Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Novas tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á intervención logopédica Código 652G04032
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Correo electrónico
j.lorenzo.castineiras@udc.es
Profesorado
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Correo electrónico
j.lorenzo.castineiras@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de novas tecnoloxías fará fincapé sobre o coñecemento e aplicación das ferramentas das tecnoloxías da información e a comunicación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas educativas na intervención logopédica.

Pretende que o alumando desenvolva capacidades na selección de recursos TIC e o manexo de software para crear propostas de intervención enfocadas tanto á prevención coma o tratamento das dificultades de aprendizaxe relacionadas co desenvolvemento da linguaxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A20 Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación.
A23 Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B13 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade da información e na educación en particular, como recurso para o desenvolvemento das capacidades lingüísticas e o acceso a aprendizaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
C6
C8
Atender á diversidade na selección, produción e aplicación dos recursos tecnolóxicos para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C6
C8
Coñecer diferentes ferramentas de software para a produción de materiais multimedia como recursos na prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Seleccionar e avaliar recursos TIC educativos para a prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe e a comunicación no desenvolvemento das habilidades lingüísticas. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Adaptar os recursos tecnolóxicos atendendo as características individuais na intervención dos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Deseñar e producir recursos multimedia para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Coñecer ferramentas de traballo colaborativo para a produción de recursos educativos multimedia e proxectos que permitan favorecer a adquisición e desenvolvemento da linguaxe. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8
Desenvolver dinámicas de traballo colaborativo a través da rede no deseño e produción de materiais educativos para favorecer o desenvolvemento da linguaxe con tecnoloxías da información e a comunicación. A20
A23
A32
B1
B13
B23
B24
C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I: Novas tecnoloxías e atención a diversidade. 1. Novas tecnoloxías e sociedade da información.
2. Enfoques educativos no uso das TIC.
3. Novas tecnoloxías e accesibilidade.
4. Atención a diversidade con medios tecnolóxico-didácticos.
MÓDULO II: Creación de contidos e elaboración de recursos multimedia para a avaliación e intervención logopédica. 1. Selección e avaliación de recursos multimedia para a intervención logopédica.
2. Programas de software libre, gratuíto e comercial para a elaboración de recursos multimedia.
3. Creación de contidos multimedia para a atención á diversidade e o tratamento das dificultade e alteracións da linguaxe.
MÓDULO III: Recursos e ferramentas na rede para a intervención logopédica. 1. Recursos e redes sociais para compartir produtos multimedia para a avaliación e intervención nos procesos de adquisición da linguaxe.
2. Ferramentas para a xestión, creación e publicación de contidos.
3. Cooperación e colaboración na rede entre profesionais da logopedia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A20 A23 A32 B13 6 12 18
Discusión dirixida A20 A23 A32 B1 C6 C8 1 2 3
Prácticas a través de TIC A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 26 58 84
Proba oral A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 1 4.5 5.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade e na intervención logopédica en particular. Analizaranse os distintos factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención profesional, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de abordar o traballo coas TIC nos seus diferentes ámbitos de intervención como logopedas.
Prácticas a través de TIC En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, programas de software libre, gratuíto e comercial, de ferramentas de autor e da pizarra dixital, para a creación de recursos multimedia e ferramentas na rede. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Proba oral A proba oral constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá realizar a presentación dos traballos realizados a través das sesións de prácticas TIC facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada grupo. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

---------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212 Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de “Metodoloxías” e “Atención personalizada” descrita para as “Prácticas a través de TIC”, a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 Esta proba centrarase na presentación oral dos traballos desenvolvidos en torno aos traballos realizados nas prácticas TIC. Valorarase:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
30
Prácticas a través de TIC A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 En relación ás Prácticas TIC valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A organización e presentación.
70
 
Observacións avaliación

1. SITUACIÓNS:

A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
   a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) en pequeno grupo (70%).
   b) Presentación oral das prácticas de grupo (30%).

B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
    a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) en pequeno grupo (70%).
    b) Presentación oral das prácticas de grupo (30%).


2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

  1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.

  2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (Prácticas TIC e Proba oral).

  3. Entregar e expoñer as prácticas na data que se indique.

  4. A convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.


Fontes de información
Bibliografía básica

Alcantud Marín, F. y Soto Pérez, J. (coords.) (2003). Tecnologías de ayuda en personas con trastornos de comunicación. Valencia: Nau Llibres.

Area Moreira, M. (2004). Los medios y las tecnologías en la educación. Madrid. Pirámide.

Chacón Medina, A. (2007). La atención a la diversidad con medios tecnológico-didácticos. En Nuevas Tecnologías para la educación en la era digital. Ortega.

Iza Mikeleiz, M (2002). Recursos tecnológicos en logopedia. Archidona: Ediciones Aljibe.

Nova Escola Galega (2007). Competencia dixital e ferramantas TIC. Revista Galega de Eduacación, nº 38.

Sánchez Montoya, R (2002). Ordenador y discapacidad. Guía práctica de apoyo a las personas con necesidades educativas especiales. Madrid: CEPE.

Toledo Morales, P. (2002 ). Accesibilidad en la red. Diseños de web para todos. Archidona:Ediciones Aljibe.

Toledo, Morales P. (2001). Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum.

Bibliografía complementaria

http://www.logopediadigital.org/

http://www.logopediadigital.org/revista/

http://www.espaciologopedico.com/

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/02_00.htm

http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/

http://www.discapnet.es/Discapnet/CAstellano/default.htm

http://www.sidar.org

http://personal2.redestb.es/jamosa/lengua.htm

http://www.parasordos.com

http://www.ucv.ve/tartamudez.htm

http://blog.educastur.es/ticynee/category/logopedia/

http://www.uv.es/bellochc/pdf/pwlogo1.pdf


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  1. Asistir ás sesións presenciais.
  2. Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
  3. Levar a cabo un adecuado traballo en equipo e cooperativo.
  4. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
  5. Traballar de forma individual e en grupo con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
  6. Preparar de forma adecuada as presentacións orais.
  7. Realizar algún curso de manexo de ferramentas informáticas que ofrece a AFI se for preciso.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías