Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas Código 652G03039
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Web
Descrición xeral Abordar os procesos de avaliación e diagnostico das necesidades educativas, coa planificación de proxectos e procesos educativos e coa construcción do coñecemento dentro da Educación Social.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa, para deseñar, implementar e aplicar procesos, metodoloxías e recursos para a intervención socioeducativa en diversos contextos. A5
A8
A11
A13
A21
B2
Dominar habilidades comunicativas para analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información a diversas audiencias. B1
B6
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1: Conceptualización do diagnóstico en educación 1.1. Algunhas definicións de Diagnóstico
1.2. Diagnóstico de necesidades socioeducativas
1.3. Modelos teóricos da avaliación de necesidades
Bloque 2: Dimensións do diagnóstico 2.1 Dimensións, ámbitos e áreas de actuación no diagnóstico
2.2 Dimensión socioambiental: familia, grupo de pares, barrio e comunidade
Bloque 3: A recollida de datos: técnicas e instrumentos 3.1 Clasificación das técnicas: proxectivas, subxectivas, psicométricas, sociométricas
3.2 Observación: instrumentos para a recollida de datos
3.3 Técnicas participativas de avaliación de necesidades
3.4 O informe diagnóstico: tipos de informe, estrutura e redacción
3.5 Competencias da/o profesional da Educación Social para lograr unha avaliación adecuada

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A11 B1 B5 B6 C1 C5 C7 21 0 21
Proba mixta A5 A21 B1 3 30 33
Estudo de casos A5 A8 A11 A13 A21 B1 B2 B6 C1 21 10 31
Análise de fontes documentais A5 A11 B6 B1 0 30 30
Portafolios do alumno A5 B1 B2 B6 C1 0 21 21
 
Atención personalizada 14 0 14
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Proba que integra preguntas abertas (de desenvolvemento) e preguntas obxectivas (de resposta múltiple, breve, asociación...).
Estudo de casos Comprender, valorar e resolver unha situación específica que formula un problema, a través dun proceso de discusión.
Análise de fontes documentais Análise de documentos relevantes que faciliten e amplíen a comprensión dos conceptos básicos da materia, e permitan a elaboración de pensamentos razoados acerca da intervención socioeducativa.
Portafolios do alumno Documento que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas o que permite visualizar o progreso do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba mixta
Portafolios do alumno
Sesión maxistral
Descrición
Atención a cada grupo ou persoa, según as necesidades que presenten ou demanden.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A8 A11 A13 A21 B1 B2 B6 C1 Realización de comentarios de distintos problemas plantexados. 10
Proba mixta A5 A21 B1 Proba escrita sobre os contidos teóricos da materia e a resolución de casos prácticos 50
Portafolios do alumno A5 B1 B2 B6 C1 Documento que recollerá as temáticas traballadas e a reflexión persoal sobre as mesmas, en relación á metodoloxía, os contidos, os comentarios, a análise, etc. 30
Análise de fontes documentais A5 A11 B6 B1 Análise crítico de documentos relevantes 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobadas as actividades de avaliación.

Como
consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias e faltas ortográficas,
así  como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación,
etc. Todo elo suporá redución de puntos sobre a nota obtida.

O
alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante a tempo parcial,
solicitará no Decanato a dispensa académica, una vez obtida solicitará unha
titoría para consensuar os criterios de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA

ALMENAR IBARRA, N. (1998): Los valores de los jóvenes. Madrid. Ed. Sanz y Torres.

AGUILAR, M. J. (2000): Cómo animar un grupo. Técnicas grupales. Madrid. CCS.

ANGUERA ARGILAGA, Mª T. (1996): La observación sistemática. En Manual de orientación y tutoría. Alvarez, M. y Bisquerra, R. Barcelona. Ed. Praxis.

BOUTIN, G. Y DURNING, P. (1997): Intervenciones socioeducativas en el medio familiar. Madrid Nancea.

CEBALLOS, E. (2005): Diagnóstico en el contexto familiar. Revista electrónica relieve.

DEL RINCÓN, B. (2004): Intervención psicopedagógica en contextos diversos. Ed. Praxis

FERNÁNDEZ GUANIR, P. (2005): educación del pensamiento y las emociones. Madrid. Nancea.

GONZALEZ GALÁN, M.A. :

LORENZO ALFARO; MARTINEZ PIÑEIRO, A.B.; ; MARTINEZ PIÑEIRO, E.;(2004): Fuentes reinformación en investigación socioeducativa. Revista electrónica Relieve

MARTÍNEZ MUÑOZ, M. (1996): El clima de clase. En Manual de Orientación y Tutoría. Barcelona.Ed. Praxis.

MERINO FERNÁNDEZ, J.V.( 1997): Programas de animación sociocultural. Madrid. Narcea

PÉREZ JUSTE, R. (1990): Recogida de información en el diagnóstico pedagógico. Bordón, 42, 1: 17-30.

PÉREZ CAMPANERO (1991): Cómo detectar necesidades socioeducativas. Madrid .ED. NARCEA.

PÉREZ –LLANTADA, M.(1999): Ev. de programas de salud y servicios sociales, metodología y ejemplos. Ed Dykinson

REPETTO TALAVERA, E. (1999): Tu futuro profesional. Madrid. Ed. CEPE.

ROMANS, M.(2000): De profesión educador social. Barcelona. Paidós

RODRÍGUEZ ESPINAR, S. (1993): Teoría y Práctica de la Orientación Educativa. Barcelona. Ed. PPU.

SILVA, F. (1998): La entrevista. En Fernández Ballesteros, 1998. Introducción a la evaluación psicológica I. Ed. Pirámide.

VENTOSA, V.J. (2002): Fuentes de la Animación sociocultural en Europa. Madrid. CCS

*Muy adecuada la consulta de dos publicaciones periódicas semestrales:

-REVISTA ESPAÑOLA DE ORIENTACIÓN Y PSICOPEDAGOGÍA R.E.O.P.

REVISTA ESPAÑOLA DE ORIENTACIÓN Y PSICOPEDAGOGÍA R.E.O.P.2009 y 2010

-REVISTA DE INVESTIGACIÓN EDUCATIVA. R.I.E.

-BORDON. Sociedad Española de Pedagogía.

Recursos web:

Se indicaran en clase tras la comprobación de su actualización.

Outros materiais de apoio:

Conferencias impartidas que se relacionen con los temas.

Visita a exposiciones relacionadas con la Psicopedagogía y la instrumentación utilizada. Videos didácticos. Instrumentos de recogida de datos. Videos y películas del cine comercial temático.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías