Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Avaliación das alteracións de base condutual Código 652G04019
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Duran Bouza, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.duran.bouza@udc.es
Profesorado
Bueno Palomino, Ana Maria
Duran Bouza, Montserrat
Correo electrónico
ana.bueno@udc.es
montserrat.duran.bouza@udc.es
Web
Descrición xeral Materia básica e fundamental para o perfil profesional da titulación xa que permite coñecer, aplicar e diferenciar os diferentes procedementos de avaliación logopédica para realizar un preciso diagnóstico das diferentes alteracións lingüísticas de base conductual, como paso previo á intervención das devanditas alteracións

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
A9 Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación.
A10 Realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A11 Redactar un informe de avaliación logopédica.
A12 Realizar unha avaliación tras a intervención.
A21 Saber deseñar e elaborar informes logopédicos.
A26 Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica.
B7 Capacidade de análise e síntese.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións A10
A26
Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación. A9
Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico. A8
Ser quen de elaborar un informe de avaliación logopédica unha vez rematado o proceso de avaliación A11
A21
Ser quen de avaliar os resultados da intervención logopédica planificando períodos de seguimento A12
A26
Capacidade de análise e síntese. B7
Asumir como profesional e ciudadano a importancia da aprendizaxe a longo da vida. C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Avaliación do trastorno específico da linguaxe
1.1. Avaliación do trastorno específico da linguaxe (TEL): Obxectivos
1.2.Identificación temperá
1.3. Métodos de avaliación: entrevista, mostras de fala, informes e inventarios, probas estandarizadas
1.4. O proceso de avaliación da linguaxe no TEL
Tema 2. Avaliación dos Trastornos da fluidez da fala: A tartamudez 2.1.Introdución á Avaliación da fala e a linguaxe nas alteracións da fluidez
2.2.Avaliación diagnóstica
2.3. Avaliación funcional
2.4. Métodos de avaliación
Tema 3. Avaliación do Déficit de atención con hiperactividade (TDAH) 3.1. Introdución á avaliación do déficit de atención con hiperactividade
3.2. Avaliación xeral: intelixencia, linguaxe e aprendizaxe
3.3. Avaliación específica: hiperactividade/impulsividade e atención.
3.4. Avaliación funcións executivas no TDAH
Tema 4. Avaliación do Mutismo selectivo e inhibicións da linguaxe. 4.1. O proceso xeral da avaliación do mutismo selectivo
4.2. Selección das estratexias e instrumentos para a avaliación: entrevista, cuestionarios específicos e xerales, rexistro de observación
4.3. O rexistro de observación como método para a planificación da intervención
Tema 5. Avaliación das Alteracións da linguaxe nol envelleceimento, trastornos dexenerativos e enfermedades mentales. 5.1. Selección das estrategias de avaliación en función do tipo e gravidade da demencia
5.2. Avaliación neuropsicolóxica das demencias
5.3. Avaliación da linguaxe nas demencias
SESIÓNS INTERACTIVAS Uso de probas estandarizadas para avaliar oos compoñentes formais da linguaxe, tanto receptivas como expresivas, así como oos compoñentes funcionais no TEL.

Métodos de avaliación cualitativa no TEL

Análisis da fluidez na tartamudez

Elaboración dun protocolo de avaliación da tartamudez

Uso de cuestionarios, inventarios e probas estandarizadas empregados na avaliación da linguaxe no TDAH

Uso de diversos procedimentos de avaliación empregados no mutismo selectivo

Elaboración dun protocolo de avaliación da linguaxe nas demencias

Elaboración de informes de avaliación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A9 20 30 50
Estudo de casos A10 A26 8 12 20
Lecturas A8 4 8 12
Proba obxectiva A8 A9 A10 B7 2 2 4
Portafolios do alumno A11 A12 A21 15 30 45
Presentación oral B7 C7 4 8 12
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor presentará aos estudantes un resumo esquematizado do contido central dos temas do programa. No caso das prácticas explicará en qué consisten as técnicas e procedementos cos que se traballará en pequeno grupo
Estudo de casos Farase unha presentación de ao menos dous estudos de caso que os alumnos deberán analizar e debatir aula
Lecturas Os estudantes deberán realizar unha recensión dun artigo centrado no proceso de avaliación dalgún dos trastornos incluidos no programa
Proba obxectiva A avaliación da materia realizarase mediante un exame parcial e un exame final. Nenbargantes, a superación do curso implica a entrega do traballo práctico antes mencionado e da recensión do artigo ou capítulo.
Portafolios do alumno O alumno/a irá realizando ao longo do curso unha carpeta cos protocolos de avaliación de cada unha das patoloxías incluidas no temario e que se traballarán nas sesións interactivas
Presentación oral Os alumnos deberán expoñer na clase as probas de evaluación ou os protocolos traballados en pequeno grupo

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Lecturas
Estudo de casos
Descrición
Realizaránse periódicamente titorías individuais e/ou en pequeno grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A9 A10 B7 Examen de opción múltiple acerca dos contidos impartidos nas clases. 70
Presentación oral B7 C7 Exposición dos traballos realizados en pequeno grupo e do contido do portafolios 5
Portafolios do alumno A11 A12 A21 Ao finalizar o cuadrimestre cada alumno/a deberá entregar unha carpeta cos protocolos de avaliación de cada unha das patoloxías 15
Lecturas A8 Os/as estudantes deberán realizar unha recensión dun artículo sobre avaliación dalgún trastorno do programa 10
Estudo de casos A10 A26 Farase unha presentación dos estudos de casos que os/as estudantes deberán analizar e exponer na aula 0
 
Observacións avaliación
A asistencia a clase únicamente se terá en conta para poder presentarse ao examen parcial. Será necesario ter asistido polo menos ao 70% das ocasións en que se controle a asistencia. Aqueles alumnos/as que non asistan a clase deberán examinarse dos contidos do programa tanto dos impartidos nas sesións expositivas como nas interactivas (Nestes casos ademáis da proba obxectiva deberán realizar un examen de pregunta breve acerca dos contidos das clases interactivas). O peso na avaliación deste examen con dúas partes será do 70%.
Ademáis, aqueles alumnos/as que non cumplan co 70% da asistencia non poderán presentar o portafolios.

Fontes de información
Bibliografía básica

Revisión de artículos científicos sobre aspectos de interere na asignatura.

Para cada tema facilitaráse bibliografía específica
Bibliografía complementaria
<

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía dos órganos da audición e a linguaxe/652G04001
Alteracións de base evolutiva/652G04012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Avaliación das alteracións de base evolutiva/652G04017
Avaliación das alteracións de base neurolóxica e anatómica/652G04026

Materias que continúan o temario
Alteracións de base neurolóxica e anatómica/652G04021

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías