Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Socioloxía da educación Código 652G03028
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
Correo electrónico
gabriel.vazquez@udc.es
Profesorado
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
Correo electrónico
gabriel.vazquez@udc.es
Web http://www.udc.gal
Descrición xeral Con esta asignatura o que se pretende é que o alumnado acade un grao de coñecemento e tamén concienciación e interiorización do proceso conformador da educación como fenómeno sociolóxico, co seu correspondente espazo, papel e funcións nas nosas sociedades. Tamén se trata dunha formación que persegue dotar de habilidades teórico prácticas ao seu alumnado sobre un ámbito tan importante como a educación, para que a integren tanto a nivel persoal como profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento do sistema educativo dentro do sistema social A1
A2
A5
B5
C6
C7
Coñecemento e comprensión das funcións sociais da educación. A1
A2
A5
A14
B1
C6
Aplicación dos coñecementos manexados á realidade social nas súas diferentes manifestacións, para acadar a perspectiva da mesma desde o ámbito da educación. A1
A2
A5
A14
B1
B2
B6
C6
Análise de contidos do sistema educativo A1
A2
A5
A13
A14
B1
B2
B6
C6
Síntese dos coñecementos teóricos e do estudo empírico da realidade social en relación coa educación A1
A2
A5
A14
B1
B5
C4
Avaliación do sistema educativo, así como das súas implicacións tanto a nivel social como persoal A1
A2
A5
B1
B2
B5
B6
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1

Concepto de Educación
1.1. Definición
1.2. Historia
1.3. Obxectivos
1.4. Terminoloxía
Bloque 2

Individuo, Sociedade e Educación
2.1. A constitución da sociedade e dos individuos
2.2. Estructura e organización da sociedade
2.3. Topoloxía do sistema educativo
2.4. A organización escolar: formal e informal
2.5. Funcións sociais da educación
2.6. Os axentes educativos: familia, institucións sociais, profesores e alumnos
2.7. Reformas e cambios educativos
Bloque 3

Socioloxía da Educación
3.1. Ámbitos
3.2. Áreas
3.3. Marco teórico
3.4. Fundamentos epistemolóxicos e metodolóxicos
Bloque 4

Teorías Sociolóxicas sobre a Educación
4.1. Saint-Simon
4.2. Auguste Comte
4.3. Karl Marx
4.4. Emile Durkheim
4.5. Max Weber
4.6. Talcott Parsons
4.7. Outras

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 C6 10 0 10
Lecturas B5 C4 0 8 8
Discusión dirixida B5 B6 C4 C7 2 0 2
Análise de fontes documentais B1 5 25 30
Traballos tutelados A2 A5 A14 5 35 40
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A13 B1 B2 C6 5 50 55
Presentación oral B6 1 1 2
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necesarios para comprender a socioloxía da educación e para levar a cabo o traballo de investigación.
Lecturas Lectura, por parte do alumnado, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumnado; así como aqueles outros necesarios para levar a cabo os traballos titelados e a investigación final.
Discusión dirixida Trátase de agudizar o razoamento crítico nas materias de educación e o seu significado sociolóxico no proceso de cambio social existente na actualidade.
Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as vantaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías.
Polo tanto, a asistencia e participación estímanse fundamentais no plantexamento da asignatura. Un dos obxectivos principais de calquera plantexamento didáctico debería conseguir a máxima implicación posible por parte do alumnado. E uns bos indicadores da mesma son, sen dúbida, a asistencia e a participación do alumnado no desenvolvemento das clases, no ensino e na aprendizaxe. Por un lado, unha asistencia non coercitiva, senón acadada a traveso de despertar o interese e, polo tanto, o seguimento voluntario da asignatura. Asimesmo, a participación tamén supón un valor a fomentar e acadar no desenvolvemento destas clases, que os alumnos participen, ben facendo preguntas, debatindo, pedindo máis información, nas titorías, etc. En definitiva, estamos a falar da importancia que ten o traballo participativo do alumnado nas clases.
Análise de fontes documentais Nese traballo, o marco teórico e recollida de información (secundaria) existente sobre o obxectivo da investigación fixado polo alumnado, co asesoramento do profesor, supón unha parte fundamental.
Tanto no coñecemento dos contidos da asignatura como para a realización dos traballos e a investigación, resulta necesaria a familiarización, consulta e coñecemento das diferentes fontes de información secundaria, entre as que nesta asignatura destacan teorías, correntes, escolas, etc.
Traballos tutelados Cara ao traballo de investigación, o curso terá un calendario de entregas das sucesivas fases do mesmo: proxecto, marco teórico, parte empírica e análises.
Estas partes teñen adicada a parte práctica da asignatura, desenvolvéndose mediante as correspondentes titorías.
Estas partes ou traballos terán un calendario de entregas, que serán en formato arquivo, perante correo electrónico.
Investigación (Proxecto de investigación) O Traballo Teórco Práctico constitue o núcleo central da asignatura, tanto no que se refire á actividade a desenvolver polo alumnado como polo que respecta a súa avaliación.
O alumnado escollerá libremente o seu obxetivo de estudo dentro do campo da Socioloxía da Educación, procurando ter unha orientación hacia os diagnósticos, problemas e propostas.
O traballo pode ser individual ou colectivo, coas conseguintes ponderacións do mesmo neste último caso.
Establécese como forma de entrega final do mesmo mediante arquivo adxunto a través do correo electrónico.
Presentación oral Si a disposición de tempo o permite, os traballos serán presentados en clase, tanto para que o resto de compañeiros podan saber deles, como para ir practicando este tipo de facetas do traballo técnico

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
As clases preséntanse eminentemente prácticas, para que o alumnado desenvolva co seu traballo o contido e coñecemento da asignatura, sobre todo a traveso do traballo individual ou en equipo, coa participación nas clases sobre os temas a tratar, así como os propios traballos a realizar (o titelado, as lecturas, os debates, etc.). Todo elo baixo a supervisión o coa colaboración do profesor, que procura ser un membro máis do equipo de traballo.
Polo que tanto os contidos de carácter teórico –explicitados no temario- como as actividades a realizar na parte práctica difícilmente poderán conseguir os seus propósitos sen a estreita colaboración entre o alumnado e o profesor.
Así pois, nesta asignatura dedícase as horas de prácticas precisamente a atención e titorización dos traballos e demáis asuntos do alumnado relacionados coa materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A13 B1 B2 C6 O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
É a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflectir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados.
40
Discusión dirixida B5 B6 C4 C7 Trátase de agudizar o razoamento crítico nesta materia e utilizar as categorías de análise plantexadas en cada sesión dedicada ós temas de discusión.
Esta parte de asignatura intentará medir ou avaliar a participación, implicación e interese do alumno. O que, xunto coa asistencia correspondente, vería a supoñer aproximadamente un 20% da avaliación final.
20
Traballos tutelados A2 A5 A14 De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
40
 
Observacións avaliación
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De ahí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia os outros pilares da asignatura.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.


Fontes de información
Bibliografía básica Guerrero Serón, Antonio (2011). ENSEÑANZA Y SOCIEDAD. El conocimiento sociológico de la educación. Madrid: Siglo XXI
OUTROS MANUAIS: - González Radío, Vicente (1998). EL FUTURO DE SU PRESENTE: Análisis de una Autopercepción. A Coruña: CESUGA. - Fernández Palomares F.: Sociología de la educación (Ed. Pearson) - Gómez Jaldón, C.: Sociología de la educación (Ed.Morata).
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia da educación/652G03011
Educación multicultural/652G03013
Antropoloxía da educación/652G03029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría da educación/652G03001
Pedagoxía social/652G03006
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039

Materias que continúan o temario
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002
Animación e xestión sociocultural/652G03017
Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa/652G03020

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías