Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas Código 652G03039
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/course/view.php?id=52416
Descrición xeral A análise da realidade (variables, necesidades, recursos, procesos de interacción e contextos), así como a súa valoración, son elementos esenciais para o diagnóstico socioeducativo que deben realizar os/as educadores/as sociais como paso previo á toma de decisións de intervención socioeducativa nos diversos contextos nos que poida desenvolver a súa actuación profesional (eido educativo, familiar, laboral e sociocomunitario). A través da materia "Avaliación e Diagnóstico das Necesidades Socioeducativas" abórdanse os procesos de avaliación e diagnóstico desde a perspectiva da prevención e/ou detección das necesidades socioeducativas.

Así, tendo en conta que unha das principais funcións do/a educador/a social é a posta en marcha de intervencións de carácter socioeducativo orientadas a garantir a plena participación da diversidade de individuos que compoñen a nosa sociedade, previamente precísase que este/a profesional dispoña dos fundamentos conceptuais, os procedementos metodolóxicos, as técnicas e os instrumentos que lle permitan analizar a realidade social, indagar sobre os suxeitos e os grupos en situacións socioeducativas complexas, estimar o xeito en que se desenvolverán as actuacións profesionais e tomar decisións orientadas á intervención. Con esta materia preténdese ofrecer una base teórico-práctica do diagnóstico en diferentes contextos da actividade do/da profesional da Educación Social: familia, grupo de iguais, barrio e comunidade, e empregando una ampla variedade de técnicas e instrumentos de recollida de datos. Trátase de dar relevancia á figura do/da educador/a social como realizador/a e interactuante no diagnóstico das necesidades socioeducativas, comprendendo caáles son as súas competencias para lograr una actuación adecuada neste eido.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer e analizar os factores relacionados coa inclusión social, educativa, cultural e laboral que afecta a intervención socioeducativa A5
A8
B2
Identificar, analizar e comprender a realidade social, cultural e educativa. A5
A8
A11
B1
B6
C6
Deseñar, implementar e aplicar procesos, metodoloxías e recursos de detección de necesidades e diagnóstico socioeducativo en diversos contextos. A13
A21
B6
C1
Redactar e presentar a información da avaliación e diagnóstico dun xeito sintético e organizado, e cunha expresion oral e escrita adecuada. A11
B1
B2
B6
C1
C6
Transmitir a información críticamente, adecuando o discurso ás diversas audicencias. A8
A11
B1
B2
B6
C1
Demostrar e promover unha actitude aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común A13
B2
C1
C6
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B2
B6
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Conceptualización do diagnóstico en educación e nas necesidades socioeducativas 1.1. Algunhas definicións. Diagnóstico
1.2. Modelos teóricos da avaliación de necesidades
1.3. Elementos humanos realizadores e interactuantes no diagnóstico. As competencias da/o profesional da Educación Social para lograr unha actuación adecuada.
Tema 2. Dimensións do diagnóstico nos seus ámbitos 2.1. Dimensións, ámbitos e áreas de actuación no diagnóstico
2.2. Estudo especial da dimensión socioambiental: familia, grupo de pares, barrio e comunidade
Tema 3. A recollida de datos: técnicas e instrumentos 3.1. Clasificación das técnicas: proxectivas, subxectivas, psicométricas, sociométricas
3.2. Estudo especial da observación: instrumentos para a recollida de datos na observación.
3.3. Estudo especial das participativas de avaliación de necesidades
3.4 O informe diagnóstico: tipos de informe, estrutura e redacción

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A8 A11 14 14 28
Proba mixta A5 A8 A21 B1 B2 B6 C1 2 8 10
Estudo de casos A5 A8 A13 A21 B1 B6 C1 C6 10 22 32
Obradoiro A11 B6 C1 C6 2 2 4
Análise de fontes documentais A11 B1 B2 C6 2 16 18
Simulación A11 B1 4 4 8
Portafolios do alumno A21 B1 B2 B6 C1 C6 8 36 44
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente, na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais. No caso de que a sesión se realice de xeito presencial ou virtual (síncrona), introduciranse cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.

A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos “contidos de aprendizaxe”, introducindo teóricamente os temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase coas actividades prácticas, que se desenvolverán nas sesión interactivas, a través das outras metodoloxías contempladas (análise de fontes documentais, estudo de casos, obradoiro...)
Proba mixta Proba escrita para a avaliación continua das aprendizaxes, que se subdividirá en tres partes/momentos, correspondentes á finalización de cada un dos bloques de contidos. As tres probas, conxuntamente, equivalen ao "exame final da materia".

Polo tanto, únicamente as persoas que non cumpran cos criterios especificados no apartado de avaliación terán que presentarse a un exame final que aúne todos os contidos, e cuxa data está fixada por Xunta de Facultade.
Estudo de casos Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situacion problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional, ou na que se tomarán experiencias do alumnado (Prácticum I e II) para analizar críticamente unha realidade. Describirase de xeito amplo e detallado, e o alumnado deberá ser quen de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais e outros materiais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da materia.

Realizarase grupalmente (o nº de participantes a determinar, segundo o alumnado matriculado) e será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Obradoiro Modalidade formativa que será combinada con outras metodoloxías (estudo de casos, análise de fontes documentais, simulacións...) para tentar ofrecer unha aplicación práctica ás aprendizaxes a través do desenvolvemento de tarefas prácticas sobre un tema específico, sendo supervisado e apoiado pola docente.

Tamén poderá estar presente nos debates e discusións dirixidas a invitación de profesionais do campo da Educación Social para abordar cuestións relativas á avaliación e o diagnóstico no contexto de institucións socioeducativas.

Realizarase de xeito presencial, apoiado polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos de traballo (3-4 estudantes) para que se traballe de forma conxunta na resolución de tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo.
Análise de fontes documentais Actividades destinadas a que o alumnado realice a lectura e análise crítica da información procedente de fontes documentais diversas. Tras unha lectura reflexiva, deberá respostar ás cuestións formuladas pola docente:

(a) documentos relevantes (artigos de revista e/ou prensa, capítulos de libros...) que permitan a definición dos conceptos clave da materia, trala procura por parte do alumnado.

(b) lectura, resumo e análise de documentos para a preparación de contidos a expoñer ante os/as seus compañeiros/as;

(c) lectura para ampliar a comprensión de conceptos básicos da materia e que permitan a elaboración de pensamentos razoados sobre as competencias, perfís e funcións do/da educador/a social como avaliador/a.
Simulación Nas sesións interativas, levarase a cabo a representación de fenómenos hipotéticos equivalentes aos que se poderán atopar no seu futuro profesional para o seu análise sixelo, nun contexto de aula, tentando que o alumnado poña a proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Portafolios do alumno Trátase dun documento que elaborará o alumnado (individual ou grupalmente) reflectindo todos os aprendizaxes adquiridos nas sesións prácticas. Non se trata de presentar os resultados das actividadades, senón de reflexionar e afondar na aprendizaxe adquirida en base a eles.
Poderase empregar un formato tradicional (documento en pdf) ou utilizar os recursos TIC para presentar o traballo nun formato e-portafolio.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Portafolios do alumno
Descrición
Durante o desenvolvemento das actividades prácticas, os grupos disporán de 1.30 h. de atención personalizada na aula, entendida como atención, supervisión e seguemento dos grupos de traballo, para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos. Isto supón que o alumnado debe participar nas sesións prácticas de xeito activo.

O alumnado poderá consultar dúbidas no horario de titorías. As ditas titorías serán atendidas de forma presencial (despacho P1 A19), exclusivamente no horario de titorías que figura na web da Facultade.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudante dos Grao na UDC (Art. 2.3.,3b y 4.5) (29%5/212)".
Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e a participación nas dinámicas recollidas no apartado de "Metodoloxías" y en "Atención personalizada", aplicable ás prácticas de "análise de fontes documentais", "estudo de casos", “simulación” e “portafolio de alumnado”, a través dos grupos de traballo que se formen ao iniciar a materia.
A actividade farase seguindo as observacións de avaluación sobre a flexibilidade da asistencia-participación e os requerimentos para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A8 A21 B1 B2 B6 C1 Proba na que se valorará de forma progresiva a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura.

Realizarase en tres partes/momentos, incorporando en cada unha das probas contidos relativos ao bloque finalizado. A proba atenderá a todos os contidos abordados en cada parte da materia (clases expositivas + clases interactivas).

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple, asociación e/ou resposta curta. O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1)

- Preguntas de asociación: so sumarán os acertos. Os erros non descontarán.

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.


As probas poderán ser realizadas a través do Campus Virtual, pero estando o alumnado presencialmente na aula, polo que será requerido que o alumnado dispoña dalgún dispositivo para poder levar a cabo a proba.
30
Portafolios do alumno A21 B1 B2 B6 C1 C6 As actividades incluídas na metodoloxía docente (estudo de casos, obradoiro, análise de fontes documentais) realizaranse, eminentemente, nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado una semana despois de finalizar todas as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta (o nº de integrantes dependerá do nº alumnado matriculado).

O documento final que se entregará poderá ser en formato pdf ou ben empregando a modalidade de e-portafolio. En calquera caso, deberá conter os seguintes elementos:

- Presentación do portafolio (incluindo "portada" e nomes dos integrantes dogrupo, introducción ao portafolio e á súa estrutura, e calquera outro aspectos relevante para darse a conocer ao lector)

- Portada (institucional) e índice paxinado

- Actividades: cada unha das actividades traballadas deberá conter (a) introducción fundamentada, (b) resultados acadados e (c) reflexión sobre a práctica.

- Reflexión final sobre o conxunto da materia (contidos teóricos, prácticas, interaccións...). Débense contemplar os seguintes aspectos: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fora do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

A docente realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo.

A avaliación das aprendizaxes mediante esta metodoloxía levarase a cabo a través de rúbricas deseñadas para cada unha das actividades e que se porán a disposición do alumnado antes da realización de cada actividade.
70
 
Observacións avaliación

REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

o   Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesións prácticas.

o  Participar na clase. A condición de alumnado asistente (80% de
asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e
aproveitamento do tempo de clase.

o   Realizar todas as actividades obrigatorias que
computan na avaliación final da materia; isto é: a proba mixta (tests dos
bloques de contidos 1, 2 e 3) e o portafolio.

o   Acadar o 50% da calificación en cada unha das
metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a
modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o
50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.
 
o   Axustarse ás datas de entrega sinaladas no
calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de
prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo
tanto, suporán unha calificación final de suspenso.

o   Realizar as actividades propostas, aproveitando
e optimizando o tempo que se destina na aula.

o   Realizar traballos
de carácter orixinal. O inclumprimento das normas éticas na realización de
traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na mesma e, polo
tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo ningunha
circunstancia aceptaranse traballos parcial ou totalmente extraídos doutras
fontes que non foran debidamente citadas.
 

MODALIDADES DE AVALIACIÓN

Tendo en conta a posible
existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla
co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación
segundo o réxime de adicación do alumnado:

 

o   Avaliación continua: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80% das sesións prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de dispensa académica (sempre que cumpla co réxime de asistencia):

-      Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das diversas prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaliación (análise de fontes documentais, estudos de caso, simulación) que será revisado pola profesora e incorporado ao portafolio da asignatura, así como das avaliacións (tests) realizadas a través da metodoloxía de "proba mixta" que se desenvolverá ao longo do cuadrimestre. 

-      Alumnado con recoñecemento de dispensa académica (a solicitar na Administración do centro): atendiendo á norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando unha titoría na que lle informará sobre o xeito en que se desenvolverá o proceso de aprendizaxe. Realizará as actividades de forma individual, e a súa avaliación consistirá na entrega das prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaluación (de maneira autónoma, e cunha ponderación de 70%) e a avaliación final por medio da proba mixta (30%), sempre e cando non lle sexa posible someterse ás avaliacións continuas baixo a modalidade de "proba mixta".

 

o  Avaliación final: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%). Recoméndaselle a realización das actividades prácticas (análise de fontes documentais, estudo de casos e simulación) de modo autónomo, e acoder regularmente a titorías para a consulta de dúbidas sobre as mesmas. Será avaliado mediante proba mixta tanto das actividades prácticas como dos contidos teóricos nunha proba ao final do cuadrimestre, na que se ponderará cun 70% os contidos relativos as actividades do portafolio e un 30% os contidos teóricos da materia. 

Fontes de información
Bibliografía básica Pérez-Campanero, M.P. (1998). Cómo derectar las necesidades de intervención socioeducativas. Narcea.
Granados García-Tenorio, P., & Mudarra Sánchez, M.J. (2010). Diagnóstico en educación social. Sanz y Torres
Rubio, M.J., & Varas, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social: Métodos y técnicas de investigación . CCS.
Losada Puente, L. (2021). Evaluación y diagnóstico de las necesidades socioeducativas. Manual docente (2ª ed.). EUNOIA.
Sánchez Romero, C. (2015). Formación y desarrollo profesional del educador social en contextos de intervención. UNED.
Corbetta, P. (2010). Metodologías y técnicas de investigación social. McGraw Hill.
Diz López, M.J. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extr.(6), 1-5
Losada, L., Muñoz, J.M., & Espiñeira, E.M. (2015). Perfiles, funciones y competencias del educador social a debate: análisis de la trayectoria de la formación de profesionales de la educación social. RES Revista de Educación Social, 60, 59-76
Álvarez Rojo, V., García Jiménez, E., Gil Flores, J., Martínez Clares, P., Romero Rodríguez, S., &am (2002). Primera fase de la intervención: La determinación de las necesidades de los destinatarios del programa (pp. 51-93). EOS.
Bryman, A. (2016). Social research methods. Oxford University Press.

Bibliografía complementaria Escudero, J. (2010). Análisis de la realidad local: Técnicas y Métodos de intervención desde la animación sociocultural. . Narcea.
Muiños, R. (2008). El diagnóstico participativo. EUNED.
Benítez Ramírez, M.C. (2013). El informe socioeducativo: instrumento de la Educación Social. RES Revista de Educación Social, 16, 1-17
Rodríguez Pérez, A. y Morera Bello, M.D. (2001). El sociograma: Estudio de las relaciones informales en las organizaciones. Pirámide.
Fernández-Ballesteros, R. (2009). Evaluación psicológica: Conceptos, métodos y estudios de caso. CCS.
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Punto Rojo Libros, S.L.
Pérez Serrano, G (2003). Pedagogía social. Educación social: Construcción científica e intervención práctica. Narcea.
Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . APH Publishing Corporation.
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. New Age International Publisher.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías