistencia ás clases interactivas para a admisión dos traballos e clases prácticas. Os alumnos terán que entregar un portafolios coas actividades realizadas para presentarse ás probas mixtas de avaliación.

Excepción: O alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante
a tempo parcial, teña solicitado no Decanato a dispensa académica. Ver Norma*

O alumno nesta situación deberá asistir ás clases teóricas ou prácticas, segundo a súa dispoñibilidade. A avaliación será coa proba mixta cunha valoración sobre 10 puntos.

* Segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudio e a permanencia e a progresión dos estudantes de grado e mestrado universitario na
Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Gobierno de 28 de xuño de 2016). No artigo 6 defínense os dereitos que ten o alumnado matriculado a tiempo parcial, entre outros: "a disfrutar dun
réxime de asistencia a clase e carácter flexible e a solicitar dispensa
académica especial" en tanto non afecte ao proceso de avaliación do estudante. Específicamente sobre a dispensa, o artigo 7.5 recolle que
"exime da asistencia a clase daquelas materias, ou partes de
materias, nas que se admita a citada dispensa na súa guía docente".


Fontes de información
Bibliografía básica

AAIDD (Asociación Americana de Discapacidades Intelectuales y del Desarrollo) (2011). Discapacidad intelectual. Definición, clasificación y sistemas de apoyo. Editorial: ALIANZA EDITORIAL

Baron-Cohen, S. (2010). Autismo y Síndrome de Asperger. Editorial: ALIANZA

Barton, L. (Comp.) (1998). Discapacidad y Sociedad. Madrid. Morata.

Frith, U. (1991). Autismo. Madrid. Alianza.

Gallardo Jáuregui, Mª V. y Salvador López, Mª L. (1994). DiscapacidadMotórica. Aspectos Evolutivos y Psicoeducativos.Archidona, Málaga. Aljibe.

García Sánchez, J. N. (Coord) (1999). Intervención Psicopedagógica enlos Trastornos del Desarrollo. Madrid. Pirámide.

Ojea, M. (2012). Autismo. Comprender las emociones. Editorial: PSYLICOM

Palomo, R. (2017). AUTISMO. Editorial: ALIANZA.

Sánchez. J.M. (2011). Programa pienso, luego soy uno más. Pensamiento libre para personas con discapacidad intelectual. PIRÁMIDE

Verdugo Alonso, M. A. (dir.) (1995). Personas con discapacidad.Perspectivas psicopedagógicas y rehabilitadoras.Madrid: Siglo Veintiuno de España Editores.

Verdugo Alonso, M. A. y Navas Macho, P. (2016). Todos somos todos. Derechos y calidad de vidade la personas con discapacidad intelectual y mayores necesidades de apoyo.Informe ejecutivo. Salamanca: INICO.

Verdugo, M.A.  y Schalock, R.L. (2013). Discapacidad e inclusión .Editorial: AMARÚ.

Bibliografía complementaria (2011). Gente extraordinaria: Una mente privilegiada. . https://youtu.be/OlRB_DI7RKE
Zondek, A. (2015). Manual para una inclusión laboral efectiva. http://studylib.es/doc/8575934/manual-para-una-inclusi%C3%B3n-laboral-efectiva-de-personas


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías