Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Técnicas de recollida e análise da información Código 652G03026
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://http://www.udc.es/fymide
Descrición xeral A realidade socio-educativa do educador social é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de dirversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro ao educador social selecionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que o educador social dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral.

A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o investigador social, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha prelación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema.

O desenvolvemento da investigación pretende, ademais de solucionar problemas existentes no contexto social, ser fonte de información e formación para os profesionais encargados de desenvolver a súa actividade neste campo de traballo, permitíndolles intervir con máis garantías de calidade e, sobre todo, ser capaces de anticiparse aos problemas e as necesidades do ámbito.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais técnicas de recollida da información nos procesos de intervención socioeducativa. A5
A6
A13
A21
B1
C1
C4
C6
Deseñar instrumentos de recollida de información de procesos de intervención socioeducativo aplicando diferentes técnicas. A5
A6
A13
A21
B1
B2
C1
C4
C6
Planificar recollidas e análises da información de procesos de intervención socioeducativos. A5
A6
A13
A19
A21
B1
B2
C6
C8
Realizar a recollida da información pertinente dun proceso de intervención socioeducativo B1
B2
B5
B6
C1
C6
Coñecer as principais técnicas de análise da información nos procesos de intervención socioeducativos A6
A13
B1
C3
C6
C8
Analizar a información recollida nos procesos de intervención socioeducativos, empregando as técnicas de análise adecuadas. A5
A6
A13
A19
B1
B2
C3

Contidos
Temas Subtemas

INTRODUCIÓN.
1. Determinación conceptual
2. Selección da mostra
2.1 Selección da mostra no enfoque cuantitativo
2.2. Selección da mostra no enfoque cualitativo
I. TÉCNICAS DE RECOLLEITA DA INFORMACIÓN 1. Instrumentos de recolleita da información cuantitativos
1.1. Escalas
1.2. Cuestionario

2. Instrumentos de recolleita da información cualitativos
2.1. Observación
2.2. Entrevistas
2.3. Grupos de discusión
II. TÉCNICAS DE ANÁLISES DA INFORMACIÓN 1. Análise de datos categóricos ou nominales.
1.1 Teoría da probabilidade
1.2. Táboas de contingencia
1.3. Inferencia
1.4. Coeficiente chi-cadrado
2.Análise de datos ordinales
2.1. Comparación entre grupos nunha variable ordinal
2.2. Relación e comparación entre variables ordinales
3.Análise de datos métricosr

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 B1 C4 C6 C8 10 15 25
Prácticas a través de TIC A6 C3 10 10 20
Saídas de campo A6 A13 A21 0 5 5
Solución de problemas A19 B2 10 15 25
Análise de fontes documentais B1 0 15 15
Obradoiro B5 B6 C1 10 15 25
Aprendizaxe colaborativa A6 A13 A19 A21 B1 B2 C1 C3 0 13 13
Proba mixta A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 2 10 12
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación e explicación conceptual da materia a partires de esquemas
Prácticas a través de TIC Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos
Saídas de campo Recollida de información
Solución de problemas análise e resolución de supostos prácticos.
Análise de fontes documentais Indagación e estudio de información documental.
Obradoiro Desenvolvemento de tarefas prácticas de recollida e análise da información.
Aprendizaxe colaborativa traballo en pequeno grupo de determinadas prácticas.
Proba mixta Proba final avaliativa da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Saídas de campo
Sesión maxistral
Obradoiro
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas, no obradorio, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais como na discusión dirixida. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do alumno, supervisando e orientando máis directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A18) no horario de titorias. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación como da Facultade de Ciencias da Educación.

A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O ALUMNO E PROFESOR POLO QUE A ATENCIÓN VIRTUAL NON FORMA PARTE NIN SE REALIZARÁ NESTA MATERIA. O CORREO ELECTRÓNICO DO PROFESOR NON SE DEBE UTILIZAR COMO: ELEMENTO PARA SOLICITAR CITA NIN PARA REALIZAR CONSULTAS.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A19 B2 Xustificación e adecuación da proceso e resolución. 5
Prácticas a través de TIC A6 C3 Realización adecuada das tarefas 5
Proba mixta A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 Respostas correctas e xustificadas ás preguntas ou problemas prantexados 75
Saídas de campo A6 A13 A21 Realización adecuada da tarefa (recollida de información) 5
Obradoiro B5 B6 C1 Realización adecuada das tarefas 5
Aprendizaxe colaborativa A6 A13 A19 A21 B1 B2 C1 C3 Grao de participación nas actividades de grupo 5
 
Observacións avaliación

Consideracións:

As metodoloxías: Solución de problemas, Prácticas a través de TIC, Saídas de campo, Obradoiro e Aprendizaxe colaborativa computan conxuntamente un 30% da nota final en función das prácticas realizadas. É NECESARIO acadar nestes traballos un mínimo do 40% da súa puntuación.

A proba final (proba mixta) ten un peso do 70% da nota final. Consistirá en dúas partes: unha primeira, (proba obxectiva) e a segunda, práctica. É NECESARIO aprobar ambas partes para que se supere a materia. 


Fontes de información
Bibliografía básica ETXEBERRIA, J. y TEJEDOR, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla
TEJEDOR, F.J. y ETXEBERRIA, J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. Madrid: La Muralla
AZOFRA, M.J. (1999). Cuestionarios. Madrid: CIS (Cuadernos Metodológicos, 26)
RUBIO, MJ y VARAS, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social. Madrid: CCS
VALLES, M. S. (2002). Entrevistas cualitativas. Madrid: CIS (Cuadernos Metodológicos, 32)
GRIMA, P. (2010). La certeza absoluta y otras ficciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA Libros
ALVIRA, F. (2011). La encuesta: una perspectiva general metodológica. Madrid: CIS (Cuadernos Metodológicos, 35)
VISAUTA, B. (1989). Técnicas de investigación Social. Barcelona: PPU
MARTÍNEZ MEDIANO, C. (Coorda.) (2004). Técnicas e instrumentos de recogida y análisis de datos. Madrid: UNED

Bibliografía complementaria ESCUDERO PÉREZ, J. (2004). Análisis de la realidad local. Madrid: Narcea
DE KETELE, J.M. y ROEGIERS, X. (1995). Metodología para la recogida de información. Madrid: La Muralla
CORBETTA, P. (2003). Metodología y Técnicas de Investigación Social. Madrid: McGraw-Hill
BRIONES, G. (2003). Métodos y técnicas de investigación para las Ciencias Sociales . México: Trillas, 4a.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos de investigación/652G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías