Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Bases didácticas da intervención logopédica Código 652G04008
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
García Cabeza, Belen
Correo electrónico
belen.garcia.cabeza@udc.es
Profesorado
García Cabeza, Belen
Correo electrónico
belen.garcia.cabeza@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da intervención logopédica no ámbito do sistema educativo, a través da adquisición de coñecementos epistemolóxico da pedagoxía e a didáctica que sustenta a intervención educativa, así como do desenvolvemento de prácticas baseadas no uso de recursos didácticos para construír una intervención logopédica informada e comprometida coa optimización do acceso á aprendizaxe a favor da inclusión da diversidade que caracteriza o contexto educativo.
Ao mesmo tempo quérese afondar na importancia do traballo colaborativo interprofesional, no que participan profesionais e axentes que desenvolven o seu quefacer dentro e/ou fóra da escola. Teñamos en conta que a complexidade de moitos dos problemas que presenta o alumnado arráiganse ou enrédanse nunha causística múltiple que esixe unha intervención globalizada, na que teñen que participar distintos profesionais, que deben traballar en cooperación para dar maior cobertura ás necesidades reais, que incluso chegando o traballo non so ó alumnado senón tamén á familia, sen solaparse, empregando metodoloxías que non sexan contraditorias entre si, evitando deste xeito distorsións na propia percepción do alumnado e favorecendo unha aprendizaxe significativa e útil na súa vida cotiá.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da escola, da cultura e da sociedade; dos indicadores educativos para atender á diversidade na aula; de propostas didácticas na intervención logopédica e proxectos de traballo orientados á intervención educativa nas necesidades específicas de apoio educativo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer e integrar os fundamentos educativos da Logopedia: Procesos de ensino e aprendizaxe.
A16 Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial.
A22 Saber deseñar, programar e avaliar a actuación logopédica.
A23 Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe.
A25 Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais.
A28 Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais).
A29 Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador.
A30 Coñecer a actuación profesional e os contornos onde se desenvolve a práctica.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B3 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
B4 Aprender a aprender.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B9 Capacidade de organizar e planificar.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B14 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
B15 Poñer en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o carácter interrelacional da intervención logopédica no marco do sistema educativo segundo a súa estrutura e funcionamento. A16
A25
A29
B15
C4
Coñecer e manexar críticamente as principais cuestións pedagóxicas e recursos didácticos que permitan desenvolver unha intervención logopédica informada dende unha perspectiva educativa holística e ecolóxica, comprometida coa optimización do acceso á aprendizaxe e do potencial comunicativo de todos/as e cada un/ha dos destinatarios/as da súa labor. A4
A22
A23
A28
B1
B4
B7
B9
B12
C3
C6
Adquirir unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. A4
B1
B3
Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que caracteriza as aulas educativas. A4
A16
B3
Asumir a importancia dunha profesionalidade adecuada ó ámbito logopédico no contexto escolar, valorando a importancia da investigación como ferramenta imprescindible para o coñecemento. A29
A30
B3
B11
B14
C7
Apreciar as implicacións do desenvolvemento logopédico a nivel individual e colectivo das personas con necesidades específicas de apoio educativo. A29
B3
B22
B23
B24

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I. Escola, cultura e sociedade. - Interrelacións entre sociedade, cultura e escola.
- A escola como camiño cara a igualdade e a inclusión social.
- Estrutura e desenvolvemento da escola como organización.
- Outras institucións e profesionais que colaboran coa escola.
MÓDULO II. Indicadores educativos para atender á diversidade na aula. - Modelos de atención á diversidade en contextos escolares.
- A xestión eficaz da aula en contextos de inclusión do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
MÓDULO III. Propostas didácticas na intervención logopédica. - Ámbitos de actuación das/os profesionais da Logopedia no sistema educativo.
- A colaboración inter/trans-disciplinar como resposta integral ás NEAE do alumnado e ás necesidades das familias.
- Aproximación ás medidas de atención á diversidade.
- Aproximación ás medidas específicas de atención ante necesidades logopédicas.
MÓDULO IV. Proxectos de traballo en torno ás necesidades específicas de apoio educativo. - Exemplos de proxectos logopédicos en contextos escolares.
- Exemplos de propostas educativas con atención nas Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A16 A22 A23 A25 A28 A29 A30 B1 B3 B4 B14 C7 21 28 49
Traballos tutelados B1 B4 B7 B9 B12 B22 B23 B24 C3 C6 10 40 50
Discusión dirixida A16 A25 A29 A30 B1 B3 B4 B7 B9 B12 B22 B23 10 21 31
Proba mixta A4 A16 A22 A23 A25 A28 A29 A30 B1 B3 B7 B9 B11 B15 C4 C6 2 16 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre proporase un traballo en torno ao contido do temario que deberá fundamentarse coa bibliografía básica e complementaria da guía e con outra seleccionada polo profesorado e/ou polo estudantado.

A súa realización iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións proporcionadas a través da atención personalizada da profesora. A través da exposición na aula e da plataforma Moodle, compartiranse os traballos realizados.
Discusión dirixida Mediante esta metodoloxía trataranse diversos temas orientados a que o alumnado reflexione sobre cuestións clave da materia co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade da intervención logopédica no ámbito educativo.

Valorarase a achega oral individual do alumnado para o enriquecemento da materia así como a participación en pequenas actividades en pequeno grupo que implicarán a posta en común e a posterior elaboración de sínteses escritas.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos tratados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
1. As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas e interactivas, lecturas, actividades, realización da proposta de intervención e preparación do exame, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
2. De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación das actividades que se realicen ao longo do cuadrimestre.
3. Como a realización da proposta de intervención é unha actividade principal na materia e ten un peso importante na avaliación desta, para a súa realización e correcto seguimento, cada grupo (ou alumno/a, de o realizar de maneira individual) deberá obrigatoriamente desenvolver -cando menos- unha titoría, fóra do horario de docencia presencial da materia.
4. Esta proposta de atención personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.
5. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A16 A25 A29 A30 B1 B3 B4 B7 B9 B12 B22 B23 Na avaliación deste aspecto terase en conta o nivel de participación do alumado nos debates desenvoltos na aula ou vía moodle, con especial atención en tres tarefas:
- argumentación individual oral en grupo-clase;
- postas en común en pequeno grupo;
- síntese escrita das conclusións obtidas en pequeno grupo e grupo-clase.
10
Traballos tutelados B1 B4 B7 B9 B12 B22 B23 B24 C3 C6 Para avaliar o traballo teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN
- estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical;
- contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
55
Proba mixta A4 A16 A22 A23 A25 A28 A29 A30 B1 B3 B7 B9 B11 B15 C4 C6 A proba mixta consistirá no comentario dun texto ou unha imaxe con base nos contidos tratados nos diferentes documentos traballados na materia. 35
 
Observacións avaliación
  1. En aplicación da "Norma que regula el régimen de dedicación al estudio
    de los estudiantes de grado en la UDC "
    (aprobada en Consello de Goberno
    de 29 de maio de 2012), o alumnado ao que se lle teña recoñecida a
    condición de estudante a tempo parcial e teña solicitado á Decana a
    correspondente dispensa académica, quedará eximido da obrigatoriedade
    de asistencia á parte das sesións; non obstante,
    este alumnado deberá entregar e presentar os correspondentes traballos
    de modo individual antes da data establecida para a realización do exame
    da materia
    .
  2. Aquel alumnado que avanzada a materia supere o límite de faltas permitido, deberá realizar -e de ser o caso, expoñer-  o traballo tutelado e os escritos derivados das discusións dirixidas, de modo individual.
  3. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do
    peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
    (traballos tutelados, discusión dirixida e
    proba mixta).
  4. O traballo tutelado (proposta de intervención logopédica) entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados o traballo tutelado e os escritos derivados das discusións dirixidas.
  5. É obrigatoria a participación no proceso de asignación inicial de casos para a elaboración do traballo tutelado; esta terá lugar nas primeiras semanas de docencia da materia.

Fontes de información
Bibliografía básica

Esta bibliografía é susceptíbel a modificacións a medida que avanza o curso académico. Realizarase unha selección de títulos da listaxe final e da bibliografía complementaria; esta selección será de lectura obrigatoria. Os documentos estarán dispoñibles na Moodle para a súa consulta. 

MÓDULO 1. Escola, cultura e sociedade.

Delval, J. (2002). Puntos de partida: Educación y sociedad. En J. Delval, La escuela posible . Como hacer una reforma de la educación (pp. 15-36). Barcelona: Ariel.

Martínez, B. (2007). El papel de la escuela . Cuadernos de Pedagogía , 372, 62-64.

Núñez, T. (2008). Da segregación á inclusión educativa . A Coruña: Laiovento.

Romañach, J. e Lobato, M. (2005). Diversidad funcional, nuevo término para la lucha por la dignidad en la diversidad del ser humano. Foro de Vida Independiente. Recuperado a 10/06/2015 de http://www.forovidaindependiente.org/files/documentos/pdf/diversidad_funcional.pdf


MÓDULO 2. Indicadores educativos para atender á diversidade na aula.

Acosta, V. M. (2001). La respuesta educativa a las dificultades del lenguaje desde una perspectiva inclusiva. En J. J. Bueno; T. Núñez e A. Iglesias (Coords.), Atención educativa a la diversidad en el nuevo milenio. XVIII Jornadas de Universidades y Educación Especial (pp. 151-159). A Coruña: Universidade da Coruña.

Barreiro, P. M. (2009). Respostas dos centros educativos á diversidade . Revista Galega de Educación , 43, 34-39.

Fernández, C. (2009). Los modelos de la respuesta educativa a las dificultades del lenguaje. En C. Fernández. La logopedia en la escuela. Propuestas desde la práctica para una educación más inclusiva (pp. 35-50). Las Palmas de Gran Canaria: Universidad de las Palmas de Gran Canaria.

Núñez, T. (2008). Educación Especial: normalizar ou volver patolóxicas as diferenzas. Revista Galega do Ensino , 52, 20-23.

Pardo, N. A. (2011). El papel del logopeda o fonoaudiólogo en la inclusión educativa . Recuperado a 28/06/2016 de http://www.espaciologopedico.com/articulos/articulos2.php?Id_articulo=2261.


MÓDULO 3. Propostas didácticas na intervención logopédica.

Acosta, V.M. e Moreno, A.Mª. (2001). Atención educativa a las necesidades especiales relacionadas con el lenguaje oral. En F. Salvador (dir.), Enciclopedia psicopedagógica de necesidades educativas especiales (pp. 387-405). Vol. 2. Málaga: Aljibe.

Carreras, I. (2001). Igual que los demás. Cuadernos de Pedagogía , 303, 36-38.

Castejón, L. e España, Y. (2004). La colaboración logopeda-maestro: hacia un modelo inclusivo de intervención en las dificultades del lenguaje. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología , 24(2), 55-66.

Estellés, Mª. T. (1999). Intervención logopédica en los trastornos de la voz: de la infancia a la tercera edad. En J. D. Martín (Ed.), Logopedia escolar y clínica. Últimos avances en evaluación e intervención (pp. 219-232). Madrid. CEPE.

Fernández, C. (2009). Características del modelo de apoyo a las dificultades del lenguaje. Implicaciones educativas. En C. Fernández, La logopedia en la escuela. Propuestas desde la práctica para una educación más inclusiva (pp. 69-93). Las Palmas de Gran Canaria: Universidad de las Palmas de Gran Canaria.

Galán, P. (2001). El logopeda como profesional del lenguaje y de la comunicación en los centros educativos. En F. Peñafiel, e J. de D. Fernández (Coords.), Cómo intervenir en Logopedia Escolar (pp. 168-183). Madrid: CCS.

González, D. (1993). Adaptaciones curriculares. Guía para su elaboración . Málaga: Aljibe.

Moreno, A. Mª. (2001). Alternativas para el cambio en el modelo de atención a las dificultades del lenguaje en el contexto escolar. En J. J. Bueno; T. Núñez e A. Iglesias (Coords.), Atención educativa a la diversidad en el nuevo milenio. XVIII Jornadas de Universidades y Educación Especial (pp. 379-384). A Coruña. Universidade da Coruña.

Rodríguez, E. (2008). La intervención del maestro/a de Audición y Lenguaje con los/as alumnos/as con necesidades educativas especiales. Reflexiones y experiencias innovadoras en el aula , 2, 13 pp.

Sánchez, M.J.; López, G. (2005). Intervención logopédica en los alumnos del colegio de sordos `Sagrada Familia´. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología , 25: 1, 38-40.

Solano, N. (2010). Habilidades profesionales en la intervención logopédica. En M. Lázaro, Aspectos teóricos y prácticos de la intervención logopédica . Colección de e-books da Universidad de Castilla La Mancha, 5-30.

Zapiola, Mª C. (2005). Adaptaciones curriculares para niños con compromiso en la comunicación y el lenguaje. Revista Argentina de Psicopedagogía , 59, 6 pp.


MÓDULO 4. Proxectos de traballo en torno ás Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

Bustos, Mª C. (1995). Manual de Logopedia Escolar. Niños con alteraciones del lenguaje oral en Educación Infantil y Primaria . Madrid: CEPE.

Cidoncha, V. e Díaz, E. (2008). Materiales generales y específicos para los alumnos con necesidades educativas especiales. Educación y futuro digital (Edición dixital), 5 pp.

Rodríguez, L. (2010). Elaboración de documentos y materiales para la intervención logopédica. En M. Lázaro, Aspectos teóricos y prácticos de la intervención logopédica . Colección de e-books da Universidad de Castilla La Mancha, 177-246.

Torres, J. (2002). Trastornos del lenguaje en niños con necesidades educativas especiales.

Barcelona: CEAC.

Bibliografía complementaria

Acosta, V.M. (2004). Las prácticas educativas ante las dificultades del lenguaje. Una propuesta desde la acción. La colaboración entre logopedas, psicopedagogos, profesores y padres. Barcelona: Ars Medica.

Acosta, V. M. e Moreno, A. Mª. (2003). Dificultades del lenguaje, colaboración e inclusión educativa. Manual para logopedas, psicopedagogos y profesores. Barcelona: Ars Medica.

Ainscow, M. (2001). Desarrollo de escuelas inclusivas. Madrid: Narcea.

Ariza, M. A. e Trujillo, F. (2006). Experiencias educativas en aprendizaje cooperativo. Granada: Grupo Editorial Universitario.

Barton, L. (1998). Discapacidad y sociedad. Madrid: Morata.

Castro, Mª M; Zapico, H. e Rodríguez, J. (2007). Experiencias de trabajo entre escuela y comunidad en el contexto gallego. En Mª. M. Castro; G. Ferrer; M.F. Majado; J. Rodríguez; J. Vera; M. Zafra e Mª H. Zapico. La escuela en la comunidad: la comunidad en la escuela (pp. 139-177). Barcelona: Graó.

Echeita, G. (2007). Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. Madrid: Narcea.

Gallardo, J. R. e Gallego, José L. (2003). Manual de logopedia escolar. Un enfoque práctico. Málaga: Aljibe.

García, C. (1998). Una escuela común para niños diferentes: la integración escolar. Barcelona: EUB.

Iglesias, Mª J. e Sánchez, Mª del C. (2007). Diagnóstico e intervención didáctica del lenguaje escolar. A Coruña: Netbiblo

Iza, M. (2002). Recursos tecnológicos en Logopedia. Málaga: Aljibe.

Moya, A. (2002). El profesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo?...realiza su trabajo. Archidona: Ediciones Aljibe.

Parrilla, Á. (2003). La Respuesta Educativa a la Diversidad. Bases Pedagógicas de la Educación Especial: Manual para la Formación Inicial del Profesorado. Madrid: Biblioteca Nueva.

Pino, F. R. (2007). La cultura de las personas sordas. Conferencia signada no Observatori d'Ètica Aplicada a la Intervenció Social dentro dp Seminario Els Atres Prenen la Paraula. Consultado a 26/06/2015 en http://www.cultura-sorda.eu/resources/La+cultura+de+las+personas+sordas+Felisa+R.pdf

Porras, R. (1998). Una escuela para la integración educativa: una alternativa al modelo tradicional. Sevilla: Morón.

Stainback, S. e Stainback, W. (2001). Aulas inclusivas: un nuevo modo de enfocar y vivir el currículo . Madrid: Narcea.

 

WEBGRAFÍA (DATA DE CONSULTA: 28/06/2018)

Portal da Asociación Española de Logopedia, Foniatría y Audiología: http://www.aelfa.org

Portal da Asociación de Logopedas de España: http://ale-logopedas.org/

Portal “Atención á Diversidade” da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/web/diversidadeorientacion

Portal “Cultura Sorda”: http://www.cultura-sorda.eu/

Portal do Foro de Vida Independiente y Divertad: http://www.forovidaindependiente.org/

Portal de “El logopeda sin recursos”: http://www.logopedasinrecursos.org/

Portal de Orientación Educativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD): http://ntic.educacion.es/w3/recursos2/orientacion/

LEXISLACIÓN (DATA DE CONSULTA: 24/06/2018)

Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE, suplemento en lingua galega ao número 295, de 10 de decembro de 2013)

http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886-G.pdf

Lei 3/2006, do 30 de xuño, de creación do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (DOG nº 135, de 13 de xullo de 2006)

http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei3_2006.pdf

Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE suplemento en lubgua galega nº 6, de 4 de maio de 2006)

http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2006/05/15/pdfs/A00931-00978.pdf

Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias (artigos II e VII sobre o establecemento da Logopedia como profesión e as súas funcións) (BOE, suplemento en lingua galega nº 14, de 24 de novembro de 2003)

http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2003/11/24/pdfs/A02536-02551.pdf

Real Decreto 334/1985, de 6 de marzo, de Ordenación de la Educación Especial (BOE nº 65, de 16 de marzo de 1985) http://ouad.unizar.es/documents/RealDecreto3341985de6demarzodeOrdenaciondelaEducacionEspecial..pdf

Real Decreto 299/1996, de 28 de febrero, de ordenación de las acciones dirigidas a la compensación de desigualdades en educación (BOE nº 62, de 12 de marzo de 1996)

http://www.boe.es/boe/dias/1996/03/12/pdfs/A09902-09909.pdf

Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais (DOG nº 153, de 6 de agosto de 1996)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19960806/Anuncio8E56_gl.html

Decreto 120/1998, do 23 de abril polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 79, de 27 de abril de 1998)

http://www.xunta.es/Dog/Dog1998.nsf/FichaContenido/B17a?OpenDocument

Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do curriculum nas ensinanzas de réxime xeral (DOG nº 213, de 7 de novembro de 1995)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1995/19951107/Anuncio58F2_gl.html

Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización (DOG nº 247, de 19 de decembro de 1996)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19961219/AnuncioC9A2_gl.html

Orde do 19 de maio de 1997 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria (DOG nº 108, de 6 de xuño de 1997)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970606/Anuncio717E_gl.html

Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998 (DOG nº 148, de 31 de xullo de 1998)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio107CA_gl.html

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG nº 20, do 30 de xaneiro de 2003)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2003/20030130/Anuncio3CD6_gl.html


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Inclusión educativa e adaptación do currículo/652G04011

Observacións

1.- De modo xeral, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimir as actividades. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autoras e autores, propiciarase a intervención en clase de todo o alumnado, etc.)

3.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías