Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estratexias de intervención temperá Código 652G04025
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
García Fernández, Manuel
Correo electrónico
manuel.garcia.fernandez@udc.es
Profesorado
García Fernández, Manuel
Correo electrónico
manuel.garcia.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento das persoas depende da estimulación temperá que se proporciona ao longo dos primeiros anos de vida. No ámbito da discapacidade estes apoios en medidas de atención temperá son fundamentais para a adquisición e desenvolvemento dos procesos e funcións psicolóxicas do ser humano. O desenvolvemento humano que se dá ao longo do ciclo vital necesita de estimulacións adecuadas en momentos puntuais e nos seus primeiros momentos son esenciais para evitar alteracións posteriores.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A8 Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
A14 Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento.
A15 Coñecer e aplicar os modelos e as técnicas de intervención.
A18 Coñecer e realizar a intervención logopédica en Atención Temperá.
A27 Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica.
A29 Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador.
A31 Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
B14 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións A7
Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico en AT A8
Coñecer e aplicar os modelos de intervención en at A15
Coñecer as funcións da Intervención: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. A14
Coñecer e realizar a intervención logopédica en Atención Temperá A18
Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación como facilitador. A29
Adquirir ou desenvolver os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. A31
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación A32
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. B1
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. B8
Destreza e empatía nas relacións interpersoais. B14
Traballar en equipo e, no seu caso, de forma interdisciplinar. B24
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Planificar estratexias de intervención logopédica en AT A27
seleccionar de forma autónoma os recursos máis relevantes en AT B5

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á Atención Temperá Conceptualización
Niveis de actuación
Marco legal.
Habilidades de comunicación básicas en Atención Temperá
2. Procesos e instrumentos de avaliación aplicados á Atención Temperá O proceso de avaliación en AT
Principais probas de avaliación aplicadas á AT
3. A Intervención Temperá en distintas áreas do desenvolvemento Intervención prenatal
Intervención sensoriomotora
Intervención sobre o desenvolvemento cognitivo e lingüístico
Intervención sobre o desenvolvemento socioafectivo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A7 2 0 2
Discusión dirixida A7 A8 A14 A15 A18 A32 B1 21 42 63
Portafolios do alumno A8 A14 A15 A27 A29 A31 B1 B5 B8 B14 B24 21 21 42
Recensión bilbiográfica A7 A8 A14 A18 A31 A32 B5 C3 1 15 16
Proba de resposta múltiple A7 A8 A14 A15 A18 A29 1 24 25
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación xeral da materia: contidos, obxectivos e sistema de avaliación
Discusión dirixida - Traballo en grupos pequenos sobre o material bibliográfico.
- Discusión no grupo-aula sobre os interrogantes expostos
- Elaboración de conclusións
Portafolios do alumno Participación, Discusión e elaboración de conclusións sobre as sesións de Role Playing, instrumentos de avaliación en AT e demais actividades planificadas para as sesións interactivas
Recensión bilbiográfica Lectura de un libro sobre Atención Temprana: análisis de su contido y valoración en relación a la literatura existente sobre el tema. Discusión en el grupo-clase
Proba de resposta múltiple Realización de test con dúas alternativas de resposta

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
- orientación sobre os traballos incluídos no portafolio
- aclaracións sobre aspectos nos que o alumnado manifesta problemas de comprensión das temáticas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A8 A14 A15 A27 A29 A31 B1 B5 B8 B14 B24 Realización e entrega dos traballos realizados durante as sesións interactivas 20
Proba de resposta múltiple A7 A8 A14 A15 A18 A29 Superación dun exame tipo test. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. 75
Recensión bilbiográfica A7 A8 A14 A18 A31 A32 B5 C3 - Elaboración individual dun resumo sobre a lectura
- Debate no grupo-clase das ideas e controversias contidas na mesma
5
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Vidal Lucena, M. Y Díaz Curiel, J. (1990). Atención Temprana. Guía práctica para la estimulación del niño de 0 a 3 años. . Madrid: CEPE
García-Sánchez, F.A., Castellanos, P. y Mendieta, P. (1998). Definición de Atención Temprana y de sus vertientes de intervención desde un Modelo Integral. Revista de Atención Temprana 1 (2), 57-62..
Alcantud Marín, F. (2003). Intervención psicoeducativa en niños con trastornos generalizados del desarrollo. Madrid: Pirámide
Gómez Artiga, A., Viguer Seguí, P., y Cantero López, Mª.J. (2003). Intervención temprana. Desarrollo óptimo de 0 a 6 años.. Madrid: Pirámide
AAVV (2003). Libro blanco de la atención temprana. Madrid: Real Patronato sobre Discapacidad
Pérez-López, J. y Brito de la Nuez, A. G. (2004). Manual de atención temprana. Madrid: Pirámide
Mendieta, P. Y García-Sánchez, F.A. (1998). Modelo Integral de Intervención en Atención Temprana: organización y coordinación de servicios”. Siglo Cero 29 (4), 11-22.
Candel, I (1993). Programa de Atención Temprana. Intervención en niños con Síndrome de Down y otros problemas de desarrollo.. Madrid: CEPE.

Bibliografía complementaria Kennethy T.S.,Cornwell J., Ridener Gottwald (1997). Contexts of Early Intervention.. Baltimore: Paul H. Brookes Publishing Co


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías