Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Socioloxía da educación Código 652G03028
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Diz Reboredo, Carlos
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
Profesorado
,
Diz Reboredo, Carlos
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
Web http://www.udc.gal
Descrición xeral Nesta materia trátase de concebir a educación como un sistema en si mesmo, coas súas correspondentes partes, elementos, funcións, organización e institucionalización, e que á súa vez forma parte do sistema social en xeral. Con este curso o que se pretende é que o alumnado acade un grao de coñecemento e tamén concienciación e interiorización do proceso conformador da educación como fenómeno sociolóxico, co seu correspondente espazo, papel e funcións nas nosas sociedades. Tamén se trata dunha formación que persegue dotar de habilidades teórico-prácticas ao seu alumnado sobre un ámbito tan importante como a educación, para que a integren tanto a nivel persoal como profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento do sistema educativo dentro do sistema social A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A14
A20
B5
C6
C7
C8
Coñecemento e comprensión das funcións sociais da educación. A1
A2
A3
A4
A5
A8
A14
A20
B1
B3
B4
C6
C8
Aplicación dos coñecementos manexados á realidade social nas súas diferentes manifestacións, para acadar a perspectiva da mesma desde o ámbito da educación. A1
A2
A5
A13
A14
B1
B5
B6
C4
C6
Adquisición de ferramentas teóricas e metodolóxicas para a análise da realidade social do sistema educativo A1
A2
A5
A13
A14
B1
B5
B6
C1
C4
C6
C7
Avaliación do sistema educativo, así como das súas implicacións tanto a nivel social como persoal A1
A2
A3
A5
A6
A14
B1
B4
B5
B6
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á Socioloxía da Educación 1.1. Definición e obxectivos
1.2. Historia
1.3. As institucións sociais
2. Teorías clásicas, neoclásicas e contemporáneas sobre Socioloxía da Educación 2.1. Os clásicos: Durkheim, Marx, Weber
2.2. Os neoclásicos: Veblen, Gramsci, Manheim, Parsons
2.3. Os contemporáneos: O funcionalismo, o estruturalismo marxista, Nova Socioloxía da Educación
3. Desigualdade, estratificación e reprodución social 3.1. A clase social na aula
3.2. A etnia na aula
3.3. O xénero na aula
4. A vida na aula. A educación como institución social 4.1. Socioloxía do currículo e da organización escolar
4.2. O profesorado como categoría social e axente educativo
4.3. A construción social do alumnado
4.4. Participación das familias e da comunidade
5. A aula na vida. Estado, mercado e sistema educativo 5.1. Políticas educativas
5.2. Vinculación entre educación e emprego
5.3. Educación na globalización

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A3 A4 A5 A8 A20 B3 B4 C6 C7 C8 35 10 45
Traballos tutelados A2 A3 A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 45 36 81
Lecturas A1 A2 A8 B1 B5 C4 C6 4 12 16
Presentación oral A2 A5 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C7 2 4 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Expón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación.
Ademais, a clase expositiva, a lección maxistral, non debe ir soa na formulación dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.

Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratadas.

A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi imporante e moi valorado.

Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de alumnos (a asistencia voluntaria sempre limita o número real), pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión adecuada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser máis difíciles de acceder ou de asimilar. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos.
Traballos tutelados Hai dous tipos de traballos tutelados, as prácticas realizadas en clase (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión, grupal, sobre un tema sociolóxico (e a súa exposición oral).

O traballo grupal está exposto como un traballo de desenvolvemento sobre algún dos temas da materia. Este traballo é a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Por iso, os temas do traballo debedes escollelos vós mesmos e deben estar relacionados preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica.
Debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc.
Este tipo de traballo inclúe a asistencia a unha tutoría obrigatoria.
Lecturas Nalgúns temas do programa existe un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.

Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
Presentación oral O traballo grupal sobre un tema sociolóxico será exposto en clase (tamén de forma grupal) a final de curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada desta asignatura desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa miña presenza no aula durante as sesións en grupos reducidos e, ademais, poderedes programar as tutorías presenciales que consideredes necesarias no horario que comunicarei ao comezo de curso. Hai unha tutoría presencial obligatoria para preparar o traballo grupal. Tamén estarei dispoñible de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico (e tamén a través da plataforma Moodle).

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica. O 60% da nota depende das prácticas de clase, asistencia e participación e, o 30%, do traballo grupal obrigatorio.
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
90
Presentación oral A2 A5 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C7 A presentación oral sobre o traballo grupal é obligatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo.
10
 
Observacións avaliación
Avaliación continua.

O 60% da nota depende das prácticas de clase, a asistencia e a participación e, o 30%, do traballo grupal obrigatorio. A presentación oral sobre o traballo grupal obrigatoria valerá o restante 10% da nota.

Avaliación non continua.


Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán porse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame.

Segunda oportunidade.

Para aprobar a materia en segunda oportunidade será necesario aprobar un exame (de preguntas breves e de desenvolvemento e cunha parte práctica) que valerá o 100% da nota e que terá lugar na data oficial estipulada pola UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Durkheim, E. (1992). Historia de la educación y de las doctrinas pedagógicas: la evolución pedagógica en Francia . Madrid: La Piqueta
Willis, P. (1988). Aprendiendo a trabajar. Torrejón de Ardoz: Akal
Durkheim, E. (2009). Educación y Sociología. Madrid : Editorial Popular
Guerrero Serón, A. (2011). Enseñanza y sociedad. El conocimiento sociológico de la educación. Madrid: Siglo XXI
Amorós, C. (1991). Hacia una crítica de la razón patriarcal . Madrid: Anthropos
Chomsky, N. (2014). La (des)educación. Barcelona: Crítica
Fernández Enguita, M. (2004). La escuela a examen un análisis sociológico para educadores y otras personas interesadas. Madrid: Pirámide
Bourdieu, P., y Passeron, J.C. (1969). Los estudiantes y la cultura. Barcelona: Labor
Bonal, X. (1998). Sociología de la educación : una aproximación crítica las corrientes contemporáneas. Barcelona: Paidós
Álvarez-Uria, F. (2006). Sociología y educación: textos e intervenciones de los sociólogos clásicos. Madrid: Morata
Rodríguez Caamaño, M.J. (Coord.) (2001). Temas de Sociología. Madrid: Huerga y Fierro
Veblen, T. (2014). Teoría de la clase ociosa. Madrid: Alianza Editorial

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia da educación/652G03011
Educación multicultural/652G03013
Antropoloxía da educación/652G03029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría da educación/652G03001
Pedagoxía social/652G03006
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039

Materias que continúan o temario
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002
Animación e xestión sociocultural/652G03017
Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa/652G03020

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías