Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo Código 652G03036
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Profesorado
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Web http://www.udc.es (página Web de la Facultad de Ciencias de la Educación)
Descrición xeral A materia "Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo" proponse prantexar ao alumno,
desde una perspectiva filosófica (polos conceptos e teorías ós que se recurre, tomados do
pensamento do século XX), unha reflexión sobre algúns dos principais desafíos que debe afrontar a sociedade contemporánea. Trátase de cuestións que afectan, desde un punto de vista
reflexivo, á labor dos educadores sociais, pois as dificultades prácticas que estes teñen que afrontar non poden desligarse dalgúns dos grandes problemas abordados pola filosofía
do pasado século.
Cuestións como o debate en torno á posmodernidade, a presencia da barbarie na historia
máis recente, a crítica dunha racionalidade unilateralmente orientada ó científico-técnico, os
procesos de emancipación da muller ou a impronta da secularización na nosa situación
cultural cóntanse entre os asuntos a reflexionar a partir de textos filosóficos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar os efectos sociais e culturais do proceso secularizador nas sociedades modernas, tomando conciencia das súas consecuencias tanto positivas como negativas A2
A5
A8
A11
A14
A20
B1
B2
B5
C1
C3
C4
C6
C8
Interpretar os supostos e consecuencias do réxime patriarcal, asumindo unha actitude crítica A2
A4
A5
A8
A11
A14
B1
B2
B4
B5
B6
C1
C3
C4
Analizar a importancia das técnicas de reproducción da imaxe na sociedade contemporánea, adoptando unha actitude crítica fronte ós seus efectos negativos A1
A2
A5
A8
A11
A14
A20
B1
B2
B4
B5
B6
C1
C3
C4
C6
C7
C8
Tomar conciencia das prácticas de barbarie que acompañan ó desenvolvemento civilizatorio e da necesidade de prevenir a súa aparición A1
A2
A5
A8
A11
A14
A20
B1
B2
B4
B5
C1
C4
C6
Identificar os principais factores que ameazan ó ecosistema e tomar conciencia da necesidade da súa preservación A1
A2
A5
A8
A11
A14
B1
B2
B5
C1
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Civilización e barbarie no mundo contemporáneo 1.1. Balance da Ilustración: modernidade vs. posmodernidade
1.2. A barbarie nazi: o mundo concentracionario
2. A crítica da "razón instrumental" 2.1. A "teoría crítica" da Escola de Fráncfort
2.2. Limitacións da tecnociencia
2.3. A crítica ecoloxista ó progreso
3. Emancipación e igualdade: filosofía e xénero 3.1. As conquistas do feminismo contemporáneo
3.2. O existencialismo coma filosofía da liberdade
3.3. O feminismo de Simone de Beauvoir
4. O proceso de secularización 4.1. O diagnóstico de Nietzsche: "Deus morreu"
4.2. Consecuencias socioculturais da secularización
4.3. Crítica da relixión e herdanza das tradicións relixiosas
5. A crítica á civilización da imaxen 5.1. Aspectos filosóficos (ontolóxicos, éticos e políticos) da civilización da imaxen
5.2. O novo estatuto da imaxen resultante do cine

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A2 A4 A5 A8 A11 A14 A20 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C7 C8 21 36 57
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A8 A11 A20 B1 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 21 10 31
Lecturas A1 A2 A5 A8 A11 A14 B1 B2 B5 B6 C1 C4 C6 C7 0 21 21
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A8 A11 A14 B1 B2 B5 B6 C1 C4 C6 C8 2 33 35
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario O traballo do seminario constitúe, xunto coas sesións maxistrais, o elemento central do traballo de aula na materia. Aborda o estudo dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artigos e capítulos de libros) propostos ó alumno.
O traballo de seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra da aula, por conta do alumno. Por unha banda, a lectura previa dos textos. Por outra, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos e posterior, en consecuencia, ás sesións de seminario. Proporánse ó alumno 5 fragmentos, un por cada un dos bloques de contidos, dos que entregará 3 comentarios.
Sesión maxistral Recurrirá á exposición oral do profesor, co obxectivo de introducir nos núcleos conceptuais principais das unidades temáticas abordadas e establecer as pautas esenciais para a lectura dos textos que serán obxecto de análise e discusión nas sesións de seminario.
Lecturas Proporanse varios libros de lectura dos que o alumno seleccionará un. Na aula ofreceranse unhas orientacións xerais, pero a lectura do libro será tarefa do alumno fóra da aula. Deberá asimilar o contido do texto, poñéndoo en relación co conxunto da materia, e elaborar un xuizo crítico sobre o mesmo. Na proba mixta incluirase un apartado referido ó libro de lectura, que permitirá cualificar este aspecto do traballo do alumno. Propoñerase ós alumnos a posibilidade de adiantar a realización da proba do libro de lectura, realizándoa durante o periodo lectivo.
Proba mixta Realizarase segundo a data e hora previstas no calendario oficial de exames. Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Seminario
Proba mixta
Descrición
As dúbidas puntuais que os alumnos prantexen poderán ser resoltas no interior da aula. Aqueles casos que requiran máis tempo de atención persoal serán atendidos nas titorías, dacordo co horario que figurará no taboleiro do despacho do profesor. Tamén se atenderán consultas dirixidas a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A2 A5 A8 A11 A14 B1 B2 B5 B6 C1 C4 C6 C7 A cualificación do libro de lectura farase mediante a resposta do alumno a unha cuestión que se lle prantexe sobre o mesmo, acompañada dun breve fragmento. A cualificación máxima será de 2 ptos.
Valorarase o nivel de comprensión e síntese do libro leído, a conexión que se estableza entre o seu contido e o conxunto da materia, a claridade expresiva e conceptual, e a argumentación da valoración.
20
Seminario A1 A2 A4 A5 A8 A11 A14 A20 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C7 C8 A cualificación do traballo de seminario, que inclúe a lectura previa por parte do alumno dos textos e a elaboración polo mesmo de 3 comentarios (sobre os 5 fragmentos que se lle ofrecerán e que estarán extraídos dos textos traballados nos seminarios), farase do seguinte xeito: tres cuartas partes corresponderán á cualificación dos comentarios, con unha puntuación total máxima de 3 ptos. (1 pto. de cualificación máxima por cada comentario) e a cuarta parte restante valorará a asistencia e participación do alumno nas sesións de seminario, correspondéndolle unha cualificación máxima de 1 pto. 40
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A8 A11 A14 B1 B2 B5 B6 C1 C4 C6 C8 A proba mixta constará dun fragmento a comentar (extraído dos textos obxecto de análise nas sesións de seminario), cuxa cualificación máxima será de 2 ptos., e dunha cuestión teórica a desenvolver (referida ós contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nas de seminario), cuxa cualificación máxima será tamén de 2 ptos.
Valorarase, no caso do comentario, a análise conceptual do fragmento, a reconstrucción da súa estructura discursiva e a contextualización nun marco máis amplo (autor; corrente; época; problemática); asimesmo, a claridade expresiva e a precisión no uso dos conceptos.
No que atinxe á cuestión teórica, serán obxecto de valoración: a cantidade e calidade da información recollida na resposta; o enfoque global da mesma; o rigor conceptual e discursivo da exposición; a claridade expresiva.
40
 
Observacións avaliación

Esquema de reparto da avaliación do alumno (sobre unha cualificación máxima de 10 ptos.):

a) PROBA MIXTA.- a súa cualificación máxima será de 4 ptos. Deles 2 corresponderán ó comentario e 2 á cuestión teórica.

b) SEMINARIO.- 4 ptos. de cualificación máxima. Deles 3 corresponderán ós 3 comentarios que o alumno terá que entregar (1 pto. por comentario) e 1 á valoración da asistencia e participación na aula.

c) LECTURAS.- 2 ptos. de cualificación máxima. Cualificarase por medio da resposta do alumno a unha cuestión que, a partir dun fragmento da obra elexida, lle sexa prantexada. O alumno respostará xunto coa proba mixta pero haberá dúas cualificacións distintas (a da proba mixta -4 ptos.- e a do libro de lectura -2 ptos.-). Proporase ós alumnos a posibilidade de adiantar a proba do libro de lectura, realizándoa duante o periodo lectivo.

Na segunda oportunidade (Xullo) manteñense os criterios anteriores, coa salvedade de que o punto reservado á asistencia e participación na aula distribuirase entre as outras tres cualificacións parciais, segundo a súa aportación proporcional á cualificación global.

Admítese a dispensa académica. No caso de atoparse alumnas o alumnos nesta situación, establecerase dun xeito persoalizado a orientación do seu aprendizaxe na materia mediante unha porcentaxe mínima de asistencia á aula e/ou asistencia a titoría. En calqueira caso, os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica Max Horkheimer (2000). Anhelo de justicia. Madrid, Trotta
Max Horkheimer (2010). Crítica de la razón instrumental. Madrid, Trotta
Judith Butler (2002). El género en disputa: el feminismo y la subversión de la identidad. Barcelona, Paidós
Hans Jonas (1995). El principio de responsabilidad. Barcelona, Herder
Simone de Beauvoir (2005). El segundo sexo. Madrid, Cátedra
Giovanni Sartori (2012). Homo videns: la sociedad teledirigida. Madrid, Taurus
Friedrich Nietzsche (2001). La gaya ciencia. Barcelona, Akal
Walter Benjamin (2006). La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica (Obras libro I/vol. 2). Madrid, Abada
Jean-François Lyotard (1995). La postmodernidad explicada a los niños. Barcelona, Gedisa
Hannah Arendt (2006). Los orígenes del totalitarismo. Madrid, Alianza Editorial

Bibliografía complementaria Günther Anders (2012). El piloto de Hiroshima: más allá de los límites de la conciencia. Barcelona, Paidós
Manuel Cruz (2002). Filosofía contemporánea. Madrid, Taurus
José Luis Villacañas (1997). Historia de la filosofía contempóránea. Madrid, Akal
Christian Delacampagne (1999). Historia de la filosofía en el siglo XX. Barcelona, Península
Almudena Hernando (2012). La fantasía de la inidividualidad: sobre la construcción sociohistórica del sujeto moderno. Madrid, Katz
Günther Anders (2011). La obsolescencia del hombre (2 vols.). Valencia, Pre-textos
Simone Weil (1995). Reflexiones sobre las causas de la libertad y de la opresión social. Barcelona, Paidós


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías