Identifying Data 2017/18
Subject (*) Educational Intervention in Leisure. Resources and Strategies for Educational Intervention in Free T Code 652G03030
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optativa 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Pose Porto, Hector Manuel
E-mail
hector.pose@udc.es
Lecturers
Pose Porto, Hector Manuel
E-mail
hector.pose@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/pdce/HectorPose
General description Na materia abordaremos o concepto de tempo libre, as consideracións desde múltiples ámbitos sobre este aspecto da vida das persoas de todas as idades, factores e recursos a ter presentes na súa intervención para rematar o cuadrimestre desenvolvendo un obradoiro práctico de animación teatral.

De natureza eminentemente práctica, ademais da docencia do prefesor responsable, tratarase de convidar a expertos no sector a compartir experiencias co alumnado.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer a terminoloxía específica da pedagoxía do lecer o do tempo libre A1
A5
A6
A9
B1
B4
Elaborar e xestionar medios e recursos para intervención no tempo libre A15
A19
A21
B3
B6
C6
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan presentar, defender e desenvolver proxectos cara o tempo libre A7
A11
A20
B6
C1
C3
C5
C7

Contents
Topic Sub-topic
1. Lecer e tempo libre na sociedade contemporánea e as súas potencialidades educativas. 1.1 Lecturas para coñecer as diversas perspectivas e enfoques.
1.2 Discusión en clase.
2. A acción-intervención educativa no tempo libre. 2.1 Espazos, ámbitos e contextos da acción-intervención no tempo libre.
3. A animación teatral como ferramenta de intervención no tempo libre en múltiples contextos. 3.1 Xenealoxía da animación teatral.
3.2 A súa práctica.
3.3 O teatro lido como recurso.
4. Unha programación: elaboración e deseño 4.1 Pasos e factores a ter presentes na elaboración dunha programación.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A5 A7 A9 A21 18 2 20
Collaborative learning A20 3 20 23
Case study B1 B3 B4 13 52 65
Directed discussion B6 3 3 6
Workbook C5 C6 C7 2 5 7
Simulation A6 A11 A15 A19 C1 C3 2 8 10
Mixed objective/subjective test A1 A7 2 16 18
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo
Directed discussion O profesor achegará algún tema á clase para ser abordado e discutido polo alumnado, ou en grupo ou con toda a clase
Workbook Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Simulation Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Personalized attention
Methodologies
Workbook
Case study
Mixed objective/subjective test
Description

O alumno/a que determina cursar a materia (por motivos laborais e xustificados) sen presencia continuada e regular, deberá conversar co profesor a planificación oportuna. A súa avaliación será defirente ao alumnado en xeral, tendo que superar as actividades que propoña o profesor (lecturas, seguimento acción, exame).

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A1 A5 A7 A9 A21 Valórase a presenza e implicación no desenvolvemento das clases, tanto prácticas (dinámicas de xogos, habilidades comunicativas, obradoiro de animación teatral...) como teóricas así como nos encontros con experiencias e profesionais do sector 60
Workbook C5 C6 C7 O Dossier do alumnado que se porá a disposición do mesmo, serán artigos e documentos que, a longo das clases, o profesor poderá solicitar unha opinión sobre eles. Para computar positivamente ditas lecturas, o profesor formulará cuestións ao redor dos mesmos. 15
Case study B1 B3 B4 O profesor valorará as achegas razoadas do alumno/a. A súa capacidade de ligar os coñecementos das diversas materias, a madureza nas reflexións, as citas e a propia bagaxe experiencial do alumno/a. 25
Mixed objective/subjective test A1 A7 Só para aquel alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir regularmente á clase 0
 
Assessment comments

As persoas que non acadan un mínimo do 80% das sesións presenciais ou que dispoñan de dispensa académica por motivos xustificados, de querer superar a materia deberán:

Realizar unha proba teórico-aplicativa o día do exame que supón o 60% da cualificación deste alumnado. O traballo tutelado, para estas persoas, será de obrigado cumprimento en consenso co profesor (40%).

Sources of information
Basic
Bantulá, J. (2001): Juegos motrices cooperativos. Paidotribo: Barcelona.
Baroja, V. e Sebastiani, E. (2000): Unidades didácticas para secundaria IV. Jugar, jugar, jugar. INDE: Barcelona.

Caballo, María B. e Fraguela, R. (coords.) (2005): A acción municipal no tempo libre. Deputación da Coruña: A Coruña. Colección Cadernos Temáticos interea.

Cañas, J. (1994): Didáctica de la expresión dramática. Oactaedro: Barcelona.
Caride, J. A. e Vieites, M. (coords) (2006): De la educación social a la animación teatral. Trea: Gijón.
Caride, J. A. e Trillo, F. (coords) (2011): Dicionario galego de pedagoxía. Galaxia: Vigo.
Castro, M. e outros (2007): La escuela en la comunidad. La comunidad en la escuela. Grao: Barcelona.
Castro, M. e outros (2008): Educación Social e Escola. Nova Escola Galega. Santiago.
Cuenca, M. (2004): Pedagogía del Ocio: modelos y propuestas. Bilbao: Universidad de Deusto.
Chacón, F. e Vecino, M. (2006): Cómo trabajar con adolescentes en el tiempo libre. Zaragoza: Certeza.
Eines, J. e Mantovani, A. (1997): Didáctica de la dramatización. Gedisa: Barcelona.
Del Pino, J. A.; Dauso, A. e Martínez, R. (2001): Prácticas de ocio, cambio cultural y nuevas teconologías en la juventud española de fin de siglo. Madrid: CCS.
Devos, F. (2006): Jóvenes pero alcanzables. Fundación Autor: Madrid.
Devos, F. e outros (2009): Infancia, juventud y comunicación. Fundación Autor: Madrid.
Educación Social (2006): Revista. Monográfico "El Juego, herramienta educativa", mayo-agosto.
Fraguela, R.; Lera, A. e Varela, L. (2002): "Contribución al desarrollo grupal a través de actividades motrices". Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, vol. 8, p.9-26
Froufe, S. (1998): Técnicas de grupo en animación comunitaria. Amarú: Salamanca.
Motos, T. (1983): Iniciación a la expresión corporal. Humanitas: Barcelona.
Motos, T. (1987): Prácticas de Dramatización. Humanitas: Barcelona.
Palacios, J. (1999): Jugar es un derecho. Fundamentos pedagógicos del juego. Xaniño: A Coruña
San Salvador, R. (2000): Políticas del ocio: cultura, turismo, deporte y recreación. Instituto de Estudios del Ocio: Bilbao.
Pantoja, L. (1998) (coord): Nuevos espacios de la educación social. ICE: Bilbao.
Setién, M. e López, A. (edit) (2003): Mujeres y ocio. Nuevas redes de espacios y tiempos. Instituto de Estudios del Ocio: Bilbao.
Tejerina, I. (1994): Dramatización y teatro infantil. Siglo XXI: Madrid.
Ucar, X. (1992): El teatro en la animación sociocultural. técnicas de intervención. Diagrama: Barcelona.
Valle, J. (2017): La razón también tiene sentimientos. Culbuks: Sevilla.
Vial, J. (1988): Juego y educación: las ludotecas. Akal: Madrid.
Ventosa, V. (1996): La expresión dramática como medio de animación en educación social. Fundamentos, técnicas y recursos. Amaru: Salamanca.
Yubero, S.; Caride, J. A.; Pose, H. e Larrañaga, E. (2016). Educación social y alfabetización lectora. Síntesis: Madrid.



Complementary

O profesor, ao longo do cuadrimestre, irá presentando outras fontes bibliográficas e de boas prácticas que sexa novidade editora ou que respondan a algún caso expecífico do ámbito que nos ocupa: un proxecto municipal ou doutro axente socioeducativo, un video, noticia de prensa, etc.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Animation and Sociocultural Management/652G03017

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Socioeducative Socio-Educational Action in Minorities and Vulnerable Groups/652G03022
Local Government and Cultural and Educational Action/652G03040

Other comments

Acordar co profesor o soporte e prazos dos traballos a desenvolver.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.