Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Administración local e acción cultural e educativa Código 652G03040
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/pdce/Hector
Descrición xeral Un dos principais ámbitos de intervención profesional do/a educador/a social reside na Administración Local e as súas políticas activas. Coñecer os trazos definitorios (legais, competenciais, arbitrarios...) de dito contexto político-xeográfico é labor desta materia. Polo tanto, abordaremos aspectos tanto teóricos como prácticos que melloren a formación do alumnado interesado en achegarse ao labor dos municipios como axencias educativas e culturais.
Desde un enfoque preponderantemente práctico e pre-profesional, coñeceremos programas de aquelas adminsitracións máis proactivas e tamén de outos axentes locales.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os factores contextuais que afectan aos procesos da acción educativo-cultural desde os municipios e os axentes locais. Manexar métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos educativos e culturais. Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural. Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. Dialogar cos diferentes saberes que reflexionan e operan na cidade. A5
A6
A7
A8
A10
A21
B1
B3
B6
C1
C5
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Municipio e acción educativa: a lexislación cultural e educativa de referencia na Administración Local. Os textos que marcan liñas.
1. 1 Marco Normativo-Legal. A lexislación en educación e cultura.
1.2. A axenda 21 da cultura e outros textos.
2. Os axentes culturais.
2.1 Saber ler a cidade: axentes que educan
3. Que acción cultural?


3. 1 Políticas culturais e educativas: trazos e interdependencia.
4. A oferta pedagóxica á cidadanía: deseño e boas prácticas. 4.1 Casos
5. A deriva como metodoloxía participativa para coñecer a cidade 5.1 Explicación da técnica
5.2 Presentación práctica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A10 B1 C5 C6 C8 6 48 54
Aprendizaxe colaborativa A7 A6 3 10 13
Estudo de casos A21 B3 3 24 27
Discusión dirixida B6 7.5 0 7.5
Lecturas A5 3.5 6 9.5
Presentación oral B6 4 7 11
Sesión maxistral A8 15 11 26
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Haberá, en diversos soportes, documentos referidos a Boas Prácticas para analizar na aula de maneira colectiva. É o caso das cidades que teñen asinada a Axenda 21 da Cultura.
Aprendizaxe colaborativa O alumnado deberá desenvolver un traballo de investigación aplicada sobre unha iniciativa educativa e/ou cultural local. O número de membros do grupo será de tres persoas e non deberán entregala, senón defendela no espazo e prazo que indicará ao seu debido tempo o profesor. A proposta deste curso será: o patio escolar.
Estudo de casos Trátase de experiencias concretas que achegará o profesor ou o alumnado.
Discusión dirixida Ao longo do cuadrimestre, abordaremos proxectos ou experiencias para ser discutidas en clase.
Lecturas Haberá a disposición do alumnado un DOSSIER, tanto en soporte dixital como papel. Así mesmo, realizaremos un libro-forum sobre unha obra que especificará coa debida antelación o profesor.
Presentación oral Tanto a intervención nas clases como a defensa dos traballos colectivos e individuais por parte do alumno/a serán tidos moi en conta polo profesor.
Istos deberán ser defendidos en lingua galega.
Sesión maxistral Consiste en explicacións do profesor así como doutras persoas, nomeadamente profesionais en activo no ámbito da acción educativa e cultural local, do exercicio profesional en cuestión. Poderá ser na propia aula ou na visita ao espazo laboral do profesional en cuestión.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Presentación oral
Descrición
Despois de indicadas polo profesor, o alumnado deberá de ler indivisualmente ditos textos e participar nun libro forum na clase.

NOTA: Aquel alumnado que, ao comezo do cuadrimestre, manifeste e demostre coa dumentación necesaria, que por motivos laborais non pode acudir con regularidade á clase, poderá cursar a materia de xeito distinto. Para elo, deberá realizar: o seguimento dunha iniciativa e/ou proxecto que se estea a implementar e presentala antes da data do exame, lectura e recensión dun libro estipulado polo profesor e exame. As tres actividades son imprescindibles para superar favorablemente a materia. Nunha 2ª OPORTUNIDADE, con aprobar o exame abonda.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A7 A6 Valorase a posta en escena, a comunicación, o contido, a análise desenvolvida e as conclusións por parte do equipo. 30
Estudo de casos A21 B3 Valorase a participación activa do alumnado 10
Lecturas A5 Valorarase a calidade das reflexións ao fío das lecturas propostas 30
Presentación oral B6 Valorarase a presentación e defensa do traballo por grupos (o patio escolar) ou individuais (deriva) 30
 
Observacións avaliación

Nesta materia, a presenza e implicación do alumno/a é fundamental. De aí que o profesor desbote a posibilidade (agás os casos do alumnado con dispensa académica) de realizar unha proba mixta.

A práctica da deriva é individual.

Aquelas persoas que non accedan con regularidade ás clases deberán cursar a materia na maneira que se explica na "Atención personalizada". A avaliación poderá mudar se o acordo profesor-alumnado é a de realizar un exame final. En todo caso, todas as actividades que propoña o profesor son revisables para a avaliación final e o alumno/a en cuestión deberá asistir á preceptiva titoría co profesor para aclarar estos aspectos avaliativos.

Por ser esta materia impartida integramente en lingua galega, será tamén esa a lingua enque o alumnado deberá expresarse no desenvolvemento da asignatura, tanto oralmente como por escrito.


Fontes de información
Bibliografía básica

Aldanondo, P. & Escudero, J. (2002): La política cultural en el municipio. Madrid:Fund. Autor.

Alderoqui, S. (2012). Paseos urbanos. El arte de caminar como práctica pedagógica. Buenos Aires: Lugar editorial.

Asensio, M. & Pol, E. (2002): Nuevos escenarios en educación. Aprendizaje informal sobre el patrimonio, los museos y la ciudad. Buenos Aires: Aique.

Berger, J. (1980). Modos de ver. Barcelona: Gustavo Gil¡.

Bouzada, X. (coord.) (2000): Cultura e concellos: estratexias de promoción cultural no ámbito local. Santiago: Consello da Cultura Galega.
Bouzada, X. (coord) (2004): Cultura e Participación. Santiago: Consello da Cultura Galega.
Cabral, F. (2004): Ciudadania, sistema educativo e cidade educadora. Lisboa: Instituto Piaget.
Calaf, R. (coord.) (2003): Arte para todos. Miradas para enseñar y aprender el patrimonio. Gijón: Trea
Camps, V. & Giner, S. (1998): Manual de civismo. Barcelona: Ariel.

Careri, F. (2002). Walkscapes. El andar como práctica estética. Barcelona: Gustavo Gili.

Caride,J. A.; Freitas, O. & vargas, G. (2008): Educaçao e desenvolvimento comunitario local: perspectivas pedagógicas e sociais de sustentabilidade. Porto: Profediçoes.
Caride, J. A. & Pose, H. (2008): Comunidades que educan. Grial, Revista Galega de Cultura, 177, 36-41.
Caride, J. A. & Trillo, F. (coords) (2011): Dicionario Galego de Pedagoxía. Vigo: Galaxia.
Casellas, L. & Sola, L. (2004): El papel de las Administraciones locales en la participación ciudadana. Intervención Psicosocial: Revista sobre Igualdad y Calidad de Vida, 13, 271-288.
Castro, M. e outros (2007): La escuela en la comunidad: la comunidad en la escuela. Barcelona:Graó.
Civís, M.; Longás, E.; Longás, J. & Riera, J. (2007): Educación, territorio y desarrollo comunitario: prácticas emergentes. Educación Social, Revista de Intervención Socioeducatica, 36, 13-25.
Civís, M & Riera, J. (2007): La nueva pedagogía comunitaria: un marco renovado para la acción sociopedagógica interprofesional. Valencia: Nau Llibres.
Cortina, A. (2007): Érica de la razón cordial: educar en la ciudadanía en el siglo XXI. Oviedo : Noval.
Elboj, C. (2002): Comunidades de aprendizaje: transformar la educación. Barcelona: Graó.
FEMP (2002): La política cultural en el municipio. Madrid: FEMP.
FEMP (2007): Sistema de indicadores para la evaluación de la spolíticas culturales locales en el marco de la Agenda 21 de la cultura. http://www.femp.es
Fernández, J.M. (2007): Educar en valores, formar ciudadanos: vieja y nueva educación. Madrid: Biblioteca Nueva.
Fernández, B. e Lorente, J. (edit) (2009): Arte en el espacio público: barrios artísticos y revitalización urbana. Zaragoza: Prensas Universitarias.
Fontal, O. (2003): La educación patrimonial. Gijón: Trea.
Gradaílle, R. & Caballo, Mª. B. (2008): El papel de la educación social en la articulación de proyectos educativos comunitarios. Aula de Innovación educativa, 171, 74-76.
Gradaílle, R. & Montero, P. (2009): Hacia la ciudad educadora: una lectura de las políticas educativas urbanas. En Yubero, S.; Caride, J.A. & Larrañaga, Ed. (edits): Sociedad educadora, sociedad lectora. Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha., 625-637.
Haukes, J. (2001): The fourth pillar of sustainability: culture´s essential role in public planning. Australia: Commom Ground.

Huerta, R. (2015). La ciudad y sus docentes. Miradas desde el arte y la educación. Barcelona: UOC.

Imbernón, F. (2002): cinco ciudadanías para una nueva educación. Barcelona: Graó.
Imbernón, F. (2008): Los programas de educación social como nexo articulador entre la escuela y el municipio. Aula de Innvoación educativa, 168, 63-66.
Innenarity, D. (2006): El nuevo espacio público. Madrid: Espasa Calpe.

interea: todos os materiais do proxecto interea /Deputación da Coruña)  dispoñibles na biblioteca.

Lipovetsky, G. & Serroy, J. (2010): La cultura-mundo. Respuesta a una sociedad desorientada. Barcelona: Anagrama.
López de Aguileta, I. (2000): Cultura y ciudad. Manual de cultura municipal. Gijón: Trea.
Luengo, F. (2006): El proyecto Atlántida: experiencias para fortalecer el eje escuela, familia y municipio. Revista de Educación, 339, 177-194. http://www.revistaeducacion.educacion.es
Martí, J.; Pascual, J. & Rebollo, O. (2005): Participación y desarrollo comunitario en medio urbano: experiencias y reflexiones. Madrid: Iepala.

Martínez, J. (2014). La ciudad como contenido del curriculum. En Cuadernos de Pedagogía, 447, 81-83.

Merino, A. & Plana, J. (2007): La ciudad educadora: aportaciones para una nueva política educativa local. Barcelona: Ediciones del Serbal.
Molina,S. (2007): La ciudad como agente educador: condiciones para su desarrollo. ESE: Estudios sobre educación, 13, 39-56.
Montero, P. (2008): Políticas locales de ciudadanía para educar otras infancias posibles. Educación Social, 38, 60-76.
Obertí, M. (2007): L´escole dans la ville. París: Presses de Sciencies Po.
Pascual, J. & Dragojevic, S. (2007): Guía para la participación ciudadana en el desarrollo de políticas culturales para ciudades europeas. Barcelona: Interarts.
Pose, H. (2006): La cultura en las ciudades. Un quehacer cívico-social. Barcelona: Graó.
Revista interea visual. Deputación da Coruña (todos os números, 0-11).

Reyes, J.; Castro, E.; Noguera, P. (2017): L avida como centro: arte y educación ambiental. Editorial Univesitaria: México.

Rius-Ulldemolins, J. )2016). Treinta años de políticas culturales en España. PUV: Valencia.

Santos, M.A. & Lorenzo, M. (2001): A construción educativa da cidade: unha perspectiva transversal. Santiago: Concello de Santiago.

Segovia, Ch e outros (2015). Espacios para la innovación, la creatividad y la cultura. Valencia: PUV, Universitat de Valencia.
Subirats, J. (edit) (2002): Gobierno local y educación: la importancia del territorio y la comunidad en el papel de la escuela. Barcelona: Ariel.
Tonucci, F. (1997): La ciudad de los niños: un modo nuevo de pensar la ciudad. Madrid: FGSR.
Trilla, J. (2005): La ciudad educadora: municipio y educación. En Peiró, S. (ed): Nuevos espacios y nuevos entornos en Educación. Alicante: Editorial Club Universitario, 19-42.
Úcar, X. & Llena, A. (2006): Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Barcelona: Graó.
Valero, F. (2003): La ciudad como espacio socioeducativo del ciudadano: problemas y posibilidades. Revista de Educación, extra 1, 377-390. http://revistaeducacion.educacion.es

Valle, J. (2017): La razón también tiene sentimientos. Culbuks: Sevilla.

Yubero, S.; Caride, J.A:; Pose, H. & Larrañaga, E. (2016): Educación Social y Alfabetización Lectora. Síntesis: Madrid.

Bibliografía complementaria

Ao longo do cadrimestre, iremos achegando múltiples materiais (unidades didácticas, novidades biliográficas, reportaxe de prensa, videos...) que entendemos de interese para o alumnado.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías