Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Intervención psicolóxica nas discapacidades Código 652G03025
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Franco Taboada, Victoria
Correo electrónico
v.franco@udc.es
Profesorado
Barca Enríquez, Eduardo
Franco Taboada, Victoria
Correo electrónico
e.barcae@udc.es
v.franco@udc.es
Web
Descrición xeral Os contidos da materia contemplan, por unha banda, o ámbito de actuación, que non é outro que o da discapacidade e, por outra, os procesos, procedementos e factores que interveñen na acción educativa en contextos non formais para inducir cambios comportamentales. En relación con este último aspecto é necesario que o alumno coñeza as distintas formas que poden adoptar os estados deficitarios e diferencie entre os factores de carácter intrapersonal do suxeito daqueloutros de natureza interpersoal e/ou contextual.
Desde unha perspectiva psicopedagóxica, a docencia dunha materia destas características para futuros educadores sociais debe fornecerlles non só os coñecementos e a metodoloxía necesaria para facer fronte ás situacións tan especiais e particulares, moitas veces distorsionadas e decepcionantes, coas que se poden atopar na súa vida profesional, senón tamén axudarlles a desenvolver unhas actitudes de reflexión, de crítica e de compromiso para abordalas de forma consistente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e identificar as distintas formas que poden adoptar os estados deficitarios ou de atraso no desenvolvemento e diferenciar entre os factores de carácter intrapersonal do suxeito daqueloutros de natureza interpersoal e/ou contextual. A2
A3
A4
A5
B4
C4
C8
Ter a capacidade de identificar os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde ou enfermidade das persoas con discapacidade, das súas familias e da comunidade. A1
A4
A5
A8
Coñecer e desenvolver os procesos, procedementos e factores que interveñen na acción educativa con persoas con diversidade funcional en contextos non formais para inducir cambios comportamentales. A4
A5
A9
A11
B2
B4
C4
C8
Comprender as distintas teorías (teorías da aprendizaxe, as teorías cognitivo-constructivistas e a teoría xeral de sistemas) e formas de intervención para aplicar na educación de persoas con diversidade funcional e en ámbitos familiares e comunitarios para mellorar a inclusión social de persoas en situación de risco ou conflito social. A2
A4
A5
A8
B6
C4
Comprender os aspectos psicolóxicos, personais e contextuais na relación educador social-persoa con discapacidade. A5
A11
B4
B5
B6
C1
Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados das situacións de violencia, malos tratos ou abuso de persoas con discapacidade para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas destas formas de violencia. A3
A8
B2
B5
C4
Fornecerlles información para desenvolver unhas actitudes de reflexión, de crítica e de compromiso para abordar as situacións problemáticas de forma consistente. A1
A3
A9
B1
B5
C1
C4
C6
C8
Identificar os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado. B3
C3
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: CONCEPTUALIZACÍÓN DE DIVERSIDAD FUNCIONAL

1.1.- A diversidade funcional na sociedade actual.
1.2.- Orixes e evolución das diversas concepcións da discapacidade.
1.3.- As Clasificacións Internacionais.
1.4.- Programas de acción e estratexias de intervención
TEMA 2: INTERVENCIÓN EN EDUCACIÓN SOCIAL.

2.1.- A INTERVENCIÓN NA ACCIÓN SOCIAL.
2.2.- DELIMITACIÓN DE CONTEXTOS DE INTERVENCIÓN DO EDUCADOR SOCIAL NA DISCAPACIDADE
2.2.1. Intervención na discapacidade no ámbito familiar.
2.2.2. Intervención na discapacidade no ámbito socio-comunitario.
2.3. ENFOQUES DE INTERVENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA
2.3.1.- Enfoque Conductista.
2.3.2.- Enfoque Cognitivo-Constructivista.
2.3.3.- Enfoque Ecolóxico.
TEMA 3: A DISCAPACIDADE FUNCIONAL INTELECTUAL 3.1.- CONCEPTUALIZACIÓN DE DIVERSIDADE FUNCIONAL COGNITIVA
3.2.- FACTORES ETIOLÓXICOS.
3.3.- OS INDICADORES PRINCIPAIS.
3.4.-TRASTORNOS/SÍNDROMES ASOCIADOS A DIVERSIDADE FUNCIONAL COGNITIVA.
3.5.- DESARROLLO COGNITIVO Y ORGANIZACIÓN DE LOS PROCESOS INTELECTUALES.
3.6.- ASPECTOS PSICO-EMOCIONAIS.
3.7.- DIFICULTADES DE ADAPTACIÓN SOCIAL.
TEMA 4: OS TRASTORNOS DE ESPECTRO AUTISTA (TEA)
4.1.- CONCEPTUALIZACIÓN DOS TEA.
4.2.- TIPOS DE TRASTORNOS.
4.3.- DESCRIPCIÓN, ETIOLOGÍA, PREVALENCIA E CONCEPTO DE TEA.
4.4.- RECOMENDACIÓNS PREVIAS Á INTERVENCIÓN.
4.6.- ENFOQUES COGNITIVOS DE INTERVENCIÓN: PROGRAMAS DE "LECTURA DA MENTE".
TEMA 5: ENFERMEDAD, LIMITACIÓN FÍSICA Y DIVERSIDAD FUNCIONAL
5.1.- ACERCA DE LA ENFERMEDAD Y SUS SECUELAS.
5.2.- DIVERSIDADES FUNCIONALES FÍSICAS.
5.2.1.- LAS DIVERSIDADES FUNCIONALES POR “ENFERMEDAD EN CURSO”.
5.2.2.- LAS DIVERSIDADES FUNCIONALES POR “SECUELAS Y LIMITACIONES MOTRICES”.
5.3.- RECURSOS DE INTERVENCIÓN PARA O EDUCADOR.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A4 A5 A8 A9 A11 C8 16 32 48
Proba mixta A1 A4 A5 A8 A9 A11 4 0 4
Estudo de casos A2 A4 A5 A8 B5 C7 27 57 84
Portafolios do alumno B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C7 0 4 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos máis relevantes dunha determinada temática de especial interese e incidencia formativa. Vai acompañada de orientacións sobre a maneira máis adecuada de aprender os devanditos contidos
Proba mixta As probas obxectivas da materia consistirán nunha serie de actividades, de carácter teórico e/ou aplicado, nas que o alumno deberá utlizar os coñecementos adquiridos na materia ao longo do curso

Estudo de casos Analizaranse diferentes casos a través do estudo das vulnerabilidades asociadas ao desenrolo evolutivo e a través da análise de artigos e personas que sufriron alteracións e interrupcións no seu desenvolvemento
Portafolios do alumno Farase un portfolio reflexivo sobre a figura personal do educador a través do autocoñecemento dirixido ao desenrolo de habilidades persoais para afrontar as esixencias que a profesión require. Favorecerase a importancia do autocoidado como ferramenta necesaria para o desenvolvemento axeitado da profesión en consonancia cun bó coñecemento de un mesmo sobre os seus puntos fortes e febles.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Durante a realización dos casos expostos e dos traballos tutelados o alumno disporá de sesións de orientación, tanto individuais como grupales, nos que se lle asesorará sobre as técnicas e estratexias de estudo que lle permitan a aprendizaxe e o traballo autónomos. Este asesoramento estará fixado desde o comezo do curso e terá un carácter periódico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A4 A5 A8 B5 C7 As probas obxectivas da materia (2 probas coincidindo co final de cada cuadrimestre) consistirán nunha serie de actividades, de carácter fundamentalmente aplicado, nas que o alumno deberá utlizar os coñecementos adquiridos na materia ao longo do curso. 25
Sesión maxistral A1 A3 A4 A5 A8 A9 A11 C8 Valorarase a asistencia e a participación do alumnado nas sesións interactivas. A asistencia as clases expositivas será obrigada, tendo que presentar en caso contrario unha xustificación. 5
Proba mixta A1 A4 A5 A8 A9 A11 Valorarase o grado de comprensión dos contidos e a capacidade para relacionar os coñecementos entre si, seleccionando coherentemente os que deben ser utilizados para responder adecuadamente ás cuestións solicitadas.

70
 
Observacións avaliación

Será obrigatoria a asistencia ás clases expositivas e interactivas para a admisión dos traballos e clases prácticas. Os alumnos terán que entregar un portafolios coas actividades realizadas para presentarse ás probas mixtas de avaliación.

Excepción: O alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante
a tempo parcial, teña solicitado no Decanato a dispensa académica se mantiene el mismo criterio que para los estudiantes que estén a tiempo completo. O alumno nesta situación deberá asistir ás clases teóricas ou prácticas, segundo a súa dispoñibilidade. A avaliación será cunha proba mixta valorada en 10 puntos.

O alumno deberá aprobar o examen para aprobar a asignatura, o tempo que entregar o portafolios cas prácticas realizadas seguindo as indicacións dos docentes.

Si o alumno ten que ir a unha segunda convocatoria e na nota da primeira contabilizáronse as practicas, traballos e asistencia, tera que realizar unha proba mixta valorada sobre 10 puntos.


Fontes de información
Bibliografía básica

AAIDD (Asociación Americana de Discapacidades Intelectuales y del Desarrollo) (2011). Discapacidad intelectual. Definición, clasificación y sistemas de apoyo. Editorial: ALIANZA EDITORIAL

Baron-Cohen, S. (2010). Autismo y Síndrome de Asperger. Editorial: ALIANZA

Barton, L. (Comp.) (1998). Discapacidad y Sociedad. Madrid. Morata.

Frith, U. (1991). Autismo. Madrid. Alianza.

Gallardo Jáuregui, Mª V. y Salvador López, Mª L. (1994). DiscapacidadMotórica. Aspectos Evolutivos y Psicoeducativos.Archidona, Málaga. Aljibe.

García Sánchez, J. N. (Coord) (1999). Intervención Psicopedagógica enlos Trastornos del Desarrollo. Madrid. Pirámide.

Ojea, M. (2012). Autismo. Comprender las emociones. Editorial: PSYLICOM

Palomo, R. (2017). AUTISMO. Editorial: ALIANZA.

Sánchez. J.M. (2011). Programa pienso, luego soy uno más. Pensamiento libre para personas con discapacidad intelectual. PIRÁMIDE

Verdugo Alonso, M. A. (dir.) (1995). Personas con discapacidad.Perspectivas psicopedagógicas y rehabilitadoras.Madrid: Siglo Veintiuno de España Editores.

Verdugo Alonso, M. A. y Navas Macho, P. (2016). Todos somos todos. Derechos y calidad de vidade la personas con discapacidad intelectual y mayores necesidades de apoyo.Informe ejecutivo. Salamanca: INICO.

Verdugo, M.A.  y Schalock, R.L. (2013). Discapacidad e inclusión .Editorial: AMARÚ.

Bibliografía complementaria (2011). Gente extraordinaria: Una mente privilegiada. . https://youtu.be/OlRB_DI7RKE
Zondek, A. (2015). Manual para una inclusión laboral efectiva. http://studylib.es/doc/8575934/manual-para-una-inclusi%C3%B3n-laboral-efectiva-de-personas


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías