Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas Código 652G03039
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/course/view.php?id=52416
Descrición xeral A materia Avaliación e Diagnóstico das Necesidades Socioeducativas aborda os procesos de avaliación e diagnóstico desde a perspectiva da prevención e/ou detección das necesidades socioeducativas, como paso previo a calquera intervención socioeducativa.
Tendo en conta que unha das principais funcións do/a educador/a social é a posta en marcha de intervencións de carácter socioeducativo orientadas a garantir a plena participación da diversidade de individuos que compoñen á nosa sociedade, previamente precísase que este/a profesional dispoña dunha serie de referentes teóricos e metodolóxico-prácticos que lle permitan analizar a realidade social, estimar o xeito en que se desenvolverán as actuacións profesionais e tomar decisións orientadas á intervención.
Por isto, esta materia pretende ofrecer una base teórico-práctica do diagnóstico en diferentes contextos da actividade do/da profesional da Educación Social: familia, grupo de pares, barrio e comunidade, e empregando una ampla variedade de técnicas e instrumentos de recollida de datos. Trátase de dar relevancia á figura do/da educador/a social como realizador/a e interactuante no diagnóstico das necesidades socioeducativas, comprendendo caáles son as súas competencias para lograr una actuación adecuada neste eido.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñece e analiza os factores relacionados coa inclusión social, educativa, cultural e laboral que afecta á intervención socioeducativa A5
A8
B2
C4
Identifica, analiza e comprende a realidade social, cultural e educativa. A5
A8
A11
B1
B6
C6
Deseña, implementa e aplica procesos, metodoloxías e recursos de detección de necesidades e diagnóstico socioeducativo en diversos contextos. A13
A21
B6
C1
Redacta e presenta a información da avaliación e diagnóstico dun xeito sintético e organizado, e cunha expresion oral e escrita adecuada. A11
B1
B2
B6
C1
C4
C6
Transmite a información críticamente, adecuando o discurso ás diversas audicencias. A8
A11
B1
B2
B6
C1
Demostra e promove unha actitude aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común A13
B2
C1
C4
C6
Exprésase correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B2
B6
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Conceptualización do diagnóstico en educación e nas necesidades socioeducativas 1.1. Definición de diagnóstico
1.2. Modelos teóricos da avaliación de necesidades
1.3. Elementos humanos no diagnóstico. Competencias da/o profesional da Educación Social
Tema 2. Dimensións do diagnóstico 2.1 Dimensións, ámbitos e áreas de actuación no diagnóstico
2.2 Dimensión socioambiental: familia, grupo de pares, barrio e comunidade
Tema 3. A recollida de datos: técnicas e instrumentos 3.1 Clasificación das técnicas: proxectivas, subxectivas, psicométricas, sociométricas
3.2 Observación: instrumentos para a recollida de datos
3.3 Técnicas participativas de avaliación de necesidades
3.4 O informe diagnóstico: tipos de informe, estrutura e redacción

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A8 A11 C4 C6 21 0 21
Proba mixta A5 A8 A21 B1 B2 B6 C1 2 10 12
Estudo de casos A5 A8 A13 A21 B1 B6 C1 C6 4.5 22.5 27
Obradoiro A11 B6 C1 C4 C6 4 2 6
Análise de fontes documentais A11 B1 B2 C6 4.5 22.5 27
Portafolios do alumno A21 B1 B2 B6 C1 C6 8.5 42.5 51
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.
A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividaes que se levarán a cabo. A través das outras metodoloxías contempladas (análise de fontes documentais, simulación, estudo de caso...)
Proba mixta Proba escrita para a avaliación de coñecemento, cuxa data e fixada pola Xunta de Facultade. Esta proba pode integrar preguntas de tipo abertas (de desenvolvemento) e preguntas de tipo obxectivo, que poden combinar preguntas de selección múltipl, de resposta múltiple, discriminación, completar e/ou asociación.
Estudo de casos Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situacion problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. Describirase de xeito amplo e detallado, e o alumnado deberá ser quen de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así como outro masteriais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da materia.

Realizarase grupalmente (o número de participantes a determinar, segundo o número de alumnado matriculado) e será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Obradoiro Durante as sesións expositivas e interativas, faranse representacións das aprendizaxes teóricas a partir da presentación de supostos supostos hipotéticos (simulacións), discusións dirixidas e debates, nos que o alumnado deberá poñer a proba o seu comportamento en situacións concretas, os coñecementos adquiridos ate o momento, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Tamén poderá estar presente nos debates e discusións dirixidas a invitación de profesionais do campo da Educación Social para abordar cuestións relativas á avaliación e o diagnóstico no contexto de institucións socioeducativas.

Realizarase de xeito presencial, apoiado polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos de traballo (3-4 estudantes) para que se traballe de forma conxunta na resolución de tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo.

Esta actividade forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
Análise de fontes documentais Actividades destinadas a que o alumnado realice a lectura e análise crítica da información procedente de fontes documentais diversas. Tras unha lectura reflexiva, deberá respostar ás cuestións formuladas pola docente:
(a) documentos relevantes (artigos de revista e/ou prensa, capítulos de libros...) que permitan a definición dos conceptos clave da materia, trala procura por parte do alumnado.
(b) lectura, resumo e análise de documentos para a preparación de contidos a expoñer ante os/as seus compañeiros/as;
(c) lectura para ampliar a comprensión de conceptos básicos da materia e que permitan a elaboración de pensamentos razoados sobre as competencias, perfís e funcións do/da educador/a social como avaliador/a.
Portafolios do alumno Trátase dun documento que elaborará o alumnado (individual ou grupalmente) reflectindo todos os aprendizaxes adquiridos nas sesións prácticas. Non se trata de presentar os resultados das actividadades, senón de reflexionar e afondar na aprendizaxe adquirida en base a eles.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Portafolios do alumno
Descrición
Durante o desenvolvemento das actividades prácticas, os grupos disporán de 1.30 h. de atención personalizada na aula, entendida como atención, supervisión e seguemento dos grupos de traballo, para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos. Isto supón que o alumnado debe participar nas sesións prácticas de xeito activo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudante dos Grao na UDC (Art. 2.3.,3b y 4.5) (29%5/212)".
Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e a participación nas dinámicas recollidas no apartado de "Metodoloxías" y en "Atención personalizada", aplicable ás prácticas de "análise de fontes documentais", "estudo de casos", “simulación” e “portafolio de alumnado”, a través dos grupos de traballo que se formen ao iniciar a materia.
A actividade farase seguindo as observacións de avaluación sobre a flexibilidade da asistencia-participación e os requerimentos para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A8 A21 B1 B2 B6 C1 Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia (clases expositivas + clases interactivas).

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple e/ou resposta curta. O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1)

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
30
Portafolios do alumno A21 B1 B2 B6 C1 C6 As actividades incluídas na metodoloxía docente (estudo de casos, simulación, análise de fontes documentais) realizaranse, eminentemente, nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado una semana despois de finalizar todas as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta (o nº de integrantes dependerá do nº alumnado matriculado).

O dito documento deberá reunir as seguintes características:

- Portada (institucional) e índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrucción da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fora do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

A docente realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo.
70
 
Observacións avaliación

REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

o   Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como prácticas.

o   Asistir e participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase.o   Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.

o   Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso.o   Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.o   A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de juño.

 

MODALIDADES DE AVALIACIÓN

Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado:

 

o   Avaliación continua: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia):

-      Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das diversas prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaliación (análise de fontes documentais, estudos de caso, simulación) que será revisado pola profesora e incorporado ao portafolio da asignatura, así como da avaliación final por medio da proba mixta. 

-      Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando unha titoría na que lle informará sobre o xeito en que se desenvolverá o proceso de aprendizaxe. Realizará as actividades de forma individual, e a súa avaliación consistirá na entrega das prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaluación (de maneira autónoma, e cunha ponderación de 50%) e a avaliación final por medio da proba mixta (50%).

 

o  Avaliación final: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%) e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (que no cumpra a asistencia do80%). Deberán realizar as actividades prácticas (análise de fontes documentais, estudo de casos e simulación) de modo autónomo e as entregará en forma de portafolio individual cun peso do 20% da calificación final. Ademáis, será avaliado mediante una prueba mixta na que se incluirán contidos relacionados coas ditas actividades prácticas, ademáis dos contidos propios da parte teórica. De tal xeito, contarán cun exame en dúas partes: a parte común a todo oalumnado (60%) e unha parte específica, referentes ás actividades prácticas (20%).

Fontes de información
Bibliografía básica Pérez-Campanero, M.P. (1991). Cómo derectar las necesidades de intervención socioeducativas. Madrid: Narcea
Granados García-Tenorio, P. y Mudarra Sánchez, M.J. (2010). Diagnóstico en educación social. Madrid: Sanz y Torres
Rubio, M.J. y Varas, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social: Métodos y técnicas de investigación . Madrid: CCS
Sánchez Romero, C. (2015). Formación y desarrollo profesional del educador social en contextos de intervención. Madrid: UNED
Losada-Puente, L. (2019). Material Docente: Evaluación y diagnóstico de las necesidades socioeducativas. A Coruña: GIACE y GITIAES
Corbetta, P. (2010). Metodologías y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw Hill
Diz López, M.J. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extr.(6), 1-5
Losada, L., Muñoz, J.M. y Espiñeira, E.M. (2015). Perfiles, funciones y competencias del educador social a debate: análisis de la trayectoria de la formación de profesionales de la educación social. RES Revista de Educación Social, 60, 59-76
Álvarez Rojo, V., García Jiménez, E., Gil Flores, J., Martínez Clares, P., Romero Rodríguez, S. y Ro (2002). Primera fase de la intervención: La determinación de las necesidades de los destinatarios del programa (pp. 51-93). Madrid: EOS
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.

Bibliografía complementaria Escudero, J. (2010). Análisis de la realidad local: Técnicas y Métodos de intervención desde la animación sociocultural. . Madrid: Narcea
Muiños, R. (2008). El diagnóstico participativo. Costa Rica: EUNED
Benítez Ramírez, M.C. (2013). El informe socioeducativo: instrumento de la Educación Social. RES Revista de Educación Social, 16, 1-17
Rodríguez Pérez, A. y Morera Bello, M.D. (2001). El sociograma: Estudio de las relaciones informales en las organizaciones. Madrid: Pirámide.
Fernández-Ballesteros, R. (2009). Evaluación psicológica: Conceptos, métodos y estudios de caso. Madrid: CCS
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Sevilla: Punto Rojo Libros, S.L.
Pérez Serrano, G (2003). Pedagogía social. Educación social: Construcción científica e intervención práctica. Madrid: Narcea.
Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: Noew Age International Publisher


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías