Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Psicoloxía comunitaria Código 652G03034
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
López-Cortón Facal, Ana María
Correo electrónico
ana.lopez-corton@udc.es
Profesorado
López-Cortón Facal, Ana María
Correo electrónico
ana.lopez-corton@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/psico
Descrición xeral A Psicoloxía Comunitaria é un campo de actuación e investigación relacionada coa psicoloxía social que se ocupa do comportamento humano nos seus contextos sociais inmediatos, comunitarios. Como forma de intervención, ocúpase da prevención dos problemas psicolóxicos con raíces sociais (drogas, exclusión, desintegración social, violencia doméstica e pública, trastorno mental, fracaso escolar, delincuencia xuvenil, etc.). Desde unha perspectiva positiva tamén se ocupa de promover o desenvolvemento humano integral.
Todo elo desde a participación dos receptores das intervencións comunitarias como suxeitos activos (axentes) na intervención.
O seu objetivo principal é estudar os factores psicosociais que permiten desenvolver, fomentar e manter o control e o poder que os individuos poden exercer sobre o seu ambiente individual e social, para solucionar problemas que os afectan e lograr cambios neses ambientes e na estrutura social.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
A18 Dirixir e coordinar planos e proxectos socioeducativos.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Avaliar programas, proxectos, servizos e políticas dirixidos ao desenvolvemento persoal, profesional e institucional. A4
A9
A10
A11
A13
A15
A19
B5
C5
Organizar e apoiar programas dirixidos a colectivos excluídos ou en risco de exclusión ou desventaxa social A1
A10
A11
A17
A18
A19
B2
C3
Diagnosticar as diferentes dimensións, áreas e ámbitos de intervención socioeducativa. A2
A3
A11
A19
A21
B5
C3
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación aplicados aos diferentes campos e aspectos da intervención educativa. A3
A4
A7
A9
A18
A19
B2
C6
Capacidade de resolución de problemas. A6
A7
A8
A12
A19
B4
C3
C5
Capacidade de aplicar coñecementos na práctica. A7
A8
A14
B3
C5
C7
C8
Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas. A2
B2
C2
C3
C6
Capacidade de organización e planificación. A7
A9
A13
A19
C3
Sensibilización cara os problemas sociais e comunitarios desde a Psicoloxía Social A5
A14
B1
B3
B5
B6
C4

Contidos
Temas Subtemas
I. INTRODUCIÓN 1Evolución histórica da Psicoloxía Comunitaria
2 Definicións actuais da Psicoloxía Comunitaria
3 Estratexia metodolóxica en Psicologxa Comunitaria
4-Redes de apoio social
5-Empowerment

2- PROBLEMAS DE SOCIALIZACIÓN EN NENOS E ADOLESCENTES 1 Fontes de socialización e factores de risco
2 Violencia escolar
3 O menor maltratador.
4 Mozos Psicopáticos
5 Estilos educativos paternos
3 - PSICOLOXÍA DA VIOLENCIA 1 A violencia doméstica e o acoso
2 Tratamento de agresores
3 Delincuentes sexuais
4- IDENTIDADE SEXUAL 1 Formación da identidade
2 Aspectos sociais derivados da identidade sexual
3 O rol da comunidade na identidade sexual
5- PSICOLOXÍA SOCIAL DA SAÚDE 1 A enfermidade mental e apoio social
2 Factores de risco da enfermidade mental
3 Factores protectores da saúde mental
4 Uso do lcer e do tempo libre
5 Psicoloxía do deporte
6-RESILIENCIA PSICOLÓXICA E APLICACIÓN A CONTEXTOS COMUNITARIOS 1-Concepto de Resiliencia
2-Tipos de Resiliencia
3-Modelos de Resiliencia
4-Aplicacións da resiliencia psicolóxica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A21 A19 A18 A15 A14 A13 A12 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A1 B1 B2 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 6 48 54
Presentación oral A14 B1 10 20 30
Proba mixta A2 C6 C7 2 20 22
Estudo de casos A14 A15 A17 B5 C8 12 17 29
Sesión maxistral A10 A11 C6 C8 12 0 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de proba de ensaio e preguntas tipo de proba obxectiva.
En canto ás preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Sesión maxistral Exposición oral comentada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas pregunas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade soe reservarse para un tipo especial de lección impartida por un docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Proba mixta
Descrición
Para el desarrollo del trabajo tutelado y proyectos los alumnos deben acudir a las tutorías específicamente creadas para tal fin y recibirá atención y guía del profesor en los siguientes aspectos:

- Al menos una sesión para la elección del tema a desarrollar posteriormente y la orientación bibliográfica.
- Al menos una sesión para presentar un esquema de desarrollo del trabajo.

Los trabajos tutelados pueden realizarse de manera individual por norma general y los proyectos en grupo, que no podrá exceder de 4 personas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 A11 C6 C8 Valórase a participación activa do alumnado nas sesión maxistrais, asi como o intercambio de impresións alumno/a- profesora
15
Traballos tutelados A21 A19 A18 A15 A14 A13 A12 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A1 B1 B2 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O traballo tutelado constará de dúas partes. A primeira versará sobre o estudio dun problema social dende o punto de vista da psicoloxía comunitaria

A segunda parte consistirá no desenvolvemento hipotético dun plan de intervención comunitaria.

25
Presentación oral A14 B1 Ademáis do informe por escrito, os traballos tutelados deberán expoñerse na clase de forma oral. O alumnado poderá utilizar os apoios técnicos dispoñibles .

Valorarase a forma de expresarse, la comunicación gestual, la claridad en la exposición y el ajuste a los contenidos del trabajo
20
Estudo de casos A14 A15 A17 B5 C8 Ao longo do cuatrimestre presentaranse diferentes situacións relacionadas coa asignatura que o alumnado deberá debatir, traballar en grupo ou individual, resolver, realizar rol playings, etc, para coñecer máis en profundidade as diferentes realidades sociais 40
 
Observacións avaliación

Oportunidade de XUÑO

A nota final será a suma de todas as metodoloxías arriba indicadas. 

Oportunidade de XULLO

Aquelas persoas que non aprobasen  na convocatoria de xuño e teñan polo menos, un 3 sobre 10 en dita convocatoria, poderán gardar  a nota  para a portunidade de xullo, debendo realizar unha proba mixta con contidos das sesións maxistrais para superar esta convocatoria, que computará o 50% da nota total. 

No caso de non acadar polo menos un 3 sobre 10 na convocatoria anterior, a persoa deberá realizar unha proba mixta con contidos referentes ás sesións maxistrales, traballos tutelados e estudos de casos que computará o 100% da nota

No Asistencia a clase/dispensa

Aquelas persoas que obtiveran a dispensa a clase ou que, por causas debidamente xustificadas, no poidan asistir, deberán poñerse en contacto coa profesora ao principio do cuadrimestre. Poderán optar a superar a asignatura facendo unha única proba mixta que suporá o 100% da nota sobre os contidos e os casos da asignatura

 



Fontes de información
Bibliografía básica JAVALOY, F. (2001). Comportamiento Colectivo y Movimientos Sociales. Madrid: McGraw Hill
MAYA JARIEGO, I., GARCÍA RAMÍREZM m. SANTOLAYA SORIANO, F.J. (2007). Estrategias de intervención psicosocial : casos prácticos. Madrid: Pirámide
MUSITU, G. et al (1994). Intervención Comunitaria. Valencia : Set i Set Edic
MUSITU, G, (2004). Introducción a la Psicología Comunitaria. Barcelona: UOC
CLEMENTE DIAZ, M. (2010). Introducción a la psicología social : enfoques teóricos clásicos. Madrid. universitas
SANCHEZ VIDAL, A. (2007). Manual de Psicología Comunitaria: un enfoque integrado. Madrid: Pirámide
COSTA, M. & LÓPEZ, E. (1991). Manual para el Educador Social. Madrid: Ministerio de Asuntos Sociales
SANCHEZ, A. (1996). Psicología Comunitaria. Barcelona: Ediciones de la Universidad de Barcelona
FERNANDEZ SEDANO, I., MORALES, J.F., MOLERO, F. (2011). Psicología de la intervención comunitaria . Bilbao: Descleé de Brouwer

Bibliografía complementaria PUIG, G. y RUBIO, J.L. (2011). Manual de resiliencia aplicada. Barcelona : Gedisa, 2011.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías