Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Orientación e políticas de emprego Código 652G03031
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
gustavo.perea@udc.es
Profesorado
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
gustavo.perea@udc.es
Web http://www.udc.es/fymide
Descrición xeral Esta materia proporcionará claves para analizar e valorar as políticas de emprego que se están levando a cabo nos contextos galego, español e europeo, de xeito que se interioricen como ferramentas de traballo desde un doble rol: primeiro como futuro/a persoa en busca de emprego que terá que usalas para a súa propia inserción, e segundo, como futuro/a educador/a que terá que desenvolver programas formativos e de inserción na comunidade. Transversalmente, o alumnado valorará criticamente a perspectiva institucional do escenario sociolaboral no que estamos a vivir e as alternativas posibles ao incremento das desigualdades sociais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar o escenario sociolaboral A3
Identifica e analiza as políticas de emprego A3
A5
Elabora unha diagnose dunha comarca galega e propón alternativas de actuación A15
Oriéntase cara a orientación profesional como medida activa de emprego na que pode intervir o/a educador/a social A17
Busca información sobre o actual mercado laboral A3
B1
Analiza as características das actuais políticas de emprego a nivel autonómico, estatal e europeo A3
A5
B1
Sintetiza e valora criticamente as políticas de emprego actuais a nivel autonómico, estatal e europeo A3
A5
B1
Propón alternativas á actual crise económica desde a perspectiva do/a educador/a social A3
A5
B1
Transmite criticamente a información desde o rol de educador/a social A3
A5
B1
Diseña un dossier no que plasma os resultados de aprendizaje adquiridos A3
A5
B1
B2
Integra actitudes éticas e deontolóxicas ao valorar críticamente as políticas activas de emprego e ao transmitir criticamente a ifnormaicón desde o rol de educador/a social A3
A5
B1
B5
Comunica na aula as súas valoracións críticas sobre as políticas de emplrego e o rol que interpreta o educador/a nelas A3
A5
B1
B6
C1
Busca información sobre o escenario sociolaboral e as políticas de emprego usando as TICs A3
A5
C3
Utiliza as TICs para a elaboración de dossiers, informes e materiais para a materia A3
A5
C3
Planifica as súas necesidades de formación no campo das TICs C3
Utiliza as TICs nos procesos de simulación de orientación das persoas desempregadas A15
A17
C3
Manexa distintas fontes de información que lle permiten exercer unha cidadanía crítica e formular solucións orientadas ao ben común A3
A5
A15
A17
C4
Valora e ter presente as políticas de emprego relacionadas co mundo emprendedor A3
A17
C5
Interioriza desde o punto de vista do educador/a social a importancia da cultura emprendedora como elemento alternativo ao traballo por conta allea A17
C5
Interioriza a importancia da formación ao longo da vida A17
C7
Elabora o seu itinerario formativo a longo prazo A17
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA I. O Escenario sociolaboral
1.1. Conceptos básicos de referencia
1.2. A crise de emprego: desemprego e precariedade laboral
1.3. Emprego e desemprego: evolución e situación actual
1.3.1. Mocidade e mercado laboral
1.3.2. Muller e mercado laboral
1.4. Causas do desemprego
1.5. Cambios na estructura ocupacional e formación ó longo da vida

TEMA II. As políticas de Emprego:evolución e situación actual 2.1. Políticas de emprego: concepto e tipoloxía
2.2. As politicas de Emprego na Unión Europea
2.3. As políticas de Emprego en España
2.4. As políticas de Emprego en Galicia

TEMA III. Olladas alternativas
3.1. Na diagnose

3.2. Nas propostas
TEMA IV. A orientación profesional como medida activa de emprego 4.1.Evolución e consideración actual nas políticas de emprego e educativas.

4.2. A orientación con persoas desempregadas: organización, accións desenvolvidas e profesionais.
.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A5 23 46 69
Mapa conceptual A3 A5 B1 B2 1 8 9
Análise de fontes documentais A15 A5 B1 C3 C4 C5 2 10 12
Discusión dirixida A17 B1 B5 B6 C1 C4 C5 C7 14 0 14
Portafolios do alumno B2 2 20 22
Traballos tutelados C3 C7 2 12 14
Lecturas C4 C7 1 6 7
Actividades iniciais A3 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente os contidos da materia a nivel conceptual, complementados co uso de medios audiovisuais, e supervisará as distintas metodoloxías coas que terá que traballar o alumnado
Mapa conceptual O alumnado confeccionará un traballo individual no que establecerá relacións entre os conceptos aprendidos nas sesións maxistrais
Análise de fontes documentais O alumnado buscará e utilizará documentos audiovisuais e/ou bibliográfico/webgráficos relevantes para a materia seguindo as indicacións do profesor
Discusión dirixida O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral
Portafolios do alumno O alumnado recollerá nun portafolio as aprendizaxes realizadas durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado.
Traballos tutelados O alumnado traballará autonomamente nas temáticas desenvolvidas na aula baixo a supervisión do profesor
Lecturas O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento
Actividades iniciais O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para ver os coñecementos previos do alumnado

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Mapa conceptual
Descrición
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia.
Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado no horario de tutorias. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación como da Facultade de Ciencias da Educación.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 Os criterios de avaliación estarán relacionados cos resultados de aprendizaxe a adquirir, e que se terán que trasladar a este portafolio 100
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será levada a cabo a través do portafolio do alumnado. Os criterios de avaliación estarán relacionados cos resultados de aprendizaxe.


Fontes de información
Bibliografía básica

Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur
Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata
García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Editorial Davinci
Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento
Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC
Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto

Bibliografía complementaria
Bastida, A. (2001) La inserción sociolaboral. Reflexiones sobre la práctica. Madrid, Popular. Carmona, G. (2001). El plan personal para la inserción socio-laboral: teoría y práctica en la empresa para la inserción laboral. Huelva, Universidad de Huelva Casal, J. (2000). ‘Modalidades de transición profesional y precarización del empleo’, en Cachón, L. (ed.). La inserción profesional. Alzira, Germania, pp. 151-180 GALLART, M.A. (2002). Educación y trabajo. Montevideo, Cinterfor. MARHUENDA, F. (coord.)(2006). La cualificación profesional básica: competencias para la inclusión sociolaboral de jóvenes. Revista de Educación, nº 341.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Orientación ocupacional/652G03021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Orientación e Políticas de Emprego complementa os contidos da materia Orientación Ocupacional. Permite analizar a evolución e características actuais do mercado laboral, das políticas de emprego desenvolvidas na Unión Europea, en España e en Galicia, así como distintas olladas sobre as reformas laborais e das pensións e sobre a actual crise e como se pode atallar.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías