Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingüística Código 652G04004
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alvarez Caccamo, Celso Maria
Correo electrónico
celso.alvarez.caccamo@udc.es
Profesorado
,
Alvarez Caccamo, Celso Maria
Correo electrónico
eleonora.guzzi@udc.es
celso.alvarez.caccamo@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución ao estudo da linguaxe, das linguas e da comunicación a meio delas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Não há nenhuma modificação.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican - Por decisão da Junta de Faculdade de Ciências da Educação, todas as aulas expositivas serão não presenciais; serão pola plataforma Teams. Procurará-se que as sessões sejam em tempo real, com estudantes da matéria que liguem voluntariamente à sessão por Teams, com uma antecedência de polo menos o dia anterior ao da aula expositiva. Também poderá haver materiais e explicações pré-gravadas na plataforma Stream.

Caso de não poder haver nenhuma presencialidade nas aulas, as sessões interativas serão por Teams em tempo real, nos horários estabelecidos.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Caso de não poder ser presencial, a atenção será por correio eletrónico e pola plataforma Teams.

4. Modificacións na avaliación - A assistência às aulas expositivas não presenciais não contará para a avaliação. Caso de não poder haver tampouco aula interativas presenciais, a assistência às aulas por Teams poderá não contar para a avaliação se o/a estudante explica que tem problemas de conetividade à plataforma Teams em tempo real.

*Observacións de avaliación: - Caso de não poder ser presencial, o exame será por Moodle, semi-síncrono, num tempo mais amplo do que o presencial, e terá carácter eminentemente aplicado, de reflexão e de síntese. Poderá haver pequenas provas parciais dos conteúdos, liberatórias da matéria.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Nenhuma.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Aprender a aprender.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
B21 Tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. A3
B1
B2
B4
Capacidade de análise e síntese. B7
Traballar autonomamente. B21
B22
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. B8
Traballar de forma colaborativa e en equipa. B23
B24
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A Lingüística e o seu obxecto. 1.1. Alcance e obxectos da Lingüística.
1.2. Disciplinas e subdisciplinas que inclue.
1.3. A aplicación da Lingüística a ámbitos sociais.
2. A linguaxe e a comunicación. 2.1. A comunicación, a información e a sua interpretación.
2.2. A orixe da linguaxe.
2.3. Características da linguaxe humana. Comunicación animal e humana.
2.4. Os canais da comunicación oral, visual e táctil. A escrita.
3. Linguaxe, mente e cerebro. 3.1. Relacións entre linguaxe e pensamento.
3.2. Localización da faculdade lingüística no cerebro.
3.3. Trastornos da linguaxe.
3.4. Adquisición dunha primeira e dunha segunda lingua.
4. Os sons das linguas. 4.1 A produción do son.
4.2. Clases de sons: vogais e consoantes.
4.3. A transcrición fonética.
4.4. Fonema, fone e alofone. Os sistemas fonolóxicos.
4.5. Os elementos suprasegmentais.
4.6. A sílaba.
5. Da palabra ao discurso. 5.1. As unidades mínimas significativas: os morfemas.
5.2. Morfemas, morfes e alomorfes. Tipos de morfemas.
5.3. A palabra. Formación de palabras nas linguas.
5.4. A morfoloxía das diversas linguas.
5.5. Clases de palabras e categorías gramaticais.
5.6. A oración: simple e composta.
5.7. Os sintagmas (ou frases).
5.8. As relacións sintácticas.
6. O significado. 6.1. Definición do significado: sentido e referencia.
6.2. Fenómenos semánticos.
6.3. Proposición. Predicado e argumentos.
6.4. Significado literal e significado implícito.
6.5. A cooperación na conversa.
6.6. Actos de fala e os seus tipos.
6.7. A cortesía como estratexia verbal.
6.8. A deíxis e os seus tipos.
7. A diversidade lingüística. 7.1. Introdución ás familias lingüísticas.
7.2. Lingua padrón e variedades.
7.3. Variación xeográfica: os dialectos.
7.4. Variación social: sociolectos e rexistros.
7.5. As comunidades lingüísticas.
7.6. Contacto de linguas e bilingüismo.
7.7. A planificación lingüística.
8. Aplicacións da Linguística. 8.1. Elaboración de dicionarios e gramáticas.
8.2. O ensino das linguas.
8.3. Tradución e interpretación.
8.4. Lingüística computacional.
8.5. Lingüística clínica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A3 B2 B7 C1 3 30 33
Sesión maxistral A3 B4 B8 22 22 44
Lecturas A3 B1 B4 B22 0 33 33
Obradoiro A3 B1 B2 B4 B7 B8 B21 B22 B23 B24 C1 18 18 36
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita final.
Sesión maxistral Explicación dos conceitos fundamentais e clarificación das dúbidas principais.
Lecturas Lectura — e, no seu caso, síntese e/ou comentario — de material obrigatorio.
Obradoiro Diversas metodoloxías e probas nas aulas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) e tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, con supervisión do profesorado e resolución de dúbidas específicas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Obradoiro
Descrición
Farase un seguimento nas aulas interactivas das actividades realizadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B2 B7 C1 Unha proba escrita final, cuxos contidos serán o temario, as lecturas e os outros materiais utilizados nas aulas. 40
Sesión maxistral A3 B4 B8 Avaliaráse a asistencia e participación. 10
Obradoiro A3 B1 B2 B4 B7 B8 B21 B22 B23 B24 C1 Avaliarase a asistencia e participación activa, e os resultados das diversas prácticas e actividades, que serán apresentadas e/ou desenvolvidas nas aulas interactivas. 50
 
Observacións avaliación

Observacións:

1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE (EN XANEIRO):

1.1. O Obradoiro inclui a realización de 1 actividade avaliábel (en principio individual; poderá ofrecerse a opción a facela en parellas a discreción do profesorado), e unha serie de tarefas de seguimento das leituras e outros traballos práticos durante o
curso, tanto nas sesións de aulas como fora.

1.2. O alumnado repetidor que non asista ás aulas, e o alumnado que teña unha dispensa académica oficial,
recibirá un 44,45% da súa cualificación pola realización da Proba mixta, e 55,55% polo apartado de Obradoiro, incluindo tanto a Actividade avaliábel canto as outras tarefas do curso que non requiran asistencia.

1.3. O alumnado repetidor que non poda asistir ás aulas, ou que teña dispensa oficial, deberá comunicalo ao profesorado da materia durante as duas primeiras semanas do curso. De non facelo así, poderá aplicárselle o mesmo reparto porcentual
que ao resto do estudantado (40% + 10% + 50%).

1.4. Para superar a materia na primeira oportunidade é preciso ter polo menos un 4 en cada un nos apartados Proba mixta e Obradoiro.

1.5. Para superar a proba mixta (exame final) é necesario un certo equilibrio de notas entre os diversos temas e partes do programa. Nomeadamente, para aprobar deberá obterse polo menos un 3 en todas as perguntas menos unha. Sen ese equilibrio, a media aritmética, se igual ou superior a 5, non poderá ser considerada, e será sustituida por un 4,5 (suspenso) indicativo da necesidade de repetir a proba obxectiva inteiramente.

1.6. Para superar o apartado do Obradoiro no seu conxunto é necesario obter polo menos un 4,5 na Actividade.

1.7. En caso de non poder aprobar por non ter obtido polo menos un 4 en cada un dos apartados Proba obxectiva e Obradoiro, nas Actas figurará como nota ou ben a media aritmética se é inferior a 4,5, ou 4,5 se a media fose superior. Porém, esta nota de 4,5 é inamovíbel, e é só indicativa de que se debe repetir algún dos apartados (ou os dous).

1.8. Porén, os profesores poderá flexibilizar en sentido positivo estes requerimentos de notas mínimas con carácter xeral (aplicábel a todo o alunado) para favorecer unha avaliación mais global do desempeño.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE (EN XUÑO-XULLO):

2.1. Aplícanse os mesmos criterios de notas mínimas para cada apartado.

2.2. Repetirase a Proba mixta (exame final) no día oficial (ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). A Proba é indivisíbel; caso de ter que ser repetida, será inteiramente, e voltará a incluir todo o temario da primeira oportunidade.

2.3. Realizarase a Actividade suspensa (poderá ser diferente á realizada en xaneiro, aínda que cun formato semellante ou comparábel), e, no seu caso, as tarefas menores de seguimento do curso, a criterio dos profesores.

2.4. Para a oportunidade de xullo, manteránse as notas dos apartados superados na primeira oportunidade. No caso das diversas actividades e tarefas, os profesores indicarán se se considera superado o apartado Obradoiro inteiro, ou se hai que repetir algunha actividade non satisfactoria (por exemplo, unha cunha nota de 3).

2.5. A asistencia, loxicamente, non se poderá recuperar na segunda oportunidade. Se o apartado da asistencia foi superado (mais do 50%, isto é, un 5), manterase a nota. Se non fose superado, axustaranse as porcentaxes para Proba mixta (44,45%) e Obradoiro (55,55%).

3. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO. Para a convocatoria adiantada de decembro rexerán os mesmos criterios
que para a segunda oportunidade de xullo, excepto no correspondente aos
apartados onde a asistencia é fundamental (Sesión
maxistral), que non será considerados. A distribución porcentual dos apartados será axustada da seguinte maneira: Obradoiro, 55,55%;
Proba mixta, 44,45%.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO.
Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas/es estudantes
que: (a) non se apresenten a ningunha das probas obxectivas (xaneiro e xullo) e que,
ademais, (b) non entreguen a actividade availábel en nengunha das oportunidades. Isto é, a entrega da Actividade ou a asistencia á Proba obxectiva nalgunha das oportunidades implica necesariamente receber unha nota final numérica.

5. AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES. A copia ou plaxio de material alleo para calquer das actividades avaliábeis ou das tarefas, sen elaboración propia, e por calquer medio, acarreta automaticamente unha nota de cero (0), sem posibilidade de repetición da actividade nesa oportunidade. Durante o curso se poderán estabelecer procedimentos adicionais específicos a cumprir canto á entrega, apresentación e avaliación das actividades.

6. AVALIACIÓN DA PROBA MIXTA. A copia de respostas na proba a partir de materiais non autorizados, a partir das respostas doutro/a estudante, ou por meio de calquer outro procedimento ilexítimo, acarreta automaticamente unha nota de cero (0) en toda a proba, e a imposibilidade de continuar con ela nesa oportunidade.

7. As condutas irregulares e ilexítimas na realización das actividades, tarefas ou probas (plaxio, copia, falsificación, utilización de respostas ou solucións doutros anos, etc.), alén das consecuencias que podan ter sobre a nota na materia -- dado o carácter patentemente inxusto de querer autofavorecerse ilicitamente e polo tanto de perxudicar as/os compañeiras/os -- poden estar suxeitas a penalización disciplinar do/a estudante infractor/a por parte da Universidade, o cal pode incluir a expulsión da mesma.



Fontes de información
Bibliografía básica Fromkin, Victoria, y Rodman, Robert (1993). "Da boca dos bébés: aquisição da língua pela criança". Em: Introdução à Linguagem, pp. 351-373. Coimbra: Livraria Almedina
Casado Fresnillo, Celia, y Escandell Vidal, Mª Victoria (2011). "El lenguaje y las lenguas". En: Mª Victoria Escandell Vidal (coord.) e outros. Invitación a la lingüística, pp. 1-52. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Marrero Aguiar, Victoria (2011). "Fonética y Fonología". En: Mª Victoria Escandell Vidal (coord.) e outros. Invitación a la lingüística, pp. 87-126. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Escandell Vidal, Mª Victoria, y Marrero Aguiar, Victoria (2011). "La Lingüística y sus fundamentos". En: Escandell Vidal, Mª Victoria (coord.) e outros. Invitiación a la lingüística, pp. 53-85. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Mariño, Xurxo (2018). "Y se hizo el lenguaje". En: El misterio de la mente simbólica, pp. 84-116.. Madrid: EL PAÍS
Yule, George (2007). “Adquisición de la primera lengua”. Em: El lenguaje, pp. 175-191.. Madrid. Akal
Yule, George (2007). “El desarrollo de la escritura”. En: El lenguaje, pp. 29-37.. Madrid. Akal
Yule, George (2007). “El lenguaje y el cerebro”. En: El lenguaje, pp. 161-174.. Madrid. Akal
Crystal, David (1994). “El lenguaje y otros sistemas de comunicación”. En: Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, pp. 396-403.. Madrid: Taurus
Escandell Vidal, Mª Victoria (2010). “La estructura de las palabras”. En: El lenguaje humano, pp. 137-169.. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Gutiérrez Rodríguez, Edita (2010). “La Sintaxis”. En: El lenguaje humano, pp. 171-206.. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Yule, George (2007). “La variación geográfica de las lenguas”. Em: El lenguaje, pp. 238-252.. Madrid. Akal
Yule, George (2007). “La variación social de las lenguas”. Em: El lenguaje, pp. 253- 266.. Madrid. Akal
Mateus, Maria Helena Mira, y Alina Villalva (2006). “Para que serve a Linguística?”. En: O Essencial sobre Linguística, pp. 79-92.. Lisboa. Caminho
Yule, George (2007). “Pragmática”. En: El lenguaje, pp. 132-145. Madrid. Akal
Simone, Raffaele (1993). “Propiedades fundamentales del lenguaje / ‘Abstracto’ en lingüística”. En: Fundamentos de Lingüística, pp. 18-22.. Barcelona: Ariel
Yule, George (2007). “Semántica”. En: El lenguaje, pp. 118-131.. Madrid. Akal

As leituras obrigatorias serán tomadas maioritariamente da listaxe anterior, mais pode haber algunha non incluída aí.

Bibliografía complementaria Moreno Cabrera, Juan Carlos (2002). Curso universitario de Lingüística General. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis general. Madrid: Síntesis
Walter, Henriette (1996). A aventura das línguas do Ocidente. Lisboa: Terramar
Martínez Celdrán, Eugenio (1995). Bases para el estudio del lenguaje . Barcelona: Octaedro
Hurford, James R., y Brendan Heasley (1983). Curso de Semántica. Madrid: Visor
Cardona, Giorgio Raimondo (1991). Diccionario de lingüística. Barcelona: Ariel
Yule, George (2007). El lenguaje. Madrid: Akal
Mariño, Xurxo (2018). El misterio de la mente simbólica. Cerebro, lenguaje y evolución. Madrid. EL PAÍS
Martín Vide, Carlos (ed.) (1996). Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro
Crystal, David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus
Escandell Vidal, Mª Victoria (2005). La comunicación. Madrid: Gredos
Moreno-Torres Sánchez, Ignacio (2004). Lingüística para logopedas. Málaga: Ediciones Aljibe
Martínez Celdrán, Eugenio, et alii (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones. Barcelona: Masson
Ramallo, Fernando, et alii (2000). Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais
Comrie, Bernard, S. Matthews y M. Polinsky (eds.) (2001). O Atlas das Línguas: A Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial Estampa
Bernárdez, Enrique (2000). ¿Qué son las lenguas? . Madrid: Alianza


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingüística clínica/652G04042
Sociolingüística/652G04044

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías