Identifying Data 2020/21
Subject (*) Counselling and Employment Policies Code 652G03031
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optional 6
Language
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Perea Vega, Gustavo Ariel
E-mail
gustavo.perea@udc.es
Lecturers
Perea Vega, Gustavo Ariel
E-mail
gustavo.perea@udc.es
Web http://www.udc.es/fymide
General description Esta materia proporcionará claves para analizar e valorar as políticas de emprego que se están levando a cabo nos contextos galego, español e europeo, de xeito que se interioricen como ferramentas de traballo desde un dobre rol: primeiro como futuro/a persoa en busca de emprego que terá que usalas para a súa propia inserción, e segundo, como futuro/a educador/a que terá que desenvolver programas formativos e de inserción na comunidade. Transversalmente, o alumnado valorará criticamente a perspectiva institucional do escenario sociolaboral non que estamos a vivir e as alternativas posibles ao incremento dás desigualdades sociais.
Contingency plan En caso de ter que establecer medidas de adaptación a escenarios distintos dos previsto, os contidos non se modificarán e a metodoloxía pasará a desenvolverse a través de Moodle, Teams, e correo electrónico. Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado serán preferentemente a través teams e correo electrónico. O sistema de avaliación se manterá, xa que se trata dun sistema de avaliación continua e se pode desenvolver a través dos medios comentados anteriormente. Non se producirá modificación da bibliografía nin webgrafía xa que a principal se pode atopar na rede.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A16 Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Analizar criticamente o escenario sociolaboral e as políticas de emprego, recollendo e utilizando para isto a información a través das TICs A3
A5
A8
B1
C3
Comprender o papel da orientación profesional como medida activa de emprego na que pode intervir o/a educador/a social A16
A17
Analizar, sintetizar e valorar criticamente as políticas de emprego actuais a nivel autonómico, estatal e europeo, manexando distintas fontes de información que lle permiten exercer unha cidadanía crítica e formular solucións orientadas ao ben común A3
A5
A8
A15
A17
B1
C4
Diagnósticar unha comarca galega en canto a formación existente e propoñer alternativas de actuación desde a perspectiva do/a educador/a social A3
A5
A15
B1
Sintetizar, relacionar e valorar os resultados de aprendizaje adquiridos nun cartafol, utilizando as TICS A3
A5
B1
B2
C3
Integrar actitudes éticas e deontolóxicas ao valorar críticamente as políticas activas de emprego e ao transmitir criticamente a información desde o rol de educador/a social A3
A5
B1
B5
B6
C1
Utilizar as TICs nos procesos de simulación de orientación das persoas desempregadas A15
A17
C3
Valorar desde o punto de vista do educador/a social a importancia da cultura emprendedora como elemento alternativo ao traballo por conta allea, así como a importancia da formación ao longo da vida A16
A17
C5
C7
Elaborar o seu itinerario formativo a longo prazo, incluindo as súas necesidades de formación no campo das TICs A17
C3
C7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, no galego C1
C1

Contents
Topic Sub-topic
TEMA I. O escenario sociolaboral
A evolución do traballo. Análise da profesión de educador/a social
A evolución do desemprego. Actuacións segundo o tipo de desemprego
Competencias actuais que require o mercado laboral
O papel da formación profesional no escenario sociolaboral
A igualdade de xénero no escenario sociolaboral actual.
TEMA II. As políticas de Emprego:evolución e situación actual As politicas de Emprego na Unión Europea. FEDER, FSE, Emprego e Innovación social (Progress, Eures), Erasmus +
As políticas de Emprego en España: Estratexia europea para o emprego en España, Programa Nacional de Reforma, Estratexia española par ao emprego, PAPE
As políticas de Emprego en Galicia: convocatorias concretas
A igualdade de xénero a través das políticas de emprego
TEMA III. A orientación profesional como medida activa de emprego Organización da orientación profesional en Galicia
Profesionais implicados na orientación profesional
Accións a desenvolver na orientación profesional. Accións individuais. Accións grupais
Fases no proceso de orientación profesional: autocoñecemento, o perfil profesional, o mercado laboral, fontes de información laboral, procesos selectivos, ferramentas na busca de emprego, seguimento do proceso de busca de emprego
A orientación profesional como medida para reducir as desigualdades de xénero
O autoemprego. Alternativas

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Mind mapping A3 A5 B1 B2 1 8 9
Document analysis A5 A15 B1 C3 C4 C5 2 10 12
Directed discussion A8 A16 A17 B1 B5 B6 C1 C4 C5 C7 12 2 14
Student portfolio B2 2 20 22
Supervised projects C3 C7 2 12 14
Workbook C4 C7 1 6 7
Guest lecture / keynote speech A3 A5 15 31 46
Seminar A20 C4 2 0 2
Oral presentation A3 A15 B1 B2 B6 C1 C3 6 15 21
Introductory activities A3 1 0 1
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Mind mapping O alumnado confeccionará un mapa conceptual no que establecerá as relacións dos conceptos aprendidos en toda a materia. Este mapa será dixital.
Document analysis O alumnado buscará na rede información e documentos necesarios para realizar os exercicios propostos na aula, especialmente realizará unha consulta diaria do DOG para realizar o exercicio de análise das políticas de emprego. Dentro desta análise se inclúe a situación da profesión de educación social e a perspectiva de xénero nestas políticas.
Directed discussion O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral. Esta discusión pode ser levada a cabo tanto na aula como a través da plataforma teams.
Student portfolio O alumnado recollerá nun portafolio os exercicios realizados durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado e conterá tamén unha valoración final das aprendizaxes realizadas. O portafolio será dixital.
Supervised projects O alumnado elaborará distintos exercicios propostos na aula baixo a supervisión do profesor. A aula poderá ser física ou virtual, segundo as circunstancias sobrevidas.
Workbook O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento, para isto consultará diariamente o DOG na busca de información relevante para a materia
Guest lecture / keynote speech O profesor explicará os conceptos teóricos da materia utilizando tamén o diálogo dirixido e facendo partícipe ao alumnado nas clases, de xeito que resulten máis dinámicas e interactivas. As clases expositivas serán impartidas a través de teams.
Seminar Forma parte do Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación social. A súa finalidade é dupla. Por unha parte, trátase de visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo. Por outra, permite achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos
Oral presentation O alumnado exporá o resultado da análise das políticas de emprego a través da simulación dunha entrevista de traballo. Esta presentación poderá ser na aula física ou virtualmente a través de teams, segundo as circunstancias sobrevidas.
Introductory activities O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para analizar as ideas previas do alumnado sobre a materia en cada unha das sesións e así conectalas coa información que se vai proporcionar nesa clase

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Student portfolio
Mind mapping
Description
A materia está configurada de forma que todos os contidos están colgados en moodle, o que facilita o paso dunha metodoloxía presencial a unha virtual no caso de ser necesario. As clases poden desenvolverse tanto presencial como virtualmente a través da aplicación teams e o encerado virtual. Esta semipresencialidade virá dada polas instrucións que se reciban da facultade.

Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia.
Esta atención personalizada realizarase preferentemente de forma virtual, a través de Teams, e excepcionalmente no despacho do profesorado

O horario de titorías estará colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, en moodle, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, e na páxina da Facultade de Ciencias da Educación.

No caso de que a situación o requira e así o determine o profesor, a atención poderá ser, en horario de titorías, vía: moodle, teams, correo electrónico, e excepcionalmente outras ferramentas que faciliten a atención ao alumnado.



Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio B2 O portafolio estará formado por todos os exercicios que se vaian facendo ao longo da materia, máis unha valoración final por parte do alumnado das aprendizaxes realizadas na materia. Os traballos a incorporar son:
- Análise semanal do DOG durante o período lectivo. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente, por cada unha das políticas que se publican. Valorarase a presentación, a síntese da información contida na ficha, e o número de políticas recompiladas.
- Exercicio de autocoñecemento. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de ficha ocupacional. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de análise da formación. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de mapas conceptuais. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio sobre ferramentas de busca de emprego. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio de valoración final. Aprendizaxes adquiridas na materia (qué sabía, que aprendín, en qué seguir formándome). Relación/vinculación das aprendizaxes realizados coas materias cursadas no grao. Aspectos da materia observados no Practicum I e aspectos da materia a observar no Practicum II. Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar.

Os criterios de cualificación serán proporcionados o primeiro día de clase, na presentación da materia.
100
 
Assessment comments
ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais ou virtuais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia.
O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase.
O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase terá unha cualificación de non presentado.
O alumnado que non presente todos os traballos da materia terá unha cualificación de non presentado.
Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial solicitarán unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer o réxime de asistencia, as actividades a realizar, o sistema de avaliación, e o proceso de supervisión e seguimento..No caso de desenvolver as clases de forma virtual a través de Teams, a asistencia obrigatoria se manterá.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a materia.
Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado.
Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Sources of information
Basic Comisión europea (2019). Estrategia Europea de Empleo. Recuperado de: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=101&langId=es.
Bernard García, Roberto (2014). Guía de financiación europea. Programas Sociales 2014-2020. Madrid: Plataforma de ONG de Acción Social
Homs, O (2008). La formación profesional en España. Hacia la sociedad del conocimiento . Barcelona: Fundación “La Caixa”.
Sánchez García, M. F. (2004). Las exigencias de adaptación al mundo laboral. En Orientación laboral. Para la diversidad y el cambio.. Madrid: Sanz Torres
Ministerio de traballo (2015). LEY 30/2015, de 9 de septiembre, por la que se regula el Sistema de Formación Profesional para el empleo en el ámbito laboral.
Ministerio de traballo (2002). Ley 5/2002, de 19 de junio, de las cualificaciones y de la formación profesional.
Ministerio de traballo (2003). LEY 56/2003, de 16 de diciembre, de Empleo (BOE del 17 de diciembre de 2003)..
Ministerio de educación (2006). Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.
Echeverría, B. (Coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Incual (2019). Páxina principal do Incual. http://incual.mecd.es/.
Xunta de Galicia (2019). Páxina sobre as competencias clave. http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave;jsessionid=F719B6C003E7D4F2A9D2CBA7AE0818D3.
Xunta de Galicia (2019). Páxina sobre o recoñecemento das competencias profesionais. http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional.
Moncloa (2019). Programa Nacional de Reformas. Recuperado de: http://www.mineco.gob.es/stfls/mineco/prensa/ficheros/noticias/2018/PNR2019.pdf.
Ministerio de traballo (2015). RDL 3/2015, de 23 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Empleo.
Ministerio de educación (2011). REAL DECRETO 1147/2011, de 29 de julio, por el que se establece la ordenación general de la formación profesional del sistema educativo. (BOE del 30 de julio de 2011)..
Ministerio de traballo (2007). REAL DECRETO 395/2007, de 23 de marzo, por el que se regula el subsistema de formación profesional para el empleo.
Ansias Bacelar, María Teresa Lourdes (2018). Orientación laboral e promoción da calidade na formación profesional para o emprego. España: Servipost Editores, S.L. (Antes Servi-Aca, S.L) Bermúdez Bande, Silvia (2018). Cuaderno del alumno : selección, elaboración, adaptación y utilización de materiales, medios y recursos didácticos en formación profesional para el empleo : certificados de profesionalidad. Docencia de la formación profesional para el empleo. Madrid: Editorial CEP, S.L.
Complementary
Bastida, A. (2001) La inserción sociolaboral. Reflexiones sobre la práctica. Madrid, Popular. Carmona, G. (2001). El plan personal para la inserción socio-laboral: teoría y práctica en la empresa para la inserción laboral. Huelva, Universidad de Huelva Casal, J. (2000). ?Modalidades de transición profesional y precarización del empleo?, en Cachón, L. (ed.). La inserción profesional. Alzira, Germania, pp. 151-180 GALLART, M.A. (2002). Educación y trabajo. Montevideo, Cinterfor. MARHUENDA, F. (coord.)(2006). La cualificación profesional básica: competencias para la inclusión sociolaboral de jóvenes. Revista de Educación, nº 341. Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Editorial Davinci Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Editorial Davinci Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Occupational Guidance/652G03021

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
Orientación e Políticas de Emprego complementa os contidos da materia Orientación Ocupacional. Permite analizar a evolución e características actuais do mercado laboral, das políticas de emprego desenvolvidas na Unión Europea, en España e en Galicia, así como distintas olladas sobre as reformas laborais e das pensións e sobre a actual crise e como se pode atallar. Os traballos serán enviados telemáticamente e de non ser posible, no se útilizá plásticos, elixirase a impresión a doble cara, empregarase papel reciclado e evitarase imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.