Identifying Data 2022/23
Subject (*) Early Intervention Strategies Code 652G04025
Study programme
Grao en Logopedia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Psicoloxía
Coordinador
García Fernández, Manuel
E-mail
manuel.garcia.fernandez@udc.es
Lecturers
García Fernández, Manuel
E-mail
manuel.garcia.fernandez@udc.es
Web
General description O desenvolvemento das persoas depende da estimulación temperá que se proporciona ao longo dos primeiros anos de vida. No ámbito da discapacidade estes apoios en medidas de atención temperá son fundamentais para a adquisición e desenvolvemento dos procesos e funcións psicolóxicas do ser humano. O desenvolvemento humano que se dá ao longo do ciclo vital necesita de estimulacións adecuadas en momentos puntuais e nos seus primeiros momentos son esenciais para evitar alteracións posteriores.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A7 Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A8 Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
A14 Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento.
A15 Coñecer e aplicar os modelos e as técnicas de intervención.
A18 Coñecer e realizar a intervención logopédica en Atención Temperá.
A27 Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica.
A31 Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B14 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións A7
Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico en AT A8
Coñecer e aplicar os modelos de intervención en at A15
Coñecer as funcións da Intervención: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. A14
Coñecer e realizar a intervención logopédica en Atención Temperá A18
Adquirir ou desenvolver os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. A31
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación A32
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. B1
Destreza e empatía nas relacións interpersoais. B14
Traballar en equipo e, no seu caso, de forma interdisciplinar. B24
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Planificar estratexias de intervención logopédica en AT A27
seleccionar de forma autónoma os recursos máis relevantes en AT B5

Contents
Topic Sub-topic
1. Introdución á Atención Temperá Conceptualización
Niveis de actuación
Marco legal.
Habilidades de comunicación básicas en Atención Temperá
2. Procesos e instrumentos de avaliación aplicados á Atención Temperá O proceso de avaliación en AT
Principais probas de avaliación aplicadas á AT
3. A Intervención Temperá nos principais trastornos do neurodesenvolvemento Intervención sensoriomotora
Intervención sobre o desenvolvemento cognitivo
Intervención sobre o desenvolvemento socioafectivo

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A7 1 0 1
Directed discussion A7 A8 A14 A15 A18 A32 B1 19 44 63
Student portfolio A8 A14 A15 A27 A29 A31 B1 B5 B8 B14 B24 19 19 38
Critical bibliographical A7 A8 A14 A18 A31 A32 B5 C3 1 15 16
Multiple-choice questions A7 A8 A14 A15 A18 A29 1 30 31
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Presentación xeral da materia: contidos, obxectivos e sistema de avaliación
Directed discussion - Traballo individual/en grupos pequenos sobre o material bibliográfico.
- Discusión no grupo-aula sobre os interrogantes expostos
- Elaboración de conclusións
Student portfolio Participación, Discusión e elaboración de conclusións sobre as sesións de Role Playing, instrumentos de avaliación en AT e demais actividades planificadas para as sesións interactivas
Critical bibliographical Lectura de un libro sobre Atención Temperá: análise do contido e valoración en relación á literatura existente sobre o tema. Discusión no grupo-clase
Multiple-choice questions Realización de test con tres alternativas de resposta

Personalized attention
Methodologies
Student portfolio
Description
- orientación sobre os traballos incluídos no portafolio
- aclaracións sobre aspectos nos que o alumnado manifesta problemas de comprensión das temáticas

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Critical bibliographical A7 A8 A14 A18 A31 A32 B5 C3 - Elaboración individual dun resumo sobre a lectura
- Debate no grupo-clase das ideas e controversias contidas na mesma
5
Student portfolio A8 A14 A15 A27 A29 A31 B1 B5 B8 B14 B24 Realización e entrega dos traballos realizados durante as sesións interactivas 20
Multiple-choice questions A7 A8 A14 A15 A18 A29 Superación dun exame tipo test. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. 75
 
Assessment comments

Teranse en conta dúas opcións de avaliación en función da asistencia ou non ás clases interactivas

Opción A. Alumnado que asiste ás clases interactivas (> 80% de asistencia)

Será necesario ter acreditada unha asistencia de polo menos o 80%.

Elaborarase un portafolio no que se recollerán os principais contidos traballados nas sesións interactivas.

Para a nota final teranse en conta os seguintes aspectos:

- Clases interactivas (25%): Ata 2,5 puntos sempre que se supere a proba obxectiva(exame).

- Exame (75%): É necesario superar unha proba de preguntas curtas e/ou tipo test ao finalizar o cuadrimestre. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. O exame corrixirase sobre 10 puntos e aplicaráselle o peso que ten no global da materia (75%). Para aprobar o exame haberá que ter un 5 sobre 10. Desta forma, alguén que saque un 5 sobre 10, a súa nota do exame será de 3,75. A nota final será a suma das dúas notas. Así, á nota do exame (mínimo de 3,75) sumaráselle a nota das clases interactivas. A suma de ambas deberá ser como mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.

Opción B: Alumnado que NON asiste ou ten unha asistencia ás clases interactivas < 80%) 

- A nota final será a nota do exame.

- O exame é o 75% da materia. Dado que hai que ter 5 puntos para aprobar a materia, será necesario obter unha nota de 6,7 (sobre 10) para aprobar a materia.

O alumnado que, tendo recoñecida a dispensa académica (solicitude previa na Administración do centro)- tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación.


Sources of information
Basic
  • Millá Romero, María Gracia (2005). Atención temprana : desarrollo infantil, diagnóstico, trastornos e intervención. Promolibro
  • Pérez López, Julio ;&nbsp; Martínez Fuentes, María Teresa (2017). Atención temprana : prevención y desarrollo. Fundación Universitaria Iberoamericana
  • Perpiñán Guerras, Sonsoles (2018). Atención temprana y familia : cómo intervenir creando entornos competentes .Narcea, S.A. de Ediciones
  • Piñero Peñalver, Jessica (2014).&nbsp; Atención temprana en el ámbito hospitalario . Ediciones Pirámide
  • Vidal Lucena, Margarita (2011). Atención temprana : guía práctica para la estimulación del niño de 0 a 3 años . Ciencias de la Educación Preescolar y Especial
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.