Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Practicum I Código 652G03027
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Grado 2º cuatrimestre
Tercero Obligatoria 12
Idioma
Gallego
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos Para matricularse no Prácticum I é necesario ter superados 90 créditos.
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinador/a
Digon Regueiro, Alba Patricia
Correo electrónico
patricia.digon@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Cruz Lopez, Laura
Ferradás Canedo , María del Mar
Iglesias Galdo, Ana Maria
Reig Botella, Adela Milagro
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Serantes Pazos, Araceli
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
laura.cruz@udc.es
mar.ferradasc@udc.es
ana.iglesias@udc.es
adela.reig@udc.es
mar.rromero@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descripción general CORREO-E: practicum.educacion@udc.es
Créditos e presencialidade
Dos 12 créditos ECTS da materia (300 horas), o 45% son de carácter presencial (135 horas) e o 55% de traballo autónomo (165 horas)

Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 10 horas restantes adicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade.

Durante o desenvolvemento do Practicum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da Titulación.

Contextualización
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudo acorde cos requirimentos do novo Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais).

O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais, senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación. Trátase de situar a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta no exercicio profesional, onde a reflexión sobre a experiencia converta dita experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.

Competencias del título
Código Competencias del título
A1 Conocer los campos de la educación social y reconocer nuevos ámbitos emergentes.
A3 Analizar las políticas de bienestar social y la legislación que sustentan los procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar y analizar los factores contextuales que afectan a los procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidad, de exclusión y de discriminación social que dificulten la inclusión social, escolar y laboral de personas y colectivos.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural y educativa.
A14 Identificar y emitir juicios razonados sobre problemas socioeducativos para mejorar la práctica profesional.
A20 Desarrollar una disposición favorable al trabajo en contornos multiculturales y plurilingüísticos.
B2 Redactar y presentar informes técnicos, memorias, reglamentos o cualquier otro documento básico que contribuya a regular la acción socioeducativa.
B3 Generar la cultura profesional colaborativa, fomentando el trabajo en red e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa y responsabilidad.
B5 Capacidad de mostrar actitudes coherentes con las concepciones éticas y deontológicas propias de la profesión.
B6 Adquirir y dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas y propuestas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaje
Resultados de aprendizaje Competencias del título
Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais inherentes á Educación Social A1
A14
B2
B5
B6
C1
C4
C7
C8
Identificar e analizar os factores sociais, contextuais e institucionais que afectan aos procesos de acción socioeducativa. A3
A5
A8
A11
A14
B2
B5
C4
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo colaborativo e en equipo en contextos profesionais. A20
B3
B6
C1
C4
C7
C8

Contenidos
Tema Subtema
1. Caracteríaticas xerais da institución: contexto, infraestrutura, titularidade, organigrama, dinámica institucional, relación coa contorna,...
2. Protagonistas da acción socioeducativa: profesionais, colectivos destinatarios.
3. Proxectos de acción socioeducativa: obxectivos, actuacións, recursos, avaliacións, resultados,...
4. A Educación Social no ámbito das prácticas.

Estes contidos estarán relacionados e adaptaranse aos seguintes ámbitos:

1. Dinamización cultural-ambiental.
2. Diversidade funcional.
3. Exclusión-inclusión-servizos sociais.
4. Maiores.
5. Menores.
6. Multiculturalidade-Cooperación-Desenvolvemento.
7. Políticas de igualdade-Muller.
8 Saúde-Drogodependencias.

Planificación
Metodologías / pruebas Competéncias Horas presenciales Horas no presenciales / trabajo autónomo Horas totales
Salida de campo A1 A8 A11 A20 B3 B5 B6 C1 C7 125 0 125
Análisis de fuentes documentales A3 A5 C8 0 30 30
Portafolio del alumno A3 A5 A8 A14 B2 C4 0 120 120
Seminario A14 A20 B5 C1 C4 C7 C8 10 0 10
 
Atención personalizada 15 0 15
 
(*)Los datos que aparecen en la tabla de planificación són de carácter orientativo, considerando la heterogeneidad de los alumnos

Metodologías
Metodologías Descripción
Salida de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 125 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución etc.
Análisis de fuentes documentales Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Portafolio del alumno Memoria na que o alumnado rexistra e reflexiona sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante o periodo de prácticas. Está organizada nos seguintes oito apartados: Introdución; Características xerais da institución; Protagonistas da acción socioeducativa; dos servizos aos proxectos; Diario de Practicum; Conclusións; Referencias; Anexos.
O Diario de Practicum recollerá entre 5 e 7 entradas organizadas temáticamente. Cada entrada debe contemplar unha descrición do observado e unha reflexión fundamentada nos coñecemento teoríco-prácticos.
En todo momento garatirase a confidiencialidade das persoas implicadas.
Seminario 1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar ao alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2. Selección da institución (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional.
- Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum.

Atención personalizada
Metodologías
Seminario
Salida de campo
Portafolio del alumno
Descripción
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para os alumnos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum I e o plan de traballo.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro.
O/a Titor/a da UDC manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum.

Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Seminario A14 A20 B5 C1 C4 C7 C8 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
10
Salida de campo A1 A8 A11 A20 B3 B5 B6 C1 C7 O/a titor/a da institución colaborador/a realizará a avaliación de implicación e actuación do alumnado no centro/aula 45
Portafolio del alumno A3 A5 A8 A14 B2 C4 O titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolio cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica, capacidade para relacionar ideas e accións.
- Dominio conceptual e capacidade analítica.
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
- Expresión escrita propia e claridade expositiva.
- Capacidade de descripción de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica.
45
 
Observaciones evaluación

a) Requisitos para superar a materia:

1.       Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas socioeducativas e portafolios.

2. O portafolios deberá ser subido a Moodle nas datas indicadas.

b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):

1.       As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia.

2.       Os seminarios non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo.

3.       O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o portafolios na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.

c) Cualificacións:

1.       A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. O profesorado titor/a da Facultade será o encargado de solicitar a cualificación do centro de prácticas e de realizar as medias correspondentes que serán enviadas ao Decanato.

2.       No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada.

3.       Non realizar as prácticas socioeducativas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.

4.       Non presentar o portafolios tendo as prácticas socioeducativas superadas supón un suspenso.


Fuentes de información
Básica

Cómpre consultar a bibliografía das diferentes materias da titulación segundo o ámbito elixido e de acordo coas indicacións dos titores.

Complementária


Recomendaciones
Asignaturas que se recomienda haber cursado previamente

Asignaturas que se recomienda cursar simultáneamente

Asignaturas que continúan el temario

Otros comentarios

O envío do portafolios será telemático vía Moodle.  De requirir o profesorado titor/a unha copia en papel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.



(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías