Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Fundamentos de intervención logopédica Código 652G04005
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Fundamentos da intervención logopédica sitúase no 1º cuatrimestre do 1º Curso do Grao en Logopedia; polo tanto, trátase dunha materia que permite introducirse nos coñecementos necesarios para o estudo no campo da logopedia. A logopedia é unha disciplina de carácter multidisciplinar que comparte o seu estudo sobre a comunicación humana con outras disciplinas relacionadas coa mediciña (neuroloxía, psiquiatría, neurología, fisioloxía...), así como coa lingüística, a pedagoxía, a psicoloxía... A comunicación e a súa forma máis importante de expresión, a linguaxe, son hoxe en día un dos temas centrais na Sociedade da Información, cuxos cambios son reflectidos nas súas diversas esferas: na educativa, a familiar, a comunitaria... A través desta materia preténdese afonzar nos conceptos chave que mergullarán ao estudantado no campo da intervención logopédica en diversos sectores e campos de acción do profesional da Logopedia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais.
A13 Coñecer os principios xenerais de la intervención logopédica.
A14 Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento.
A16 Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial.
A24 Coñecer o concepto de Logopedia, obxecto e método; A profesión de logopeda; A Historia da Logopedia; A deontoloxía e a lexislación relevante para o exercicio profesional.
A25 Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B9 Capacidade de organizar e planificar.
B16 Resolver problemas de forma efectiva.
B17 Saber expresarse en público.
B19 Ter compromiso ético.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece e diferencia os conceptos fundamentais relativos aos trastornos da comunicación, da linguaxe, da fala, da voz e a audición e as funcións orais non verbais. A6
B7
B9
Explica os conceptos e principios xerais da intervención logopédica, identificando e diferenciando segundo as súas competencias, así como as funcións de prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. A13
A14
A24
B16
B17
Identifica e diferencia as características da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial... A13
A16
A32
B7
B9
B16
C8
Comprende e analiza a profesión de logopeda, o seu obxecto e método, atendendo ás súa evolución histórica, características e á deontoloxía e lexislación actual para o exercicio profesional. A14
A24
A32
B7
B9
B19
Demostra o manexo de instrumentos de recollida de información pertinentes para estudar a realidade que envolve á profesión do/da Logopeda. A32
B16
B19
C8
Pon en práctica os coñecementos adquiridos acerca da profesión de Logopeda e a súa labor nas diversas institucións educativas, sanitarias e sociais. A25
A32
B16
B17
B19
C1
C8
Pon en valor a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B19
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introducción á logopedia 1.1. Aproximación ao campo da logopedia: análise epistemolóxico e conceptual
1.2. Relacións da logopedia con outras disciplinas
1.3. Panorama histórico da logopedia
Tema 2. Obxecto da intervención logopédica 2.1. Perfil e funcións do/da logopeda
2.2. Destinatarios da intervención logopédica
2.3. Competencias profesionais do/da logopeda para a intervención
Tema 3. Ámbitos e contextos da intervención: características e organización 3.1. Segundo o tipo de función: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento
3.2. Segundo as persoas destinatarias
3.3. Seundo o contexto, ámbito ou lugar de actuación
3.4. Segundo o tipo de patoloxía e trastorno
Tema 4. Funcións do/da logopeda 4.1. Funcións no contexto escolar
4.2. Funcións nos servizos sociais
4.3. Funcións en relación a profesionais da voz
Tema 5. A actuación do logopeda e a lexislación básica 5.1. A profesión de Logopeda en España e na UE
5.2. Código Deontolóxico do Consello Xeral de Colexios de Logopedas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A13 A14 A16 A24 A25 18 0 18
Proba mixta A6 A13 A14 A16 A24 A25 B7 B9 2 20 22
Análise de fontes documentais A6 A13 A24 B7 B9 B17 C8 C1 4.5 22.5 27
Estudo de casos A14 A32 B16 C1 C8 1.5 7.5 9
Seminario A24 A25 B19 3 0 3
Presentación oral B17 B7 C1 6 30 36
Investigación (Proxecto de investigación) A16 A25 A32 B7 B16 B17 B19 C8 C1 4.5 22.5 27
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.

A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividaes que se levarán a cabo correspondentes ás fases do proceso de investigación.
Proba mixta Proba escrita para a avaliación do coñecemento que poderá integrar preguntas de tipo probas de ensaio (preguntas abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de proba obxectiva (de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación).
Análise de fontes documentais Actividades destinadas a que o alumnado realice a lectura e análise crítica da información procedente de fontes documentais diversas. Tras unha lectura reflexiva, deberá respostar ás cuestións formuladas pola docente:
(a) documentos relevantes (artigos de revista e/ou prensa, capítulos de libros...) que permitan a definición dos conceptos clave da materia, trala procura por parte do alumnado.
(b) lectura, resumo e análise de documentos para a preparación de contidos a expoñer ante os/as seus compañeiros/as;
(c) lectura para ampliar a comprensión de conceptos básicos da materia e que permitan a elaboración de pensamentos razoados sobre as competencias, perfís e funcións do/da profesional da logopedia.
Estudo de casos Actividade na que o alumando deberá presentar unha situacion problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. Describirase de xeito amplo e detallado, e o alumnado deberá ser quen de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así como outro masteriais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da materia.

Realizarase grupalmente (o número de participantes a determinar, segundo o número de alumnado matriculado) e será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Seminario Técnica de traballo en grupo na que se estudará de forma intensiva a temática da profesión de Logopeda en España e na UE. A finalidade é xerar discusión, participación, elaboración de documentos e acadar unhas conclusións entre todas as persoas participantes.
Poderase dar en unha das dúas modalidades seguintes:
(a) En forma de charla-coloquio, convidando a unha persoa experta en materia que formule cuestións e suscite inquedanzas propias da profesión que serán debatidas por todo o alumnado.
(a) A través da procura de información sobre os distintos Colexios Profesionais de Logopedas. Neste caso, será o propio alumnado o que afonde sobre o tema e desenvolva cuestións de interese.
Presentación oral O alumnado deberá presentar algunhas das actividades propostas no marco da análise de fontes documentais, estudo de caso e, se procede, no seminario. As presentacións das actividades traballadas en grupo será grupal e requirirase da participación de todos os integrantes.

O proxecto de investigación será presentado por parte de todo o grupo, a modo de exposición oral, empregando para isto recursos e medios de carácter innovador. Valorarase, ademáis da calidade e claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos, a adecuación ao público e lugar da presentación e, sobre todo, a creatividad e a innovación.
Investigación (Proxecto de investigación) O alumnado deberá afondar e investigar sobre un tema de entre varios que se propoñan. Traballarase en grupo, elixindo un tema dos propostos, procurando que o tema non se repita entre os grupos.
O grupo elaborará un traballo escrito, que entregará e exporá.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Análise de fontes documentais
Investigación (Proxecto de investigación)
Seminario
Descrición
Se ofrecerá ao alumnado atención personalizada nas titorías individuais e/ou grupais tanto para o desenvolvemento e corrección dos traballos de aula (análise de fontes documentais, seminario, investigación) como para a resolución de dúbidas para o exame (proba mixta), coa find e facer un seguimento da evolución da aprendizaxe e un rexistro do seu traballo persoal.

O alumando acudirá no horario de titorías disposto pola docente para o 1º cuatrimestre. Recoméndase solicitar con antelación, por correo electrónico, unha cita coa docente para evitar esperas innecesarias e interrupcións da labor dos/das docentes nos seus despachos por mor do ruido xerado nos pasillos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A13 A14 A16 A24 A25 B7 B9 Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia.

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple, de asociación, de resposta curta e/ou resposta aberta/desenvolvemento.

O sistema de corrección no caso das probas obxectivas será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1)

- Preguntas de asociación: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
70
Investigación (Proxecto de investigación) A16 A25 A32 B7 B16 B17 B19 C8 C1 O alumnado deberá entregar, grupalmente, oresultado do proceso de investigación na modalidade seleccionada (redacción dun informe dunha institución; recensión dun libro; lectura e análise crítico de prensa; análise de materiais de intervención logopédica; etc.).

O informe da investigación desenvolvida deberá presentar as seguintes aracterísticas:
- Extensión entre 10-20 páginas, incluíndo índice e referencias bibliográficas.
- Tipo de letra: Arial 11 puntos. Espaciado 1.5.
- Incluir: portada, índice e apartados básicos dn proyecto (introducción, desenvolvemento e conclusións).
- Adecuar o traballo ás Normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se procedese). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.

Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
20
Presentación oral B17 B7 C1 Algunhas das prácticas presentaranse oralmente a fin de resolver dúbidas de cara ao examen. A única práctica puntuable na súa presentación oral será o proxecto de investigación, que se valorará en base aos seguintes criterios:

- Calidade e claridade na exposición
- Estilo e formato da presentación
- Capacidade de expoñer públicamente
- Capacidade de axustarse aos tempos esixidos
- Emprego de medios e recursos innovadores.
10
 
Observacións avaliación
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

- Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como prácticas. A docente poderá solicitar ao alumnado que firme unha folla tanto na entrada como na saída.

- Asistir e participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase.

- Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.

- Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso.

- Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.

- A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.

MODALIDADES DE AVALIACIÓN
Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado:

AVALIACIÓN CONTINUA: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia):

- Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das actividades prácticas (son materia de exame) e do proxecto de investigación e a súa presentación oral, que será revisado pola profesora, así como da avaliación final por medio da proba mixta.

- Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:

(a) Terá que entregar o traballo de investigación de xeito individual que será valorado cun 30% da cualificación final da materia; isto é, 3 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1.5 punto). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais.

(b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 70% da nota final; isto é, 7 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 3.5 punto).

AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%), alumnado que non realiza a proposta do proxecto investifador e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (que no cumpra a asistencia do 80%). Para este alumnado, establécese que:

(a) Terá que entregar o traballo de investigación de xeito individual, que será valorado cun 10% da cualificación final da materia; isto é, 1 punto sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 0.5 puntos). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais.

(b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 90% da nota final; isto é, 9 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4.5 puntos). Neste exame, contará con una/dúas pregunta/s adicionais sobre os contidos prácticos da materia.

Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademásis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio.

Fontes de información
Bibliografía básica Gallego Ortega, J.L. (1999). Calidad en la intervención logopédica: Estudio de caso. Málaga: Aljibe
Perelló, J. (2002). Diccionario de Logopedia, Foniatría y Audiología (2ª ed.). Barcelona: Ediciones Lebón
Gutiérrez Zuloaga, I. (1997). Introducción a la historia de la logopedia. Madrid: Narcea
Nolla Casals, A. (2015). La logopedia. Barcelona: Editorial UOC
Lou Royo, M.A. y Jiménez Correa, A. (1999). Logopedia: Ámbitos de intervención . Málaga: Aljibe
Peña-Casanova, J. (2014). Manual de logopedia (4ª ed).. Barcelona: Elsevier Masson
Gallardo, J.R. y Gallego Ortega, J.L. (2003). Manual de logopedia escolar: un enfoque práctico (4ª ed.). Málaga: Aljibe
American Psychological Association (2010). Manual of the American Psychological Association (6ª ed.). Washington: American Psychological Association
Castellanos López, M.A., Pérez Moreno, E. y Simón López, T. (2018). Métodos de investigación en logopedia. Madrid: Síntesis

Bibliografía complementaria Hernández Fernánez, A. (2011). Aspectos sobre formación en audición y lenguaje, logopedia y apoyo a la integración. Granada: Educiones ADEO
Iglesias Cortiazs, M.J. y Sánchez Rodríguez de Castro, M.C. (2007). Diagnóstico e intervención didáctica del lenguaje escolar. A Coruña: Netbiblio
Losada-Puente, L. y Baña Castro, M. (2016). La comunicación sincrónica y asincrónica en la intervención con personas con Trastorno del Espectro del Autismo (pp. 594-604). EDUNOVATIC 2016 - I Congreso Virtual internacional de Educación, Innovación y TIC.
Baña Castro, M. y Losada-Puente, L. (2017). La intervención en el desarrollo de las personas con Trastornos del Espectro del Autismo y las Tecnologías de la información y la Comunicación (pp. 122-135). Propuesta de Innovación Educativa en la Sociedad de la Información
Baña Castro, M. y Losada-Puente, L. (2016). Un programa para el desarrollo en las personas con Trastornos del Espectro del Autismo a través de la sociedad de la información (pp. 374-385). EDUNOVATIC 2016 - I Congreso Virtual internacional de Educación, Innovación y TIC


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Se recomienda los envíos de los trabajos telemáticamente y si no es posible, no utilizar plásticos, elegir la impresión a doble cara, emplear papel reciclado y evitar imprimir borradores. Se debe hacer un uso sostenible de los recursos y la prevención de impactos negativos sobre el medio natural. Se debe tener en cuenta la importancia de los principios éticos relacionados con los valores de la sostenibilidad en los comportamientos personales y profesionales.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías