Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Desenvolvemento cognitivo. social e da personalidade Código 652G04031
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Peralbo Uzquiano, Manuel
Correo electrónico
manuel.peralbo@udc.es
Profesorado
Peralbo Uzquiano, Manuel
Correo electrónico
manuel.peralbo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia é complementaria de Psicoloxía do desenvolvemento da linguaxe (materia básica de rama en primeiro de Logopedia). Ten como obxectivo presentar as principais características do desenvolvemento intelectual, social e da personalidade ao longo da vida.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B7 Capacidade de análise e síntese.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística. A2
Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada. B5
Capacidade de análise e síntese. B7
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN 1. Desenvolvemento Cognitivo, Social e da Personalidade: conceptos e teorías
2. O carácter científico, aplicado e interdisciplinar no estudo do desenvolvemento
3. Principios básicos do desenvolvemento
PRIMEIRA INFANCIA 1. O mundo perceptivo do bebé.
2. Desenvolvemento intelectual no período sensomotor: o neno e os obxectos
3. Memoria e representacións mentais no bebé: que é posible lembrar?
4. Temperamento e comprensión de emocións. Primeiros pasos cara á regulación emocional
5. A influencia da familia no desenvolvemento socio-afectivo.
O DESENVOLVEMENTO DURANTE A NENEZ 1. A intelixencia preoperatoria
2. Desenvolvemento da memoria e da solución de problemas
3. A interacción familiar e o seu efecto sobre o desenvolvemento: a socialización para un mundo sostible
4. Xogo e amizades infantís
5. O desenvolvemento da moralidade e a agresión: principais abordaxes
6. Identidade, roles e estereotipos de xénero
O DESENVOLVEMENTO DE 6 A 12 ANOS 1. O periodo das operacións concretas
2. O desenvolvemento do autoconcepto e a autoestima
3. As relacións co grupo de iguais
4. A problemática do acoso
O DESENVOLVEMENTO NA ADOLESCENCIA 1. Etapas e características psicosociais na adolescencia
2. O desenvolvemento do pensamento abstracto
3. Algúns problemas afectivos e comportamentales na adolescencia: a depresión, a delincuencia e as adiccións.
A TRANSICIÓN Á IDADE ADULTA TEMPERÁ 1. Desenvolvemento da intelixencia e a memoria despois da adolescencia
2. Principais fitos na idade adulta temperá: independencia, desenvolvemento da carera profesional e as relacións románticas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 1 0 1
Traballos tutelados A2 C4 0 18 18
Sesión maxistral A2 B5 B7 C4 14.5 29 43.5
Obradoiro A2 B5 B7 14.5 32 46.5
Proba obxectiva A2 B5 B7 C4 1 2 3
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación xeral da materia e dos obxectivos
Traballos tutelados Os alumnos, en grupos de tres persoas, deberán realizar unha pequena análise transversal sobre calquera aspecto do desenvolvemento incluído no programa e que sexa susceptible de ser avaliado mediante algún instrumento dispoñible no centro
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro Nas sesións interactivas presentaranse vídeos sobre aspectos relevantes do desenvolvemento e realizaranse debates, baseados en lecturas, sobre algúns temas especialmente aplicados do programa da materia. Os estudantes realizarán esquemas resumindo o seu contido e os entregarán xunto co traballo tutelado do curso. Nestas sesións presentaranse tamén probas e técnicas de avaliación do desenvolvemento que os/as estudantes deberán coñecer.
Proba obxectiva A avaliación da materia realizarase mediante un exame final con posibilidade de recuperación

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Poderase recibir tutorización sobre dúbidas que xurdan da aplicación das probas de desenvolvemento

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 C4 A entrega do traballo e a súa correcta realización poderá implicar ata un 45% sobre a nota do exame. 45
Proba obxectiva A2 B5 B7 C4 Proba obxectiva con tres alternativas posibles e unha correcta. Dous erros descontan un acerto. Terá un peso do 55% da nota 55
 
Observacións avaliación

Na aplicación da "Norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), os alumnos aos que lle fora recoñecido a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, quedarán eximidos da obligatoriedade de asistencia as sesións interactivas; nenbargantes, estes alumnos deberán entregar os correspondentes informes e realizar o examen na data establecida.

 "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".


Fontes de información
Bibliografía básica

Berger, K. Psicología del desarrollo: adultez y vejez. Madrid: Médica Panamericana, D. L. 2009.

Berger, K. S. Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2016.

Carranza, J.A. y Ato, E. (coords.) Manual de prácticas de psicología del desarrollo. Murcia: Universidad de Murcia, Servicio de Publicaciones, 2010.

Córdoba, A.I., Descals y Gil, M.D. (coords). Psicología del desarrollo en la edad escolar Madrid: Pirámide, 2010.

García Madruga, J.A. y Delval, J. (coords.) Psicología del desarrollo I. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia, 2010

Griffa, M.C. Claves para una psicología del desarrollo: vida prenatal, etapas de la niñez. Buenos Aires: Lugar Editorial, imp. 2001.

Hoffman, L. Psicología del desarrollo hoy. Madrid: McGraw-Hill, D.L. 2002.

Kohlberg, L. Psicología del desarrollo moral. Bilbao: Desclée de Brouwer, D.L. 2003.

Moreno Ríos, S. Psicología del desarrollo cognitivo y adquisición del lenguaje. Madrid: Biblioteca Nueva, 2009.

Muñoz, A. (Coord.). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Madrid: Pirámide, 2010.

Muñoz, V. et al. Manual de psicología del desarrollo aplicada a la educación. Madrid: Pirámide, 2011.

Papalia, D.E., Olds, S.W. y Feldman, R.D. (coords.) Psicología del desarrollo de la infancia a la adolescencia. México:  McGraw-Hill, 2009.

Peñacoba, C., Álvarez, E. y Lázaro, L. (coords.). Teoría y práctica de psicología del desarrollo. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces, D.L. 2006.

Pérez, N., Navarro, I. (coords). Psicología del desarrollo humano: del nacimiento a la vejez. San Vicente (Alicante): Club Universitario, 2011.

Perinat, A. Psicología del desarrollo: un enfoque sistémico. Barcelona: UOC, 2007.

Santrock, J.W.  Psicología del desarrollo en la adolescencia. Madrid: McGraw-Hill, 2004.

Santrock, J.W. Psicología del desarrollo: el ciclo vital. Madrid: McGraw-Hill, D.L. 2006.

Shaffer, D. Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. México D.F.:  Cengage Learning, 2007.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

En esta materia no se entregarán trabajos o materiales en papel, ni se usarán plásticos desechables en sus actividades. 

Se cuidará especialmente en todas las situaciones de enseñanza-aprendizaje el uso de un lenguaje no sexista, respetuoso con la diversidad y la no discriminación.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías