Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Practicum II Código 652G03032
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 30
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum II é necesario ter superados 120 créditos e mais o Practicum I.
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Digon Regueiro, Alba Patricia
Correo electrónico
patricia.digon@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es
CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE
Dos 30 créditos ECTS da materia (750 horas), o 49,3% son de carácter presencial (370 horas) e o 50,6% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (380 horas).
Das 370 horas de carácter presencial, 350 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma titorías na Facultade.
O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso.
CONTEXTUALIZACIÓN
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito:
“Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais).

O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais propios da educación social A1
A14
B2
B3
B5
B6
C1
C4
C7
C8
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa A3
A5
B2
B3
B5
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social A11
B2
B3
B5
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contextos multiculturais e plurilingües A20
B6
C1
C7
C8
Deseñar proxectos, programas e servizos que promovan a participación e o desenvolvemento comunitario A9
B4
C4
C7
Desenvolver proxectos, programas e servizos aplicando metodoloxías socioeducativas e deseñando e implementado os recursos axeitados aos diferentes campos de intervención A7
A8
A9
A12
A15
A19
B4
C4
C7
Deseñar e implementar programas de avaliación que permitan concretar accións de mellora para os programas, proxectos e servizos nos diferentes campos de intervención. A19
A21
B1
C8
Identificar as esixencias de formación que require o exercizo profesional A1
A3
A5
A14
B6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados cos campos profesionais da educación social e os labores inherentes a eles. Así, accións como identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa, detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos ou desenvolver disposicións favorables ao traballo en contextos multiculturais e plurilingües etc. serán motivo de atención e titorización do alumnado polos respectivos titores/as. Enténdese que a inserción laboral é un campo con presenza nos distintos ámbitos profesionais da educación social.
De igual maneira, será de interese garantir a presenza do/a educador/a social en formación naqueles espazos laborais emerxentes en que se albiscaren posibilidades para o exercicio profesional.
Ademais, o Practicum II establece como contido o deseño, a implementación e avaliación de proxectos, programas e servizos, no marco dos ámbitos socioeducativos nos que se desenvolva:

1.Menores (desprotección e conflito social)
2.Diversidade funcional (Discapacidade)
3.Dinamización social – cultural –educativa
4.Drogodependencias
5.Mulleres. Políticas de igualdade
6.Educación ambiental
7.Inmigración e educación para o desenvolvemento
8.Educación de persoas adultas / centros para maiores
9.Servizos sociais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A3 A5 0 35 35
Portafolios do alumno A14 B1 B2 B5 B6 C1 C8 0 340 340
Eventos científicos e/ou divulgativos A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 10 0 10
Seminario A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 10 0 10
Saídas de campo A7 A8 A9 A11 A12 A14 A15 A19 A20 A21 B1 B3 B4 B5 B6 C1 350 0 350
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum.
Portafolios do alumno VER ANEXOS
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá a un evento científico e/ou divulgativo de profesionais e expertos no ámbito da Educación Social que presentarán experiencias innovadoras desenvoltas en diferentes realidades socioeducativa (8 horas). A realización destes eventos dependerá da existencia do orzamento necesario.
Seminario 1.Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2.Selección de institución (2 horas).
3.Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
-Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum.
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 350 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución, etc. Así mesmo, realízase o deseño dun proxecto de intervención socioeducativa (programación, actividade, plan de mellora, plan de avaliación, etc.) que se desenvolverá e avaliará segundo o determine o titor/a da institución.

Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Portafolios do alumno
Seminario
Descrición
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum II e o plan de traballo.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro.
O/a Titor/a da UDC manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum.
Un dos contactos coa institución terá obrigatoriamente forma de visita.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A7 A8 A9 A11 A12 A14 A15 A19 A20 A21 B1 B3 B4 B5 B6 C1 O titor/a da institución colaborará na avaliación, valorando a implicación e a actuación do alumnado. 40
Portafolios do alumno A14 B1 B2 B5 B6 C1 C8 Os criterios avaliativos serán:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
-Expresión escrita propia e claridade expositiva
-Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Orixinalidade da proposta
40
Eventos científicos e/ou divulgativos A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 Avaliarase cos criterios:
- Asistencia a todas as sesións
- Calidade das achegas á hora de expor contidos nas diferentes sesións así como a pertinencia e madureza das reflexións persoais ao respecto
10
Seminario A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 Avaliándose cos criterios
-Asistencia a todas as sesións
-Calidade das achegas á hora de expor dúbidas, expor ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese, etc.
10
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia:


1. Para aprobar, será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas socioeducativas e portafolios.

Elementos de avaliación que se poden recuperar na 2ª oportunidade de avaliación (Xullo):
1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida en xuño mantense para xullo. Isto supón que un suspenso en xuño implica a non superación da materia.
2. Os seminarios e xornadas non se poden recuperar, polo que a nota en xuño mantense para xullo.
3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere en xuño terá ocasión de melloralo en xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos avaliados.

Cualificacións:
1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada elemento avaliado, co seu peso respectivo.
2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, anota final será a nota de parte non superada.
3. Non realizar as prácticas socioeducativas estando matriculado na materia supón un NP.
4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas socioeducativas superadas supón obter como máximo a cualificación de suspenso 4.
5. No caso de que os eventos científicos e/ou divulgativos non se realizaran o 10% da cualificación asinada a este apartado se sumará ao portafolio.

Fontes de información
Bibliografía básica

Cómpre consultar a listaxe das diferentes materias do mestrado segundo o ámbito elixido e de acordo as indicacións do titor/a

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías