Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre Código 652G03030
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Barba Núñez, María
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
hector.pose@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/pdce/HectorPose
Descrición xeral Na materia abordaremos o concepto de tempo libre, as consideracións desde múltiples ámbitos sobre este aspecto da vida das persoas de todas as idades, factores e recursos a ter presentes na súa intervención para rematar o cuadrimestre desenvolvendo un obradoiro práctico de animación teatral.
De natureza eminentemente práctica, ademais da docencia do/da profesor/a responsable, tratarase de convidar a expertos no sector a compartir experiencias co alumnado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a terminoloxía específica da pedagoxía do lecer o do tempo libre A1
A5
A6
A9
B1
B4
Elaborar e xestionar medios e recursos para intervención no tempo libre A15
A19
A21
B3
B6
C6
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan presentar, defender e desenvolver proxectos cara o tempo libre A7
A11
A20
B6
C1
C3
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Lecer e tempo libre na sociedade contemporánea e as súas potencialidades educativas. 1.1. Os tempos sociais.
1.2. Lecer e tempo libre.
1.3. Pedagoxía do lecer.
2. A acción-intervención educativa no tempo libre. 2.1. Espazos, ámbitos e contextos da acción-intervención no tempo libre.
2.2. Estratexias de dinamización do tempo libre.
3. A animación teatral como ferramenta de intervención no tempo libre en múltiples contextos. 3.1 Xenealoxía da animación teatral.
3.2 A súa práctica.
4. Unha programación: elaboración e deseño 4.1 Pasos e factores a ter presentes na elaboración dunha programación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A5 A7 A9 A21 18 2 20
Aprendizaxe colaborativa A20 3 20 23
Estudo de casos B1 B3 B4 13 52 65
Discusión dirixida B6 3 3 6
Lecturas C5 C6 C7 2 5 7
Simulación A6 A11 A15 A19 C1 C3 2 8 10
Proba mixta A1 A7 2 16 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A exposición maxistral é moi reducida, sendo que esta se complementa con actividades de aprendizaxe cooperativa, de construción de coñecemento a partir de lecturas previas, buscando que o alumnado se sitúe fronte aos contidos abordados e constrúa saber.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
As propias ferramentas empregadas preséntanse como estratexias de traballo na dinamización da participación social e comunitaria no ámbito do tempo libre, polo que se coida a reflexividade sobre a propia técnica de aprendizaxe.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo
Discusión dirixida A partir de lecturas previas, e empregando estratexias de debate en pequeno grupo, o alumnado debaterá sobre temas que suscitan o seu interese e que os confronta coa realidade social e profesional (a vivencia dos tempos, a experiencia do lecer, etc.)
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que permiten afondar nos contidos traballados. En ocasións as lecturas deberán realizarse de forma previa, de forma que permitan o traballo activo do alumnado na sesión de clase.
Simulación Baséase na solicitude de elaboración dunha programación de tempo libre propondo situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Estudo de casos
Proba mixta
Descrición

O alumno/a que determina cursar a materia (por motivos laborais e xustificados) sen presencia continuada e regular, deberá conversar co profesor a planificación oportuna. A súa avaliación será defirente ao alumnado en xeral, tendo que superar as actividades que propoña o profesor (lecturas, seguimento acción, exame).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A5 A7 A9 A21 Valórase a presenza e implicación no desenvolvemento das clases, tanto prácticas (dinámicas de xogos, habilidades comunicativas, obradoiro de animación teatral...) como teóricas así como nos encontros con experiencias e profesionais do sector 60
Lecturas C5 C6 C7 O Dossier do alumnado que se porá a disposición do mesmo, serán artigos e documentos que, a longo das clases, o profesor poderá solicitar unha opinión sobre eles. Para computar positivamente ditas lecturas, o profesor formulará cuestións ao redor dos mesmos. 15
Estudo de casos B1 B3 B4 O profesor valorará as achegas razoadas do alumno/a. A súa capacidade de ligar os coñecementos das diversas materias, a madureza nas reflexións, as citas e a propia bagaxe experiencial do alumno/a. 25
Proba mixta A1 A7 Só para aquel alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir regularmente á clase 0
 
Observacións avaliación

As persoas que non acadan un mínimo do 80% das sesións presenciais ou que dispoñan de dispensa académica por motivos xustificados, de querer superar a materia deberán:

Realizar unha proba teórico-aplicativa o día do exame que supón o 60% da cualificación deste alumnado. O traballo tutelado, para estas persoas, será de obrigado cumprimento en consenso co profesor (40%).

Fontes de información
Bibliografía básica

Caballo, B. (2009). Os desafíos socioprofesionais do traballo en ocio e tempo libre, en  Otelo, C. (coord.). La pedagogía del ocio: nuevos desafíos, pp. 26-31. Lugo: Editorial AXAC.
Caballo, B. e Fraguela, R. (coords.) (2005): A acción municipal no tempo libre. Deputación da Coruña: A Coruña. Colección Cadernos Temáticos interea. 
Caride, J.A. (2004). Lo que el tiempo educa: el ocio como construcción pedagógica y social. Arbor Ciencia, Pensamiento y Cultura. Vol. 188 - 754 marzo-abril (2012) 301-313 ISSN: 0210-1963. doi: 10.3989/arbor.2012.754n2004 
Cuenca, M. (2004): Pedagogía del Ocio: modelos y propuestas. Bilbao: Universidad de Deusto. Dumazedier, J. (1968). Hacia una civilización del ocio. Barcelona: 
Estela. Puig, J.M. e Trilla, J. (1987). Pedagogía del ocio. Barcelona: Laertes.
San Salvador, R. (2000): Políticas del ocio: cultura, turismo, deporte y recreación. Instituto de Estudios del Ocio: Bilbao.
Ucar, X. (1992): El teatro en la animación sociocultural. Técnicas de intervención. Diagrama: Barcelona. Ventosa, V. (1996): La expresión dramática como medio de animación en educación social. Fundamentos, técnicas y recursos. Amaru: Salamanca
Rivasés, M. (2017). Ludopedagogía. Jugar para conocer, conocer para transformar. Madrid: Fundación InteRed
Tonucci, F. (1997). La ciudad de los niños. Barcelona: Editorial Graó.
Trilla, J. (2010). Tres pedagogías del ocio y una más. Educación Social, 11, 57-71.
WRLA (1993). Carta internacional para la educación del ocio. Accesible en: https://docplayer.es/13555913-Carta-internacional-para-la-educacion-del-ocio.html

Bibliografía complementaria

Bantulá, J. (2001). Juegos motrices cooperativos. Paidotribo: Barcelona.
Barba, M., Morán, M. C. e Cruz, L. (2017). Animación sociocultural en prisión. Experiencia en el centro penitenciario de Monterroso. Madrid: Popular.
Baroja, V. e Sebastiani, E. (2000): Unidades didácticas para secundaria IV. Jugar, jugar, jugar. INDE: Barcelona.
Bauman, Z. (2010). Tiempos líquidos. Vivir en una época de incertidumbre. Barcelona, Tusquets.
Bóscolo, Luigi y Bertrando, Paolo. (1996) Los tiempos del tiempo, Barcelona, Paidós.
Cañas, J. (1994). Didáctica de la expresión dramática. Oactaedro: Barcelona.
Carbajo, M.C. (2010). Mitos y estereotipos sobre la vejez. Propuesta de una concepción realista y tolerante, en ENSAYOS, Revista de la Facultad de Educación de Albacete, Nº 24, 2010. (Enlace web: http://www.uclm.es/ab/educacion/ensayos)
Caride, J. A. e Trillo, F. (coords) (2011). Dicionario galego de pedagoxía. Galaxia: Vigo.
Caride, J. A. e Vieites, M. (coords) (2006). De la educación social a la animación teatral. Trea: Gijón.
Castro, M. e outros (2007). La escuela en la comunidad. La comunidad en la escuela. Grao: Barcelona.
Castro, M. e outros (2008). Educación Social e Escola. Nova Escola Galega. Santiago.
Chacón, F. e Vecino, M. (2006). Cómo trabajar con adolescentes en el tiempo libre. Zaragoza: Certeza.
Cuenca, M. (2011). El ocio como ámbito de la educación social. Revista de Educación Social, 47, 25-40.
Cuenca, M. E Aguilar, E. (2009). El tiempo del ocio: transformaciones y riesgos en la sociedad apresurada. Universidad de Deusto: Bilbao. Accesible en: http://www.deusto-publicaciones.es/deusto/pdfs/ocio/ocio36.pdf
Del Pino, J. A.; Dauso, A. e Martínez, R. (2001). Prácticas de ocio, cambio cultural y nuevas teconologías en la juventud española de fin de siglo. Madrid: CCS.
Devos, F. (2006). Jóvenes pero alcanzables. Fundación Autor: Madrid.
Devos, F. e outros (2009). Infancia, juventud y comunicación. Fundación Autor: Madrid.
Díaz, M. E Ost, N. (2012). Jugar y actuar. Nuestras armas para la paz. Madrid: Fundación InteRed.
Durán, J.F. (2014). Tiempos líquidos. Configuraciones de la temporalidad actual en la obra de Zygmunt Bauman, Aposta. Revista de Ciencias Sociales, 60, 1-25
Durán, J.F. (2014). Tiempos líquidos. Configuraciones de la temporalidad actual en la obra de Zygmunt Bauman, Aposta. Revista de Ciencias Sociales, 60, 1-25
Eines, J. e Mantovani, A. (1997). Didáctica de la dramatización. Gedisa: Barcelona.
Fraguela, R.; Lera, A. e Varela, L. (2002). Contribución al desarrollo grupal a través de actividades motrices. Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, vol. 8, p.9-26
Froufe, S. (1998). Técnicas de grupo en animación comunitaria. Amarú: Salamanca.
Heidegger, Martin (2003). El concepto de tiempo, Madrid, Trotta.
Honoré, Carl (2006). Elogio de la lentitud, Barcelona, RBA.
Hoyuelos, Alfredo. Vivir los tiempos emocionados de la infancia, en Cabanellas, I.; Eslava, J. J.; Polonio, R., Ritmos infantiles. Tejidos de un paisaje interior, Barcelona, Rosa Sensat-Octaedro (en prensa).
Lafargue, P. (2011). El derecho a la pereza. Madrid: Maia Editores. 
Motos, T. (1983). Iniciación a la expresión corporal. Humanitas: Barcelona.
Motos, T. (1987). Prácticas de Dramatización. Humanitas: Barcelona.
Novo, M. (2010). Despacio, despacio. 20 razones para ir más lentos por la vida. Barcelona: Ediciones Obelisco.
Palacios, J. (1999). Jugar es un derecho. Fundamentos pedagógicos del juego. Xaniño: A Coruña
Pantoja, L. (1998) (coord). Nuevos espacios de la educación social. ICE: Bilbao.
Ripoll, O. (2006). El juego como herramienta educativa, Revista de Educación Social, 33, 11-26.
Setién, M. e López, A. (edit) (2003): Mujeres y ocio. Nuevas redes de espacios y tiempos. Instituto de Estudios del Ocio: Bilbao.
Tejerina, I. (1994): Dramatización y teatro infantil. Siglo XXI: Madrid.
Valle, J. (2017): La razón también tiene sentimientos. Culbuks: Sevilla.
Yubero, S.; Caride, J. A.; Pose, H. e Larrañaga, E. (2016). Educación social y alfabetización lectora. Síntesis: Madrid.
Vial, J. (1988): Juego y educación: las ludotecas. Akal: Madrid.
Revista de Educación Social (2006). Monográfico "El Juego, herramienta educativa", mayo-agosto.
O profesorado, ao longo do cuadrimestre, irá presentando outras fontes bibliográficas e de boas prácticas que sexa novidade editora ou que respondan a algún caso expecífico do ámbito que nos ocupa: un proxecto municipal ou doutro axente socioeducativo, un video, noticia de prensa, etc.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Animación e xestión sociocultural/652G03017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Administración local e acción cultural e educativa/652G03040

Observacións

Acordar co profesor o soporte e prazos dos traballos a desenvolver.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías