Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas Código 652G03039
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
paula.rios.dedeus@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Avaliación e Diagnóstico das Necesidades Socioeducativas aborda os procesos de avaliación e diagnóstico desde a perspectiva da prevención e/ou detección das necesidades socioeducativas, como paso previo a calquera intervención socioeducativa. esta materia pretende ofrecer una base teórico-práctica do diagnóstico en diferentes contextos da actividade do/da profesional da Educación Social: familia, grupo de pares, barrio e comunidade, e empregando una ampla variedade de técnicas e instrumentos de recollida de datos. Trátase de dar relevancia á figura do/da educador/a social como realizador/a e interactuante no diagnóstico das necesidades socioeducativas, comprendendo cáles son as súas competencias para lograr una actuación adecuada neste eido.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identifica e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa, para deseñar, implementar e aplicar procesos, metodoloxías e recursos para a intervención socioeducativa en diversos contextos. A5
A8
A11
A13
A21
B2
Domina as habilidades comunicativas para analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información a diversas audiencias. B1
B6
Exprésase correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvólvese para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Asume como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Conceptualización do diagnóstico en educación e nas necesidades socioeducativas 1.1. Definición de diagnóstico
1.2. Modelos teóricos da avaliación de necesidades
1.3. Elementos humanos no diagnóstico. Competencias da/o profesional da Educación Social
Tema 2. Dimensións do diagnóstico 2.1 Dimensións, ámbitos e áreas de actuación no diagnóstico
2.2 Dimensión socioambiental: familia, grupo de pares, barrio e comunidade
Tema 3. A recollida de datos: técnicas e instrumentos 3.1 Clasificación das técnicas: proxectivas, subxectivas, psicométricas, sociométricas
3.2 Observación: instrumentos para a recollida de datos
3.3 Técnicas participativas de avaliación de necesidades
3.4 O informe diagnóstico: tipos de informe, estrutura e redacción

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A8 A11 C4 C7 21 0 21
Proba mixta A5 B1 C1 C7 3 30 33
Estudo de casos A5 A8 A11 A13 A21 B1 B6 C1 C4 C7 3 2 5
Simulación A5 A8 A11 B2 C1 C4 C7 3 2 5
Aprendizaxe servizo A5 A8 A11 A13 A21 B2 B1 C1 C4 C7 4 40 44
Portafolios do alumno A5 B1 B2 C1 C7 8 20 28
 
Atención personalizada 14 0 14
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Proba que integra preguntas abertas (de desenvolvemento) e preguntas obxectivas (de resposta múltiple, breve, asociación...).
Estudo de casos Metodoloxía na que o alumnado enfróntase ante a descripción dunha situación específica que formula un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto de xeito grupal, mediante un proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser quen de analizar unha serie de feitos referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para acadar unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Simulación Representación dun fenómeno de natureza sinxela, técnica ou psicolóxica, que permite a análise máis sinxela, económica ou innocua que si se fixera sobre o orixinal ou a realidad. Trátase de condicións nas que o alumnado pon a proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Aprendizaxe servizo Combinar o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Portafolios do alumno Documento que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas o que permite visualizar o progreso do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Aprendizaxe servizo
Estudo de casos
Proba mixta
Portafolios do alumno
Sesión maxistral
Descrición
Atención a cada grupo ou persoa, según as necesidades que presenten ou demanden.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 B1 C1 C7 Proba escrita na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.

- Preguntas curtas: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
30
Portafolios do alumno A5 B1 B2 C1 C7 As actividades incluídas na metodoloxía docente (estudo de casos, simulación, experiencia de APS) realizaranse nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado una semana despois de finalizar todas as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta (o nº de integrantes dependerá do nº alumnado matriculado).

O dito documento deberá reunir as seguintes características:

- Portada (institucional) e índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrucción da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fora do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
70
 
Observacións avaliación
ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.
- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída.
- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.
- O alumnado deberá acadar o 50% da nota en cada una das metodoloxías de avaliación sinaladas; isto é, un 3.5 sobre 7 na proba mixta, un 1.5 sobre 3 no portafolio.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias e faltas ortográficas, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, etc. Todo iso suporá unha reducción de ata1 punto sobre a nota obtida.
ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice a proposta de proxecto investigador ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.
O alumnado non asistente:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias e faltas ortográficas, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, etc. Todo iso suporá unha reducción de ata1 punto sobre a nota obtida.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).
ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando una tutoría na que lle informará sobre a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).

Fontes de información
Bibliografía básica Pérez-Campanero, M.P. (1991). Cómo derectar las necesidades de intervención socioeducativas. Madrid: Narcea
Granados García-Tenorio, P. y Mudarra Sánchez, M.J. (2010). Diagnóstico en educación social. Madrid: Sanz y Torres
Rubio, M.J. y Varas, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social: Métodos y técnicas de investigación . Madrid: CCS
Benítez Ramírez, M.C. (2013). El informe socioeducativo: instrumento de la Educación Social. RES Revista de Educación Social, 16, 1-17
Rodríguez Pérez, A. y Morera Bello, M.D. (2001). El sociograma: Estudio de las relaciones informales en las organizaciones. Madrid: Pirámide.
Sánchez Romero, C. (2015). Formación y desarrollo profesional del educador social en contextos de intervención. Madrid: UNED
Corbetta, P. (2010). Metodologías y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Sevilla: Punto Rojo Libros, S.L.
Diz López, M.J. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extr.(6), 1-5
Pérez Serrano, G (2003). Pedagogía social. Educación social: Construcción científica e intervención práctica. Madrid: Narcea
Losada, L., Muñoz, J.M. y Espiñeira, E.M. (2015). Perfiles, funciones y competencias del educador social a debate: análisis de la trayectoria de la formación de profesionales de la educación social. RES Revista de Educación Social, 60, 59-76
Álvarez Rojo, V., García Jiménez, E., Gil Flores, J., Martínez Clares, P., Romero Rodríguez, S. y Ro (2002). Primera fase de la intervención: La determinación de las necesidades de los destinatarios del programa (pp. 51-93). Madrid: EOS
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.
Puig Rovira, J.M., Martín García, X. y Rubio Serrano, L. (2017). ¿Cómo evaluar proyectos de aprendizaje-servicio?. Voces de la Educación, 2(4), 122-132

Bibliografía complementaria Escudero, J. (2010). Análisis de la realidad local: Técnicas y Métodos de intervención desde la animación sociocultural. . Madrid: Narcea
Muiños, R. (2008). El diagnóstico participativo. Costa Rica: EUNED
Fernández-Ballesteros, R. (2009). Evaluación psicológica: Conceptos, métodos y estudios de caso. Madrid: CCS
Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: Noew Age International Publisher


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías