Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Audioloxía clínica Código 652G04018
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
López Amado, Manuel
Correo electrónico
m.lopeza@udc.es
Profesorado
López Amado, Manuel
Correo electrónico
m.lopeza@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura ten o obxectivo de brindar ao logopeda o coñecemento básico para a súa intervención na terapia de persoas con déficit auditivo. Dado que a relación da audición coa voz, a linguaxe, a comunicación e as habilidades cognitivas é íntima, consideramos que o logopeda debe comprender os aspectos fundamentais da audiología para poder desempeñar a súa tarefa con eficacia. Ademais, esta base teórico-práctica permitiralle mellorar a súa interacción cos outros profesionais no contexto da atención interdisciplinaria. Os coñecementos adquiridos ao finalizar a materia serán aplicables a varios aspectos da intervención, desde a interpretación de datos e informes audiológicos proporcionados por outros profesionais, como o otorrinolaringólogo e o audioprotesista, ata o deseño dun espazo acusticamente accesible durante a sesión e o emprego de estratexias adecuadas para maximizar a interacción comunicativa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e integrar os fundamentos biolóxicos da Logopedia: a Anatomía e Fisioloxía.
A4 Coñecer e integrar os fundamentos educativos da Logopedia: Procesos de ensino e aprendizaxe.
A5 Coñecer e integrar os fundamentos metodolóxicos para a investigación en Logopedia.
A6 Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais.
A7 Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A8 Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
A9 Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación.
A10 Realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A11 Redactar un informe de avaliación logopédica.
A12 Realizar unha avaliación tras a intervención.
A13 Coñecer os principios xenerais de la intervención logopédica.
A14 Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento.
A16 Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial.
A22 Saber deseñar, programar e avaliar a actuación logopédica.
A25 Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais.
A26 Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica.
A27 Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e integrar os fundamentos metodolóxicos para a investigación en Logopedia. A9
A10
A11
B22
B23
C5
C6
C7
C8
Coñecer e integrar os fundamentos biolóxicos da Logopedia: a Anatomía e Fisioloxía. A5
A6
A7
A9
A11
A22
B1
C8
Conocer la clasificación, la terminología y la descripción de los trastornos de la comunicación, el lenguaje, el habla, la voz y la audición y las funciones orales no verbales. A1
A4
A9
A11
C6
C8
Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación. A1
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A25
A26
A27
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico. A9
A11
A16
A22
Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico. A8
A9
A10
A11

Contidos
Temas Subtemas
Audioloxía Audioloxía.
A función auditiva e as sus alteracions.
Audición normal e audición perfecta.
Trastornos da audición.
Umbral auditivo
Conceptos básicos de acústica aplicados a función auditiva. El sonido e as sus propiedades.
A escala de decibelios.
Transmisión do son: reflexión, difracción, interferencia, resonancia, impedancia.
Acústica da fala.
A consulta de audioloxía: ambiente, equipamento, calibración.
Hipoacusia Concepto de hipoacusia ou sordeira.
Clasificación cuantitativa das hipoacusias.
Clasificación topográfica das hipoacusias
Clasificación cronológica das hipoacusias.
Exploración clínica do oido Otoscopia.
Inspección.
Palpación
Exploración da trompa de Eustaquio: Proba de Valsalva e Toymbee.
Técnicas de exploración funcional da audición en xóvenes e adultos. Acumetría
Audiometría tonal liminar
Enmascaramento
Probas supraliminares
Reclutamiento
Audiometría verbal
Técnicas de evaluación obxetiva da audición. Impedanciometría.
Otoemisions acústicas.
Potenciais evocados auditivos do tronco cerebral.
Potenciais evocados auditivos de estado estable.
Técnicas de exploración funcional da audición no neno. Audiometría por observación da conducta
Audiometría por reforzo visual
Audiometría lúdica
Probas de percepción da fala no neno
Cuestionarios para pais e educadores
Adaptación protésico-auditiva Prótesis no implantables.
Prótesis implantables.
Ayudas técnicas para el niño y el joven hipoacúsico.
Detección e intervención temprana da hipoacusia infantil. Programas de cribado auditivo neonatal.
Concepto de intervención temprana da hipoacusia infantil.
A intervención centrada na familia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 2 0 2
Estudo de casos A7 A8 A9 A12 30 30 60
Proba de resposta múltiple A6 A8 A9 A10 2 15 17
Sesión maxistral A6 20 40 60
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentanse os obxetivos, as competencias da materia e a evaluación das aprendizaxes
Estudo de casos Sesions de traballo nas que o profesor presenta diferentes casos clínicos co obxeto de discutir as probas necesarias para chegar a un diagnóstico
Proba de resposta múltiple Un examen tipo test con catro posibles respostas das que só unha e verdadeira
Sesión maxistral sesions de traballo nas que o profesor presenta os contidos fundamentais dos temas e informa/discute as suas principais fontes documentais

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Cada estudiante podrá realizar unha titoría planificada na que presentará as dudas sobre a materia, o estado dos traballos e lecturas previstos e as dificultades xerais que está tendo no seguimento da materia. Esta titoría individual obrigatoria e complementada coas titorias a demanda que se poidan producir ao longo do curso.
Esto tamén será válido para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 A8 A9 A12 1 examen de casos
Elaboración de informe escrito para cada un dos casos obxeto de estudio
30
Proba de resposta múltiple A6 A8 A9 A10 1 Examen final

Examen tipo test de 40 preguntas, con 4 respostas posibles (soamente unha delas e válida).
70
 
Observacións avaliación

Ambos exámenes son complementarios e o alumno non precisa superar ambos por separado para superar a materia

A asistencia a clases é obrigatoria

O examen de segunda oportunidade constara só de proba de resposta múltiple (100% calificación)

Esta avaliación tamén será válida para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario


Fontes de información
Bibliografía básica Manrique M; Marco J (2014). Audiología. Madrid , Cyan
BESS FH, HUMES LE. (2005). Fundamentos de Audiología.. México, Manual Moderno.
DOYLE J. (1998). Practical Audiology for Speech-Language Therapists.. Londres, Whurr Publishers Ltd.
SALESA E, PERELLÓ E, BONAVIDA A. (2005). Tratado de Audiología.. Barcelona, Masson.

Bibliografía complementaria (). .
(). .
JUÁREZ A, MONFORT M. (2001). Algo que decir.. Madrid, Entha Ediciones.
BARLET X, GRAS R. (1995 ). Atención temprana del bebé sordo.. Barcelona, Masson - Fundació "la Caixa"
PASIK Y, y cols. (2004). Audioprótesis: enfoque médico, fonoaudiológico y electroacústico. 2º ed.. Buenos Aires, Mutualidad Argentina de Hipoacúsicos.
MORENO-TORRES SÁNCHEZ I (2004). Fonética y fonología. En: Lingüística para logopedas.. Málaga, Aljibe.
HERRÁN MARTÍN B (2005). Guía técnica de intervención logópédica en implantes cocleares.. Madrid, Síntesis.
MANRIQUE M, HUARTE A. (2002). Implantes cocleares.. Barcelona, Masson.
PARENTE ARIAS P (2002). Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal. Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública.

Recursos en línea: "acuaudio"


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía dos órganos da audición e a linguaxe/652G04001
Fisioloxía dos órganos da audición e a linguaxe/652G04006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Rehabilitación das deficiencias auditivas/652G04020
Patoloxía da audición. voz e deglución/652G04015

Materias que continúan o temario
Fundamentos de intervención logopédica/652G04005
Fundamentos de avaliación e diagnóstico/652G04010
Estratexias de intervención temperá/652G04025
Intervención logopédica nos trastornos da linguaxe/652G04034
Avaliación de programas de intervención logopédica/652G04038
Traballo de fin de Grao/652G04046

Observacións
"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)".
"Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade".
"Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas". 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías