Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Psicoloxía do desenvolvemento da linguaxe Código 652G04007
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Bao Fente, María Concepción
Correo electrónico
maria.bao@udc.es
Profesorado
Bao Fente, María Concepción
Ogneva , Anastasiia
Rodríguez Llorente, Carolina
Correo electrónico
maria.bao@udc.es
anastasiia.ogneva@udc.es
carolina.rodriguez.llorente@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende introducir aos estudantes no coñecemento das características xerais do desenvolvemento e da adquisición da linguaxe, centrándose na adquisición da lingua materna ou primeira lingua. Trata de presentar a linguaxe no contexto do comportamento humán, destacando as interrelacións entre linguaxe, motricidade, afectividade e cognición. A materia pretende achegar ao estudante ao coñecemento do desenvolvemento da linguaxe desde unha perspectiva profesionalizante. Por iso as prácticas de campo e de aula cobran unha importancia esencial no desenvomento da materia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Mantéñense todos os contidos programados

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados e portafolio.

*Metodoloxías docentes que se modifican:
A proba mixta será substituida por prácticas a través das TIC nas que se avalie específicamente os contidos teóricos expostos nas sesións expositivas e a análise de fontes documentais propostas como introdución, complemento ou síntese dos mesmos.
De non ser posible manter a aprendizaxe colaborativa, en pequeno grupo ou por parellas, as tarefas e actividades programadas deste xeito (estudo de casos e traballos tutelados) tamén serán sustituidas por prácticas individuais a través das TIC.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Moodle e TEAMS. As titorías realizaránse preferiblemente a través dos medios telemáticos habilitados desde a UDC.

4. Modificacións na avaliación.
As prácticas a través das TIC que sustitúan a proba mixta suporán igualmente o 40% da cualificación final da materia, xunto có 10% adicional asignado á entrega en prazo e forma oportunas das prácticas que se realicen sobre as fontes documentais.

*Observacións de avaliación:
Tal e como se establece na guía docente, a avaliación será continua.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non é preciso realizar modificacións. As fontes documentais obxecto de análise estarán a disposición do alumnado a través de Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística.
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
A8 Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
A18 Coñecer e realizar a intervención logopédica en Atención Temperá.
A26 Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica.
A28 Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais).
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B3 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
B4 Aprender a aprender.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B13 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aprender a aprender: aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, que lle permita asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. B2
B4
C7
Apreciar as distintas manifestacións da diversidade. B3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística. A2
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. A3
Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica. A8
A26
Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais). A18
A28
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. B1
Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada. B5
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. B24
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. A32
B13
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. O concepto de linguaxe e outros conceptos básicos 1.1. O concepto de desenvolvemento, a súa natureza e determinantes
1.2. A comunicación humana
1.3. A linguaxe e as linguas
1.3. A fala: modalidades
1.5. Adquisición vs. aprendizaxe
2. As relacións entre linguaxe e pensamento 2.1. Teorías, escolas e modelos
2.2. A linguaxe como capacidade cognitiva
2.3. Procesos evolutivos no desenvolvemento infantil
2.4. Etapas na adquisición da linguaxe
2.5. Privación lingüística e semilingüísmo
3. A adquisición da linguaxe ata os 6 anos 3.1. Bases sociais e cognitivas da linguaxe: as primeiras manifestacións comunicativas.
3.2. O desenvolvemento da linguaxe ata os 2 anos: o balbucio e a comunicación xestual, primeiras palabras e emisións na lingua materna (L1)
3.3. O desenvolvemento da linguaxe entre os 2 e os 6 anos:
características fonolóxicas, gramaticais, semánticas e pragmáticas.
3.4. A aprendizaxe de segundas linguas (L2) ou extranxeiras (LE): monolingüísmo vs. plurilingüísmo
3.4. As diferencias individuais na adquisición da linguaxe: a importancia do contexto (L1, L2 e LE)
3.5. A importancia da Atención Temperá
4. A adquisición da linguaxe entre os 6 e os 12 anos 4.1. As estructuras sintácticas complexas
4.2. A organización do discurso
4.3. A actividade metalingüística
4.4. O desenvolvemento das estratexias comunicativas
4.5. A aprendizaxe da lingua escrita.
5. A avaliación do desenvolvemento da linguaxe 5.1. Dimensións, tipos de avaliación e probas.
5.2. Recursos e estratexias para a avaliación profesional
5.3. Orientacións para a (auto)avaliación na familia e na escola.
6. A intervención logopédica en contextos naturais de adquisición lingüística. 6.1. Principios fundamentais da intervención inter o transdisciplinar.
6.2. Obxectivos da intervención no entorno familiar.
6.3. Posibilidades da intervención no entorno escolar.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A2 A3 A8 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B13 C3 2 8 10
Análise de fontes documentais A2 A3 A8 A18 B1 B2 B3 C3 C6 15 22.5 37.5
Estudo de casos A3 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B24 C6 40 30 70
Traballos tutelados A2 A8 A26 B1 B2 B3 B24 C3 C6 14 10.5 24.5
Portafolios do alumno B2 B4 B5 B24 C3 C6 C7 2 3 5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta A avaliación dos contidos teóricos traballados nas sesións expositivas e interactivas farase a través dunha proba que combina diferentes tipos de preguntas para valorar os coñecementos adquiridos polo alumnado.
Análise de fontes documentais As lecturas, documentos audiovisuais, referencias, ect. que se revisarán no desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas como introducción, complemento ou síntese dos contidos traballados de carácter teórico e práctico serán avaliados específicamente na proba mixta.
Estudo de casos Nas sesións interactivas presentaránse mostras reais da linguaxe infantil que serán obxecto de análise a través do traballo colaborativo en pequenos grupos. Deste xeito situaráse ao alumnado ante situacións concretas de avaliación e intervención logopédica.
Traballos tutelados A posta en práctica das diferentes tarefas e actividades de tipo individual ou grupal que serán realizadas nas sesións interactivas servirán para aplicar os contidos teóricos traballados previamente e facilitar así unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado.
Portafolios do alumno De xeito virtual, os estudantes realizarán ao longo do curso un cartafol no que recollerán todas as tarefas e actividades de aprendizaxe realizadas (esquemas, presentacións, traballos, lecturas, prácticas, etc.) có fin de facilitar a reflexión e autoavaliacion do proceso formativo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
Para a análise das fontes documentais, a realización dos estudos de casos e dos traballos tutelados é importante consultar có profesorado os avances que se vaian realizando progresivamente para dispoñer das orientacións necesarias en cada caso e asegurar a súa adecuación aos obxectivos de aprendizaxe propostos.
A elaboración do portafolio pretende facilitar a autoavaliación por parte do alumnado e a avaliación formativa por parte do profesorado polo que tamén é aconsellable a atención personalizada.
En todos os casos o seguimento farase preferentemente de forma individualizada a través do correo electrónico ou en titorías presenciais ou non presenciais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 B4 B5 B24 C3 C6 C7 O cartafol servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. Deberá presentarse ao remate da mesma, debidamente estructurado de acordo as indicacións efectuadas para a súa realización. Para facilitar a autoavaliación, o alumnado seleccionará e incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou cualificacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros. A súa entrega en prazo e forma oportunas suporá un 10% da cualificación total da materia. 10
Proba mixta A2 A3 A8 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B13 C3 Realizaráse unha proba de avaliación dos contidos impartidos ao longo do curso. A proba consistirá na resolución de cuestións de resposta curta así como de cuestións tipo test (varias alternativas de resposta nas que o estudantado deberá escoller cal é a correcta). Terá un peso do 40% da nota final.
A entrega en prazo e forma oportunas de todos os comentarios, informes, actividades, etc. que se realicen sobre as fontes documentais suporá un 10% da cualificación total da materia.
50
Estudo de casos A3 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B24 C6 A análise e resolución dos casos prácticos será o 25% da cualificación final da materia. 25
Traballos tutelados A2 A8 A26 B1 B2 B3 B24 C3 C6 As tarefas e actividades propostas permitirán a avaliación continua dos progresos de cada estudante na consecución dos contidos programados, tanto teóricos como prácticos. Terán un peso do 15% na cualificación total da materia. 15
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A: Alumnado con dedicación completa (asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%)

a) Traballo en grupo (máx.50%): Elaboración e presentación dos estudos de casos (25%) e traballos tutelados (15%), así como a elaboración e presentación dun portafolio (10%).  

b) Traballo individual (máx. 50%): Realización dunha proba escrita sobre os contidos da materia (40%) na que se evidencie o análise realizado das fontes documentais (10%). 

OPCIÓN B: Alumnado con dispensa académica (recoñecemento da condición de estudante a tempo parcial, previa solicitude ó Decanato) 

Tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), o alumnado que ten recoñecida a condición de estudante a tempo parcial terá que asistir ás titorías que así se estipulen de acordo a súa dispoñibilidade para concretar a metodoloxía de avaliación e os porcentaxes correspondentes. En todo caso, malia que o traballo se realice dun xeito individual, deberá realizar as mesmas tarefas que os compañeiros (proba mixta, análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados e portafolio). 

ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS:

1. Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas. É necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación: proba mixta (mín. 25%),estudos de casos (mín. 12,5%), traballos tutelados (mín.7,5%) e portafolio (mín.5%).  

2. Antes da data do exame oficial presentaranse o portafolio e todas as tarefas e actividades realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas: para presentarse a proba práctica é condición indispensable. A non presentación en prazo e forma oportunas implicará unha cualificación das mesmas do 50%, cómo máximo, de acordo ás porcentaxes especificadas no punto anterior. 

3. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 

4. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) non se presente á proba do período oficial de avaliación. 


Fontes de información
Bibliografía básica Clemente Linuesa, María (1990). Actividades para el desarrollo del lenguaje. Universidad de Salamanca. Ediciones Universidad Salamanca
Peraita, Herminia (1988). Adquisición del lenguaje. . Madrid: UNED
Vila, Ignasi (1990). Adquisición y desarrollo del lenguaje. Editorial Graó
Vallverdú Corona, Marta (2007). Adquisición y desarrollo del lenguaje en la etapa de educación infantil. Tutorial Formación, S.L.L.
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2013). Cuestiones clave de la Lingüística. Madrid: Síntesis
Owens, Robert (2003). Desarrollo del lenguaje. Pearson Alhambra
Ariza Sierra, María del Pilar y Rodríguez Pardo, Juan Luis ; coord (2008). Desarrollo del lenguaje en la etapa de educación infantil, algunas actividades para promover su desarrollo y experiencias para necesidades específicas de apoyo educativo (NEAE). Castilla Ruiz, Guillermo
Andalucía. Consejería de Educación y Ciencia (1994). Desarrollo del lenguaje oral : ejercicios prácticos para mejorar.... Andalucía. Consejería de Educación y Ciencia
Karmiloff, K. y Karmiloff- Smith, A. (2005). Hacia el lenguaje. Madrid: Morata
Garton, Alison F. (2001). Interacción social y desarrollo del lenguaje y la cognición. Ediciones Paidós Ibérica, S.A.
Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. y Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje.. Barcelona: Ariel
Escandell Vidal, M. Vitoria. (2014). La comunicación : lengua, cognición y sociedad . Madrid: AKal
Crystal, David (1983). Patología del lenguaje. Madrid: Cátedra
López García, Angel (1988). Psicolingüística. Madrid: Síntesis
Moreno Ríos, Sergio (2005). Psicología del desarrollo cognitivo y adquisición del lenguaje. Editorial Biblioteca Nueva, S.L.
Moreno Manso, Juan Manuel ; ed (2004). Retrasos en la adquisición y desarrollo del lenguaje : estudio de casos. Instituto de Orientación Psicológica Asociados, S.L.

Referencias fundamentais: 

Bruner, J. (1984) Acción, pensamiento y lenguaje. Madrid: Alianza.

Bruner, J. (1986) El habla del niño. Aprendiendo a usar el lenguaje. Barcelona: Paidós.

Bruner, J. y Watson, R.(1995). El habla del niño : a prendiendo a usar el lenguaje . Barcelona: Paidós

Chomsky, N., Mukherji, N., Patnaik, B. y Agnihotri, R. (2000). The architecture of language. New Delhi: Oxford University Press.

Jakobson, R. y Hall, M. (1973) Fundamentos del lenguaje. Madrid: Ayuso

Langacker, R. (1978-1991). Foundations of Cognitive Grammar I, II. Standford: The University Press. 

Luria, A. R. y Yudovich, F. (1978) Lenguaje y desarrollo intelectual en el niño. Madrid: Siglo XXI.

Piaget, J. (1923). Le langage et la pensée chez l´enfant. Paris. 

Sperber, D y Wilson, D. (1986, trad. Esp. 1994). La Relevancia. Comunicación y procesos cognitivos. Madrid: Visor.

Vygotsky, L. (1963). Thougt and Language. Cambridge: The MIT Press. 

Bibliografía complementaria Tomasello, Michael and Bates, Elisabeth (2001). Language development the essential readings . Massachusetts : Blackwell
Muñoz Silva, Alicia; Alonso Martín, Pilar y Angulo García, Juan (2004). Adquisición, desarrollo y trastornos del lenguaje infantil. Universidad de Huelva. Servicio de Publicaciones
Garton, Alison y Pratt, Chris (1991). Aprendizaje y proceso de alfabetización : el desarrollo del lenguaje hablado y escrito. Ediciones Paidós Ibérica, S.A.
Moreno Zazo, Montserrat (1988). Desarrollo del lenguaje en bilingües familiares : mezcla de código.... Universidad de Barcelona. Publicaciones y Ediciones = Universitat de Barcelona. Publicacions i Edici
Egea Díaz, Elena; Villaverde Polo, Rosa Ana y Sáez Domínguez, Noelia (2007). Desarrollo del lenguaje en el niño sordo. Tutorial Formación, S.L.L.
Marchesi, A. ... [et al.] (1995). Desarrollo del lenguaje y el juego simbólico en los niños sordos profundos. Ministerio de Educación, Política Social y Deporte . Subdirección General de Información y Publicaci
Pinker, Steven (1995). El instinto del lenguaje. Cómo crea el lenguaje la mente. Madrid: Alianza
Tomasello, Michael (2013). Los orígenes de la comunicación humana. Madrid: Katz
López García, Angel (2000). Psicolingüística. En F. Ramallo, G. Rei Doval y XP Rodríguez Yañez (eds.): Manual de Ciencias da Linguaxe . Vigo: Xerais
Outras referencias de interese: 

Belichón, M., Rivière, A. e Igoa, J.M. (1992) Psicología del lenguaje. Investigación y teoría. Valladolid: Trotta S.A.
Bronckart, J.P. (1980) Teorías del lenguaje. Barcelona: Herder.
Brown, R. (1981) Psicolingüística: algunos aspectos acerca de la adquisición del lenguaje. México: Trillas.
Bush, W. y Taylor, M. (1984) Cómo desarrollar las aptitudes psico-lingüísticas. Ejercicios prácticos. Barcelona: Martínez Roca.
Clemente, R.A. (1995) Desarrollo del lenguaje. Barcelona: Octaedro.
Clemente Linuesa, M. (1989): Actividades para el desarrollo del lenguaje. ICE: Salamanca.
Galeote, M.A. (2002). Adquisición del lenguaje: problemas, investigación y perspectivas. Madrid: Pirámide.
Garcia Madruga, J. y Lacasa, P. (1990) Psicología evolutiva 1. Caps. 14 y 15. Madrid:U.N.E.D.
González, A., Fuentes, J., de la Morena, L. y Barajas, C. (1995) Psicología del desarrollo: Teoria y prácticas. Málaga: Aljibe.
Hoffman, L.; Paris, S. y Hall, E. (1995). Psicología del desarrollo hoy. Madrid: McGraw-Hill.
Herriot, P. (1977) Introducción a la psicología del lenguaje. Barcelona: Labor.
Luke, A. y Vila, I. (1990) Desarrollo del lenguaje. En J. Palacios, A. Marchesi y C. Coll (comps.) Desarrollo psicológico y educación 1. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
Miller, G.A. (1985) Lenguaje y habla. Madrid: Alianza Psicología.
Nelson, K. (1985) El descubrimiento del sentido. Madrid: Alianza.
Oléron, P. (1981) El niño y la adquisición del lenguaje. Madrid: Morata.
Rondal, J.A. (1990) La interacción adulto-niño y la construcción del lenguaje. México: Trillas.
Rondal, J.A. (1999). El desarrollo del lenguaje.Barcelona: ISEP Universidad.
Ruiz, M. (2000). Cómo analizar la expresión oral de los niños y niñas. Málaga: Aljibe.
Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. y Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Barcelona: Ariel
Siguán, M. (1979) Lenguaje y clase social. Madrid: Pablo del Rio Editor.
Siguán, M. (1984) Estudios sobre psicología del lenguaje infantil. Madrid: Pirámide.
Silvestre, N. y Solé, R. (1993) Psicología Evolutiva. Infancia y preadolescencia. Caps. 5, 9, 13 y 14. Barcelona: CEAC.
Slobin, D. (1979) Siete preguntas acerca del desarrollo del lenguaje. En J. Delval (comp.): Lecturas de Psicología del niño 2. El desarrollo cognitivo y afectivo del niño y del adolescente. Madrid: Alianza.
Soto, P. (1984) El desarrollo del lenguaje. En J. Palacios, A. Marchesi y M. Carretero (comps.): Psicología Evolutiva 2. Desarrollo cognitivo y social del niño. Madrid: Alianza. 
Triadó, C. y Forns, M. (1989). La evaluación del lenguaje: Una aproximación evolutiva. Barcelona: Anthropos.
Valle, F., Cuetos, F., Igoa, J. y del Viso, S. (1990) Lecturas de Psicolingüística 1. Comprensión y producción del lenguaje. Madrid: Alianza Psicología.
Peralbo, M.; Gómez- Durán, B.J.; Santórum, R. y García, M. (Coord.) (1998). Desarrollo del lenguaje y cognición.Madrid: Pirámide.
Tomasello, M. (2003). Constructing a language: a usage-based theory of language acquisition. Cambridge (Mas.): Harvard University Press.
Vasta, R.; Haith, M.M. y Miller, S.A. (1996). Psicología infantil. Barcelona: Ariel.
Vieiro, P.; Peralbo, M. y García Madruga, J.A. (1997). Procesos de adquisición y producción de la lecto-escritura. Madrid: Aprendizaje-Visor.
Vila, I. (1984) Del gesto a la palabra: una explicación funcional. En J.Palacios, A. Marchesi y M. Carretero (comps.): Psicología Evolutiva 2. Desarrollo cognitivo y social del niño. Madrid: Alianza.
Vila, I. (1990) Adquisición del lenguaje. En J. Palacios, A. Marchesi y C. Coll (comps.) Desarrollo psicológico y educación I. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
Villiers, A. de y Villier, J. de (1980) Primer lenguaje. Madrid: Morata.
Ward, S. (2001). Babytalk: el libro pionero y decisivo para ayudar a los niños en el lenguaje y la comunicación. Madrid: Debate.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingüística/652G04004
Psicolingüística/652G04003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases didácticas da intervención logopédica/652G04008
Fundamentos de avaliación e diagnóstico/652G04010

Materias que continúan o temario
Intervención logopédica nos trastornos da linguaxe/652G04034
Lingüística clínica/652G04042

Observacións

Os contidos e actividades serán accesibles para todo o alumnado. No caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE facilitarase a adquisición das competencias da materia dun xeito inclusivo, de acordo as recomendacións e axustes razoables propostos pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI). 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías