Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Antropoloxía da educación Código 652G03029
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Humanidades
Coordinación
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Profesorado
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Web http://www.udc.es (página web de la Fac. de Ciencias de la Educación)
Descrición xeral A materia Antropoloxía da educación tenta asentar no alumno unha reflexión sobre a significación humana do proceso educativo; é dicir, fundamentar os procesos formativos desde unha perspectiva antropolóxica, tanto no sentido da antropoloxía filosófica coma no da antropoloxía cultural.
Establece unha conexión entre a índole cultural do ser humán (o home non é mera natureza, senón animal cultural) e a necesidade conseguinte da educación como ingredinte esencial da cultura. Presta, por outra banda, particular atención ó carácter multicultural do mundo contemporáneo, con decisivas consecuencias no eido educativo, e á necesidade de dotar ó proceso educativo dun espírito crítico que cuestione os estereotipos responsables das diferentes formas de marxinación e exclusión sociais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A16 Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Fundamentar, antropolóxicamente, a centralidade do proceso educativo na constitución e evolución do home como "animal cultural" A2
A4
A5
A11
A16
B1
B5
C1
C3
C4
C6
Analizar os compoñentes principais da cultura (técnicos, simbólicos e sociais) e a súa interrelación nos procesos sociais e, especialmente, educativos A2
A4
A5
A11
B1
C1
C3
C4
C6
C8
Interpretar o proceso educativo como o procedemento principal de integración dos individuos nunha sociedade, atendendo a distinción entre socialización primaria e secundaria A2
A4
A5
A11
B1
C1
C3
C4
Analizar o feito multicultural e criticar os prexuizos etnocéntricos A2
A5
A8
A11
A12
A16
B1
B4
B5
C1
C3
C4
C6
C8
Detectar as distorsións que na vida social introducen os estereotipos que transmiten actitudes negativas cara a colectivos definidos A1
A2
A5
A8
A11
A12
A16
B1
B5
B6
C1
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Antropoloxía filosófica, antropoloxía cultural e feito educativo 1.1. Antropoloxía filosófica e antropoloxía cultural: caracteres universais e formas particulares do humano
1.2. Introducción á antropoloxía filosófica
1.3 Introducción á antropoloxía cultural
2. O animal cultural 2.1. Concepto de cultura
2.2. O fundamento antropolóxico da cultura
2.3. Principais sectores da cultura
3. Cultura e educación 3.1. A educación como problema cultural: a transmisión do aprendido
3.2. Educación como socialización
4. Multiculturalismo e educación 4.1. A problemática multicultural: concepto e implicacións
4.2. Consecuencias educativas da multiculturalidade
5. Estereotipos, marxinación e exclusión en perspectiva educativa 5.1. Etnocentrismo e exclusión social
5.2. Unha situación histórica: o estereotipo antisemita na Alemania moderna
5.3. Papel da educación na loita contra dos esteretipos e as súas consecuencias marginalizadoras

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A8 A11 A16 B1 B6 C1 C4 C6 C8 2 33 35
Seminario A1 A2 A4 A5 A6 A8 A11 A12 B1 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 21 36 57
Lecturas A1 A2 A4 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C8 1 20 21
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A8 A11 A16 B5 B6 C3 C4 21 10 31
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Realizarase segundo a data e hora previstas no calendario oficial de exames.
Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios.
Seminario O traballo de seminario constitúe, xunto coas sesións maxistrais, o elemento central do traballo da aula na materia. Aborda o estudio dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artigos ou capítulos de libros) propostos ó alumno.
O traballo de seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra da aula, por conta do alumno. Por unha banda, a lectura previa dos textos. Por outra, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos e posterior, en consecuencia, ás sesións de seminario. Proporanse ó alumno 5 fragmentos, un por cada un dos bloques de contidos, dos que el seleccionará 3 entregando os comentarios correspondentres.
Lecturas Proporanse varios libros de lectura dos que o alumno seleccionará un. Na aula ofreceranse unhas orientacións xerais, pero a lectura do libro será tarefa do alumno fóra da aula. Deberá asimilar o contido do texto, poñéndoo en relación co conxunto da materia, e elaborar un xuizo crítico sobre o mesmo.
Na proba mixta incluirase un apartado referido ó libro de lectura, que permitirá calficar este aspecto do traballo do alumno.
Sesión maxistral Recurrirá á exposición oral do profesor, co obxectivo de introducir nos núcleos conceptuais principais das unidades temáticas abordadas e establecer as pautas esenciais para a lectura dos textos que serán obxecto de análise e discusión nas sesións de seminario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Sesión maxistral
Seminario
Proba mixta
Descrición
As dúbidas puntuais que os alumnos prantexen poderán ser resoltas no interior da aula. Aqueles casos que requiran máis tempo de atención persoal serán atendidos nas titorías, dacordo có horario que figurará no taboleiro do despacho do profesor. Tamén se atenderán consultas dirixidas a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A2 A4 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C8 A cualificación do libro de lectura farase mediante a resposta do alumno a unha cuestión que lle sexa prantexada sobre o mesmo, acompañada dun breve fragmento. A cualificación máxima será de 2 ptos.
Valorarase o nivel de comprensión e síntese do libro leído, a conexión que se estableza entre o seu contido e o conxunto da asignatura, a claridade expresiva e conceptual, e a argumentación da valoración persoal.
20
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A8 A11 A16 B5 B6 C3 C4 A cualificación da actividade académica desenvolvida nas sesións maxistrais está incorporada na da proba mixta, pois nesta o alumno terá que demostrar a súa asimilación dos contidos abordados tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios. 0
Seminario A1 A2 A4 A5 A6 A8 A11 A12 B1 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 A cualificación do traballo de seminario, que inclúe a lectura previa polo alumno dos textos e a elaboración polo alumno de 3 comentarios (sobre 5 fragmentos que lle serán propostos e que estarán extraídos dos textos traballados nos seminarios), faráse do seguinte xeito: tres cuartas partes corresponderán á cualificación dos comentarios, cuha puntuación total de 3 ptos. (1 pto. de calificación máxima por cada comentario) e a cuarta parte restante valorará a asisntencia e participación do alumno nas sesións de seminario, correspondéndolle unha cualifiación máxima de 1 pto. 40
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A8 A11 A16 B1 B6 C1 C4 C6 C8 A proba mixta constará dun fragmento a comentar (extraído dos textos obxecto de análise nas sesións de seminario), cuxa cualificación máxima será de 2 ptos., e dunha cuestión teórica a desenvolver (referida ós contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nas de seminario), cuxa calificación máxima será tamén de 2 ptos. 40
 
Observacións avaliación

Esquema do reparto da cualificación do alumno (sobre unha cualificación máxima de 10 ptos.): a) PROBA MIXTA: 4 ptos. de cualificación máxima, dos cales 2 correponderán ó comentario e outros 2 á resposta á cuestión teórica; b) SEMINARIO: 4 ptos. de cualificación máxima, dos cales 3 corresponderán os 3 comentarios entregados (1 ptos. por comentario) e 1 pto. que valorará a asistencia e participación nas actividades da aula; c) LECTURA.- 2 ptos. de cualificación máxima; calificarase por medio da resposta que o alumno dé a cuestión que, a partires dun fragmento da obra elexida, se lle propoña; o alumno respostará xunto coa proba mixta, pero haberá dúas cualificacións distintas (a da proba mixta -4 ptos.- e a do libro de lectura -2 ptos.).


Na segunda oportunidade (Xullo) mantense os criterios anteriores, coa salvedade de que o punto reservado á asistencia e participación na aula istribuirase entre as outras tres cualificacións parciaais, dacordo coa súa aportación proporcional á cualifiación global.


Fontes de información
Bibliografía básica VV.AA. (1998). Antropología de la educación. Madrid, Dykinson
H. Bouché Peris (2002). Antropología de la educación. Madrid, Síntesis
O. Fullat (1997). Antropología filosófica de la eduación. Barcelona, Ariel
A. Caride (1995). Cuestiones de antropología de la educación. Barcelona, CEAC
P. Mª Pérez Alonoso-Geta (2007). El brillante aprendiz: antropología de la eduación. Barcelona, Ariel
Ch. Wulf (2004). Introducción a la antropología de la educación. Barcelona, Idea Books
VV.AA. (2003). Lecturas de antropología para educadores. Madrid, Trotta

Bibliografía complementaria G. Pico della Mirandola (2002). Discurso sobre la dignidad del hombre. Barcelona, PPU
M. Mead (1972). Educación y cultura. Buenos Aires, Paidós
C. Paris (2000). El animal cultural: biología y cultura en la realidad humana. Barcelona, Crítica
Ch. Taylor (2003). El multiculturalismo y la política del reconocimiento. Madrid, F.C.E.
M. Scheler (1978). El puesto del hombre en el cosmos. Buenos Aires, Losada
P. Berger y Th. Luckmann (1991). La construcción social de la realidad. Buenos Aires, Amorrortu
D. Goldhagen (1997). Los verdugos voluntarios de Hitler. Madrid, Taurus


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías